Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Reflexionar sobre o feito relixioso, con particular atención á relación dialóxica que se establece co “feito filosófico”.
Superar prexuízos e concepcións inmaturas da relixiosidade, traballando criticamente a capacidade de recoñecer as cuestións propia e plenamente filosóficas que subxacen ás distintas relixións.
Explorar o diálogo entre relixión e filosofía, afondando non só na relevancia filosófica do relixioso, senón tamén en certos trazos máis propios do relixioso que se poden identificar en determinados desenvolvementos filosóficos.
Aproximarse a algúns dos máis relevantes textos das distintas relixións desde unha perspectiva filosófica.
Coñecer algunhas das máis importantes achegas da nosa tradición á filosofía da relixión.
0. O feito relixioso: diversidade e identidade
1. Relixión e modernidade
2. Relixión como apertura: o romantismo
3. Relixión como crítica da modernidade: Kierkegaard
4. Relixión en Marx e Benjamin
5. Relixión como ética: Lévinas
6. Relixión fóra da relixión: Bataille e Blanchot
BÁSICA:
Bataille, Georges (1972), La experiencia interior, Madrid: Taurus
_______ (1975), Teoría de la religión, Madrid: Taurus.
Benjamin, Walter (2009), Obras, libro II, vol. 2, Madrid: Abada.
_______ (2013), Obra de los pasajes (Obras, libro V, vols. 1-2), Madrid: Abada.
Derrida, Jacques (2000), Dar la muerte, Barcelona: Paidós.
Kierkegaard, Søren (2013; 2016), Pós-escrito às Migalhas filosóficas, 2 vols., Petrópolis: Vozes.
_______ (2016), Migajas filosóficas. El concepto de angustia. Prólogos (Escritos 4/2), Madrid: Trotta.
_______ (2019), La Repetición. Temor y temblor (Escritos 4/1), Madrid: Trotta.
Lessing, Gottlob Ephraim (1982), Escritos filosóficos y teológicos, Madrid: Editora Nacional.
_______ (2013), Nathan el sabio, Barcelona: Anthropos.
Lévinas, Emmanuel (1987), Totalidad e infinito, Salamanca: Sígueme.
Marx, Karl (2018), Sobre la religión. De la alienación religiosa al fetichismo de la mercancía, Madrid: Trotta.
Schleiermacher, Friedrich D. E. (1990), Sobre la religión, Madrid: Tecnos.
_______ (2013), La fe cristiana, Salamanca: Sígueme.
COMPLEMENTARIA:
Abumalham, Montserrat, coord. (2005), Textos fundamentales de la tradición religiosa musulmana, Madrid: Trotta.
Agud, Ana; Rubio, Francisco, eds. (2000), La ciencia del Brahman. Once Upaniṣad antiguas, Madrid: Trotta.
Ansari, Abdolah Ansari (2009), Del alma, el corazón y el intelecto. Himnos y tratados, Madrid: Trotta.
Arabi, Ibn (2011), Los engarces de la sabiduría, Madrid: Edaf.
Barth, Karl (1998), Carta a los romanos, Madrid : Biblioteca de Autores Cristianos.
Bodhi, Bhikkhu (1999), Compendio del Abhidhamma: El Abhidhammattha Sangaha de Acariya Anuruddha, México: El colegio de México.
Cheng, Anne (2002), Historia del pensamiento chino, Barcelona: Bellaterra.
Corbin, Henry (2000), Historia de la filosofía islámica, Madrid: Trotta.
Díaz, Carlos (2008), Manual de Historia de las religiones, Bilbao: Desclée de Brouwer.
Eliade, Mircea (1983), Historia de las creencias y las ideas religiosas, Madrid: Cristiandad.
_______ (1990), Tratado de historia de las religiones: morfología y dialéctica de lo sagrado, Barcelona: Círculo de lectores.
_______ (2014), Lo sagrado y lo profano, Barcelona: Paidós.
Feuerbach, Ludwig (2009), La esencia del cristianismo, Madrid: Trotta.
Fraijó, Manuel, Ed. (2013), Filosofía de la religión, Madrid: Trotta.
Frazer, James George (1991), La rama dorada. México: Fondo de Cultura Económica.
Gómez, Luz (2019), Diccionario de Islam e islamismo, Madrid: Trotta.
Granet, Marcel (2013), El pensamiento chino, Madrid: Trotta.
Hegel, Georg Wilhelm Friedrich (2003), Escritos de Juventud, México: Fondo de Cultura Económica.
Hui Neng (2010), Sutra del estrado, Barcelona: Kairós.
Jaspers, Karl (1968), La Fe filosófica ante la revelación, Madrid : Gredos.
Julien, François (2001), Un sabio no tiene ideas: o el otro de la filosofía, Madrid: Siruela.
_______ (2005), La China da que pensar, Barcelona: Anthropos.
Laozi (2018), Los libros del Tao, Madrid: Trotta.
Llewelyn, John (2009), Margins of Religion. Between Kierkegaard and Derrida, Bloomington: Indiana University Press
Martín Velasco, Juan (1999), El Fenómeno místico: estudio comparado, Madrid: Trotta.
Massignon, Louis (1999), Ciencia de la compasión. Escritos sobre el islam, el lenguaje místico y la fe abrahámica, Madrid: Trotta.
Mendelssohn, Moses (1991), Jerusalem o Acerca de poder religioso y judaísmo, Barcelona: Anthropos.
Nancy, Jean-Luc (2001), La Comunidad desobrada, Madrid: Arena.
_______ (2008), La declosión. Deconstrucción del Cristianismo, Buenos Aires: ediciones La cebra.
Nurbakhsh, Javad (2001), Diwan de poesía sufí, Madrid: Trotta.
Panikkar, Raimon (2017), La experiencia filosófica de la India, Madrid: Trotta.
Pániker, Agustín (2001), El jainismo: Historia, sociedad, filosofía y práctica, Barcelona: Kairós.
Parakranabahu, Adolfo, ed. (2014), El sutra de Benarés. El primer discurso del Buddha, Barcelona: Kairós.
Prats, Ramón R., ed. (2018), El libro de los muertos tibetano, Madrid: Siruela.
Preciado Idoeta, Iñaki, ed. (1994), Vida de Milarepa, Barcelona: Anagrama.
_______ (2018), La ruta del silencio: Viaje por los libros del Tao, Madrid: Trotta.
Prieto, José M., ed. (2013), Eihei Dôgen: Poesía mística zen, Madrid: Miraguano.
Schimmel, Annemarie (2002), Las dimensiones místicas del Islam, Madrid: Trotta.
Scholem, Gershom (1978), La Cábala y su simbolismo, México: Siglo XXI.
_______ (1998), Conceptos básicos del judaísmo: Dios, creación, revelación, tradición, salvación, Madrid: Trotta.
_______ (2012), Las grandes tendencias de la mística judía, Madrid: Siruela.
Tola, Fernando; Dragonetti, Carmen (2008), Filosofia de la India: del Veda al Vedānta. El sistema Sāmkhya, Barcelona:Kairós.
Valle, Carlos del, Ed. (1981), La Misná, Madrid : Editora Nacional.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CG6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividad, inventiva, creatividade.
Asumindo que se trata dunha materia optativa, o que implica non só que se pode supoñer un maior interese na mesma, senón tamén que o grupo é máis reducido (máis aínda ao tratarse dunha optativa de 4º curso), a metodoloxía de traballo será a de seminario.
As unidades temáticas serán traballadas de maneira mixta: ocupando o horario lectivo en parte delas e deixando para o tempo de estudo fóra das aulas outra parte dos contidos. Como parte tamén do tempo de estudo autónomo inclúese a realización dun traballo, que poderá ser individual ou de grupo. A escolla da temática do traballo será consensuada co profesor, podendo ser considerada calquera proposta que teña relación coa materia, non necesariamente co temario. Estes traballos, que se deberán presentar por escrito, poderán ser defendidos ante o profesor.
A avaliación é estritamente continua, e será necesaria unha asistencia regular, fixada nun mínimo dun 80% do total das sesións, ademais da entrega dos exercicios que se vaian indicando. No caso de non satisfacer estes requisitos, a avaliación dependerá exclusivamente dun exame final.
Os criterios para a avaliación continua son os seguintes:
Asistencia e participación: 25%
Resolución de exercicios: 25%
Elaboración dun traballo final: 50%
Para o alumnado con exención de docencia, o traballo contará un 50%, e o restante 50% corresponderá á entrega de diversos exercicios que suplan o traballo realizado presencialmente polo resto do grupo.
Terase en conta a participación en eventuais actividades formativas complemetarias organizadas na facultade (conferencias, mesas redondas, etc.), cando teñan relación coa materia
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuídas da seguinte maneira:
- 48 horas de docencia presencial (ou telemática)
- 3 horas de titorías de grupo
- 2 horas semanais recomendadas para a lectura de textos.
- 6 horas semanais recomendadas para o estudo, preparación de traballos, etc.
- Participar nas sesións expositivas e interactivas.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011:
Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Oscar Parcero Oubiña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Correo electrónico
- oscar.parcero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria De La Cruz Vilas Pazos
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- mariadelacruz.vilas.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
18.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
27.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
27.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |