Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OA1 - Familiarizar ao alumnado coas principais concepcións da filosofía española e galega.
OA2 - Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
OA3 - Formación na capacidade de interpretar os textos filosóficos dos autores máis destacados, a través dos seus xéneros literarios específicos.
OA4 - Enmarcar a disciplina entre as correntes actuais da Filosofía.
OA5 - Mellorar as habilidades de comunicación oral e escrita.
RA6 - Posibilitar a análise crítica da información e das mensaxes da sociedade actual.
Tema 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e galego.
Tema 2: Das orixes á Idade Media. Séneca.
Tema 3: A Ilustración española e galega. Frei Martiño Sarmiento.
Tema 4: O século XIX. A descuberta da identidade. O Krausismo.
Tema 5: O século XX no pensamento español e galego: Unamuno, Ortega y Gasset, Zubiri
- Bibliografía básica para pensamento español:
ABELLÁN, José Luis: Historia del pensamiento español. De Séneca a nuestros días. Madrid, Espasa-Calpe, Madrid, 1996.FRAILE,
FRAILE, Guillermo: Historia de la Filosofía Española (2 vols.), Madrid, Biblioteca de Autores Cristianos, 1971.
GUY, Alan: Historia de la Filosofía Española. Barcelona, Anthropos, 1985.
- Bibliografía complementaria para pensamento español:
MACEIRAS FAFIÁN, Manuel (Ed.): Pensamiento Filosófico Español. Volumen I. De Séneca a Suárez. Madrid, Síntesis, 2002.
MACEIRAS FAFIÁN, Manuel (Ed.): Pensamiento Filosófico Español. Volumen II. Del Barroco a nuestros días. Madrid, Síntesis, 2002.
SUANCES MARCOS, Manuel: Historia de la Filosofía Española Contemporánea, Madrid, Editorial Síntesis, 2006.
- Bibliografía básica para pensamento galego:
AGÍS VILLAVERDE, Marcelino: Crónica viva do pensamento galego. Fundación Isla Couto, Vigo, 2020.
AGÍS VILLAVERDE, Marcelino: Historia do pensamento Galego contemporáneo. A Coruña, Deputación da Coruña, 2016.
- Bibliografía complementaria para pensamento galego:
BARREIRO BARREIRO, José Luis (coord.): Pensamento galego na Historia (Aproximación crítica). Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC, 1992.
VV.AA.: Dicionario Enciclopédico do Pensamento galego, Vigo-Santiago de Compostela, Xerais-Consello da Cultura Galega, 2008.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía Española e Galega como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE1.- Coñecer os alicerces doutrinais da disciplina: principais concepto e evolución.
CE2.- Utilizar os procedementos de análise de textos filosófico para comprender o pensamento dos autores e autoras da filosofía española e galega.
CE3.- Achegar o estudantado aos momentos máis relevantes do pensamento español e galego.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
A didáctica da materia baséase na lectura de textos, a súa análise e a realización de actividades distribuidas entre as clases expositivas e as interactivas:
- Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa con base nunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado en formato dixital a través do campus virtual. Nestas aulas faransen lecturas individuais ou en común, para a súa análise filosófica, e o estudante fará entrega dunha ficha individual en man ou a través do campus virtual na data que propoña o profesor.
- Nas aulas interactivas os estudantes traballarán en grupo sobre pensadores españoles ou galegos. Esta tarefa será exposta na aula interactiva en grupos formados polo profesor. Os grupos redactarán a exposición ao final de curso como traballo formal, e entregarano a través do campus virtual.
Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas co docente sobre o contido das aulas, as actividades, a bibliografía, etc.
Establécense dous sistemas de avaliación para a superación desta materia:
1.- Avaliación continua: terá dereito á avaliación continua o alumnado que asista regularmente ás aulas presenciais (expositivas e interactivas). A avaliación continua estará integrada polos seguintes traballos: realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polo docente nas aulas expositivas. As sesións desenvolveranse sobre a lectura colectiva e/ou individual dos textos básicos seleccionados polo docente, acompañado dun debate entre o alumnado asistente no cal se analizarán as diversas interpretacións filosóficas e favorecerase a construción dunha interpretación e opinión persoal ante o texto abordado.
Non se permitirá a entrega única e conxunta das actividades que integran a avaliación continua.
Para aprobar a avaliación continua deberase aprobar cada unha das tarefas que a integran. Se unha das tarefas estivese suspensa, non se realiza media. En caso de non entregar ou suspender os traballos o alumnado poderá entregar este traballo ben na data do exame de 1ª oportunidade ou na data do exame de 2ª oportunidade.
O alumno/a que non estea exento de docencia e non asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e non entregue en prazo as tarefas vinculadas á avaliación continua deberá presentarse ao exame final.
2.- Exame final: exclusivamente para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade ou alumnado que teña perdido o dereito á avaliación continua. As datas oficiais dos exames (1ª e 2ª oportunidade) son consultables na web do Grao e na secretaría administrativa. O material para a preparación do exame final estará dispoñible no Campus Virtual. O exame consistirá en dúas preguntas tipo tema con base nos temas descritos na sección 4 (Contidos da materia) desta Guía Docente. Para aprobar o exame deberáse obter como mínimo un 5 en cada unha das 2 preguntas.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a aulas deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia. Este alumnado poderá concorrer á avaliación continua mediante a entrega dos traballos individuais e participación nos traballos grupais, ou ben será avaliado a través dun exame final. Para o seguimento do curso, terá os materiais empregados nas aulas expositivas e interactivas dispoñibles no Campus Virtual da materia. O alumnado con dispensa de asistencia deberá comunicar ao docente responsable da materia por que modalidade de avaliación opta. Recoméndase o cumprimento dos prazos de entrega fixados para o alumnado sen dispensa de asistencia co fin de facilitar a efectiva avaliación continua do alumnado que goce de dispensa.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
a) Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. 10%
b) Traballo individual. Elaboración de fichas individuais sobre un problema ou texto filosófico seleccionado polo docente. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema e o rigor argumentativo. 45%
c) Traballo grupal: Exposición e elaboración grupal dun tema. 45%
d) Exame final. Para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade de avaliación ou alumnado que non supere a avaliación continua. 100%
O tempo de traballo estimado para esta materia de 6 créditos é de 150 horas, distribuídas do seguinte xeito:
Traballo presencial na aula
Aulas expositivas: 24 h.
Aulas interactivas: 24 h.
Titorías: 3 h.
Total: 51 horas
Traballo autónomo do alumnado
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.): 49 h.
Traballos escritos: 50 h.
Total: 99 h.
- É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para gozar dunha avaliación continua. A asistencia regular será considerada unha mostra do interese do alumno/a polo materia.
- A asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria. Realizarase un control de asistencia por parte do docente.
- Resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas e tarefas previstas, ao longo do semestre. Os estudantes que non procedan a traballar deste xeito non poderán superar a materia pola avaliación continua quedando excluídos da avaliación da materia en caso de non contar con dispensa de asistencia.
- Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
- Realizar exercicios de lectura comprensiva e comentario dos textos con base no modelo que facilitará o docente.
- Realizar exercicios de práctica de escritura da disertación filosófica conforme ás indicacións do docente.
- Realizar exercicios de autoavaliación conforme á planilla de valoración da disertación filosófica que será facilitada ao alumnado.
- O alumnado deberá evitar incurrir en plaxio. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnadod as consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Finalmente, a participación do estudantado en programas ou actividades promovidas polo SEPIU poderá ser recoñecida como parte do traballo autónomo ou das actividades complementarias da materia, sempre que estean vinculadas aos seus contidos e competencias.
Carlos Alberto Pose Varela
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- carlosalberto.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
19.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
19.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
19.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
13.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
13.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
13.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |