Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Incentivar o coñecemento e lectura dalgúns autores e textos fonte que foron ou son clave na reflexión filosófica sobre a historia en relación
aos tres eixos sobre os que se fará virar esta materia: (a) Progreso- Nihilismo, (b) Modernidade-Posmodernidade, (c) Pensamento débil-Racionalidade.
2) Comprender cales son as vías de reflexión posibles dentro da Filosofía da Historia.
3) Pasar a practicar, de feito, polo menos una destas vías, (a) despois de comprender, fronte á actual confusión desta materia con outras materias de denominación semellante, que é e que non é Filosofía da Historia e ( b) como medio idóneo para irse facendo cun certo criterio valorativo, ben fundado, sobre o actual rumbo que leva a nosa historia.
Tema 1. A Historia na Antigüidade e no Renacemento.
Tema 2. A nova experiencia da Historia na modernidade: de Vico a Kant.
Tema 3. O Romanticismo: do espírito do pobo de Herder ao espírito absoluto de Hegel.
Tema 4. A historia segundo o materialismo histórico.
Tema 5. Os historicismos crítico e conservador.
Tema 6. O fascismo e a historia: a análise de Franz Neumann.
Tema 7. A historia para a Escola de Frankfurt: Benjamin e Adorno.
Tema 8. O totalitarismo en retrospectiva: Hannah Arendt.
Tema 9. A fin da historia na postmodernidade.
Tema 10. O ascenso dos novos autoritarismos.
Bibliografía básica.
Kant, I. (1784). Ideas para unha historia universal en clave cosmopolita. Tecnos, 2001, pp. 3-23.
Hegel, G.W.F. (1822-1831), Introducciones a la Filosofía de la Historia Universal. Istmo, 2005, pp. 45-147.
Marx, K. (2012), Escritos sobre materialismo histórico. Alianza, pp. 33-180.
Benjamin, W. (1942). Tesis sobre el concepto de historia y otros ensayos sobre historia y política. Alianza, 2023, pp. 65-81.
Adorno, Th. W. (1964-65), Sobre la teoría de la historia y de la libertad. Eterna Cadencia, 2019, leccións 15-18, pp. 269-340.
Bibliografía complementaria.
Fuentes:
De Hipona, A. (2007). Ciudad de Dios. Volumen I: Libros I-VIII. Editorial Gredos.
De Hipona, A. (2012). Ciudad de Dios. Volumen II: Libros VIII-X. Editorial Gredos.
Condorcet (1795/1980). Bosquejo de un cuadro histórico de los progresos del espíritu humano. Editora nacional.
Montesquieu, (1734/2020). Consideraciones sobre las causas de la grandeza y decadencia de los romanos. Tecnos.
Vico, G. (1725/1995). Principios de ciencia nueva. En torno a la naturaleza común de las naciones. Tecnos.
Voltaire (1756/1990). Filosofía de la historia. Tecnos.
Herder, (1774/1982). “Otra filosofía de la historia” en Obra selecta, Alfaguara.
Herder, (1774/2007). Filosofía de la historia para la educación de la humanidad. Espuela de plata.
Hegel, G.W.F. (1821/2017). Fundamentos de la Filosofía del Derecho. Editorial Tecnos.
Dilthey, W. (1903/1978). "Prólogo" en Introducción a las Ciencias del Espíritu. Fondo de cultura económica. Tomo I.
Adorno, Th., Horkheimer, M. (1944/2018). Dialéctica de la Ilustración. Trotta.
Lyotard, J-F. (1986/1995). La postmodernidad explicada a los niños. Gedisa.
Lyotard, J-F. (1979/1987). La condición postmoderna: informe sobre el saber. Cátedra.
Fukuyama, F. (1992/2015). El fin de la Historia y otros ensayos, Alianza Editorial
Manuales:
Benavides, M. (1994). Filosofía de la historia. Síntesis.
Muñoz, J. (2010). Filosofía de la historia. Origen y desarrollo de la conciencia histórica. Biblioteca Nueva.
Reyes-Mate, M. (1993). Filosofía de la historia. Trotta.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os/as graduados/ as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
Os contidos desta materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos, posto que non se trata de memorizar os contidos, senón de saber localizar e discutir as ideas básicas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación, posto que se propón efectuar un traballo de investigación de aprofundamento nalgún dos temas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar, posto que se pretende que os alumnos fagan exposicións sobre os contidos e participen nas aulas.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas, posto que os contidos serán transmitidos mediante a proposta de problemas e preguntas a resolver, non unicamente como doutrinas.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS (51h.)
Tipo H. Actividades
Expositivas 24 As sesións expositivas serán desenvoltas polo docente e nelas presentarase o tema a estudar nesa semana.
Interactivas 24 Traballo con textos en réxime de seminario. O alumnado lerá na casa o texto individualmente. Porase en común durante 15 minutos a lectura do texto feita na casa. A continuación o docente chamará a un ou dous grupos para que expoña na aula. Logo haberá un debate conxunto.
Titorías 3 Nas sesións de titoría en aula resolveranse dúbidas.
ALUMNADO ORDINARIO. PRIMEIRA OPORTUNIDADE.
Presentación grupal 1 20% CE1, CE2, CE7, CE8
Presentación grupal 2 20% CE1, CE2, CE7, CE8
Exame final 60% CE4, CE6, CE8
Participación 0-1 punto máis CE4, CE6, CE8
A asistencia ás sesión expositivas e interactivas é preceptiva para superar materia. Para poder presentarse á realización de exames é preciso acudir a un 80% das sesións; por debaixo dunha asistencia dun 80%, a/o estudante non pode presentarse aos exames e, polo tanto, non poderá superar a materia nin na primeira nin na segunda oportunidade.
Isto equivale a un máximo de 6 faltas sen xustificar
Sobre o 24 de decembro publicarase unha lista co alumnado que por faltas de asistencia perde o dereito á avaliación.
ALUMNADO ORDINARIO. SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Exame final 100% CE1, CE2, CE4, CE6, CE7, CE8
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE E ALUMNADO REPETIDOR.
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADES.
Exame final 100% CE1, CE2, CE4, CE6, CE7, CE8
TRABALLO NON PRESENCIAL (99h.)
Horas Actividades
40h. Lectura semanal do texto programado para a sesión interactiva.
9h. Preparación de textos.
50h. Preparación de exame final.
(1) Lectura semanal dos textos a traballar nas sesións interactivas.
(2) Preparación das exposicións.
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
(4) Completar os apuntes das clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada.
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de
aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos
estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no
traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as
recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo
electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos
facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se
contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo
electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello
similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións
dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais
e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de
protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se
poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou
discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión
Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario
dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información
no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Francisco Conde Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- francisco.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
19.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
19.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
19.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
15.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
15.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
15.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |