Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Transmitir os contidos fundamentais sobre a Filosofía da Intelixencia Artificial.
- Amosar as cuestións abertas que alimentan a investigación neste eido.
- Alentar a imaxinación e o debate para tratar de facer aportacións propias e contrastar ideas.
- Proporcionar unha formación sólida en Filosofía da Intelixencia Artificial, situándoa no conxunto dos saberes científicos e humanistas, no tecido cultural e na práctica social do mundo contemporáneo.
- Combinar a formación en Filosofía da Intelixencia Artificial co ensino das habilidades precisas para aplicar os coñecementos adquiridos na práctica profesional.
- Xerar capacidade de análise e crítica no eido da Filosofía da Intelixencia Artificial.
- Ser quen de aprender de xeito autónomo as bases da Filosofía da Intelixencia Artificial, usando criterios propios e aplicándoos ao longo da vida.
- Promover os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais na igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Docencia expositiva:
1. Os albores da IA
1.1 Dos deuses e máis dos ídolos aos primeiros enxeños.
1.2 Da máquina de vapor aos cerebros electrónicos: a conferencia de Dartmouth e o Lóxico Teórico.
1.3 A relevancia do xogo do xadrez no combate humano-máquina
2. Problemas filosóficos asociados á I.A.: ¿Poden as máquinas...
2.1 pensar?
2.2 dar significado ó que fan?
2.3 ter conciencia do que fan?
2.4 ser libres o autónomas?
3. Problemas actuais da Intelixencia Artificial
3.1 O papel da corporalidade en Dreyfus.
3.2 A singularidade tecnolóxica de Kurzweil
3.3 Superintelixencia e risco existencial en Bostrom.
3.4 A privacidade no capitalismo da vixiancia de Zuboff
3.5 IA xenerativa e test de Turing
Docencia interactiva:
Básicos de Prolog (PROgrammation en LOGique).
Titorías en grupo para pór en común a experiencia formativa
Bibliografía básica:
Bennett, M. S., 'Chat GPT y una ventana a la mente', en Una historia de la Inteligencia. Los cinco avances evolutivos de nuestro cerebro que determinan el futuro de la Inteligencia Artificial. Tendencias, 2024
Boden, M., Inteligencia Artificial. Turner, 2017, cap. 7.
Bostrom, N., Superinteligencia: caminos, peligros, estrategias. Teel, 2016. V. orix, 2014, cap. 7-9
Bratko, I., Prolog Programming for Artificial intelligence, Addison Wesley, 2012, cap. 1
Copeland, J., Inteligencia Artificial. Una introducción filosófica. Alianza Editorial, 1996. V. orix., 1993, cap. 3, 6-8.
Dreyfus, H., 'The role of the body in intelligent behaviour', in What computers can't do. A critique to artificial reason. Harper & Row Pub, 1972.
Kurzweil, R., La singularidad está cerca. Cuando los humanos trascendamos la biología. Lola Books, 2012. V. orix., 2006, cap. 7
McCorduck, P., Máquinas que piensan. Una incursión en la historia y las perspectivas de la inteligencia artificial. Tecnos, 1991. V. orix. 1979. Partes 1, 2.
Searle, J., Mentes, cerebros y ciencia. Cátedra, 1985. V. orig., 1984., págs. 33-48
Searle, J. ‘La conciencia’, Diálogos de Bioética, 2007, junio, 1-34. Ver. inglesa en Annual Review of Neuroscience, 2000, vol. 23, 557-578.
Turing, A. M., ¿Puede pensar una máquina?, en A. M. Turing et al., Mentes y máquinas. Tecnos, 1985. V. orig., 1950.
Zuboff, S. “Big Other: surveillance capitalism and the prospects of an information civilization”, Journal of Information Technology, vol. 30, 2015, pp. 75–89.
Bibliografía complementaria:
Capelen, H, & Dever, J., Making AI intelligible. Philosophical Foundations. Oxford U. P., 2021
Kaiser, B., La dictadura de los datos. La verdadera historia desde dentro de Cambridge Analytica y de cómo el Big Data, Trump y Facebook rompieron la democracia y cómo puede volver a pasar, Harper_Collins Ibérica, 2019
Kaplan, J., IA generativa, Teell, 2024
Larson, E. J., El mito de la Inteligencia Artificial. Por qué las máquinas no pueden pensar como nosotros. Shackelton, 2022
Levesque, H., Common sense, the Turing test and the quest for real AI. MIT Press, 2017
Marcus, G. & Davis, E., Reeboting AI: Building Artificial Intelligence We Can Trust. MIT Press, 2019
Mayor, A., Gods and Robots. Myths, machines and ancient dreams of technology. Princeton University Press, 2018.
Mitchell, M. Artificial Intelligence: A guide for thinking humans. Farrar, Strauss and Giroux, 2019
Piantadosi, S. T. ‘Modern language models refute Chomsky’s approach to language’. In Gibson, E. & Poliak, M. (eds.), From fieldwork to linguistic theory. A tribute to Dan Everett, Language Science Press, 2024
Russell, S., Human Compatible: Artificial Intelligence and the Problem of Control. Viking, 2019
Snowden, E., Vigilancia permanente, Booket, 2020
Véliz. C., Privacidad es poder. Datos, vigilancia y libertad en la era digital. Debate, 2019
Weizenbaum, J., La frontera entre el ordenador y la mente. Pirámide, 1977. V. orig., 1976.
Zuboff, S., La era del capitalismo de la vigilancia. La lucha por un futuro humano frente a las nuevas fronteras del poder, Paidós, Barcelona, 2020.
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Competencias de tipo xeral:
CX1 - Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía da Intelixencia Artificial.
CX2 - Aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver os problemas que se presentan na Filosofía da Intelixencia Artificial a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Ter capacidade de transmitir coñecementos, ideas, cuestións e solucións tanto a un público xeral como especializado en temáticas propias da Filosofía da Intelixencia Artificial
CX4 - Mostrar capacidade de continuar a formación en Filosofía da Intelixencia Artificial cun alto grao de autonomía.
CX5 - Ter habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía da Intelixencia Artificial.
Competencias transversais:
CT1 – Instumentais: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxida á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT3 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta diante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e ambientais.
Competencias de tipo específico:
CE1 - Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións e correntes da Filosofía da Intelixencia Artificial.
CE2 - Explicar e estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos propios da Filosofía da Intelixencia Artificial.
CE3 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra da Filosofía da Intelixencia Artificial.
CE4 - Saber expresar, comunicar, debater e dialogar acerca da Filosofía da Intelixencia Artificial.
CE5 - Desenvolver razoamento crítico e compromiso ético no campo da Filosofía da Intelixencia Artificial.
CE6 - Ter sentido social e fomentar a cooperación e a mediación.
CE7 - Ter un espírito construtivo, mostrando creatividade e adaptación a novos contextos no eido da Filosofía da Intelixencia Artificial
Traballo presencial na aula:
(1) Clases expositivas. Exposición oral do tema do día. A exposición estará sempre aberta á participación e ao debate e será asistida e guiada polo profesor, que suscitará preguntas para que sexan respondidas por todos/as nun debate frutífero.
(2) Clases interactivas. Propiciarase a participación activa do alumnado, propoñendo tarefas nas que teñan un papel protagonista, como:
- A resolución de problemas coa linguaxe de programación Prolog.
- Material audiovisual sobre o que terán que facer anotacións e comentarios para responder a preguntas expostas polo profesor na aula.
Traballo autónomo do alumnado:
- Resolución de exercicios de programación.
- Exposicións de diferentes puntos do programa.
Actividade titorial en grupo:
Á metade do cuadrimestre programaranse titorías en grupo, para poñer en común a experiencia formativa recibida ata ese momento e recoller suxestións para a segunda parte do curso. Análise e posta en marcha desas posibles suxestións.
(3) A materia dispón de aula virtual, na que se poderá consultar os textos para as diferentes sesións, as probas para realizar e as cualificacións obtidas.
É posible superar a materia mediante: (1) avaliación continua ou (2) realizando o exame final. A avaliación continua require a asistencia a clase: 5 ou máis faltas de asistencia supón a perda desta modalidade de avaliación
(1) A avaliación continua constará de:
- Probas de preguntas curtas sobre os diferentes bloques teóricos da materia.
- Cuestionarios. Exercicios. Exposicións de temas do programa.
(2) O exame final constará de preguntas de resposta breve sobre os diferentes contidos da materia.
Dimensións da avaliación:
Avaliación continua:
1. Preguntas curtas sobre os diferentes bloques teóricos da materia: 70%
2. Cuestionarios, exercicios de programación, exposicións: 30%
Exame final:
O alumnado que non opte pola avaliación continua ou que desexe mellorar a nota alcanzada poderá concorrer ao exame final. Nese caso, a nota definitiva será a do exame final. O exame final constará de preguntas de resposta breve.
2ª Oportunidade.
As persoas que non superen a materia na 1ª oportunidade poderán presentarse á segunda oportunidade, que consistirá nun exame de preguntas de resposta breve sobre o temario expositivo ou interactivo.
Alumnado con exención de asistencia á clase: terá que presentarse ao exame final e será cualificado coa nota que obteña nel.
As competencias da materia son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación continua e no exame final. As exposicións serán valoradas atendendo á calidade da presentación e ao contido, claridade e capacidade argumentativa do que se expón. Nas probas escritas as competencias serán avaliadas atendendo á claridade e concisión coa que se responda, así como a madurez e consistencia das argumentacións. Os exercicios de programación serán valorados atendendo ás boas prácticas da programación (comentarios, precisión, elegancia,…) e aos resultados que ofrezan.
Normas a ter en conta:
- As distintas probas da avaliación continua non son recuperables.
- O/a alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respectando o traballo dos demais, evitando plaxios e apropiacións indebidas e actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observancia desta norma conlevará non superar a materia nas dúas convocatorias anuais.
- E obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC. Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista segundo as recomendacións da USC.
-O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU).
Horas presenciais semanais: 51 h.
- Horas expositivas de docencia: 24
- Horas interactivas de seminario de docencia: 24
- Horas de titorías de grupo: 3
Horas non presenciais semanais: 99 h.
- Horas de estudo: 70 h.
- Preparación de probas: 29 h.
1. Actitude activa na aula.
2. Seguimento ó día da materia.
3. Asistencia ás tutorías.
4. Ler, pensar, programar, debatir, escribir.
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812534
- Correo electrónico
- alejandro.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala Hipatia |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |