Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura e o comentario de textos filosóficos.
3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.
Estudo, análise e avaliación de cuestións políticas (1-2) e éticas (3-4) propias da sociedade contemporánea, abordábeis desde diferentes perspectivas filosóficas:
1) poder, violencia e ideoloxía;
2) dominación, resistencia e emancipación: política, dereito, goberno;
3) microfísica e macrofísica: dominio de corpos e control de xentes;
4) suxeición e subxectividade: cidadanía e xénero.
Para abordar estes contidos, na docencia expositiva, tomaranse como referencia básica as formulacións que se achan na obra de R. Barthes, distinguindo dúas partes: política (textos entre 1953 e 1970) e ética (textos entre 1970 e 1980 e póstumos).
Complementariamente, na docencia interactiva, tomaranse como referencia as formulacións que se achan na obra de Ahmed, Arendt, Beauvoir, Badiou, Foucault, Habermas, hooks, Illouz, Jonas, Lyotard, MacIntyre, Negri & Hardt, Rawls, Rorty, Sousa Santos, Vattimo, Zambrano (e similares).
A) Básica:
Barthes, R., Oeuvres complètes, I (1942-1961), II (1962-1967), III (1968-1971), IV (1972-1976) & V (1977-1980), Édition d’Éric Marty, Paris, Seuil, 2002. En castelán e portugués, encóntranse traducidos todos os libros e os textos principais.
Barthes, R., Cómo vivir juntos, Notas de cursos y seminarios en el Collège de France 1976-1977, Buenos Aires, Siglo XXI Argentina, 2003. Como viver junto, São Paulo, Martins Fontes, 2003.
Barthes, R., Lo neutro, Notas de cursos y seminarios en el Collège de France 1977-1978, Buenos Aires, Siglo XXI Argentina, 2004. O neutro, São Paulo, Martins Fontes, 2003.
Soto, L. G., Barthes filósofo, Vigo, Galaxia, 2015.
B) Complementaria:
Ahmed, S., La política cultural de las emociones, México, UNAM, 2015.
Arendt, H., Eichmann en Xerusalén, Santiago de Compostela, USC, 2021.
Beauvoir, S., O segundo sexo, Vigo, Xerais, 2008-2010.
Badiou, A., El despertar de la historia, Madrid, Clave Intelectual, 2010.
Foucault, M., Vigilar y castigar: nacimiento de la prisión, Madrid, Siglo XXI, 2009.
Foucault, M., La voluntad de saber, Madrid, Siglo XXI, 2009.
Foucault, M., El gobierno de sí y de los otros. Curso en el Collège de France 1982-1983, Madrid, Akal, 2011.
Habermas, J., Escritos sobre moralidad y eticidad, Barcelona, Paidós Ibérica, 2003.
hooks, b., A vontade de cambiar: homes, masculinidade e amor, Santiago de Compostela, Laiovento, 2023.
Illouz, E., La vida emocional del populismo: cómo el miedo, el asco, el resentimiento y el amor socavan la democracia, Madrid, Katz, 2023.
Jonas, H., El principio de responsabilidad: ensayo de una ética para la civilización tecnológica, Barcelona, Herder, 2008.
Lipovetsky, G., La era del vacío, Barcelona, Anagrama, 2011.
Lyotard, J.-F., La condición postmoderna, Barcelona, Altaya, 1999.
MacIntyre, A., Tras la virtud, Barcelona, Crítica, 2004.
Negri, A. & Hardt, M., Imperio, Barcelona, Paidós Ibérica, 2009.
Rachels, J., Elementos de filosofia moral, Lisboa, Gradiva, 2004.
Rawls, J., El liberalismo político, Barcelona, Crítica, 2004.
Rorty, R., Contingencia, ironía y solidaridad, Barcelona, Paidós Ibérica, 2009.
Sousa Santos, B., A gramática do tempo, Porto, Afrontamento, 2010.
Vattimo, G., Nihilismo y emancipación: ética, política, derecho, Barcelona, Paidós Ibérica, 2004.
Zambrano, M., Filosofía y educación, Alicante, ECU, 2011.
Ademais, ao comezo do curso, facilitarase bibliografía específica para temas e/ou cuestións concretos.
1. Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2. Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
1.- Docencia expositiva: explicación dos contidos do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: realización de prácticas consistentes en comentarios de temas/textos relacionados cos contidos do programa, orientados polo profesor. Normalmente terán lugar na aula no horario fixado. Cada comentario deberá ser realizado por dous/dúas alunos/as, incluíndo necesariamente intervención oral, debate público e redacción escrita. Excepcionalmente, poderá realizarse individualmente na aula virtual.
3.- Actividades tutoriais grupais: 1ª) realización e avaliación dos exercicios prácticos (data aproximada: primeira semana do curso); 2ª) preparación e realización do exame (data aproximada: primeira semana de outubro); e 3ª) valorización dos resultados dos exames (datas aproximadas: semanas seguintes á realización dos exames).
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE
1.- Estudo: preparación da materia polo/a aluno/a, podendo usárense os materiais recomendados polo profesor ou, previa consulta a este, outros que respondan aos contidos da materia.
2.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
A avaliación é continua, realízase durante o semestre e abarca a docencia expositiva (dous exames parciais) e a docencia interactiva (as prácticas). Comprende:
1.- Primeiro Parcial: Política. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: outubro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: novembro). A nota definitiva será a do último exame realizado. Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE3, CE5, CE10.
2.- Segundo Parcial: Ética. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: novembro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: novembro). A nota definitiva será a do último exame realizado. Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE3, CE5, CE10.
3.- Prácticas: pola realización de 10 comentarios, estando todos ben, poderá obterse +1. Cada comentario realizado poderá receber a cualificación global de ben (+0,1), regular (+0,05) ou mal (+0). Existirá a posibilidade opcional de realizar unha intervención individual, unha exposición oral, seguida de debate e un exercicio escrito breves, sobre un tema relacionado cos contidos do programa (de +0 a +0,5). Por cada participación nestas actividades poderá obterse +0,1, até un máximo de +0,5.Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE6, CE7, CE8, CE9.
Os exames e as prácticas son presenciais, debendo realizarse na aula no horario fixado.
Os/as estudantes exentos de asistencia ás aulas presenciais, para superar a materia, deberán realizar os exames parciais, sexa durante o curso sexa nas datas dos exames finais.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
A cualificación final será a suma da media obtida nos exames parciais de teoría (de 0 a 10) máis a nota das prácticas (de 0 a +2).
Os/as alunos/as suspensos/as, aqueles/as que na avaliación continua realizada durante o semestre non obteñan un total de 5 puntos (sumadas a teoría e as prácticas), poderán concorrer aos exames finais de decembro-xaneiro e/ou xuño-xullo. Á nota obtida nestes (de 0 a 10) será agregada a das prácticas realizadas durante o semestre (de 0 a +2) para establecer a cualificación final.
ESIXENCIA DE ORIXINALIDADE
Se alguén copiar, en calquer momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese: (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por un/ha algún texto escrito por outro (prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria, senón mediante o emprego de apuntamentos, bibliografía ou informacións, cuxo uso non está autorizado no exame, ou mediante substitucións sexa da persoa sexa do exercicio.
Tempo de traballo: 112,5 horas (4,5 ECTS). Estas horas repártense da seguinte maneira:
1) Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva). No total, 36 horas no semestre. Incluíndo 2,25 horas de tutorías grupais, 38,25 horas no semestre.
2) Horas non presenciais semanais: 1 hora, recomendada para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 12 horas no semestre.
3) Tempo de estudo semestral: 62,25 horas (traballo do/a aluno/a).
1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos dos temas.
2) Asistencia e participación nas aulas, conveniente nas expositivas e imprescindíbel nas interactivas, pois a realización das prácticas é necesariamente presencial.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.
Polo que respecta á actividade formativa (desenvolvemento da docencia, realización de probas, etc.), serán de aplicación todas as disposicións da USC (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, etc.) e da lexislación xeral atinentes.
Nomeadamente, chámase a atención sobre:
1) Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
2) Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
3) Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
4) Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
5) Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
6) O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Luis Modesto Garcia Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
15.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
15.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
11.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
11.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |