Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O curso de metafísica pretende asumir o reto dunha activa "reconstrución da metafísica".
A reformulación do problema da filosofía en termos estritamente modernos levou a esa peculiar tarefa que, con diversas interpretacións e sentidos, podemos recoñecer baixo o título de “reconstrución da metafísica”.
Despois de Hegel, despois de confirmar a incapacidade de soportar a diferenza nunha tradición aínda dominada pola identidade, a metafísica lévanos a unha aporía: nin se pode sustentar seriamente como proxecto nos termos en que se formulou orixinalmente, nin se pode deixar atrás. . A tarefa da metafísica será a da súa “reconstrución”. Pensar a metafísica na modernidade tardía é pensar “despois e dende Nietzsche”: como pensar “o ser”, “a realidade”... sen que o noso pensamento nos leve á xa inviable restauración dun transmundo regulamentario e normativo?
1. A “crise” da metafísica occidental.
a) Os problemas fundamentais da metafísica.
b) A crise da metafísica no século XIX e XX.
2. Zubiri e a reconstruccion da metafísica.
a) Intelixencia e realidade.
b) Realidade e ser.
c) Esencia aberta e esencia cerrada.
3. A metafísica no horizonte da complexidade.
Omítese a referencia de fontes usadas para estudio de textos.
Segundo o desenvolvemento de cada tema faranse indicacións precisas dos fragmentos relevantes para a preparación dos mesmos.
BÁSICA:
- HEIDEGGER, M. Introducción a la Metafísica, 2. ed. Barcelona 1993.
- HEIDEGGER, M. Ser y tiempo, México, FCE, 1951, 1972.
- ZUBIRI, X. Los problemas fundamentales de la metafísica occidental, Madrid, 1994.
- ZUBIRI, X. Sobre la realidad, Madrid, 2005.
- ZUBIRI, X. Estructura dinámica de la realidad, Madrid, 1998.
COMPLEMENTARIA:
- LEYTE COELLO, A. “Ser e tempo como "primeira filosofía"” en Ensaios sobre Heidegger, Vigo, 1995, pp. 47-132.
- LEYTE COELLO, A. Heidegger, Madrid, 1996.
- GRACIA, D. Voluntad de verdad, Madrid, 1995.
- PINTOR-RAMOS, A. Realidad y verdad, Salamanca, 2001.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia ás achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións presentadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, apoiándose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que los estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade para problemas de igualdade e medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos se indican nas fichas das asignaturas.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, presentar e resolver problemas.
CLASES EXPOSITIVAS:
Presentación de modo teórico-práctico (mediante a presentación de libros, textos, comentario de textos, etc.) dos temas da materia por parte do profesor. Os participantes, que deben seguir a exposición con vontade de intervención e participación, deberán entregar en cada sesión unha ficha cunha síntese dalgún texto facilitado na exposición ou responder a algunha pregunta formulada, segundo o tema, polo profesor.
CLASES INTERACTIVAS:
Presentación de modo teórico-práctico (mediante lecturas individuais ou en común, comentarios de textos, exposición de problemas, etc.) dos temas e tarefas que o profesor encomende a cada estudante de forma individual ou grupal en cada sesión.
CAMPUS VIRTUAL:
A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará sobre os temas, textos e actividades do curso, así como da relación de materiais para cada sesión. O alumnado tamén poderá (e deberá) facer uso dos materiais da biblioteca.
METODOLOXÍA PARA O ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
Neste caso, o alumnado con dispensa solicitará unha titoría ao inicio e outra ao final do semestre co profesor para orientar e avaliar a obrigatoriedade de realizar un traballo escrito que complemente e compense a súa imposibilidade de asistir ás clases.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Na aula, o alumnado deberá realizar sempre algunha actividade, xa sexa unha síntese, comentario ou resposta ás preguntas formuladas polo profesor nas clases expositivas, xa sexa unha lectura ou exposición, individual ou en grupo, sobre algún texto ou tema nas clases interactivas.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO:
a) En xeral, a preparación das actividades propostas polo profesor na aula cando corresponda;
b) A lectura ou comentario dos textos sinalados polo profesor e a elaboración dunha “ficha” que será entregada nos prazos que marque o profesor;
c) A recompilación de documentación complementaria e a súa lectura e síntese sobre os temas que indique o profesor;
d) A realización das actividades que indique o profesor dentro da aula virtual nos prazos previamente sinalados;
e) A realización dos exames cando corresponda por imposibilidade de continuar coa avaliación continua.
REQUISITOS PARA AS AULAS:
Participación activa e obrigatoria nas clases.
Por asistencia entendemos “asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia como mínimo ao 80% das sesións.
En todas as sesións realizarase un control de asistencia.
A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”.
O alumnado que non asista regularmente será obxecto dunha avaliación non continua mediante un exame final.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua, contemplándose a posibilidade dun exame final no caso de que o/a estudante non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere.
A avaliación do alumnado con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases farase mediante a modalidade de exame final (100% da nota).
A avaliación continua realizarase valorando a asistencia e participación nas sesións correspondentes. Polo tanto, a avaliación baséase principalmente na entrega de traballos parciais e na realización dun traballo final escrito que o/a estudante expoñerá oralmente nas sesións presenciais.
Asistencia regular ás clases: 20%
Elaboración de actividades sobre temas ou textos, en sesións presenciais ou na aula virtual: 40%
Traballo final (exposición presencial) e entrega por escrito na aula virtual: 40%
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES
Quen teña "dispensa de asistencia" será avaliado/a mediante un exame final na data oficial sobre os contidos da materia; salvo que, en función do traballo desenvolvido en conexión co profesorado, este estableza outra(s) proba(s) complementaria(s) ou alternativa(s) ao exame final; sempre, iso si, coa conformidade explícita da persoa interesada.
Recomendamos, en consecuencia, ao alumnado con "dispensa de asistencia" que, canto antes, solicite unha titoría co profesor para establecer os obxectivos e unha metodoloxía de traballo que lle permita superar a materia do xeito máis satisfactorio e proveitoso posible.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
Traballo final: CG1, CG4, CB1, CB5, CT01, CE1, CE2
Participación e actividades na aula virtual: CG2, CG3, CG4, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT01, CT02, CT03, CE1, CE2, CE4, CE5, CE6, CE7
Participación e actividades de modo presencial: CG5, CB4, CT01, CT02, CT03, CE5, CE6, CE7
6 créditos ECTS, 150h.
- Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h
Preparación do exame 24h.
1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a acumulación
2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3) Participación activa nas clases.
4) Participación activa na AV, a empezar polo(s) foro(s).
Todas as dúbidas e/ou consideracións relativas á comprensión dos textos e en xeral das materias do curso deben de ser trasladadas aos) foro(s), ámbitos abertos ao debate, nos que cualquera pode y debe responder calquera intervención, xa sea dun/unha compañeiro/a ou do profesor.
5) Preparación dos exames seguindo rigurosamente as pautas indicadas
6) O alumnado deberá evitar incurrir en plaxio. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da
aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnadod as consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- A participación do estudantado en programas ou actividades promovidas polo SEPIU poderá ser recoñecida como parte do traballo autónomo ou das actividades complementarias da materia, sempre que estean vinculadas aos seus contidos e competencias.
Carlos Alberto Pose Varela
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- carlosalberto.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
27.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
27.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
27.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
22.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
22.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
22.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |