Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Iniciar ao alumnado no coñecemento da arte do Renacemento, familiarizalo cos seus códigos figurativos e arquitectónicos e destacarlle os logros máis relevantes dunha época cuxa primeira fase ía ditar os parámetros culturais da civilización occidental ata o século XX.
Tras analizar a especificidade do Renacemento, farase especial fincapé na creación dun novo código figurativo e dunha nova linguaxe arquitectónica chamadas a ter unha grande vixencia na arte occidental, ao tempo que se estudarán as máis importante propostas artísticas da época, fundamentalmente en Italia.
Desenvolvemento do temario:
Tema I. Renacemento: concepto e significación. Renacemento e renacementos. Arte e ciencia. O modelo da antigüidade clásica. Artistas e clientes.
Tema II. A arquitectura en Italia. O Século XV: Das “primeiras luces” ao amencer. Brunelleschi e Alberti.- Século XVI: A plenitude do sistema regular e a licenza. Vignola e a regra. A renovación veneciana.
Tema III. As artes figurativas en Italia. O Quattrocento: Indefinición estilística e investigación normativa. Florencia na primeira metade do século. A última xeración florentina. Padua. Ferrara. Venecia.- O Cinquecento: O alto renacemento ou a época dos xenios. Anticlasicismo e manierismo. Venecia.
Tema IV. A difusión do Renacemento en Europa.
BÁSICA: Freedberg, S. J., Pintura en Italia 1500-1600, Madrid, 1978. Heydenreich, L.H. y Lotz, W., Arquitectura en Italia 1400-1600, Madrid, 1991. Nieto Alcaide, V. El arte del Renacimiento, Madrid, 1996. Ídem y Checa Cremades, F., El renacimiento. Formación y crisis del modelo clásico, Madrid, 1980. Pope-Hennessy, J., La escultura italiana en el Renacimiento, Madrid, 1989. Ídem, Italian High Renaissance and Baroque Sculpture, Nueva York, 1985.
COMPLEMENTARIA: Antal, F., El mundo florentino y su ambiente social. La república burguesa anterior a Cosme de Médicis: siglos XIV-XV, Madrid, 1987. Argan ,G.C., Renacimiento y Barroco, Madrid, 1987. Blunt, A., Arte y arquitectura en Francia, 1500-1700, Madrid, 1977. Ídem, La teoría de las artes en Italia 1450-1600, Madrid, 1979. Burke, P., El renacimiento italiano. Cultura y sociedad en Italia, 1450-1600, Madrid, 1993. Chastel, A., El renacimiento meridional 1460-1500, Madrid, 1965. Ídem, El gran taller de Italia 1460-1500, Madrid 1966. Ídem, Arte y humanismo en Florencia en la época de Lorenzo el Magnífico, Madrid, 1982. Ídem, El saco de Roma, Madrid, 1986. Ídem y R. Klein, El humanismos, Madrid, 1971. Checa Cremades, F, Pintura y escultura del Renacimiento en España, Madrid, 1983. Fusco R., El Quattrocento en Italia, Madrid, 1999. Gombrich, E. H., El lagado de Apeles. Estidios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1982.Ídem, Imágenes simbólicas. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1983. Ídem, Norma y forma. Estudios sobre el arte del renacimiento, Madrid 1984. Ídem, Nuevas visiones de viejos maestros. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1987. Heydenreich, L.H., Eclosión del Renacimiento. Italia 1400-1460, Madrid, 1972. Ídem y Passavant, G., La época de los genios.Renacimiento italiano 1500-1540, Madrid, 1974. Keller, M., El renacimiento italiano, Madrid, s.a. Marías, F., El largo siglo XVI. Los usos artísticos del Renacimiento español, Madrid, 1989. Murray, P., Arquitectura del Renacimiento, Madrid, 1972. Murray, L., El Alto Renacimiento y el Manierismo, Barcelona, 1995. Murray, P. y L., El arte del Renacimiento, Mexico, 1965. Paleotti, J. T. y Radke, G. M., El arte en la Italia del Renacimiento, Madrid, 2002. Panofsky, E., Estudios sobre iconología, Madrid, 1972. Ídem, La perspectiva como forma simbólica, Barcelona, 1973.Ídem, Renacimiento y renacimientos en el arte occidental, Madrid, 1975. Ídem, Los primitivos flamencos, Madrid 1998. Ramirez, J.A. (coord.), Historia del Arte, vol. 3, Madrid, 1997. Rowe C. y Satkowski L., La arquitectura del siglo XVI en Italia, Barcelona, 2013. Shermann, J., Manierismo, Bilbao, 1984. Warburg, A., El Renacimiento del paganismo. Aportaciones a la historia cultural del Renacimiento europeo, Madrid, 2005. Waterhouse, E. Pintura en Gran Bretaña 1530-1790, Madrid, 1993 (primera parte). Wilde, J., La pintura veneciana de Bellini a Ticiano, Madrid, 1988. Wind, E., Los misterios paganos del Renacimiento, Bercelona 1872. Wittkower, R., Los fundamentos de la arquitectura en la edad del humanismo, Madrid, 1995. Wölfflin, H., Conceptos fundamentales de la historia del arte, Madrid, 1970. Ídem, El arte clásico. Una introducción al renacimiento italiano, Madrid, 1982.
- Familiarizarse cun momento crucial da nosa civilización occidental.
- Recoñecer as diferentes especificacións lingüísticas nas que o Renacemento se expresa e ver a importancia das testemuñas escritas coma fundamento de aproximación ao fenómeno artístico.
- Comprobar as posibilidades de distintos modos de aproximación ao produto artístico en relación cunha época que foi o campo privilexiado da experimentación metodolóxica da disciplina da Historia da Arte.
- Perfeccionar a análise da obra de arte.
O responsable docente nas clases expositivas realizará unha aproximación aos temas desde unha perspectiva multidisciplinar que permita o estudo da obra de arte como totalidade, insistindo nos aspectos culturais –para que o alumnado poida contextualizar as obras obxecto de análise–, iconográficos –co obxecto de que poida comprender o seu sentido– e formais –co fin de sensibilizar o ollo en relación cunhas determinadas formas de expresión.
As clases interactivas, por unha banda, centraranse na análise e comentario de diferentes obras relacionadas coa materia desenvolvida polo profesor, ca fin de que o alumnado instrumentalice os coñecementos que vaia adquirindo, é dicir, o que se pretende é que aprenda a “ver” e a contextualizar o fenómeno artístico, resolvendo todos os problemas que lle xurdan na fase de aprendizaxe; por outra, o alumnado, individualmente ou en grupo, poderá levar a cabo recensións de artigos ou capítulos de libros, que serán expostas e discutidas en clase; lecturas razoadas, que tamén serán obxecto de discusión en clase; e traballos relacionados con determinadas partes da materia que deberá preparar e que será obxecto de discusión entre o alumnado e co profesor.
É aconsellable a consulta dos manuais antes de adentrarse na preparación de calquera parte da materia que deba ser obxecto de comentario e discusión nas clases prácticas ca fin de facerse unha idea xeral do tema do que se trata.
As titorías prevese levalas a cabo de forma virtual a través da plataforma Microsoft Teams, no día e franxa horaria establecida, previa cita por correo electrónico.
A avaliación dependerá duha proba escrita de toda a materia vista nas clases expositivas e interactivas, da participación nestas últimas e dos traballos persoais. A proba escrita suporá o 70% da cualificación final. A participación nas actividades das clases interactivas poderá alcanzar ata o 30% da cualificación final. A nota definitiva obterase unha vez superado o 50% de cada unha das partes. De ser necesario, o alumnado poderá repetir a proba escrita na segunda oportunidade de acordo coa data prevista no calendario oficial, manténdose a nota das interactivas.
Xa que a avaliación é continua, a asistencia as aulas é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o alumnado poidese ser avaliado na primeira oportunidade, tendo en conta que, na segunda, a avaliación limitarase á proba escrita, ao manterse a nota das interactivas, que neste caso será sempre 0 por tratarse do resultado duha valoración continuada ao longo do período de impartición da materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TEMPO PRESENCIAL
- Docencia expositiva 51 horas.
- Docencia interactiva 24 horas.
- Titorías persoalizadas 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO
- Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
- 3 horas de preparación por cada clase interactiva.
- 15 horas para o traballo escrito no caso de que se esixa.
O alumnado está obrigado, a partir da segunda semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de xeito dosificado, sexan obxecto de discusión nas interactivas, pois, do contrario, anúlase a operatividade das mesmas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.
Solicitar do profesor, en calquera momento, as aclaracións que estime oportunas en relación con aqueles aspectos que no transcurso da exposición teórica ou nas clases interactivas non quedaran suficientemente explicados, pois o alumnado non deberá nunca abandonar a aula sen ter perfectamente clarificado o tema obxecto de exposición e/ou discusión.
Implicarse plenamente nas clases interactivas por medio da participación.
Facer uso das titorías para resolver calquera problema que lle xurda en relación coa materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
Supoñendo que a “normalidade adaptada” no fora viable, a USC contempla dous posibles escenarios, un deles, o do “distanciamento” e outro, o do “peche das instalacións”.
Nesta materia para ambas as dúas situacións, seguiranse os mesmos criterios, que son:
PROGRAMACIÓN
Manterase a programación dos contidos.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Optarase pola sincronía como norma habitual e a presencialidade será obrigatoria. Utilizarase en xeral, como instrumento de apoio, a bibliografía básica, aínda que se poidan incluír lecturas específicas, sobre todo para as clases interactivas.
Para as clases expositivas prevese o formato da clase maxistral e que o alumnado prepare, expoña e defenda, preferentemente en grupos reducidos, que o profesor establecerá, un determinado número de temas, sendo este o encargado de determinar en quen recaia a responsabilidade de exposición e defensa. Cada un deses temas será preparado por dous grupos co fin de que a información recibida polo alumnado sexa o máis completa posible, encargándose un da réplica doutro. O conxunto dos temas expostos polo alumnado será obxecto dunha proba, polo que o alumnado deberá tomar as notas que considere oportuno. Excepcionalmente, algún destes temas poderá ser preparado individualmente por toda a clase e discutido nela.
As clases interactivas incluirán: a recensión de artigos ou capítulos de libros, que serán expostas e discutidas en clase; lecturas razoadas, que tamén serán objecto de discusión en clase; e a análise de certo número de obras que o profesor irá asignando a cada alumno, pois se trata, como nos dous casos anteriores, dun traballo individual, no que se seguirán os trámites previstos para os temas das clases expositivas: exposición e defensa en clase, réplica e proba, polo que se recomenda a toma de notas correspondente.
As titorías levaranse a través da plataforma Microsoft Teams previa cita por correo electrónico.
AVALIACIÓN
Alterarase a proporcionalidade da nota entre expositivas e interactivas, que pasará do 70 e 30%, respectivamente, ao 60 e 40%. Para a primeira oportunidade a cualificación consistirá nunha avaliación continua sen proba final, polo que é necesario levar ao día a materia, mentras que para a segunda oportunidade o alumnado se someterá a unha proba oral de todo o programa en base á bibliografía básica prevista. As ausencias serán penalizadas con retirada de puntos e máis aló dun 20% o alumnado declina o seu dereito a ser avaliado na primeira oportunidade.
CANLES DE COMUNICACIÓN
Os medios de comunicación previstos serán: as plataformas Microsoft Teams e Aula Virtual, e o servizo de correo electrónico.
Andres Antonio Rosende Valdes
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812596
- Correo electrónico
- andres.rosende [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
11.01.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
30.06.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
30.06.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |