Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Lograr unha visión xeral da Historia e Cultura Contemporánea vinculada ás grandes mudanzas do período.
- Acadar un enfoque transversal e interdisciplinar dos fenómenos culturais primordiais.
- Fomentar o espírito crítico e a capacidade analítica do estudante.
- Promover a aprendizaxe da metodoloxía de elaboración dun traballo e práctica da expresión escrita.
- Practicar o debate e a expresión oral.
• Presentación da materia
Introdución e liñas xerais do programa. Orientación bibliográfica.
• Bloque 1
- As viraxes de finais do século XIX. A segunda revolución industrial e a consolidación do capitalismo. A conquista europea do mundo: imperialismo e Exposicións Universais.
- A cultura no “fin-de-siècle” e os debates intelectuais.
• Bloque 2
- A Primeira Guerra Mundial. Consecuencias políticas da guerra: creba dos imperios, doutrina Wilson, ascenso dos EE.UU. de América. A neutralidade española na Gran Guerra.
- O período de Entreguerras. A crise do capitalismo: democracias inestables; fascismos en ascenso.
- A Segunda Guerra Mundial. A Guerra Fría.
• Bloque 3
- Os “Anos gloriosos” do capitalismo. Maio do 68, Terceiro mundo e movementos de liberación nacional.
- A viraxe dos oitenta. O liderado Thatcher/Reagan. O Segundo mundo e a caída do Muro de Berlín.
- A fin do curto século XX. Postestruturalismo, postmodernismo, postmarxismo.
Cabrera, M. et al. (ed.) (1991), Europa en crisis, Madrid, Siglo XXI.
Comellas, J.L. (2001), Los grandes imperios coloniales, Madrid, Rialp.
Evans, R.J. (2007), El Tercer Reich en el poder (1933-1939), Barcelona, Península.
Ferguson, N. (2003), El imperio británico: cómo Gran Bretaña forjó el mundo, Barcelona, Debate.
Galbraith, J.K. (1989), El crac del 29, Barcelona, Ariel.
Hobsbawm, E. (1989), La era del capitalismo, 1848-1875, Barcelona, Labor.
- (1990), La era del imperio, 1875-1914, Barcelona, Labor.
- (2001), La era de la revolución, 1789-1848, Barcelona, Crítica.
- (2003), Historia del siglo XX (1914-1991), Barcelona, Crítica.
- (1998), Industria e Imperio, Barcelona, Ariel.
Howard, M. (2004), La Primera Guerra Mundial, Barcelona, Crítica.
Judt, T. (2012), Pensar el siglo XX, Madrid, Taurus.
- (1997). Postguerra: una historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus.
Kindleberger, Ch. P. (1984), La crisis económica 1920-1939, Barcelona, Crítica.
Maier, Ch. (1991), La refundación de la Europa burguesa, Madrid, Ministerio de Trabajo y SS.
Mazower, M. (2008), El imperio de Hitler. Ascenso y caída, Barcelona, Crítica.
Morrow, J.H. (2008), La Gran Guerra, Barcelona, Edhasa.
Mosse, G. (1997), La cultura europea del siglo XIX y XX, (2 Vols.) Barcelona, Ariel.
Neiberg, M. (2006), La Gran Guerra: una historia global (1914-1918), Barcelona, Paidós.
Payne, S. (1995), Historia del fascismo, Barcelona, Planeta.
Piqueras Arenas, J.A. (1992), El movimiento obrero, Madrid, Anaya.
Sassoon, D. (2006), Cultura. El patrimonio común de los europeos, Barcelona, Crítica.
Thompson, E. P. (2000), Agenda para una historia radical, Barcelona, Crítica.
Villares, R. y Bahamonde, A. (2012), El mundo contemporáneo (del siglo XIX al siglo XXI), Taurus, Madrid.
Watson, P. (2002), Historia intelectual del siglo XX, Barcelona, Crítica.
Weinberg, G.L. (1995), Un mundo en armas. La Segunda Guerra Mundial, una visión de conjunto, Barcelona, Grijalbo.
Williamson, M. (2007), La guerra que había que ganar, Barcelona, Crítica.
Zamagni, V. (2001), Historia económica de la Europa contemporánea, Barcelona, Crítica.
Zorgbibe, Ch. (1997), Historia de las relaciones internacionales, Madrid, Alianza.
- Capacidade para conceptualizar os fenómenos histórico-culturais.
- Habilidade para realizar a análise crítica do pasado.
- Capacidade para dilucidar as raíces históricas da cultura do noso tempo.
- Capacidade para relacionar os diversos eidos culturais a través dos grandes feitos da historia contemporánea.
- Exposición oral por parte do docente.
- Análise e comentario de textos culturais e intelectuais.
- Recensión crítica dunha monografía.
- Realización de traballos en equipo.
- Comentario de filmes de interese histórico e cultural.
- Práctica de Campo (en colaboración con outros docentes/materias/alumnos do Grao de Arte, de existir a posibilidade e financiación da mesma)
(véxase o apartado de Observacións)
A avaliación será continua combinada con probas finais; constará de tres partes:
- Traballos persoais e/ou en grupo de entrega obrigatoria (40% da cualificación final). Algunhas ou todas as prácticas de entrega poden ser avaliadas sen aviso previo.
- Proba escrita (60% da cualificación final)
- Asistencia e participación (mínimo 80% asistencia para poder examinarse).
Agárdase facer unha saída de campo.
PARA O CASO DE ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA CONCEDIDA: Na avaliación non se computará a "participación na aula", pero os/as alumnos/as terán a obriga de desenvolver os exercicios prácticos obrigatorios e de facer o exame oficial da materia.
CRITERIOS conforme aos que se cualificarán os comentarios/traballos dos/as alumnos/as:
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razoamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.
Mecanismos de seguimento:
-Comentarios de documento histórico +Titorías + Participación na aula + Asistencia
Na segunda oportunidade, o alumno/a debe concorrer en todo caso na data, hora e lugar fixados para o exame, aínda que a casuística pode ser variada, en función do que cada quen precise recuperar:
1. Realización da parte teórica da proba escrita para recuperar o 60% da cualificación final e mantendo o 40% restante vinculado ás aulas interactivas e a cualificación obtida na primeira oportunidade.
2. Viceversa, realización da parte práctica da proba escrita, intentando recuperar o 40% da cualificación e mantendo para o 60% restante nas cualificacións obtidas na primeira oportunidade.
3. Realización do total da proba escrita, a parte práctica e a teórica, intentando recuperar a totalidade da cualificación da materia (100%).
Depende dun conxunto amplo de factores inherentes ó alumnado (capacidade de lectura, interese pola materia, entusiasmo pola aprendizaxe, etc.). Valoración aproximativa do tempo de estudo:
32 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo.
16 horas presenciais de clases interactivas en grupo reducido.
10 horas de elaboración dos traballos e/ou desenvolvemento de prácticas de campo, de existir.
3 horas de titoría personalizada obrigatoria.
4 horas avaliación.
85 horas de estudio persoal.
TOTAL: 150 HORAS.
É fundamental que o alumnado asimile a filosofía e esixencias do sistema de avaliación continua establecido pola nova metodoloxía do EEES:
- Lectura de revistas de cultura.
- Consulta habitual dun dicionario histórico.
- Consulta e lectura das obras recomendadas.
- Consulta de sitios culturais de internet promovidos por institucións de probada solvencia intelectual.
Acadar os obxectivos previstos para esta materia facilitará bos resultados noutras posteriores do grao, caso da relacionadas coa Historia da Arte contemporánea.
Observacións (curso 2020/2021)
Ante o descoñecemento do futuro inmediato pola situación da pandemia COVID-19, as aulas e a avaliación presencial poderían verse alteradas e ser substituídas por ensino e avaliación on-line combinado con presencialidade (escenario 2) ou on-line exclusivamente (escenario 3) . Nese caso, o sistema de avaliación podería ser redefinido de novo en función das circunstancias, obtando sempre pola avaliación continua onde os/as alumnos/as deixarán constancia do seu coñecemento tanto teórico como prácticos, e ca posibilidade de seguir existindo probas finais. A través da Aula Virtual da materia procurarase que os alumnos/as teñan acceso aos documentos que se traballen nas aulas. Todo isto estará sempre suxeito e adapatado ás normativas e circunstancias concretas que sucedan.
Margarita Barral Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812575
- Correo electrónico
- margarita.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Xoves | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Biblioteca |
25.06.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |