Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e a cultura europea deste período nas súas diversas manifestacións
2.- Saber diferenciar as características básicas e a súa evolución durante este período
3.- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais
4.- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos en que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural
5.- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
6.- Que o alumno adquira os coñecementos metodológicos e básicos que lle permitan introducirse na actividade investigadora
TEMA I.- Introdución. Concepto, periodización, contexto histórico e xeografía do románico.
TEMA II.- ARQUITECTURA: O edificio románico.- O nacemento plural do románico e os primeiros testemuños arquitectónicos.- O románico pleno: das igrexas de peregrinación a Cluny III.- O románico tardío e a sua coexistencia cos comezos do gótico.
TEMA III.- ARTES FIGURATIVAS: As primeiras experiencias figurativas e a eclosión da escultura monumental. O edificio como imaxe narrativa e simbólica. Tipos, temas, esculturas, escultores e público. - A pintura e as artes suntuarias.
Aínda que a explicación do profesor será sempre prioritaria, como libro de apoio os alumnos dispoñerán, ademais da bibliografía que se acompaña, do seguinte manual de referencia:
BANGO TORVISO, I., El Románico. Hª Universal del Arte, 3, Espasa-Calpe,Madrid, 2000.
AA.VV: Enciclopedia del Románico, vv. vols., Aguilar de Campó, Fundación Sta. Mª la Real.
AA.VV: La Catedral de los caminos. Etudios sobre Arte e Historia, Santiago, Fundación catedral, 2020
AA VV: La catedral de Santiago de Compostela (dir. J.M. García Iglesias), La Coruña, Xuntanza, 1993
AA VV: El Románico. Arquitectura. Escultura. Pintura, Colonia, Könemann, 2007
AAVV: La Edad Media, vol. 2 de Historia del Arte (J.A.Ramírez, coord.), Madrid, Alianza Editorial, 1996
BANGO TORVISO, G: El arte románico, Madrid, Historia 16, 1989
BANGO TORVISO, G. Y ABAD CASTRO, C.: Arte Medieval I, Madrid, Historia 16, 1996
BRAUNFELS, W.: La arquitectura monacal en occidente, Barcelona, Barral editores, 1975
CONANT, K.: Arquitectura carolingia y románica, 800-1200, Madrid, Cátedra, 1982
- Arquitectura románica de la catedral de Santiago (revisión S. Moralejo Alvarez), Santiago, Colegio de arquitectos, 1983
DAVY, M. M.: Iniciación a la simbología románica: el siglo XII, Madrid, Akal, 1996
DURLIAT, M.: Introducción al arte medieval en Occidente, Madrid, Cátedra, 1979
- El arte románico, Madrid, Akal, 1992
FOCILLON; H,: La escultura románica. Investigación sobre la historia de las formas, Madrid, Akal, 1986
- Arte de Occidente. La Edad Media románica y gótica, Madrid, Alianza, 1988
KOSTOF, S.: Historia de la arquitectura, vol. 2, Madrid, Alianza, 1988
KUBACH, E.H.: Arquitectura románica, Madrid, Aguilar, 1989
MILONE, A.: Medievo: 1000-1400: El arte europeo entre el Románico y el Gótico, Barcelona, Electa, 2007
NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M. (coord.): Santiago, la catedral y la memoria del arte, Santiago, Consorcio de Santiago, 2000
SAUERLÄNDER, W.: La escultura medieval, Bilbao, Moretón, 1967
SHAPIRO, M.: Estudios sobre el románico, Madrid, Alianza Editorial, 1984
SEBASTIAN, S.: Mensaje simbólico del arte medieval. Arquitectura, Iconografía y Liturgia, Madrid, ed. Encuentro, 1994
SUREDA, J.: El despertar de Europa (El arte del románico y el gótico), vol. 6 Historia del arte universal, Barcelona, Planeta, 2006
YARZA LUACES, J.: Arte y arquitectura en España 500- 1250, Madrid, Cátedra, 1979
- Fuentes de la Historia del Arte I, Madrid, Historia 16, 1997//
GALICIA
Chamoso Lamas, M.: Santa Marina de Aguas Santas. Artigo de: Cuadernos de estudios
gallegos, t. 10 (1955), p. 41-88.
Bango Torviso, I.: Arquitectura románica de Pontevedra, A Coruña, Fundación Barrié, 1979
Bango Torviso, I.: Galicia románica, Vigo, Galaxia, 1987
Bango Torviso, I.: Arquitectura románica en Galicia, desde los orígenes hasta 1168. Artigo de:
El arte románico en Galicia y Portugal, A Coruña, Fundación Barrié, 2001, p. 12-29
Castiñeiras González, M.: El Pórtico de la Gloria, Madrid, San Pablo, 1999
García Guinea, M.A. (Dir.): Enciclopedia del románico en Galicia, Aguilar de Campoo,
Fundación Santa María la Real, Centro de Estudios del Románico, 2012-2013
Valle Pérez, J. C.: La arquitectura cisterciense en Galicia, A Coruña, Fundación Barrié, 1982
Vila da Vila, M.: La Iglesia románica de Cambre, Cambre, Ayuntamiento, 1986.
Yáñez Neira, D.: El Monasterio cisterciense y la villa de Santa María de Meira: síntesis
histórico-artística, Lugo, Diputación Provincial, 1993.
Yzquierdo Perrín, R.: La arquitectura románica en Lugo, La Coruña, Fundación Barrié, 1983
Yzquierdo Perrín, R.: El Monasterio de Carboeiro.
O alumno/a será capaz de:
1.- Datar e clasificar as obras da arte románico
2.- Contextualizar as diferentes manifestacións artísticas ao longo do discorrer histórico dese período
3.- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos
4.- Utilizar as ferramentas historiográficas máis adecuadas
5.- Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías
6.- implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural
O profesor nas clases expositivas realizará unha aproximación aos temas desde unha perspectiva multidisciplinar que permita o estudo da obra de arte como totalidade, facendo fincapé nos aspectos morfológicos e de contido da arte románica.
As clases interactivas centraranse na análise e comentario de diferentes obras relacionadas coa materia. Neste caso, cada alumno, individualmente, terá que preparar, expoñer e defender públicamente unha ou varias obras previamente seleccionadas. Así mesmo terá tamén a obrigación de formular unha serie de preguntas en relación cos temas que se expuxeron.
As prácticas de campo, terán lugar preferentemente no aula e incidirán preferente sobre cuestións xa vistas nas clases expositivas ou interactivas.
Empregarase o recurso do CAMPUS VIRTUAL como ferramenta docente, tanto para informar aos alumnos sobre cuestións de interese como para facilitar material de especial importancia.
A avaliación dependerá dunha proba escrita, da participación nas clases interactivas e dos traballos persoais obligatorios.
A proba escrita supoñerá o 70% da cualificación final. A participación nas clases interactivas e os traballos supoñerán o 30% da cualificación final. O aprobado alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes. A proba escrita será de carácter presencial na aula.
Xa que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obligatoria polo que unha ausencia reiterada ás mesmas superior ao 20%, supoñerá a imposibilidad de que o alumno poida ser evaluado.
A participación dos alumnos nas clases interactivas que se contemplen como exposición dun traballo persoal é obligatoria e, polo tanto, imprescindible para obter a cualificación final.
Opción de xullo:
1.- Nas probas de segunda oportunidade os alumnos que cumprisen con todo o obrigatorio nas clases prácticas e traballos persoais conservaránselles as mesmas cualificacións e só terán que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non tivesen realizado as actividades prácticas obrigatorias terán que realizar un exame no que entrará tanto a materia exposta nas clases expositivas como nas clases interactivas. Esta última materia estará dispoñible na Aula Virtual da materia.
3.- O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
4.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
- Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
- 3 horas de preparación por cada clase práctica.
O alumnado está obrigado, a partir da segunda o terceira semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de forma dosificada, sexan obxecto de discusión nas prácticas, pois, pola contra, anúlase a operatividade das mesmas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.
Todo o indicado nos apartados anteriores está previsto para unha situación de docencia presencial (ESCENARIO 1) na que non haxa alteracións por razóns do COVID 19. Con todo, ante un cambio de escenario a docencia terá que ser semipresencial ou non presencial polo que será necesario que o alumnado teña en conta o que aquí se indica.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2 SEMIPRESENCIAL(Escenario de Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física). ). Nada cambia no referente a Obxectivos, Contidos, Bibliografía, Competencias, Sistema de Avaliación, Tempo de Estudo e Traballo Persoal. Respecto da Metodoloxía do Ensino, optarase preferentemente por unha docencia expositiva síncrona a través de teams, aínda que se poderá utilizar, se procede, a docencia asíncrona nalgún caso. Tamén se utilizará como complemento a ferramenta do Campus Virtual. As clases interactivas terán lugar en clase ou a través de teams. As prácticas de campo serán igualmente en aula o a través de teams. As probas finais serán presenciais ou telemáticas, según proceda.
ESCENARIO 3 NON PRESENCIAL (Peche das instalacións): Nada cambia no referente a Obxectivos, Contidos, Bibliografía, Competencias, Sistema de Avaliación, Tempo de Estudo e Traballo Persoal. Respecto de Metodoloxía do Ensino, optarase preferentemente por unha docencia expositiva síncrona a través de teams, aínda que se poderá utilizar, se procede, a docencia asíncrona nalgún caso. Tamén se utilizará como complemento a ferramenta do Campus Virtual. As clases interactivas terán lugar a través de teams, do mesmo xeito que as prácticas de campo. As probas finais serán exclusivamente telemáticas.
Alfredo Manuel Vigo Trasancos
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812712
- Correo electrónico
- alfredomanuel.vigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
10.01.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
10.01.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
20.06.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |