Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten por obxecto o estudo das diferentes manifestacións artísticas da civilización islámica, dende a súa aparición no século VII ata as últimas grandes obras dos Imperios Otómanos e do Gran Mongol s. XVIII. Con especial atención á Arte Hispanomusulmán.
- Coñecemento dos grandes logros artísticos do mundo musulmán e a súa diferenciación con respecto ás pautas occidentalizantes características da historia da arte xeral
- Comprensión da pluralidade artística dende unha perspectiva na que se debe unir o fenómeno relixioso ao político, social, legal e cultural
- Recoñecemento dos principais hitos artísticos desta civilización
- Diferenciar os períodos cronolóxicos da arte islámica a partir da identificación das características principais da súa linguaxe artística
- Dominio da linguaxe específica da arte musulmá: estruturas, decoración, tipoloxías....
SESIÓNS TEÓRICAS E INTERACTIVAS
TEMA 1: INTRODUCCIÓN HISTÓRICA.
Arabia en tempos de Mahoma. Elaboración do Islam. Expansión do imperio. A definición de arte islámica.
TEMA 2: ALGUNHAS TIPOLOXIAS ARQUITECTÓNICAS:
A mezquita. A madraza. Os cemiteiros. Fortalezas e fortificación. Palacios. Caravansanes. A arquitectura doméstica. Os baños. As alhóndigas. Os maristanes. Os bazares.
TEMA 3: APROXIMACIÓN AO URBANISMO ISLÁMICO.
TEMA 4: ALGUNS ELEMENTOS DECORATIVOS E ORNAMENTAIS DO MUNDO SLÁMICO.
TEMA 5: AS PRIMEIRAS CONSTRUCIÓNS E A DINASTÍA DOS OMEYAS. ARQUITECTURA RELIXIOSA: Mezquitas de Del Haram en la Meca, Cúpula de la Roca de Jerusalén, Mezquita de Medina, Mezquita de Damasco, Mezquita de Al- Aqsa. ARQUITECTURA CIVIL: Palacios: Qusayr 'Amra
TEMA 6: A DINASTÍA ABBASÍ. URBANISMO (Bagdad, Samarra y Ujaidir) E ARQUITECTURA (Palacios de Al Matusim - Yusaq al-Jaqani- e de Balkuwara. A mezquita aljama de Samarra e o Qubbat al-Sulaybiyya)
TEMA 7: A ARQUITECTURA ISLÁMICA no NORTE DE AFRICA (Ifriquiya). Os aglabíes e os fatimíes.
TEMA 8: EXIPTO E O ISLAM. Os tuluníes, fatimíes e as dinastías turcas: ayubíes e mamelucos.
TEMA 9: A ESPAÑA MUSULMÁ “AL-ANDALUS”. O período Omeya e os reinos taifas.
TEMA 10: OS BERÉBERES DO NORTE DE AFRICA: Almorávides. Almohades. Meriníes. As súas relación coa Península Ibérica
TEMA 11: A ARQUITECTURA DOS NAZARÍES.
TEMA 12: ARTE MUSULMAN EN PERSIA. Samaníes. Gaznewíes y Selyuquíes
TEMA 13: OS MONGOIS EN ASIA. Os elkánidas. Os timuríes e a arquitectura do imperio do Tamerlán.
TEMA 14: ARQUITECTURA DO IMPERIO OTOMANO.
TEMA 15: A PENÍNSULA IBÉRICA E A ARTE MUDÉXAR. A definición. Elementos configuradores, a súa xeografía . A arqutectura relixiosa
TEMA 16: OS MOSAICOS E A PINTURA.
TEMA 17: A ARTE DOS OBXECTOS.
ALMAGRO GORBEA, A.: Palacios medievales hispanos. Madrid, 2008 (http://hdl.handle.net/10261/19801)
ARTE ANDALUSÍ (Monográfico de la revista Artigrama, 22) 2007
BARRUCAND, M. y BEDNORZ, A. Arquitectura islámica en Andalucía. Colonia, 1992.
BLAIR, S.S., BLOOM, J.M.: Arte y arquitectura del islam 1250-1800. Madrid, 1999.
BORRÁS GUALIS, G.M. “Crisol de tres culturas. Lo islámico, lo judío y lo cristiano” en Historia del Arte Español. España crisol de tres culturas. Tomo III. Planeta y Lunwerg. Barcelona. 1995.
BORRÁS GUALIS, G.M (dir): Mudéjar. El legado andalusí en la cultura española. Catálogo de exposición, Zaragoza, 2010
BORRÁS GUALIS, G.M (dir): Arte Andalusi, Silex, Madrid. 2015
BURCKHARDT, T.: El arte del islam. Lenguaje y significado. Barcelona, 1988
DELGADO, C.: Arte del Islam. Madrid, 1991.
ETTINGHAUSEN, R y GRABAR, O.: Arte y Arquitectura del Islam (650-1250). Cátedra, Madrid, 1996.
GRABAR, O.: La formación del arte islámico. Cátedra, Madrid, 1986.
HATTSTEIN, M. y DELIUS, P. (eds.): El Islam. Arte y arquitectura, Colonia, 2000
HOAG, J.: Arquitectura islámica. Madrid, 1975.
IRWIN, R.: Arte islámico: arte, arquitectura y el mundo literario. Akal, Madrid, 2008
JIMÉNEZ, A.: El Arte islámico. (Col. Hª del arte, 17) Historia 16, Madrid, 1989.
LÓPEZ GUZMAN, R. (Coord): La Arquitectura del Islam Occidental. Madrid, 1995.
LÓPEZ GUZMAN, R.: Arquitectura mudéjar. Del sincretismo medieval a las alternativas hispanoamericanas. Madrid, 2000.
MANDEL, G.: Cómo reconocer el arte islámico. Barcelona, 1993.
MARÇAIS, G.: El arte musulmán. Madrid, 1983
MICHELL, G.: La arquitectura del mundo islámico. Madrid, 1988.
MOAG, I. D.: Historia universal de la arquitectura. Arquitectura islámica. Madrid, 1976.
MORALES MARTÍNEZ, A.: Historia del arte islámico. Madrid, 1995.
MUSEOS SIN FRONTERAS (Monográficos sobre casi todos los aspectos del arte islámico) editorial Electa.
PAPADOPOULO, A.: El Islam y el arte musulmán. Barcelona, 1977.
PÉREZ HIGUERA, T.: Objetos e imágenes de Al-Andalus. Madrid, 1994.
PORRAS GIL, C.: Arte islámico, Madrid, 2010
RICE, D. A.: Talbot Arte islámico Barcelona, Destino 2000
RODRIGUEZ LLOPIS, M.: Historia del Islam Medieval, Murcia, 1996
ROSSER-OWEN, M.: Arte islámico de España, Madrid Turner, 2010
ROXBURGH, D.J.: Envisioning islamic art and architecture: essays in honor of Renata Holod Boston: Brill, 2014
SANTIAGO SIMÓN, E.: Las Claves del Mundo Islámico. Barcelona, 1991.
SIMPSON, M. S., El Arte islámico: Asia, Irán, Afganistán, Asia central e India. Barcelona, Paidós, 1986
THORAVAL, Y.: Diccionario de la civilización musulmana, Barcelona, 1995
O alumnado será capaz de:
. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia da arte islámica. Apreciar os seus valores estéticos e extraer da mesma informacións sobre a cultura que o xerou.
. Usar, ordenar e interpretar as fontes artísticas.
. Adquirir, coñecer e utilizar diversas técnicas historiográficas (catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas) para o coñecemento e valoración da obra de arte
. Coñecer e interpretar a historia da arte islámica como disciplina en construción e viva, a partir da análise e a casuística propia do seu debate historiográfico
. Entender as diferentes linguaxes formais e visuais, coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo da historia da arte e asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da Arte islámica dentro do contexto da Historia da Arte en xeral.
. Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, tomando conciencia da importancia de desenvolver a capacidade de iniciativa e a autocrítica
. Traballar en equipo de forma colaboradora e responsabilidade compartida a través dos recursos propios dunha metodoloxía científica propia da Historia da Arte
. Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Clases interactivas na que as actividades serán prioritariamente práctica ou de contido moi específico relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Tutorización personalizada.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases interactivas poden conter varios aspectos: Aquelas dedicadas ao reforzo de diversos aspectos da materia a través da lectura e análise de bibliografía ou de material didáctico diverso. Estas clases interactivas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, coma na preparación persoal fóra da aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común.
3) PRÁCTICA DE CAMPO COORDINADA COAS RESTANTES MATERIAS DO PRIMEIRO CUADRIMESTRE DE CUARTO PARA VISITAR: PONTEVEDRA, TUI, VALENÇA, OURENSE, CELANOVA E LUGO (sempre que haxa financiamento). @Dicha prácticas terán carácter obrigatorio para todos os alumnos matriculados na materia e serán avaliables. Os destinos poderán ser modificados dentro do ámbito galego segundo as necesidades de cada unha das materias.
4) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
As actividades formativas non presenciais poden incluir:
1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectiva da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e busca de nova información, elaboración de conclusións, etc.
2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor ou lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.
A avaliación final consistirá nunha proba escrita (examen), participación nas clases interactivas (debates, comentarios sobre imaxes e textos), a proba escrita suporá o 60% da nota final. En canto á participación nas sesións interactivas e traballos, estes suporán o 40% da nota final.
En todo caso, será obrigatorio que o alumnado obteña o 50% mínimo para optar á suma da avaliación final.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
O alumnado realizará na data oficial marcada pola Facultade de Xeografía e Historia a proba escrita (cunha validez máxima de 6 puntos). A nota obtida na mesma –a condición de que supere o mínimo estipulado- será sumada ás notas obtidas na interactividade , suma da que se derivará a nota final de cada alumno/a.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O alumnado que non supere ou realice a primeira oportunidade poderá optar á segunda oportunidade (cunha validez máxima de 6 puntos). A nota obtida na mesma –a condición de que supere o mínimo estipulado- será sumada ás notas obtidas nas prácticas e traballos durante a avaliación continua, suma da que se derivará a nota final de cada alumno/a.
O alumnado que non realice ou supere os seminarios, prácticas e traballos correspondentes á avaliación
continua durante o curso deberá entregalos ao profesor no lugar e hora de inicio da proba escrita (exame) fixada para a segunda convocatoria (deberán entregar todos os seminarios, prácticas e traballos quen non os realizou; ou ben deberán entregar só aqueles seminarios, prácticas ou traballos específicos que falten ou estean suspensos quen non os realizou ou superado durante a avaliación continua durante o curso). Devanditos seminarios, prácticas e traballos manterán a validez máxima de 4 puntos na súa totalidade.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
HORAS PRESENCIAIS DE TRABALLO DO ALUMNADO (51 h):
Clases expositivas : 32 h.
Clases prácticas interactivas e seminarios en aula: 16 h.
Titorías personalizadas: 3 h.
HORAS NON PRESENCIAIS DE TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (99 h):
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h.
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca e similar: 25 h.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 h.
Outras tarefas propostas polo profesor: 7 h.
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos islámicos.
- Consulta de recursos específicos sobre arte islámica en rede que serán recomendadas aos alumnos
Mª Dolores Barral Rivadulla
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812720
- Correo electrónico
- mdolores.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
16.01.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
23.06.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |