Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Lograr unha visión xeral da Historia e Cultura Contemporánea vinculada ás grandes mudanzas do período.
- Acadar un enfoque transversal e interdisciplinar dos fenómenos culturais primordiais.
- Fomentar o espírito crítico e a capacidade analítica do estudante.
- Promover a aprendizaxe da metodoloxía de elaboración dun traballo e práctica da expresión escrita.
- Practicar o debate e a expresión oral.
• Presentación da materia
Introdución e liñas xerais do programa. Orientación bibliográfica.
• Bloque 1
- As viraxes de finais do século XIX. A segunda revolución industrial e a consolidación do capitalismo. A conquista europea do mundo: imperialismo, Exposición Universais/Internacionais e debates intelectuais.
• Bloque 2
- A Primeira Guerra Mundial. Consecuencias políticas da guerra: creba dos imperios e ascenso dos EE.UU. de América.
- O período de Entreguerras. A crise do capitalismo: democracias inestables; fascismos en ascenso.
- A Segunda Guerra Mundial. A Guerra Fría.
• Bloque 3
- Os “Anos gloriosos” do capitalismo. Maio do 68, Terceiro mundo e movementos de liberación nacional.
- A viraxe dos oitenta e a caída do Muro de Berlín.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Hobsbawm, E. (1989), La era del capitalismo, 1848-1875, Barcelona, Labor.
- (1990), La era del imperio, 1875-1914, Barcelona, Labor.
- (2001), La era de la revolución, 1789-1848, Barcelona, Crítica.
- (2003), Historia del siglo XX (1914-1991), Barcelona, Crítica.
- (1998), Industria e Imperio, Barcelona, Ariel.
Mosse, G. (1997), La cultura europea del siglo XIX y XX, (2 Vols.) Barcelona, Ariel.
Villares, R. y Bahamonde, A. (2012), El mundo contemporáneo (del siglo XIX al siglo XXI), Taurus, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cabrera, M. et al. (ed.) (1991), Europa en crisis, Madrid, Siglo XXI.
Comellas, J.L. (2001), Los grandes imperios coloniales, Madrid, Rialp.
Evans, R.J. (2007), El Tercer Reich en el poder (1933-1939), Barcelona, Península.
Ferguson, N. (2003), El imperio británico: cómo Gran Bretaña forjó el mundo, Barcelona, Debate.
Galbraith, J.K. (1989), El crac del 29, Barcelona, Ariel.
Howard, M. (2004), La Primera Guerra Mundial, Barcelona, Crítica.
Judt, T. (2012), Pensar el siglo XX, Madrid, Taurus.
- (1997). Postguerra: una historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus.
Kindleberger, Ch. P. (1984), La crisis económica 1920-1939, Barcelona, Crítica.
Maier, Ch. (1991), La refundación de la Europa burguesa, Madrid, Ministerio de Trabajo y SS.
Mazower, M. (2008), El imperio de Hitler. Ascenso y caída, Barcelona, Crítica.
Morrow, J.H. (2008), La Gran Guerra, Barcelona, Edhasa.
Neiberg, M. (2006), La Gran Guerra: una historia global (1914-1918), Barcelona, Paidós.
Payne, S. (1995), Historia del fascismo, Barcelona, Planeta.
Piqueras Arenas, J.A. (1992), El movimiento obrero, Madrid, Anaya.
Sassoon, D. (2006), Cultura. El patrimonio común de los europeos, Barcelona, Crítica.
Thompson, E. P. (2000), Agenda para una historia radical, Barcelona, Crítica.
Watson, P. (2002), Historia intelectual del siglo XX, Barcelona, Crítica.
Weinberg, G.L. (1995), Un mundo en armas. La Segunda Guerra Mundial, una visión de conjunto, Barcelona, Grijalbo.
Williamson, M. (2007), La guerra que había que ganar, Barcelona, Crítica.
Zamagni, V. (2001), Historia económica de la Europa contemporánea, Barcelona, Crítica.
Zorgbibe, Ch. (1997), Historia de las relaciones internacionales, Madrid, Alianza.
- Capacidade para conceptualizar os fenómenos histórico-culturais.
- Habilidade para realizar a análise crítica do pasado.
- Capacidade para dilucidar as raíces históricas da cultura do noso tempo.
- Capacidade para relacionar os diversos eidos culturais a través dos grandes feitos da historia contemporánea.
Como a materia está non proceso de extinción, non existirá horario docente. Polo mesmo, non se computará a asistencia.
Como a materia está nun proceso de extinción, a avaliación será un único exame escrito na data fixada oficialmente. O exame constará de dúas partes: unha teórica e unha práctica. A valoración total da proba son 10 puntos (100%), e a distribución é a seguinte:
-A parte teórica: 6 puntos (60%)
-A parte práctica: 4 puntos (40%)
ACLARACIÓN: será preciso ter aprobadas ambas partes para que poidan sumar. É dicir, é preciso acadar un mínimo de 3 puntos na parte teórica e un mínimo de 2 punto na parte práctica para sumar ambas partes.
NA SEGUNDA OPORTUNIDADE, o estudante debe concorrer en todo caso na data, hora e lugar fixados para o exame, aínda que a casuística pode ser variada, en función do que cada quen precise recuperar:
1. Realización da parte teórica da proba escrita para recuperar o 60% da cualificación final e mantendo para o 40% restante vinculado ás aulas interactivas a cualificación obtida na primeira oportunidade.
2. Viceversa, realización da parte práctica da proba escrita, intentando recuperar o 40% da cualificación e mantendo para o 60% restante da parte teórica a cualificación obtida na primeira oportunidade.
3. Realización do total da proba escrita, a parte práctica e a teórica, intentando recuperar a totalidade da cualificación da materia (100%).
Todas as horas correspondentes a esta materia serán de traballo persoal de estudante.
É fundamental que o/a estudante asimile a filosofía e esixencias do sistema de avaliación continua establecido pola nova metodoloxía do EEES:
- Lectura de revistas de cultura.
- Consulta habitual dun diccionario histórico.
- Consulta e lectura das obras recomendadas.
- Consulta de sitios culturais de internet promovidos por institucións de probada solvencia intelectual.
-Lingua: Galego. No caso de que un número significativo de estudantes matriculados/as non fosen galego falantes, a materia impartiríase en castelán.
-Acadar os obxectivos previstos para esta materia facilitará bos resultados noutras posteriores do grao, caso da relacionadas coa Historia da Arte contemporánea.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de caulificacións’.
Margarita Barral Martinez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812575
- Correo electrónico
- margarita.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade