Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- A Historia de Galicia no período moderno non só é unha materia académica, senón que é o campo de investigación preferente do profesorado da USC que a imparte, polo que nesta materia se pretende acadar os seguintes obxectivos:
1. Que o estudante obteña uns coñecementos fundamentais da evolución de Galicia na Época Moderna
2. Un dominio básico das fontes documentais
3. Unha base de referencia das liñas historiográficas e da bibliografía máis significativa e actualizada.
4. Unha transversalidade dos coñecementos que permitan encuadrar Galicia no contexto da Historia da Europa occidental na Epoca Moderna.
5. Obter uns coñecementos transversais que permitan achegarse a outras materias afins dentro das Humanidades e Ciencias Sociais -Historia da Arte, Angtropoloxía, Socioloxía, etc.
1. Introducción á época. Líneas evolutivas e fin do Antigo Réxime
2. A poboación galega
3. O sistema agrario
4. As actividades industriais, a pesca e o comercio
5. A sociedade galega do Antigo Réxime
6. Organización político-administraiva e goberno
7. Cultura popular e cultura letrada
Bibliografía básica:
CASTRO REDONDO, R. CARTOGRAFÍA DIGITAL DE GALICIA EN 1753: Jurisdicciones, provincias y Reino, Santiago de Compostela, 2019.
DUBERT, I. (ed.), Historia das historias de Galicia, Vigo, 2016.
DUBERT, I.: Historia de la Galicia moderna, Santiago, 2012.
REY CASTELAO, O.: A Galicia Clásica e Barroca, Ed. Galaxia, Vigo, 1998.
SAAVEDRA, P.: La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Ed. Crítica,Barcelona, 1994.
SAAVEDRA VAZQUEZ, M.C.: Historia de Galicia. Galicia na Idade Moderna IV. Vía Láctea, A Coruña, 1995.
Bibliografía complementaria:
REVISTA: OBRADOIRO DE HISTORIA MODERNA
WEBS:
http://www.usc.es/hmoderna/
https://galiciadigital1753.wixsite.com/proyecto
https://piculturban.wixsite.com/culturban
BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.: A Galicia do Antigo Réxime. O encino, a Ilustración e a Política. A Coruña, 1993
COSTA, A., Historia da Educacion e a Cultura en Galicia no contexto europeo, Vigo, 2004.
DUBERT, I: Cultura popular e imaginario social en Galicia, 1480-1900, Santiago, 2007.
EIRAS ROEL, A.: Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna, Santiago, 1990
EIRAS ROEL, A.: La historia social de Galicia en sus fuentes de Protocolos, Santiago, 1981.
EIRAS ROEL, A.: La población de Galicia, 1700-1860. Santiago, 1996.
GARCIA QUINTELA, M.V. (edt.): Las religiones en la Historia de Galicia, Santiago, 1996.
REY CASTELAO, O., Libros y lectura en Galicia. Siglos XVI-XIX, Santiago, 2003
REY CASTELAO, O. & RIAL GARCIA, S., Historia das Mulleres. Idade moderna, Santiago, 2010.
SAAVEDRA, P.: A Galicia do Antigo Réxime. Economía e sociedade, edit. Hércules, A Coruña, 1992, vol. III.
SAAVEDRA, P. & SOBRADO; H., A Gran Historia de Galicia. Volumes referidos ao Antigo Réxime. Ed. Recife, 2007.
VARIOS: Atlas histórico de Galicia, Vigo, 1998.
VILLARES, R., Historia de Galicia, Vigo, 2003.
A través da docencia teórica e práctica preténdese:
1. Que os alumnos acaden o dominio do programa teórico
2. Obtención dun dominio básico da bibliografía e das correntes actuais en Historia Moderna de Galicia
3. Coñecemento elemental das principais fontes documentais —localizalas, ver as súas posibilidades de emprego—.
4. Iniciación á investigación con fontes primarias
5. Orientar a aplicación dos coñecementos obidos á práctica docente ou ao traballo en arquivos, bibliotecas, museos e en todas as actividades relacionadas coa a conservación e difusión do patrimonio histórico-cultural de Galicia.
6. Dominio da exposición oral de traballos e da intervención en debates.
ENSINO PRESENCIAL:
As clases expositivas consisitirán no desenvolvemento do temario.
As clases interactivas consistirán na elaboración e comentario de táboas, gráficos, cadros, mapas... e no comentario de textos históricos.
Cada alumno/a fará un traballo práctico sobre bibliografía ou documentación de arquivo.
As prácticas de campo consistirán na visita a arquivos, bibliotecas, museos e exposicións.
ENSINO NON PRESNCIAL (DE SER O CASO)
. As clases expositivas serán non presenciais e consistirán no desenvolvemento online do temario polo profesorado; tamén se empregarán videos, textos de apoio, presentación en power-point, etc. Este material estará no CAMPUS VIRTUAL
. As clases prácticas serán non presenciais e consistirán en que cada estudante faga comentarios de textos, gráficas, táboas, artigos, videos, etc. facilitados polo profesorado no CAMPUS VIRUTAL. Os comentarios e tarefas serán entregados polos estudantes nas datas que se indiquen.
. Cada alumno/a fará un traballo práctico sobre bibliografía ou documentación de arquivo. Este material estará no CAMPUS VIRTUAL
. O profesorado aportará a bibliografía dos temas, os links para a súa consulta ou os textos dixitalizados.
ENSINO PRESENCIAL:
A cualificación final obterase da superación de probas escritas ou orais periódicas e nunha proba final escrita na data oficial nas que os estudantes deberán responder a varias cuestións ou comentarios relacionados coas clases expositivas. Estas probas computarán ata o 70% da nota final e para que esta se teña en conta, obterase alomenos 5 sobre 10 puntos. O 30% restante da nota repartirase así: a) 20% procederá da realización e exposición dun traballo ; b) 10% da participación en debates nas clases interactivas, ou en seminarios de discusión, ou comentarios de textos, ou prácticas de arquivo que se programen. Para que a nota desta parte poida facer media coa do exame, deberá acadar unha media de alomenos 5 sobre 10.
Na segunda oportunidade deberanse cumplir os mesmos criterios que para a primeira, mais:
1.- Os/as alumnos/as que entregaran tódolos traballos prácticos e obtiveran neles unha cualificación media global de alomenos 5 sobre 10, non terán a obriga de volver a presentalos. Xa que logo, deberán de superar só un exame sobre a materia impartida nas clases expositivas na convocatoria correspondente.
2.- Os/as alumnos/as que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non acadasen a nota mínima requerida ao longo do curso ordinario, terán que entregar no momento do exame da segunda convocatoria un mínimo de dous terzos das práticas desenvolvidas durante o curso. Caso de non facelo, o seu exame non será avaliado.
Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.
Os estudiantes con dispensa oficial de asistencia deberán presentar os traballos programados nas mesmas datas que os demáis e superar os exámenes oficiais. A cualificación será dun 70% para o examen e un 30% para o traballo ou traballos de curso. Para aprobar será imprescindible acadar alomenos un 5 sobre 10 en cada unha desas probas. Para o demáis aplicarase o que se aplica ao resto de estudiantes
ENSINO NON PRESENCIAL
A cualificación final obterase da superación de probas escritas ou orais periódicas e nunha proba final escrita na data oficial na que os estudantes deberán responder a varias cuestións ou comentarios relacionados coas clases expositivas. Estas probas computarán ata o 80% da nota final e para que esta se teña en conta, obterase alomenos 5 sobre 10 puntos. O 20% restante procederá da realización e exposición dun traballo. Para que a nota desta parte poida facer media coa do exame, deberá acadar unha media de alomenos 5 sobre 10.
Na segunda oportunidade deberanse cumplir os mesmos criterios que para a primeira, mais:
1.- os/as alumnos/as que entregaron tódolos traballos prácticos e obtiveron neles unha cualificación media global de alomenos 5 sobre 10, non terán a obriga de volver a presentalos. Xa que logo, deberán de superar só un exame sobre a materia impartida nas clases expositivas na convocatoria correspondente.
2.- os/as alumnos/as que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non acadasen a nota mínima requerida ao longo do curso ordinario, terán que entregar no momento do exame da segunda convocatoria un mínimo de dous terzos das práticas desenvolvidas durante o curso. Caso de non facelo, o seu exame non será avaliado.
Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.
Traballo presencial:
1. Actividades en grupo completo: clases expositivas, conferencias: 30 horas
2. Actividades en grupo reducido: coloquios, debates, exposición de traballos, visitas de arquivo, etc.: 15 horas
3. Titorías en grupo muy reducido: consultas de obras publicadas, organización de grupos de traballo, orientación de traballos, preparación de exposicións: 3 horas
Total: 50 horas
Traballo personal:
1. Estudio: 40 horas
2. Redacción de traballos: 30 horas
3. Preparación de actividades en grupo reducido ou individuais: lecturas, búsquedas bibliográficas e de materiais, etc.: 30 horas
Total: 100
A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporcionará o profesorado xunto co programa, pero tamén aquela máis específica que se dará con cada tema, para acadar unha visión máis completa que a que é posible acadar nas clases expositivas. Nesas lecturas deben incluirse a consulta de revistas como Obradoiro de Historia Moderna, Cuadernos Feijonianos, Cuadernos de Estudios Galegos, etc.
E necesaria a lectura e consulta de bibliografía específica para dominar as técnicas de comentario de textos, gráficas ou táboas e a elaboración de traballos.
Recoméndase a consulta de páxinas web como, por exemplo, as dos arquivos e bibliotecas de Galicia ou de fóra.
Los estudiantes con dispensa oficial de asistencia deberán presentar los trabajos programados en las mismas fechas que los demás y superar los exámenes oficiales. La calificación será de 70% para el examen y 30% para el traballo o los trabajos del curso. Para aprobar será imprescindible obtener al menos un 5 sobre 10 en cada una de esas pruebas. Para o demás, se aplicará lo que se aplica al resto de estudiantes
Pegerto Saavedra Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812615
- Correo electrónico
- pegerto.saavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ofelia Rey Castelao
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812610
- Correo electrónico
- ofelia.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Daniel Steven Mena Acevedo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- danielsteven.mena.acevedo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Anxo Rodriguez Lemos
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812707
- Correo electrónico
- a.rodriguez.lemos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:15-19:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Venres | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
21.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
21.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Biblioteca |
14.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
14.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |