Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O coñecemento daqueles procesos, grandes liñas evolutivas e conceptos que faciliten ao alumno unha comprensión global do século XIX e que o capaciten intelectualmente para analizar de forma crítica o devir tanto histórico como do tempo presente, conseguindo:
1 Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente
2 Educar nos valores de igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estos valores nos diferentes momentos históricos
3 Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica
4 Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador
5 Analizar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender e/ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.
1.- A crise do Antigo Réxime. Sociedade, política e economía.
2.- O ciclo revolucionario liberal.
3.- As transformacións económicas. A consolidación da economía capitalista.
4.- Ideoloxías e sistemas políticos (I): O avance do liberalismo.
5.- Ideoloxías e sistemas políticos (II): O nacemento da democracia.
6.- Ideoloxías e sistemas políticos (III): Os movementos nacionalistas.
7.- A sociedade de clases e os movementos sociais. Movemento obreiro e proxecto socialista.
8.- Relacións internacionais e expansionismo imperialista: a paz armada (1871-1914).
BASICA:
-ARTOLA, M. e PÉREZ LEDESMA, M. (2005): Contemporánea. La historia desde 1776, Madrid, Alianza.
-BAYLY, C.A., El nacimiento del mundo moderno, 1780-1914. Conexiones y comparaciones globales, Madrid, Siglo XXI, 2010.
-BLANNING, T. C. W. (2002): El siglo XIX. Historia de Europa de Oxford, Barcelona, Crítica.
-BRIGGS, A. (1989): El siglo XIX. Vol. X de la Historia de las Civilizaciones, Madrid, Alianza.
-DELGADO FERNÁNDEZ, s., et alii (2008): Introducción a la historia de las ideas políticas contemporáneas desde la revolución francesa a la revolución rusa, Universidad de Granada.
-EVANS, Richard J., La lucha por el poder. Europa, 1815-1914, Barcelona, Crítica, 2017.
-HEFFER, J., SERMAN, W. (1989): De las revoluciones a los imperialismos, Madrid, Akal.
-HOBSBAWM, E.J., La era de la revolución (1789-1848), varias ediciones.
-HOBSBAWM, E.J., La era del capitalismo (1848-1875),varias ediciones.
-HOBSBAWM, E.J., La era del imperio (1875-1914),varias ediciones.
-LARIO, A., coord. (2010): Historia Contemporánea Universal. Del surgimiento del Estado contemporáneo a la Primera Guerra Mundial, Madrid, Alianza.
-OSTERHAMMEL, J., La transformación del mundo. Una historia global del siglo XIX, Barcelona Crítica, 2015.
-PALMER, R. e COLTON, R. (1980): Historia Contemporánea, Madrid, Akal.
-SABATUCCI, G. (2009): Storia Contemporanea. L'Ottocento, Bari, Laterza.
-SÁNCHEZ MANTERO, R., RUIZ MANJÓN, O., RUEDA, G., y DARDÉ, C. (1994): Manual de Historia Universal. Vol. 7: El siglo XIX, Historia 16, Madrid.
-STROMBERG, R.N. (1990): Historia intelectual europea desde 1789, Madrid, Ed. Debate.
-VILLARES, R., BAHAMONDE, A. (2001), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
-ZAMAGNI, V. (2001), Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.
Para cada tema concreto a bibliografía debe ser consultada na Guía Docente da asignatura, distribuída a través da aula virtual.
MATERIAL DE APOIO:
-COOK, C., STEVENSON, J. (1994): Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid, Alianza.
-COOK, C. (1997): Diccionario de Términos Históricos, Madrid, Alianza.
-HILGEMANN, W. (2006): Atlas Histórico Mundial II (De la Revolución Francesa a nuestros días), Madrid, Akal.
-KINDER, H., HILGEMANN, W. (1996): Atlas Histórico Mundial, vol. II: De la Revolución Francesa a nuestros días, Madrid, Itsmo.
-Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade, conceptualizando os fenómenos históricos.
-Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construcción.
-Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
-Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinales na propia língua.
-Capacidade para conceptualizar os fenómenos históricos da época.
-Capacidade para dilucidar as raíces históricas dos feitos presentes.
-Capacidade para relacionar e xerarquizar os coñecementos históricos.
As aulas son impartidas en lingua galega.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura, e de acordo co estipulado na Memoria de Grao da titulación de Historia, utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos dos temas 1, 2, 4, 5, 6 e 7.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas, baseadas en lecturas obrigatorias e comentario de documentos, relacionadas cos contidos dos temas 3 e 8.
- A asistencia ás aulas é obrigatoria.
- Titorización personalizada.
A avaliación constará de dúas partes:
1. Avaliación continua: O 40% da cualificación final avalía a participación e os traballos realizados polo alumno en relación cos contidos traballados nas aulas interactivas.
2. Avaliación final: O 60% corresponde ao exame realizado en relación cos contidos traballados nas aulas expositivas.
Para aprobar a materia, será preciso cando menos acadar un 50% da puntuación máxima en cada un dos apartados.
A asistencia ás aulas é obrigatoria, e será aleatoriamente controlada. Para poder ser avaliado na primeira oportunidade débese acadar un nivel mínimo de asistencia do 80%.
Na segunda oportunidade, o alumno/a debe concorrer en todo caso na data, hora e lugar fixados para o exame, aínda que a casuística pode ser variada, en función do que cada quen precise recuperar:
1. Realización dunha proba escrita sobre os contidos tratados nas aulas expositivas (intentando recuperar o 60% da cualificación final), mantendo no 40% restante vinculado ás aulas interactivas a cualificación obtida na primeira oportunidade.
2. Viceversa, presentación do dossier de prácticas vinculado aos temas traballados nas aulas interactivas (intentando recuperar o 40% da cualificación), mantendo para o 60% restante as cualificacións obtidas na primeira oportunidade.
3. Realización dunha proba escrita e presentación do dossier de prácticas, intentando recuperar a totalidade da cualificación da materia.
Alumnos con dispensa de asistencia ás aulas: A súa situación unicamente varía no referido aos traballos a desenvolver en relación cos contidos traballados nas aulas interactivas, ao efecto de superar esa parte na primeira oportunidade. Ao inicio do curso, se lles comunicarán as tarefas a desenvolver e os prazos respectivos de entrega. Para a segunda oportunidade, as pautas serán as mesmas que as que rexen para os estudantes que asisten regularmente ás aulas.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
- Aplicar desde o inicio das clases pautas regulares de traballo.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico.
- Consulta dos manuais e das monografías de apoio que lle permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa.
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo co "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22", nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións.
No caso de que a situación sanitaria impida o normal desenvolvemento das aulas e/ou probas de carácter presencial, a programación da materia adecuarase ao disposto nas Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, ditadas pola USC, conforme ás seguintes especificacións:
-En ningún caso se alterarán os contidos da materia, nin a distribución dos mesmos entre aulas expositivas e interactivas.
ESCENARIO 3:
-Imposibilitada a presencialidade, a docencia será completamente impartida por vías telemáticas, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos, coa seguinte distribución:
-Aula virtual: posta a disposición dos estudantes da información necesaria para o acceso libre na rede aos recursos bibliográficos necesarios.
-Teams: impartición das aulas expostivas e interactivas. Modalidade síncrona.
-Teams: realización das titorías (modalidade síncrona). Para este fin, e de maneira asíncrona, estará dispoñible ademais na aula virtual un foro de consultas, que se engade á mensaxería individualizada entre profesor e alumno/a que permite tamén a aula virtual, así como o correo electrónico institucional.
-A avaliación pasará a ser continua, valorando acumulativamente as tarefas a realizar polos estudantes. Para a mesma utilizarase a aula virtual, agás no caso de que a realización dalgunha tarefa se contemple de maneira síncrona; neste caso utilizarase a ferramenta Teams. Sobre a modificación da modalidade de avaliación se informará coa suficiente antelación.
-En período de exames, de producirse algunha modificación substantiva na situación sanitaria que afecte á presencialidade, procurarase que as condicións de realización das diferentes probas sexan o máis similares posible entre a primeira e a segunda oportunidade, garantindo a igualdade entre ambas.
ESCENARIO 2:
Dependendo das características concretas da semipresencialidade, e atendendo ás prescricións do centro (rotación entre grupos de alumnos, mantemento ou non da docencia presencial interactiva…), aplicaranse na medida en que cada unha delas resulte necesaria algunha das medidas previstas para o escenario 3.
Jesus Leopoldo Balboa Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812581
- Correo electrónico
- xesus.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio Lisandro Cañon Voirin
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
David Fontán Bestilleiro
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- davidfontan.bestilleiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
20.05.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.05.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
04.07.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |