Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade mediante un ensino completo dos procedementos e técnicas que pode utilizar a Arqueoloxía en calquera período, cultura e territorio para obter información das sociedades pasadas, de tal modo que dito coñecemento contribúa a que o alumnado poda recoñecer e seleccionar as técnicas e procedementos máis adecuados para a resolución de problemas históricos.
2. Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise histórica/arqueolóxica. En particular tratase de resaltar aqueles mais ligados ás actividades profesionais as que dá acceso o grao en Historia.
3. Explicar o pasado dende o estudo dos seus restos: arqueolóxicos, documentais ou artísticos. A finalidade é poder facelo posteriormente en medios diferentes como o da docencia, o traballo en centros públicos de difusión do coñecemento como son os museos, os arquivos ou en empresas públicas e privadas do patrimonio arqueolóxico e turístico.
4. Ordenar, organizar, definir ou sintetizar a información de fontes arqueolóxicas, documentais ou bibliográficas para traballar en calquera arquivo privado, administración pública e privada, ou como documentalista.
TEMA 1. Introdución á praxis arqueolóxica: aspectos legais e prácticos
1.1. Marco lexislativo e concepto de patrimonio e zona arqueolóxica
1.2. O exercicio da profesión de arqueólogo/a.
1.3. Situacións nas que se pode realizar unha actividade arqueolóxica
1.4. Axentes implicados nunha actividade arqueolóxica
1.5. Entorno de traballo e tipos de actuacións arqueolóxicas: campo e laboratorio
1.6. Definición de actividades arqueolóxicas segundo a lexislación autonómica galega
1.7. Fases do traballo arqueolóxico
1.8. A importancia dos estudos de laboratorio
1.9. Normas que se deben cumprir nunha actividade arqueolóxica
TEMA 2. A formación do rexistro arqueolóxico
2.1. Definición de rexistro arqueolóxico
2.2. Definición de xacemento arqueolóxico
2.3. Elementos e compoñentes do rexistro arqueolóxico
2.4. Tipos de xacementos e criterios de clasificación. O criterio funcional
2.5. A formación do rexistro arqueolóxico: procesos de formación e procesos postdeposicionais
2.6. Principios que condicionan e permiten comprender os procesos de formación do rexistro arqueolóxico
2.7. Os mecanismos postdeposicionais que afectan ao rexistro arqueolóxico
2.8. Condicións ambientais para a boa conservación do rexistro arqueoloxico
2.9. Proceso de formación dun xacemento a través dun exemplo
TEMA 3. Recoñecemento del territorio en Arqueoloxía
3.1. Introdución ao recoñecemento arqueolóxico del territorio
3.2. A prospección en superficie
3.3. A batida do terreo
3.4. Condicións de perceptibidade do rexistro arqueolóxico
3.5. Técnicas de prospección (1): escala macroespacial
3.6. Técnicas de prospección (2): xeofísica, térmica e química
3.7. O rexistro da información
TEMA 4. A escavación arqueolóxica
4.1. Introdución
4.2. Técnicas de escavación
4.3. Xeoloxía e Arqueoloxía
4.4. Estratigrafía e estratificación
4.5. Arqueoloxía estratigráfica
4.6. O rexistro durante a escavación: Introdución
4.7. A documentación do rexistro arqueolóxico
4.8. Rexistro e tratamento de mostras
4.9. Rexistro e tratamento de materiais
TEMA 5. Cronoloxía e métodos de datación
5.1. Introdución
5.2. Métodos arqueolóxicos de datación
5.3. Métodos de datación absoluta
5.4. A calibración
5.5. Métodos de datación relativa
5.6. Que método de datación elixir, traballando con exemplos
TEMA 6. Arqueometría e bioarqueoloxía
6.1. Consideracions teóricas preliminares e campos de actuación
6.2. Técnicas arqueométricas morfolóxicas
6.3. Técnicas arqueométricas composiciónais
6.4. Bioarqueoloxía: Arqueobotánica
6.5. Bioarqueoloxía: Zooarqueoloxía
6.6. Bioarqueoloxía: Osteoarqueoloxía ou antropoloxía física
6.7. Xeoarqueoloxía
TEMA 7. Conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico – outras arqueoloxías
7.1. Conservación do patrimonio arqueolóxico
7.2. Arqueoloxía pública
7.3. Arqueoloxía experimental e Etnoarqueoloxía
7.4. Arqueoloxía Forense
7.5. Ética en arqueoloxía
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
DOMINGO, I.; BURKEY, H.; SMITH, C. 2007. Manual de campo del arqueólogo. Barcelona: Ariel Prehistoria
GARCÍA SANJUÁN, L. 2005. Introducción al reconocimiento y análisis arqueológico del territorio. Barcelona: Ariel Prehistoria
GRANT, J.; GORIN, S.; FLEMING, N. 2002. The archaeology coursebook. An introduction to study skills, topics and methods. New York:Routledge
GONZÁLEZ RUIBAL, A. y AYÁN VILA, X. 2018: Arqueología. Una introducción al estudio de la materialidad del pasado. Madrid.
HARRIS, E. C. 1991. Principios de estratigrafía arqueológica. Barcelona:Crítica
MACINTOSH, J. 1987. Guía práctica de arqueología. Madrid:Hermann Blume
RENFREW, C.; BAHN, P. 1998. Arqueología. Teoría, métodos y práctica. Madrid:Akal
ROMERO MASIÁ, A.; ARIAS VILAS, F. 1995. Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria. Vigo: Ir Indo
QUEROL, M. A. 2010. Manual de Gestión del Patrimonio Cultural. Madrid: Akal
Legislación:
LEY 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español (BOE de 29 de junio de 1985)
LEY 8/1995, de 30 de octubre, del Patrimonio Cultural de Galicia (DOG, 08/11/1995; BOE, 01/12/1995)
LEY 5/2016, de 4 de mayo, del Patrimonio Cultural de Galicia (DOG, 16/05/2016; BOE, 18/06/2016)
BIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA POR TEMAS
Tema 1
GUTIÉRREZ LLORET, S. 1997. Arqueología. Introducción a la historia material de las sociedades del pasado. Alicante
Tema 2
BUTZER, K. 1989. Arqueología. Una ecología del hombre. Barcelona:Bellaterra
SCHIFFER, M.B. 1987. Formation processes of the archaeological record. Albuquerque: University of New Mexico Press
FRANCOVICH, R.; MANACORDA, D. (eds) 2001. Diccionario de Arqueología, Barcelona
NIETO, F. J. 1984. Introducción a la arqueología acuática.Barcelona
Tema 3
AMADO REINO, X. 1997. La aplicación del GPS a la Arqueología. Trabajos de Prehistoria 54 (1), p. 155-165
BAENA, J.; BLASCO, C.; QUESADA, F. (eds.). 1997. Los S.I.G. y el análisis espacial en Arqueología. Madrid: Servicio de Publicaciones de la UAM
BURILLO, F., IBÁÑEZ, J.; ALEGRE, E. 2004. Prospección u concepto de asentamiento. El caso de la cuidad celtibérica Segeda I. Arqueología Espacial 24: 165-184
Tema 4
CARANDINI, A. 1997. Historias en la tierra. Manual de excavación arqueológica. Barcelona: Crítica
LAPLACE, G. 1971. De l’application des coordonées cartésiennes à la fouille stratigraphique. Munibe XXIII (2/3), p. 223-236
Tema 5
INIZAN, M. L.; REDURON, M.; ROCHE, H.; TIXIER, J. 1995. Préhistoire de la Pierre Taillée. T. 4. Technologie de la pierre taillée. CREP, Meudon
ORTON, C.; TIERS, P.; VINCE, A. 1997. La cerámica en Arqueología. Crítica:Barcelona
Tema 6
BRICKLEY, M. – MCKINLEY, J.I. (ed.) (2004) Guidelines to the standards for recording human remains: BABAO, Dept. of Archaeology, University of Southampton. Institute of Field Archaeologists, University of Reading
BROTHWELL, D.R., (1987). Desenterrando huesos. La excavación, tratamiento y estudio de restos del esqueleto humano Mexico: Fondo de Cultura Económica.
BUXÓ, R.; PIQUÉ, R. 2008. Arqueobotánica. Los usos de las plantas en la Península Ibérica. Barcelona: Ariel Prehistoria
CHAIX, L; MÉNIEL, P. 2005. Manual de Arqueozoología. Barcelona
MARTÍNEZ CORTIZAS, A.; MOARES DOMÍNGUEZ, C. 1995. Edafología y Arqueología. Estudio de yacimientos arqueológicos al aire libre en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Tema 7
BALLART, J. (2000): El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Barcelona.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia
CG2 - Usar, ordenar e interpretar as fontes histórica
CG3 - Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos,
inventarios de arquivos, e referencias electrónicas
CG4 - Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
CB1 - Que os estudantes haxan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes haxan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo demostrando dotes de innovación
CT2 - Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa
CT3 - Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade corporativa
CT4 - Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE3 - Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción
CE4 - Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico
CE5 - Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional da pasado
CE6 - Coñecemento das principais claves explicativas das sociedades do pasado (clase, etnia, xénero)
CE7 - Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua
CE8 - Analizar e interpretar o rexistro arqueolóxico
A docencia desenvolverase integramente na aula, con carácter teórico-práctico.
Nas aulas teóricas explicarase o contido do temario. A explicación apoiarase en cadros que faciliten a comprensión e a memorización mediante imaxes, planos, debuxos, fotografías e, na medida do posible, en materiais. Facilitarase a bibliografía específica de cada tema para afondar nos aspectos tratados e noutros temas relacionados. Intentarase facer reflexionar ao alumnado sobre os temas expostos, exercitándoo na formulación de hipóteses, na análise da información e no desenvolvemento da súa capacidade critica.
As aulas interactivas centraranse na aprendizaxe práctica de aspectos concretos do temario. Traballarase con técnicas derivadas da prospección, da escavación e con técnicas de laboratorio (técnicas de clasificación e de análise da materiais), así como con procedementos derivados da análise crítica.
Realizarase unha práctica de campo consistente na visita a un depósito, un museo ou un centro de investigación, de modo que permita tomar contacto de forma directa coa problemática arqueolóxica e a súa conservación en tanto patrimonio. A práctica de campo realizarase unicamente no caso de ser financiada e que as circunstancias dos centros a visitar o permitan.
A avaliación realizarase mediante:
- Un exame final escrito que permita constatar os coñecementos adquiridos polo alumnado, e que se realizará na data oficial. Esta proba valorarase co 50% da nota final.
- As prácticas realizadas nas aulas interactivas, a participación e a entrega dos traballos asociados as mesmas valoraranse co 40% da nota final.
-A asistencia e participación nas aulas e prácticas de campo valoraranse co 10% da nota final.
Será preciso acadar un mínimo dun 30% en cada unha das partes para superar a materia.
-Na convocatoria de xullo, o alumnado realizará unha proba teórica e presentará as prácticas indicadas polo profesor ou profesora, en caso de non as superar anteriormente.
-A asistencia é obligatoria e será necesario xustificar polo menos un 75% das ausencias ó total das clases para poder ser avaliado. De especial importancia é a asistencia á saida de campo.
- No caso de dispensa oficial, o alumnado será avaliado a partir do exame (50% da nota), dun traballo sobre o xacemento e o museo elixidos para a práctica de campo (10% da nota), e do traballo equivalente ás aulas interactivas (40% da nota). O traballo deberá ser acordado co profesor ou profesora a principio do cuadrimestre.
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo (exposición teórica): 30 horas.
Actividades en grupo reducido (prácticas): 16 horas.
Titorías en grupo moi reducido: 2 horas.
Avaliación: 2 horas.
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudio: 40 horas.
Redacción de traballo: 30 horas.
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas.
Subtotal: 100 horas.
TOTAL: 150 horas.
Recomendase ao alumnado a participación nas clases teóricas e interactivas. Tamén que fagan uso da titoría para a resolución de calquera dúbida que xurda durante o estudo da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Carlos Sanchez Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Teléfono
- 881812561
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Olalla Lopez Costas
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- olalla.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 11 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 08 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 11 |
19.01.2023 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
19.01.2023 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
28.06.2023 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |