Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Proporcionar ao alumnado coñecementos racionais e críticos da cultura e a produción artística do mundo antigo.
2. Coñecer as linguaxes formais e visuais das civilizacións antigas, así como, as distintas técnicas artísticas utilizadas co fin de que poida comprender mellor como estas condicionan e actúan no resultado final da obra de arte.
3. Coñecer especificamente as fontes, as tendencias, os artistas e as obras máis importantes e representativas do mundo antigo.
4. Coñecer e manexar de forma rigorosa e axustada a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada que son propios das diferentes manifestacións da arte antiga.
5. Coñecer os distintos enfoques e as diferentes metodoloxías que permiten a comprensión dunha obra de arte do mundo antigo.
I. NAS ORIXES DA ARTE. A arte dos cazadores paleolíticos. A arte dos pobos agricultores e gandeiros do Neolítico. Principais manifestacións artísticas e culturais na Idade dos Metais.
II. ARTE E CULTURA DOS POBOS MESOPOTÁMICOS E DO PRÓXIMO ORIENTE. Marco xeográfico, histórico e cultural. Periodización. Principais características e desenvolvemento das manifestacións artísticas e culturais dos sumerios, acadios, babilonios, asirios e persas; hititas, sirios e fenicios.
III. ARTE E CULTURA DO EXIPTO ANTIGO. Marco xeográfico, histórico e cultural. Periodización. Arquitecturas funerarias: mastabas, pirámides e hipoxeos. Arquitectura templaria. A escultura, o relevo e a pintura como manifestación do poder e das crenzas relixiosas.
IV. GRECIA. Introdución á arte da Antigüidade clásica: fontes, enfoques e métodos. A arte grega: tempos, espazos e contextos. A arte de Grecia e a arte dos primeiros gregos. A arte grega arcaica. A arte do momento clásico I. A arte de momento clásica II. Construcións e imaxes do helenismo.
V. ROMA. A arte romana: tempos, espazos e contextos. A arte da península Itálica e a civilización etrusca. A arte da Roma republicana. O principado de Augusto e as manifestacións artísticas da primeira Roma imperial. A arte da Roma imperial I. A arte da Roma Imperial II.
BÁSICA I, II E III:
Franfort, H., Arte y Arquitectura del Oriente Antiguo, Madrid, Cátedra, 1982;
Sanchidrián, J. L., Manual de arte prehistórico, Madrid, Ariel, 2009;
Stevenson Smith, W., Arte y arquitectura del antiguo Egipto, Madrid, Cátedra, 2000.
COMPLEMENTARIA I, II Y III:
Aldred, C., Arte egipcio. En el tiempo de los faraones 3100-320 a.C., Barcelona, Destino, 1993;
Alegre Carvajal, E., Aznar Amazán, S. y Gómez López, C., Tipologías arquitectónicas en la Antigüedad, Madrid, UNED, 2002;
Alegre Carbajal, E. y Gómez López, C., Edificios de la arquitectura antigua. Historia de las tipologías arquitectónicas, Madrid, 2007;
Donadoni, S., El arte egipcio, Madrid, Istmo, 2001;
Eggebrecht, A., El antiguo Egipto, Barcelona, 1984;
Giedion, S., El presente eterno: los comienzos de la arquitectura, Madrid, 1981;
Gómez López, C., El arte en el próximo oriente antiguo, Madrid, 2006;
Hrouda, B., El Antiguo Oriente, Barcelona, 1991;
Leroi-Gourhan, A., Prehistoria del Arte occidental, Barcelona, 1968;
Lloyd, S. y Muller, H.W., Arquitectura de los orígenes, Madrid, 1989;
Manniche, L., El arte egipcio, Madrid, Alianza, col. Alianza Forma, 1997;
Mickalowski, K., El Arte del Antiguo Egipto, Madrid, 1991;
Martínez de la Torre, C., Gómez López, C. y Alzaga Ruíz, A., Historia del Arte Antiguo en Egipto y Próximo Oriente, Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid, 2009;
Sanmartín, J. y Serrano, J.M., Historia antigua del Próximo Oriente. Mesopotamia y Egipto, Akal, Madrid, 2004;
Saw, I. y Nicholson, P., Dicccionario Akal del Antiguo Egipto, Akal, Madrid, 2004;
Schulz, R. y Seidel, M., Egipto. El mundo de los faraones, Editorial Könemann, 1997;
Ucko, P. y Rosenfield, A., Arte paleolítico, Madrid, 1967;
Vidal, J.; Gil, A.; Prat, J., Reinos e imperios de Próximo Oriente. Historia National Geographic, vol. 5. Barcelona, 2018.
Wiesner, J., El arte egipcio, Bilbao, Moretón 1967;
Ídem, Antiguo Oriente, Bilbao, Moretón,1967;
Woolley, L., Mesopotamia y Asia Anterior, Barcelona, 1963.
BÁSICA IV E V
BLANCO FREIJEIRO, A.: Arte griego. CSIC. Madrid, 1986 (6ª ed)
ELVIRA BARBA, M. A., Manual de arte griego, Madrid, 2013.
GARCÍA BELLIDO, A.: Arte romano. Madrid: CSIC, 1972 [Disponible como recurso electrónico en la USC]
RAMÍREZ, J.J. (dir): Historia del arte. Arte antiguo. Alianza. Madrid, 1989.
COMPLEMENTARIA IV E V
ANDREAE, B.: Arte romano. Gustavo Gili. Barcelona, 1974
BLANCO FREIJEIRO, A.: Roma imperial. Historia 16. Madrid, 1986
BOARDMAN, J.: El arte griego. Ed. Destino. Barcelona, 1991
CARPENTER, T., Art and Myth in Ancient Greece. A Handbook, Londres, 1991. (Edición española: Carpenter, T., Arte y Mito en la Grecia antigua, Destino, Madrid, 2001)
ELVIRA BARBA, M.A. : Arte clásico. Madrid, 1996
ELVIRA BARBA, M.A. y BLANCO FREIJEIRO: Etruria y Roma republicana. Historia 16. Madrid, 1989
HENING, M. (coor): El arte romano, una revisión de las artes visuales del mundo romano. Barcelona, 1985
HÖLSCHER, T.: The Language of images in roman art. Cambridge : Cambridge University Press, 2004
HURWIT, J., The Art and Culture of Early Greece, 1100-480. BC., Ítaca y Londres, 1987
ONIANS, J., Arte y pensamiento en la época helenística, Alianza, Madrid, 1996
OSBORNE, R Archaic and Classical Greek Art, Oxford, 1998
POLLITT, J.J., Arte y experiencia en la Grecia clásica, Bilbao, 1984
ZANKER, P. Augusto y el poder de las imágenes. Madrid, Alianza, 1992
1. Desenvolver o espírito analítico e crítico do alumno e a súa sensibilidade para ver e ler unha obra de arte da Antigüidade.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes da historia da arte das culturas da Antigüidade.
3. Analizar os valores estéticos do Mundo Antigo. A obra de arte, ademais de posuír o seu propio valor intrínseco, é un excelente medio para entender e saber apreciar a cultura occidental antiga.
4. Explicitar as características, funcións e liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións ao longo do discorrer histórico, así como as causas destas características, incardinando a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e conectándoa con outras formas de expresión cultural.
5. Desenvolver metodoloxías. Introducirse na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión dalgún tema específico da cultura antiga ou na análise e interpretación das fontes documentais e literarias propias do momento para comprender globalmente a obra artística.
6. Adquirir, coñecer e utilizar outras técnicas historiográficas para o coñecemento e valoración da obra de arte antiga.
7. Aprender de maneira autónoma novos coñecementos sobre a arte antiga.
8. Entender as diferentes linguaxes formais e visuais, coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas nas civilizacións antigas e asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da arte Universal.
A metodoloxía do ensino comprende os seguintes apartados:
1- Clases expositivas presenciais nas que o profesor explicará os contidos teóricos do programa. O alumnado haberá de complementar e ampliar estes ensinos a partir da bibliografía básica recomendada.
2- Clases interactivas nos que o alumnado realizará prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia (comentarios de imaxes de obras e planos de arquitectura e urbanismo, vistas aéreas, recreacións virtuais, comentarios de textos, etc.), que na medida do posible poderán ser expostas de maneira oral na aula. O alumnado haberá de realizar unha serie de prácticas para entregar e ser avaliado.
En caso de producirse a oportunidade e ser posible, realizarase unha PRACTICA DE CAMPO a determinar relacionada co temario da materia.
3- Titorización personalizada.
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS): exame que supoñerá o 60% da nota total (6 puntos). Para facer media/suma das diferentes partes será preciso que todas e cada unha delas estean aprobadas. Quen non consiga aprobar terá que presentarse ao exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS: Asistencia e participación nos debates, seminarios, prácticas propostas polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte supoñerá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio aprobar esta parte para poder facer media coa nota do exame. Quen non entregue as prácticas dentro dos prazos fixados terá que superar a devandita prácticas mediante unhas preguntas no exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro) como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba final telemática específica que supoñerá o 100% da cualificación.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO: 50 h.
32 h. docencia expositiva, 16 h. docencia interactiva, 3 h. de titorías personalizadas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 100 h.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 h.
- Lecturas recomendadas, actividades de procura bibliográfica, redacción de comentarios, e similares: 32 h.
- Preparación de presentacións orais, debates e similares na aula: 16 h.
- Outras tarefas propostas polos profesores: 3 h.
Estudo do temario e participación das clases expositivas e interactivas.
Realización e exposición das prácticas requiridas co debido respaldo documental e bibliográfico.
Uso das titorías para resolver problemas e dúbidas relativos aos contidos da materia.
É recomendable o coñecemento e capacidade de lectura noutras linguas estranxeiras, especialmente en inglés, italiano e francés.
Maria De Fatima Diez Platas
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812546
- Correo electrónico
- fatima.diez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
David Chao Castro
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- david.chao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Tatiana Grela Tubio
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- tatiana.grela.tubio [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
16.01.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
16.01.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
23.06.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |