Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade mediante un ensino completo dos procedementos e técnicas que pode utilizar a Arqueoloxía en calquera período, cultura e territorio para obter información das sociedades pasadas, de tal modo que dito coñecemento contribúa a que o alumnado poda recoñecer e seleccionar as técnicas e procedementos máis adecuados para a resolución de problemas históricos.
2. Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise histórica/arqueolóxica. En particular tratase de resaltar aqueles mais ligados ás actividades profesionais as que dá acceso o grao en Historia.
3. Explicar o pasado dende o estudo dos seus restos: arqueolóxicos, documentais ou artísticos. A finalidade é poder facelo posteriormente en medios diferentes como o da docencia, o traballo en centros públicos de difusión do coñecemento como son os museos, os arquivos ou en empresas públicas e privadas do patrimonio arqueolóxico e turístico.
4. Ordenar, organizar, definir ou sintetizar a información de fontes arqueolóxicas, documentais ou bibliográficas para traballar en calquera arquivo privado, administración pública e privada, ou como documentalista.
TEMA 1. Introdución á praxis arqueolóxica: aspectos legais e prácticos
1.1. Marco lexislativo e concepto de patrimonio e zona arqueolóxica
1.2. O exercicio da profesión de arqueólogo/a.
1.3. Situacións nas que se pode realizar unha actividade arqueolóxica
1.4. Axentes implicados nunha actividade arqueolóxica
1.5. Entorno de traballo e tipos de actuacións arqueolóxicas: campo e laboratorio
1.6. Definición de actividades arqueolóxicas segundo a lexislación autonómica galega
1.7. Fases do traballo arqueolóxico
1.8. A importancia dos estudos de laboratorio
1.9. Normas que se deben cumprir nunha actividade arqueolóxica
TEMA 2. A formación do rexistro arqueolóxico
2.1. Definición de rexistro arqueolóxico
2.2. Definición de xacemento arqueolóxico
2.3. Elementos e compoñentes do rexistro arqueolóxico
2.4. Tipos de xacementos e criterios de clasificación. O criterio funcional
2.5. A formación do rexistro arqueolóxico: procesos de formación e procesos postdeposicionais
2.6. Principios que condicionan e permiten comprender os procesos de formación do rexistro arqueolóxico
2.7. Os mecanismos postdeposicionais que afectan ao rexistro arqueolóxico
2.8. Condicións ambientais para a boa conservación do rexistro arqueoloxico
2.9. Proceso de formación dun xacemento a través dun exemplo
TEMA 3. Recoñecemento del territorio en Arqueoloxía
3.1. Introdución ao recoñecemento arqueolóxico del territorio
3.2. A prospección en superficie
3.3. A batida do terreo
3.4. Condicións de perceptibidade do rexistro arqueolóxico
3.5. Técnicas de prospección (1): escala macroespacial
3.6. Técnicas de prospección (2): xeofísica, térmica e química
3.7. O rexistro da información
TEMA 4. A escavación arqueolóxica
4.1. Introdución
4.2. Técnicas de escavación
4.3. Xeoloxía e Arqueoloxía
4.4. Estratigrafía e estratificación
4.5. Arqueoloxía estratigráfica
4.6. O rexistro durante a escavación: Introdución
4.7. A documentación do rexistro arqueolóxico
4.8. Rexistro e tratamento de mostras
4.9. Rexistro e tratamento de materiais
TEMA 5. Cronoloxía e métodos de datación
5.1. Introdución
5.2. Métodos arqueolóxicos de datación
5.3. Métodos de datación absoluta
5.4. A calibración
5.5. Métodos de datación relativa
5.6. Que método de datación elixir, traballando con exemplos
TEMA 6. Arqueometría e bioarqueoloxía
6.1. Consideracions teóricas preliminares e campos de actuación
6.2. Técnicas arqueométricas morfolóxicas
6.3. Técnicas arqueométricas composiciónais
6.4. Bioarqueoloxía: Arqueobotánica
6.5. Bioarqueoloxía: Zooarqueoloxía
6.6. Bioarqueoloxía: Osteoarqueoloxía ou antropoloxía física
6.7. Xeoarqueoloxía
TEMA 7. Conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico – outras arqueoloxías
7.1. Conservación do patrimonio arqueolóxico
7.2. Arqueoloxía pública
7.3. Arqueoloxía experimental e Etnoarqueoloxía
7.4. Arqueoloxía Forense
7.5. Ética en arqueoloxía
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
DOMINGO, I.; BURKEY, H.; SMITH, C. 2007. Manual de campo del arqueólogo. Barcelona: Ariel Prehistoria
GARCÍA SANJUÁN, L. 2005. Introducción al reconocimiento y análisis arqueológico del territorio. Barcelona: Ariel Prehistoria
GRANT, J.; GORIN, S.; FLEMING, N. 2002. The archaeology coursebook. An introduction to study skills, topics and methods. New York:Routledge
GONZÁLEZ RUIBAL, A. y AYÁN VILA, X. 2018: Arqueología. Una introducción al estudio de la materialidad del pasado. Madrid.
HARRIS, E. C. 1991. Principios de estratigrafía arqueológica. Barcelona:Crítica
MACINTOSH, J. 1987. Guía práctica de arqueología. Madrid:Hermann Blume
RENFREW, C.; BAHN, P. 1998. Arqueología. Teoría, métodos y práctica. Madrid:Akal
ROMERO MASIÁ, A.; ARIAS VILAS, F. 1995. Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria. Vigo: Ir Indo
QUEROL, M. A. 2010. Manual de Gestión del Patrimonio Cultural. Madrid: Akal
Legislación:
LEY 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español (BOE de 29 de junio de 1985)
LEY 8/1995, de 30 de octubre, del Patrimonio Cultural de Galicia (DOG, 08/11/1995; BOE, 01/12/1995)
LEY 5/2016, de 4 de mayo, del Patrimonio Cultural de Galicia (DOG, 16/05/2016; BOE, 18/06/2016)
BIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA POR TEMAS
Tema 1
GUTIÉRREZ LLORET, S. 1997. Arqueología. Introducción a la historia material de las sociedades del pasado. Alicante
Tema 2
BUTZER, K. 1989. Arqueología. Una ecología del hombre. Barcelona:Bellaterra
SCHIFFER, M.B. 1987. Formation processes of the archaeological record. Albuquerque: University of New Mexico Press
FRANCOVICH, R.; MANACORDA, D. (eds) 2001. Diccionario de Arqueología, Barcelona
NIETO, F. J. 1984. Introducción a la arqueología acuática.Barcelona
Tema 3
AMADO REINO, X. 1997. La aplicación del GPS a la Arqueología. Trabajos de Prehistoria 54 (1), p. 155-165
BAENA, J.; BLASCO, C.; QUESADA, F. (eds.). 1997. Los S.I.G. y el análisis espacial en Arqueología. Madrid: Servicio de Publicaciones de la UAM
BURILLO, F., IBÁÑEZ, J.; ALEGRE, E. 2004. Prospección u concepto de asentamiento. El caso de la cuidad celtibérica Segeda I. Arqueología Espacial 24: 165-184
Tema 4
CARANDINI, A. 1997. Historias en la tierra. Manual de excavación arqueológica. Barcelona: Crítica
LAPLACE, G. 1971. De l’application des coordonées cartésiennes à la fouille stratigraphique. Munibe XXIII (2/3), p. 223-236
Tema 5
INIZAN, M. L.; REDURON, M.; ROCHE, H.; TIXIER, J. 1995. Préhistoire de la Pierre Taillée. T. 4. Technologie de la pierre taillée. CREP, Meudon
ORTON, C.; TIERS, P.; VINCE, A. 1997. La cerámica en Arqueología. Crítica:Barcelona
Tema 6
BRICKLEY, M. – MCKINLEY, J.I. (ed.) (2004) Guidelines to the standards for recording human remains: BABAO, Dept. of Archaeology, University of Southampton. Institute of Field Archaeologists, University of Reading
BROTHWELL, D.R., (1987). Desenterrando huesos. La excavación, tratamiento y estudio de restos del esqueleto humano Mexico: Fondo de Cultura Económica.
BUXÓ, R.; PIQUÉ, R. 2008. Arqueobotánica. Los usos de las plantas en la Península Ibérica. Barcelona: Ariel Prehistoria
CHAIX, L; MÉNIEL, P. 2005. Manual de Arqueozoología. Barcelona
MARTÍNEZ CORTIZAS, A.; MOARES DOMÍNGUEZ, C. 1995. Edafología y Arqueología. Estudio de yacimientos arqueológicos al aire libre en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Tema 7
BALLART, J. (2000): El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Barcelona.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia
CG2 - Usar, ordenar e interpretar as fontes histórica
CG3 - Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos,
inventarios de arquivos, e referencias electrónicas
CG4 - Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
CB1 - Que os estudantes haxan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes haxan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo demostrando dotes de innovación
CT2 - Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa
CT3 - Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade corporativa
CT4 - Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE3 - Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción
CE4 - Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico
CE5 - Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional da pasado
CE6 - Coñecemento das principais claves explicativas das sociedades do pasado (clase, etnia, xénero)
CE7 - Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua
CE8 - Analizar e interpretar o rexistro arqueolóxico
MATERIA EN EXTINCIÓN, SEN DOCENCIA PERO CON DEREITO A EXAME
A avaliación realizarase mediante:
- Un exame final escrito que permita constatar os coñecementos adquiridos polo alumnado, e que se realizará na data oficial. Esta proba valorarase co 60% da nota final.
- Dous traballos de carácter mais práctico relativos a escavación e prospección, que se concretarán cos docentes e valerán 40% da nota final.
Será preciso acadar un mínimo dun 45% en cada unha das partes para superar a materia.
Estudio: 60 horas.
Redacción de traballo: 40 horas.
Recomendase ós estudantes que fagan uso das titorías para a resolución de cualquera dúbida que xurda durante o estudo da materia.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Mario Cesar Vila
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- mario.cesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jose Carlos Sanchez Pardo
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Teléfono
- 881812561
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Olalla Lopez Costas
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- olalla.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal