Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O estudantado comprenderá e saberá:
- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e a cultura europeos medievais nas súas diversas manifestacións.
- Establecer relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran a materia: histórico, artístico e literario (cultural en xeral).
- Adquirir un coñecemento xeral das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
- Asimilar os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lles permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
- Ser capaz de manexar as novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica do estudo e divulgación do patrimonio cultural.
- Asimilar as destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos á correcta interpretación e difusión do legado cultural medievais.
- Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.
- Explicar o pasado medieval desde o estudo dos seus restos arqueolóxicos, documentais e sobre todo artísticos: a finalidade é poder facelo posteriormente en medios diferentes como o da docencia, o traballo en centros públicos de difusión do coñecemento como son os museos, os arquivos ou empresas públicas e privadas de patrimonio arqueolóxico e turístico.
-A creación dun novo imaxinario cristián e a débeda coa tradición grecorromana.
-A estética suntuaria e ornamental dos chamados “pobos invasores” e a súa asimilación da cultura grecolatina. As singularidades hispanas: da arte da monarquía visigoda ao ano mil.
-O monacato insular e as súas consecuencias artísticas.
-A Renovatio Carolingia.
-A arte imperial dos Otones e as súas relacións co oriente bizantino.
-Románico, romance, roman. O poder monástico benedictino. O nacemento plural da arte románica. A Reforma Gregoriana e a súa repercusión nos primeiros programas monumentais. As peregrinacións e as súas consecuencias artísticas. Linguaxes simbólicas e narrativas. Diferentes tradicións territoriais no Románico europeo. “Renacemento” do século XII e románico pleno. A pervivencia das formas románicas.
-Sugerio, san Bernardo, o nacemento do gótico e a arte cisterciense.
-A Europa das catedrais e a paradigma francés. As ordes mendicantes e as súas consecuencias artísticas. O gótico mediterráneo: entre a tradición clásica e as formas norteñas. As particularidades do gótico inglés. O gótico castelán. A arte das cortes europeas nos séculos XIV e XV.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Precédense de asterisco (*) as obras de referencia que, en caso necesario, poden tomarse a modo de manual
*- BARRAL I ALTET, X.: La Alta Edad Media. De la Antigüedad al Año 1000, Colonia, 1998 (en liña)
- GUREVICH. A.I.: Las categorías de la cultura medieval, Madrid, 1990.
*- Historia del Arte Medieval (dir. J.V. García Mansilla; C. Mancho i Suárez; I. Ruiz de la Peña González), Valencia, 2012.
*- La Edad Media (vol. 2 de Historia del Arte. Coord.: J. Ramírez), Madrid, Alianza Editorial, 1996.
- SEBASTIÁN, S.: Mensaje simbólico del Arte Medieval. Arquitectura, Iconografía, Liturgia, Madrid, 1994 (en liña)
*- YARZA LUACES, J.: La Edad Media, Madrid, 1980.
*- Historia del Arte de la Alta y Plena Edad Media (Monteira Arias, I.; Vidal Álvarez, S.; Alegre Carvajal, E.; Vallejo Triano, A.), Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces-UNED, 2014 (en liña)
*- PEÑA GÓMEZ, Mª del Pilar de la: Manual básico de Historia del Arte (en liña: https://www3.unex.es/publicaciones/files/1562-Manual%20b%C3%A1sico%20de…).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- BANGO TORVISO, I.G.: Arte prerrománico hispano: el arte en la España cristiana de los siglos VI al XI (vol. VIII-II de Summa Artis), Madrid, 2001.
- BECKWITH, J.: Arte paleocristiano y bizantino, Madrid, 1997.
- BIFFI, I.: Atlas histórico de la Cultura Medieval, Madrid, 2007.
- CAMILLE, M.: Arte gótico: visiones gloriosas, Tres Cantos (Madrid), 2005.
- DAVY, M.M.: Iniciación a la simbología románica, Madrid, 1996.
- DURLIAT, M.: El arte románico, Madrid, 1992.
- GRABAR, A.: Las vías de creación de la iconografía cristiana, Madrid, 1985.
- KRAUTHEIMER, R.: Arquitectura paleocristiana y bizantina, Madrid, 1984.
- MILONE, A.: Medievo: 1000-1400: El arte europeo entre el Románico y el Gótico, Barcelona, 2007.
- NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: Arquitectura prerrománica (Arte galega), Madrid, 1978.
- Santiago, la catedral y la memoria del arte (coord..: M. Núñez Rodríguez), Santiago de Compostela, 2000.
- SCHLOSSER, J.: La literatura artística. Ed. Cátedra. Madrid, 1993.
- SUREDA, J.: El despertar de Europa (El arte del románico y del gótico), Barcelona, 2006.
- YARZA LUACES, J.: Arte y arquitectura en España, 500-1250, Madrid, 1990.
- YARZA LUACES, J.: Fuentes de la Historia del Arte. Ed. Historia 16. Madrid, 1997.
- YZQUIERDO PERRÍN, R. / YZQUIERDO PERRÍN, R. y MANSO PORTO, C.: Galicia. Arte. Arte Medieval (I) y (II), A Coruña, 1995.
O estudantado será capaz de:
- Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia da arte medieval.
- Usar, ordenar e interpretar as fontes artísticas.
- Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas.
- Coñecer, analizar e transmitir a historia da arte medieval xeneral e a historia da arte medieval propia do territorio
- Coñecer e interpretar a historia da arte medieval como disciplina en construción.
- Coñecer e analizar os temas e problemáticas da arte medieval que son obxecto de debate historiográfico
- Explicitar as características, funcións e liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións ao longo do discorrer histórico así como as causas destas características, incardinando a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e conectándoa con outras formas de expresión cultural.
- Entender as diferentes linguaxes formais e visuais, coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo da historia da arte e asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da arte Universal.
- Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
- Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade compartida.
- Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público
Por tratarse dunha titulación en vías de extinción, esta materia xa non inclúe a docencia presencial no curso 2025/26.
En calquera caso, conta cunha recomendación bibliográfica que pode orientar e axudar ao estudantado na lectura e aprendizaxe dos aspectos metodolóxicos, temáticos e prácticos máis destacados.
Ao tratarse dunha materia en extinción, o único sistema de avaliación é a realización dun exame nas datas e horarios indicados para o efecto pola Facultade de Xeografía e Historia, que supoñerá o 100% da nota da materia.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA: En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do "Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela" e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da "Lei de convivencia universitaria", aplicaranse as sancións previstas pola "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Esta materia inclúe un traballo do/a estudante equivalente a 150 horas (6 créditos). Todas as horas correspondientes a esta materia serán de traballo personal do/ a estudante.
-Estudo do temario.
-Uso de titorías para a resolución de problemas e dúbidas relacionadas coa materia.
Marta Cendon Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812572
- Correo electrónico
- marta.cendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade