Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudar as diferentes perspectivas historiográficas nos diversos períodos e contextos.
2. Alcanzar a idea de que o debate e a investigación históricas están en continua construción.
3. Identificar os temas e problemas do debate historiográfico dos nosos días.
4. Usar os instrumentos de recompilación de información e fontes, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos e referencias electrónicas.
5. Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade para comprender o presente.
6. Estudar os factores/axentes/conceptos que configuraron as diferentes formas de facer a historia.
7. Identificar as diferentes perspectivas e debates historiográficos tanto cronolóxica como espacialmente.
8. Educar nos valores da igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación a través da historiografía.
9. Contribuír a inculcar actitudes de tolerancia e respecto polos puntos de vista que se derivan de tradicións históricas e historiográficas.
10. Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise da historiadora ou do historiador.
A historiografía: introdución
Bloque I. Evolución da historiografía desde a antigüidade ata o século XIX
Tema 1. A historiografía desde a antigüidade ata a Ilustración
Tema 2. A institucionalización do relato historiográfico no século XIX: historicismo e positivismo
Bloque II: Tendencias historiográficas nos séculos XX e XXI
Tema 3. Da historia social e económica á historia das mentalidades
Tema 4. A consolidación da historiografía marxista e as súas proxeccións
Tema 5. Cara a historia cultural: o postmodernismo e a narración
Tema 6. A anarquía epistemolóxica: últimas tendencias historiográficas
Bloque III: Os espazos historiográficos periféricos desde unha perspectiva xeoepistemolóxica
Tema 7. O desenvolvemento da Historiografía latinoamericana
Tema 8. A Historiografía española
Tema 9. A Historiografía galega
Básica
Aguirre Rojas,C.A.(2004), La historiografía en el siglo XX. Historia e historiadores entre 1848 y ¿2025?, Barcelona:Montesinos.
Cantera Montenegro,E.(coord)(2012), Tendencias historiográficas actuales.Historia Medieval, Moderna y Contemporánea, Madrid:Ed.Universitaria Ramón Areces.
Dosse,F.(2004), La historia: conceptos y escrituras, Buenos Aires: Nueva Visión.
Fontana,J.(2002), La historia de los hombres: el siglo XX, Barcelona:Crítica.
Hernández Sandoica,E.(2004),Tendencias historiográficas actuales: escribir Historia hoy, Madrid:Akal.
Moradiellos,E.(2009), Las caras de Clío. Una introducción a la Historia, Madrid:Siglo XX.
Raphael,L.(2012), La ciencia histórica en la era de los extremos, Zaragoza:Institución Fernando el Católico.
Sánchez Marcos,F.(2012), Las huellas del futuro. Historiografía y cultura histórica en el siglo XX, Barcelona:Universitat.
Complementaria
Aguirre Rojas,C.A.(2004), La Escuela de los Annales. Ayer, hoy y mañana, México: Era.
Aurell,J.(2017), La escritura de la memoria. De los positivismos a los postmodernismos, Valencia: PUV.
Barros,C.(1998), Historiografía fin de siglo, Santiago:Tórculo.
Bloch,M. 1985), Introducción a la historia, Madrid:FCE.
Bourdé,G.,Martin,H.(1992), Las escuelas históricas, Madrid:Akal.
Breisach,E.(2009),Sobre el futuro de la historia, Valencia:PUV.
Burke,P.(2005),¿Qué es la historia cultural?, Barcelona:Paidós.
Burke,P.(2006),La revolución historiográfica francesa. La Escuela de Annales (1929-1989), Barcelona:Gedisa.
Burke,P.(ed)(2003),Formas de hacer Historia, Madrid:Alianza.
Burrow,J.(2007),Historia de las Historias. De Heródoto al siglo XX, Barcelona:Crítica.
Casanova,J.(2003),La historia social y los historiadores.¿Cenicienta o princesa?, Barcelona:Crítica.
Cipolla,C.M.(1991),Entre la Historia y la economía. Introducción a la Historia económica, Barcelona:Crítica.
Croce,B.(1989), Teoria e storia della storiografia, Milán:Adelphi.
Cruz,M.(2008), Filosofía de la Historia, Madrid:Alianza.
Dosse,F.(1989),La historia en migajas. De Annales a la nueva historia, Valencia:Institució Alfons el Magnánim.
Eley,G.(2008), Una línea torcida. De la historia cultural a la historia de la sociedad, Valencia:PUV.
Hernández Sandoica,E., Langa,A.(eds)(2005), Sobre la Historia actual. Entre política y cultura, Madrid:Abada.
Jenkins,K.(2009),Repensar la historia, Madrid:Siglo XXI.
Juliá,S.(1989),Historia social, sociología histórica, Madrid:Siglo XXI.
Kaye,H.(1989),Los historiadores marxistas británicos, Zaragoza: Universidad.
Kohut,K.(comp)(2009),El oficio del historiador. Teorías y tendencias de la historiografía alemana del siglo XIX, México:Herder.
Koselleck,R.(2012),Historias de conceptos. Estudios sobre semántica y pragmática del lenguaje político y social, Madrid:Trotta.
Le Goff,J., Nora,P.(eds)(1985), Hacer la historia, Barcelona: Laia,3 vols.
Marczewski,J., Vilar,P.(1973),¿Qué es la historia cuantitativa?, Buenos Aires:Nueva Visión.
Mitre,E.(1997), Historia y pensamiento histórico, Madrid:Cátedra.
Palos,J. Ll., Sánchez-Costa,F.(eds)(2013),A vueltas con el pasado. Historia, memoria y vida, Barcelona:Universitat.
Poirrier,P. (ed)(2012),La Historia Cultural, Valencia:PUV.
Rivera Garretas,M.M.(1994),Nombrar el mundo en femenino, Barcelona: Icaria.
Sánchez Marcos,F.(1993),Invitación a la historia: la historiografía de Herodoto a Voltaire a través de sus textos, Barcelona: Labor.
Serna,J., Pons,A.(2005),La Historia Cultural, Madrid:Akal.
Veyne,P.(1984),Cómo se escribe la historia,Madrid:Alianza.
Competencias xerais
Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historiografía.
Usar, ordenar e interpretar as fontes historiográficas.
Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas.
Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas e sociais.
Competencias específicas
Coñecer e interpretar a historiografía como disciplina en construción.
Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico.
Alcanzar unha conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais.
Competencias transversais
Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo ao traballo investigador e docente.
Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade corporativa.
Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.
Co obxectivo de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial en aula;
- clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia;
- titorización personalizada.
A través do Campus Virtual da materia ofrecerase soporte á docencia tanto expositiva como interactiva.
A continuación indícase a distribución das actividades:
- docencia expositiva: 32 horas segundo horario e grupo;
- docencia interactiva: 16 horas segundo horario e grupo;
- titorización personalizada: 3 horas previstas segundo horario e grupo.
A avaliación será continua segundo o estipulado na memoria do grao de Historia. Xa que a avaliación é continua, a asistencia e participación nas actividades desenvolvidas na aula é obrigatoria, polo que unha ausencia superior ao 20% na parte interactiva suporía a imposibilidade de que a/o estudante puidese ser avaliado na primeira oportunidade, excepto as/os estudantes con dispensa. Así mesmo, a asistencia ás clases expositivas será valorada positivamente na parte correspondente (ata un 2% adicional).
Á espera de que a USC facilite un sistema electrónico de control da asistencia, esta realizarase por medio dun control de firmas en papel.
A avaliación levarase a cabo ao longo do curso e constará de:
1.- Proba ou probas escritas sobre os contidos teóricos e prácticos das clases expositivas e interactivas. Esta/s proba/s escrita/s suporá/n o 60% da cualificación final.
2.- A asistencia e participación nas sesións interactivas e a realización das lecturas e dos traballos encomendados suporán o 40% da cualificación final.
3.- O estudantado ao que lle sexa concedida a dispensa a clase (segundo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024) será avaliado por medio dunha proba escrita sobre os contidos teóricos (60%) e da entrega dun traballo escrito equivalente ao realizado nas sesións interactivas (40%).
Para superar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 5 ou superior como resultado da suma de todas as actividades avaliativas. Ademais, para ter dereito á suma da parte expositiva e da parte interactiva é requisito obrigatorio ter acadado o 40% da puntuación máxima en cada unha das partes.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo):
1.- O estudantado que realice e aprobe as actividades correspondentes á docencia interactiva pero que non realice ou non supere a proba ou probas correspondentes á docencia expositiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse dos contidos impartidos nas clases expositivas.
2.- O estudantado que realice e aprobe a proba ou probas correspondentes á docencia expositiva pero que non realice ou non supere as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar a cualificación das expositivas e só terá que recuperar a parte correspondente á docencia interactiva, para o que se dará a oportunidade de realizar unha nova entrega dos traballos segundo as instrucións facilitadas a través da aula virtual.
Cada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada por un traballo complementario da/o estudante dunhas dúas horas coa axuda do material bibliográfico, co fin de ler atentamente os contidos teóricos e asimilalos.
Paralelamente, para cada unha das horas de docencia interactiva, a/o estudante deberá empregar como mínimo unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, considérase que o tempo de traballo persoal da/o estudante debería aproximarse ás 150 horas.
Aínda que no é necesaria ningunha formación previa específica, para o ingreso no grado en Historia en xeral e a matrícula desta materia en particular é recomendable que a formación da/o estudante sexa de perfil humanístico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos e das estudantes e de revisión de cualificacións.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa.
Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Lémbrase tamén que non está permitida a gravación de audio ou vídeo nin a toma de fotografías durante as clases sen autorización expresa por parte da ou do docente.
Xose Manoel Sanchez Sanchez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- xosemanuel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mariña Bermudez Beloso
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812620
- Correo electrónico
- marinha.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |