Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Identificación das variedades do español americano e as súas características.
2. Emprego de métodos científicos de investigación da variación lingüística.
3. Capacidade para explicar a orixe das variedades do español falado en América.
4. Coñecemento e valoración positiva do influxo que exerceron outras linguas no español americano.
5. Coñecemento de novas tecnoloxías para o estudo e descrición do español de América.
1. Concepto e límites do español en América. Xeografía e historia externa.
2. Unidade e diversidade do español de América.Novos e vellos enfoques sobre a unidade do español.Variedades do español americano actual e áreas dialectais. A gramática panhispánica e as normas do español.
3. Situacións de contacto lingüístico no español americano.
4. Caracterízación lingüística do español de América.
4.1. A pronuncia do español en América
4.2. Trazos morfosintácticos
4.3. O léxico
Lecturas por temas
1. “Introducción” en Aleza Izquierdo & Enguita Utrilla (2010) / Instituto Cervantes (2019): El español: una lengua viva. Informe 2019. Edición electrónica. <https://cvc.cervantes.es/lengua/espanol_lengua_viva/>
2. López Morales, H. (edicións de 1998 e de 2005): La Aventura del español en América. Madrid: Espasa (Capítulo 8: Las Zonas Dialectales de América, pp. 141-150).
3. “Geografía del mundo hispánico. El Caribe, México y Centroamérica, América del Sur”. En F. Moreno Fernández & Otero Roth (2008), Atlas de la lengua española en el mundo, Madrid, Fundación telefónica (pp. 31-49).
4.1. Lipski, J. M. (1996): El español de América. Madrid: Cátedra. Cada estudante ou grupo de estudantes un capítulo. Todos: "El español de Cuba", en El español de América. Madrid: Cátedra (Capítulo XII, pp. 251-260).
4.2. Real Academia Española (2009): Nueva gramática de la lengua española (Manual). Madrid: Espasa-ASALE. Apartados dedicados ao voseo na edición Manual.
Enlaces de interese
Recursos da Real Academia Española
Banco de datos: http://www.rae.es/recursos/banco-de-datos
Dicionarios: http://www.rae.es/recursos/diccionarios
Atlas sintáctico del español: http://www.rae.es/recursos/enlaces-externos/atlas-sintactico-del-espanol
Centro Virtual Cervantes
https://www.observatoireplurilinguisme.eu/portalingua/cvc.cervantes.es/…
Instituto Cervantes, Portal de los Congresos Internacionales de la Lengua Española
http://congresosdelalengua.es/
Manual de referencia
Aleza Izquierdo, M. y J. Mª Enguita Utrilla (coords.) (2010): La lengua española en América: normas y usos actuales. Universitat de València. Edición electrónica: <http://www.uv.es/aleza/esp.am.pdf>
Gramáticas
Bosque, I. y V. Demonte (dirs.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe.
Real Academia Española (2009): Nueva gramática de la lengua española, 2 vols. Madrid: Espasa-ASALE.
Dicionarios
Asociación de Academias de la Lengua Española (2010): Diccionario de americanismos, Madrid, Santillana.
Haensch, G. (2000): Diccionario del español de Cuba: español de Cuba-español de España. Coordinación, Gisela Cárdenas Molina, Antonia María Tristá Pérez, Reinhold Werner, Madrid, Gredos.
Haensch, G. (2000): Diccionario del español de Argentina: español de Argentina-español de España. Coordinación, Gisela Cárdenas Molina, Antonia María Tristá Pérez, Reinhold Werner, Madrid, Gredos.
Haensch, G. y R. Werner (1993) (coords.): Nuevo diccionario de americanismos, 3 vols. (colombianismos, argentinismos, uruguayismos), Santafé de Bogotá, Instituto Caro y Cuervo.
Morínigo, M. A. (1998): Nuevo diccionario de americanismos e indigenismos, versión actualizada por M. A. Morínigo Vázquez-Prego, Buenos Aires, Galaxia.
Steel, B. (1999): Breve diccionario ejemplificado de americanismos, Madrid, Arco/Libros.
Bibliografía complementaria
Alvar, M. (dir.) (1996): Dialectología hispánica II. El español de América. Barcelona: Ariel.
Buesa, T. & J. M. Enguita (1992): Léxico del español de América: su elemento patrimonial e indígena. Madrid: Ed. MAPFRE.
Canfield, D. L. (1988): El español de América. Fonética. Barcelona: Crítica.
Granda, G. de (1999): Español y lenguas indoamericanas en Hispanoamérica. Estructuras, situaciones y transferencias. Valladolid: U de Valladolid.
Lipski, J. M. (2004): “El español de América: Los contactos bilingües”, en R. Cano (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, Ariel, 2013, 1117-1138.
Moreno Fernández, F. (1995): La división dialectal del español de América. Alcalá de Henares: U. de Alcalá de Henares.
Moreno Fernández, F. (2009): La lengua española en su geografía. Madrid: Arco/Libros.
Noll, V., K. Zimmermann e I. Neumann-Holzschuh (eds.) (2005): El español en América : Aspectos teóricos, particularidades, contactos. Madrid: Iberoamericana.
Palacios, A. (coord.) (2008): El español en América. Contactos lingüísticos en Hispanoamérica. Barcelona: Ariel.
Torres Torres, A. (2000): El español de América. Barcelona: U. de Barcelona.
Vaquero, M. (1996): El español de América, 2 vols. Madrid: Arco/Libros.
1. BÁSICAS E XERAIS DO GLLE
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
2. ESPECÍFICAS DO GLLE
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
CE19. Adquisición de estratexias que faciliten a realización de estudos filolóxicos posteriores.
3. ESPECÍFICAS DA MATERIA
CEM1. Capacidade para identificar as variedades do español de América, a través do comentario de textos orais e escritos.
CEM2. Identificación dos principais factores caracterizadores das variedades do español en América.
CEM3. Capacidade para elaborar un traballo de iniciación á investigación en variación lingüística e para expoñer oralmente as conclusións do traballo.
CEM4. Manexo das fontes bibliográficas e recursos tecnolóxicos relevantes no ámbito de estudo do español en América.
CEM5. Utilización das TIC aplicadas á descrición e investigación en Español de América.
Ao longo das clases expositivas presentaranse os puntos máis relevantes de cada tema con material didáctico e de apoio, o que non excluirá o plantexamento de cuestións para a discusión, tomando como referencia lecturas ou exercicios propostos, polo que se espera do alumnado unha actitude desperta y participativa, ao tempo que se insiste na importancia da asistencia asidua a clase. Nas clases interactivas traballarase con textos de produción oral e escrita escollidos para poñer de manifesto os trazos caracterizadores das distintas subvariedades do español falado en América. Recurrirase ao plano cinematográfico co obxectivo de establecer certas diferencias no marco das áreas dialectais, por exemplo, español de México, de Cuba, de Colombia, de Arxentina ou de Chile. Así pois, nesta materia apóstase por unha combinación do traballo presencial e o traballo autónomo, sen esquencer a importancia do traballo colaborativo.
A docencia será presencial, semipresencial ou completamente virtual, segundo os tres escenarios posibles, dependentes das condicións sanitarias. As titorías realizaranse sempre previa solicitude de cita, e terán carácter presencial ou virtual segundo as condicións sanitarias. Cando non sexa posible a docencia presencial, continuarase co desenvolvemento da docencia de xeito síncrono (no mesmo horario da docencia presencial) e asíncrono (para as actividades propostas). Nestes casos empregaráse tanto a plataforma Teams como a aula virtual (foros e outras actividades). É moi importante que todo o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual de Español de América. É moi importante que todo o alumnado se incorpore ao equipo de Español de América de Teams, unha vez creado no comezo do curso. A comunicación por medios remotos levarase a cabo a través do Campus virtual e, para informacións urxentes, a través do chat de Teams.
Con independencia do escenario, empregarase como lugar virtual de referencia da materia o campus virtual. Reuniranse na aula virtual de Español de América os materiais, as actividades e, sobre todo, as indicacións sobre o seguimento da docencia en caso de que sexa preciso pasar do escenario 1 ao 2 ou ao 3. É moi importante que todo o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual de Español de América.
O profesorado garantiza a accesibilidade aos materiais que constitúen a bibliografía básica (lecturas por temas e materiais multimedia) con independencia do escenario (presencial, semipresencial ou de docencia en remoto). Todos os materiais estarán dispoñibles de xeito paulatino na aula virtual, sempre cumprindo coas normativas relativas á propiedade intelectual e protección de datos.
Detalle da metodoloxía segundo os escenarios
Situación prevista para o escenario 1 - normalidade adaptada
A docencia será presencial (3h semanais), combinada co seguimento da materia a través da aula virtual para o traballo autónomo (lecturas e actividades). É moi importante que todo o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual de Español de América.
Situación prevista para o escenario 2 - distanciamento
A docencia expositiva realizarase totalmente de xeito virtual con mecanismos síncronos e asíncronos repartidos nun 50% (unha sesión síncrona de 50 minutos á semana). A docencia interactiva será presencial. É moi importante que todo o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual de Español de América e que revise asiduamente as mensaxes electrónicas que se lle envían ao seu enderezo institucional da USC. É moi importante que todo o alumnado se incorpore ao equipo de Español de América de Teams, unha vez creado no comezo do curso. A comunicación por medios remotos levarase a cabo a través do Campus virtual e, para informacións urxentes, a través do chat de Teams.
Situación prevista para o escenario 3 - peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva realizaranse totalmente de xeito virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos repartidos nun 50% na parte expositiva (unha sesión síncrona de 50 minutos á semana) e con seguimento remoto asíncrono da parte interactiva. É moi importante que todo o alumnado faga o seguimento semanal a través da aula virtual, participando activamente nos foros e nas actividades propostas.
Calendario orientativo
Semana 1: Presentación - Coñecementos previos
Semanas 2-3: Tema 1 - Mapas, lecturas sobre historia e perspectiva ante a materia
Semanas 4-7: Tema 2 - Mostras sonoras, textos varios de lectura e discusión
Semanas 8-9: Tema 3 - Mapas e textos para análise e comentario
Semanas 10-12: Tema 4 - Textos para análise e comentario. Seguimento dos traballos de grupo.
Semanas 13-14: Exposicións orais e conclusións
Materiais multimedia
Atlas interactivo de la entonación del español. Presentación de materiais en audio e vídeo para o estudo da prosodia e a entonación nos dialectos do español. http://prosodia.upf.edu/atlasentonacion/index.html.
Catálogo de voces hispánicas (Centro Virtual Cervantes): Mostras audiovisuais das principais manifestacións e variedades da lingua española, procedentes de todo o mundo hispánico, xunto con mostras das principais linguas orixinarias coas que a lingua española convive. O catálogo tamén inclúe un pequeno conxunto de mostras de español falado por aprendices de diversa orixe lingüística-xeográfica. http://cvc.cervantes.es/lengua/voces_hispanicas/.
Corpus de conversaciones Columbia para E/LE. Grabacións en vídeo de conversacións reais entre falantes de español para o ensino da lengua. http://edblogs.columbia.edu/corpusdeconversaciones/.
Corpus del español en Texas. Auténticos vídeos en español para a aprendizaxe da lingua. Colección de entrevistas en vídeo con falantes bilingües de Texas. http://www.coerll.utexas.edu/spintx/.
Didactèque de Bayonne (2004): Voces de América. DVD Cultura y civilización e Cuaderno de actividades, Madrid, SGEL.
Real Academia Española (2011): Las voces del español: tiempo y espacio, DVD, Madrid, Espasa-Asociación de Academias de la Lengua Española. Este é un DVD que acompaña ao tomo de Fonética y fonología da Nueva gramática de la lengua española. Contén un curso de Fonética y fonología del español e está exemplificado con mostras sonoras de fala de todos os países hispanofalantes. Máis información en http://www.rae.es/obras-academicas/gramatica/nueva-gramatica/dvd-las-vo….
Spanish Proficiency Exercises. University of Texas at Austin. Compilación de breves clips de vídeo con monólogos sobre diferentes temas a cargo de falantes nativos de español de varios lugares de Hispanoamérica (agrupados por niveis de dificultad). http://www.laits.utexas.edu/spe/index.html.
Consistirá nunha avaliación continua formativa combinada con probas finais e será o mesmo nos tres escenarios (presencial no escenario 1, presencial ou virtual no escenario 2 e virtual no escenario 3, a través do campus virtual da USC).
1ª Oportunidade (Xaneiro)
Haberá un traballo final individual —elaborado ao longo do cuatrimestre— sobre algún aspecto concreto da caracterización lingüística e/ou cultural do español de América, ou sobre situacións de contacto lingüístico co español en América, que se exporá en clase oralmente, de xeito presencial ou virtual, segundo o escenario (30% da cualificación final). Terase tamén en conta a asistencia ás clases —presenciais ou virtuais— e a participación activa nas sesións interactivas (10% da cualificación final). Como proba final, complementaria da avaliación continua formativa, haberá un exame en xaneiro.
Elementos e criterios para a avaliación na 1ª oportunidade:
• Asistencia e participación nas clases (tanto expositivas como interactivas) 10%
• Traballo individual ou de grupo 30%
• Exame final 60%
2ª Oportunidade (Xuño-Xullo)
A cualificación final obterase a partir dun exame final (100% da nota).
Alumnado con dispensa de asistencia
A cualificación final obterase a partir dun exame final (100% da nota).
IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividades presenciais
Sesións expositivas, de seminario e de titorías (50h).
Actividades non presenciais
Estudo e preparación de tarefas de clase e exame (35h), comentarios de texto e traballo (35h), lecturas (30h)
Total de horas presenciais: 50
Total de horas no presenciais: 100
Dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnado non nativo recoméndase nivel de español B2).
Situación prevista para o escenario 1 - normalidade adaptada
Recoméndase asistencia asidua a clase e seguimento da materia tanto presencial como a través da aula virtual para o traballo autónomo (lecturas e actividades). É moi importante que todo o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual de Español de América.
Situación prevista para o escenario 2 - distanciamento
A docencia expositiva realizarase totalmente de xeito virtual con mecanismos síncronos e asíncronos repartidos nun 50% (unha sesión síncrona de 50 minutos á semana). A docencia interactiva será presencial, polo que se recomenda asistencia asidua ás sesións. É moi importante que todo o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual de Español de América e que revise asiduamente as mensaxes electrónicas que se lle envían ao seu enderezo institucional da USC. É moi importante que todo o alumnado se incorpore ao equipo de Español de América de Teams, unha vez creado no comezo do curso. A comunicación por medios remotos levarase a cabo a través do Campus virtual e, para informacións urxentes, a través do chat de Teams.
Situación prevista para o escenario 3 - peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva realizaranse totalmente de xeito virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos repartidos nun 50% na parte expositiva (unha sesión síncrona de 50 minutos á semana) e con seguimento remoto asíncrono da parte interactiva. É moi importante que todo o alumnado faga o seguimento semanal a través da aula virtual, participando activamente nos foros e nas actividades propostas. É moi importante que todo o alumnado se incorpore ao equipo de Español de América de Teams, unha vez creado no comezo do curso. A comunicación por medios remotos levarase a cabo a través do Campus virtual e, para informacións urxentes, a través do chat de Teams.
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3.
Situación prevista para o escenario 2 - distanciamento
A docencia expositiva realizarase totalmente de xeito virtual con mecanismos síncronos e asíncronos repartidos nun 50% (unha sesión síncrona de 50 minutos á semana). A docencia interactiva será presencial. É moi importante que todo o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual de Español de América e que revise asiduamente as mensaxes electrónicas que se lle envían ao seu enderezo institucional da USC. É moi importante que todo o alumnado se incorpore ao equipo de Español de América de Teams, unha vez creado no comezo do curso. A comunicación por medios remotos levarase a cabo a través do Campus virtual e, para informacións urxentes, a través do chat de Teams.
Situación prevista para o escenario 3 - peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva realizaranse totalmente de xeito virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos repartidos nun 50% na parte expositiva (unha sesión síncrona de 50 minutos á semana) e con seguimento remoto asíncrono da parte interactiva. É moi importante que todo o alumnado faga o seguimento semanal a través da aula virtual, participando activamente nos foros e nas actividades propostas.
O sistema de avaliación será o mesmo nos tres escenarios (presencial no escenario 1, presencial ou virtual no escenario 2 e virtual no escenario 3, a través do campus virtual da USC).
Inmaculada Mas Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811768
- Correo electrónico
- inmaculada.mas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Mércores | |||
|---|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D14 |
| Xoves | |||
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D07 |
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D07 |
| 12.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
| 12.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
| 07.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |
| 07.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |