Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Introducir aos estudantes no estudo histórico da lingua española, previo ao da fonética e fonología históricas e á gramática histórica.
-Aproximarse aos principais factores históricos, culturais e sociais que inflúen na historia do español e as súas variedades.
- Desenvolver o coñecemento sobre a evolución do español e do establecemento da norma lingüística.
- Coñecer recursos básicos para o estudo da historia do español.
1. A romanización de Hispania. Latín vulgar e latín hispánico.
2. Do latín ás linguas romances. A formación dos dominios lingüísticos peninsulares.
3. A primeira normalización do castelán: Alfonso X. O castelán e as linguas romances peninsulares na Baixa Idade Media.
4. A lingua española nos séculos XVI e XVII: a expansión ultramarina.
5. A evolución do español desde o século XVIII. A Real Academia Española e o seu labor normalizador. O español en América.
Bibliografía
Cano Aguilar, Rafael (1988): El español a través de los tiempos, Madrid, Arco/Libros.
Cano Aguilar, Rafael (1998): Comentario filológico de textos medievales no literarios, Madrid, Arco/Libros.
Cano Aguilar, Rafael (coord.) (2005 [2004]): Historia de la lengua española, Barcelona: Ariel, 2.ª ed. actualizada. Posibles lecturas
Dworkin, Steven N., Gloria Clavería Nadal y Álvaro S. Octavio de Toledo y Huerta (eds.) (2024): Lingüística histórica del español / The Routledge Handbook of Spanish Historical Linguistics, London/New York: Routledge. Posibles lecturas
Echenique, María Teresa y María José Martínez Alcalde (2000): Diacronía y gramática histórica de la lengua española, Valencia, Tirant lo Blanch, 2005, 3.ª. edición revisada y actualizada.
Fernández Ordóñez, Inés (2011): La lengua de Castilla y la formación del español,
Madrid, Real Academia Española. Accesible en https://www.youtube.com/watch?v=HHyUzxmwaXk
Lapesa, Rafael (1981 [1942]): Historia de la lengua española, Madrid, Gredos, 9.ª ed.
Lleal Coloma (coord.) (2005 [2000]): Historia de la lengua española, Barcelona, Publicaciones y Ediciones de la Universidad de Barcelona.
Lloyd, Paul M. (1987): From Latin to Spanish. Vol. I: Historical Phonology and Morphology of the Spanish Language, American Philosophical Society, 1987. Trad. esp. de A. Álvarez Rodríguez, Del latín al español. I. Fonología y morfología históricas de la lengua española, Madrid, Gredos, 1993.
Medina López. Javier (1999): Historia de la lengua española I, Madrid, Arco Libros.
Menéndez Pidal, Ramón (1980 [1941]): Manual de gramática histórica española, Madrid: Espasa-Calpe. https://filologiaunlp.files.wordpress.com/2013/06/41297427-manual-de-gr….
Menéndez Pidal, R. (2005): Historia de la lengua española por Ramón Menéndez Pidal (con un estudio crítico de Diego Catalán), 2 vols., Madrid, Fundación Ramón Menéndez Pidal- Real Academia Española.
Penny, Ralph (2006 [1991]): Gramática histórica del español, Barcelona: Ariel.
Pons Rodríguez, Lola (2010): La lengua de ayer. Manual práctico de Historia del Español, Madrid, Arco Libros.
Quilis, A. (2003): Introducción a la historia de la lengua española, Madrid, Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Torrens Álvarez, María Jesús (2007): Evolución e historia de la lengua española, Madrid, Arco Libros, 2018, 2.ª ed. revisada.
Corpus
Real Academia Española (2013): Corpus del Diccionario histórico de la lengua española (CDH) [en linea]. https://apps.rae.es/CNDHE
Torroella, Joan y Johannes Kabatek: Portal de Corpus Históricos Iberorrománicos. Accesive en http://www.corhiber.org
Dicionarios
Corominas, Joan (1961): Breve Diccionario Etimológico de la Lengua Castellana, Madrid: Gredos. https://desocuparlapieza.files.wordpress.com/2016/02/corominas-joan-bre….
Corominas, Joan (1954-1957): Diccionario crítico etimológico de la lengua castellana (DCEC), Madrid: Gredos.
Corominas, Joan y José Antonio Pascual (1980-91): Diccionario Crítico Etimológico Castellano e Hispánico (DECH), Madrid: Gredos, 6 vols. http://bibliamedieval.es/bibliateca.es/corominas/corominas.html.
Real Academia Española (2012-): Tesoro de los diccionarios históricos de la lengua española. Accesible en https://www.rae.es/tdhle/
Outros recursos
• Asociación de Jóvenes Investigadores de Historia de la Lengua Española: https://ajihle.net/
• Asociación de Historia de la Lengua Española (AHLE):
Competencias básicas e xerais
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidade de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descrición dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutras linguas, en distintos contextos.
CG8 - Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais e multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análises.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios como no seu ámbito profesional: docencia de linguas (como L1 ou LLE) e de literatura, asesoría e
corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, tradución, lingüística clínica, actividades editoriais etc.
CG1 - Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral ou de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE4 - Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada etc.)/ etc.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques e métodos que permiten a comprensión crítica da obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que encerra o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 - Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discorrer histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 - Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándolas no contexto socio-cultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir habilidades no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 - Empregar ferramentas de procura de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Dedicaranse dúas horas de clase semanais a e explicación da profesora (sesións expositivas) e unha hora semanal a resolución e comentario de exercicios ou casos (sesións interactivas).
1. Sistema de avaliación na primeira oportunidade. Haberá dous procedementos:
a. Primeiro procedemento
A avaliación será continuada e terá en conta a resolución dunha serie de probas argumentativas e cuestionarios (30% da cualificación) e unha proba escrita final (70%), que se levará a cabo na data establecida pola Facultade de Filoloxía.
b. Segundo procedemento
A avaliación levarase a cabo mediante unha proba escrita final (100% da cualificación).
2. Sistema de avaliación na segunda oportunidade.
Consistirá na realización dunha proba escrita final (100% da cualificación).
3. Para os alumnos que obteñan unha dispensa de asistencia e a acrediten axeitadamente, a avaliación limítase ao exame final, que representará o 100% da cualificación e terá lugar nas datas oficiais establecidas pola Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 100 horas de traballo, o que sumado ás 50 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
Dado o carácter e a situación da materia no plan de estudos, o alumno debe posuír os coñecementos mínimos de gramática do español indispensables para o desenvolvemento do programa, así como un dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos recoméndase, como mínimo, o nivel de español B2).
Maria Do Mar Campos Souto
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- mar.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C10 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C10 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C02 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C02 |