Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Fomentar a lectura como experiencia transformadora.
-Desenvolver o pensamento crítico e a capacidade de análise literaria.
-Introducir ferramentas básicas transdisciplinares para que o alumnado as aplique na súa vida académica.
-Crear un espazo seguro para a reflexión sobre diferentes temas literarios e artísticos ao longo do tempo.
-Implicar ao alumnado na construción colectiva dos contidos, apuntamentos e bibliografía.
A materia pretende achegar as ferramentas necesarias ao alumnado para que este adquira nocións básicas sobre a Literatura comparada e, se o desexa, poida afondar máis na disciplina.
Por iso, en primeiro lugar, preténdese facer un percorrido sobre que é a Literatura comparada e para que serve. Para iso falarase sobre a formación histórica do comparatismo literario e traballaranse os conceptos fundamentais da hermenéutica literaria, os seus métodos, tendencias e principios aplicados a estudos de caso concretos, seleccionados dun corpus literario global e non só occidental.
Para iso realizaremos unha viaxe interdisciplinar a través de textos literarios e artísticos que abordan diferentes temas que afectaron aos seres humanos ao longo dos séculos desde diferentes tradicións culturais: identidade, coidado, proxección corporal, cuestións transcendentais como a alma, a relación humano-natureza e mundo animal. A través destes temas, e seguindo unha estrutura rizomática, preténdese introducir debates actuais que permitan atender á relación entre literatura, actualidade e os intereses dos estudantes.
1. Introdución á Literatura comparada: historia, paradigmas e tendencias.
2. Formación do canon.
3. Tematoloxía, imagoloxía, mitocrítica e intertextualidade.
4. Interartes I: A Literatura e as artes.
5. Interartes II: Literatura e filosofía.
6. O proceso interliterario.
7. A Literatura e o mundo actual: A ecoliteratura
8. Literatura e outras prácticas discursivas.
Estes contidos xerais centrados na literatura mundial, non só na occidental, adaptaranse a casos de estudo concretos, co fin de facilitar a súa comprensión.
Bibliografía teórico-crítica recomendada:
Proporcionarase bibliografía específica para cada bloque temático. A continuación, preséntase unha selección inicial de textos de carácter ensaístico e teórico, distintos das lecturas literarias do programa, que serven de apoio á reflexión ao redor dos eixos do curso:
Aldridge, O. (Ed.). (1969). Comparative Literature: Matter and Method. University of Illinois Press.
Auerbach, E. (2016). Mímesis: La representación de la realidad en la literatura occidental. Fondo de Cultura Económica.
Bajtín, M. (1989). Teoría y estética de la novela. Taurus.
Bassnett, S. (1993). Comparative Literature: A Critical Introduction. University of Massachusetts Press.
Bernheimer, C. (Ed.). (1995). Comparative Literature in the Age of Multiculturalism. The Johns Hopkins University Press.
Brown, Brené (2013). Frágil. El poder de la vulnerabilidad. ¿Qué te atreverías a hacer si el miedo no te paralizara? Madrid: Urano.
Brunel, P., & Chevrel, E. (Eds.). (1994). Compendio de literatura comparada (J. Anaya, Ed.). Século XXI.
Cabo Aseguinolaza, F. (1999). Teorías sobre a lírica. Arco.
Costa Abad, J. M., & Jiménez Heffernan, J. (Eds.). (2005). Teorías literarias do século XX. Akal.
Curtius, E. R. (1999). Literatura europea y Edad Media latina. Fondo de Cultura Económica.
Despret, Vinciane (2018). Lo que dirían los animales si les hiciéramos las preguntas correctas. Cacto.
Domínguez, C., Saussy, H., & Villanueva, C. (2016). Lo que Borges enseñó a Cervantes: Introducción a la literatura comparada (D. Mejía, Trad.). Taurus.
Étiemble, R. (1977). Ensayos de literatura (verdaderamente general). Taurus.
Fernández-Jáuregui Rojas, C. (2015). El poema y el gesto: Dactilécticas de Dante, Paul Celan, César Vallejo y Antonio Gamoneda. UAM Edicións.
Frenzel, E. (1980). Diccionario de motivos de la literatura universal. Gredos.
Gnisci, A. (Ed.). (2002). Introducción a la literatura comparada. Crítica.
Goleman, Daniel (2012). Inteligencia emocional. Barcelona: Kairós.
Guillén, C. (1998). Múltiples moradas: Ensayo de literatura comparada. Tusquets.
Guillén, C. (2007). Entre lo uno y lo diverso: Introducción a la literatura comparada. Tusquets.
Harari, Yuval Noah (2014). Sapiens. De animales a dioses: una breve historia de la humanidad.. Debate.
Haraway, Donna (2006). Manifesto Cyborg. Madrid: Cátedra.
Heise, U. K., Jay, P., & Dimock, W. C. (Eds.). (2017). Futures of Comparative Literature: ACLA State of the Discipline Report. Routledge.
Illouz, Eva (2009). El consumo de la utopía romántica. El amor y las contradicciones culturales del capitalismo. Katz.
Kabat-Zinn, Jon (2009). Vivir con plenitud las crisis. Cómo utilizar la sabiduría del cuerpo y la mente para afrontar el estrés, el dolor y la enfermedad. Barcelona: Kairós.
Larrosa, Jorge (2003). La experiencia de la lectura. Estudios sobre literatura y formación. México: FCE.
Le Breton, David (2002). Antropología del cuerpo y modernidad. Nova Visión Argentina.
Todos estes textos están dispoñibles en bibliotecas universitarias ou librerías especializadas. Ofrecen ao alumnado unha base diversa, interdisciplinar e inspiradora para acompañar as lecturas literarias propostas ao longo do curso. Recoméndase escoller aqueles que conecten mellor coa sensibilidade de cada estudante e cos temas traballados nas sesións.
1.Lectura e análise comparada de textos de distintas tradicións culturais.
2. Expresión oral e escrita sobre temas filosóficos e existenciais.
3. Aplicación de conceptos literarios a debates contemporáneos.
4. Empatía, escoita activa e pensamento reflexivo.
5. Autocoñecemento a través da lectura e a escritura.
6. Participación activa e elaboración compartida de materiais.
Inspirada nun “clube de lectura expandido”, a clase será un espazo de conversación, aprendizaxe compartida e reflexión sobre a literatura comparada e as súas acepcións. Algúns dos fíos elixidos son a morte, a compaixón, o corpo, os animais, a natureza e a concepción do tempo, entre outros, tal e como son reflectidos na literatura e a arte mundiais.
As profesoras actuarán como mediadoras e fomentarán un clima de respecto, liberdade e escoita.
O alumnado participará na construción de contidos e apuntamentos. Promoverase a investigación persoal e a elaboración conxunta de saberes desde as preguntas que xurdan.
De acordo coa lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada inclúe, ademais da convocatoria oficial de exames establecida anualmente polo Decanato, posibles probas complementarias acordadas expresamente entre o profesorado e o estudantado. Terá tamén un peso relevante na cualificación a participación activa e continuada nas sesións teóricas e interactivas, así como o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
Ensaio final (50%): ensaio reflexivo-literario (máximo 7 páxinas) que integre unha experiencia vivencial cunha lectura elexida fóra do programa. Deberá presentarse por escrito e tamén de maneira oral nas sesións finais do curso.
Prácticas (30%): participación en sesións vivenciais, nas clases co comentario dos libros prescritos para cada semana, visionados, comentarios literarios de fragmentos. Deberase manter un diario de prácticas (nun caderno físico) que recolla reflexións, citas, imaxes e anotacións persoais ao longo do cuadrimestre. Entregarase nas datas establecidas polo Decanato.
Foro dixital (20%): debate semanal na aula virtual a partir dunha imaxe, cita ou situación.
A asistencia, aínda que non se computa por si mesma, é obrigatoria.
Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implicará a obrigatoriedade de presentarse á avaliación final, que consistirá nun exame do conxunto da materia nas datas fixadas polo Decanato (100% da cualificación final)
Avaliación da segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Nas seguintes oportunidades non variarán os criterios da primeira convocatoria para aquelas persoas que asistiran a clase, no que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. Todas as cualificacións obtidas nos traballos realizados conservaranse durante o curso académico e serán válidas para a segunda oportunidade.
Casos especiais
– Dispensa académica: o seguimento da materia realizarase exclusivamente mediante un exame final (100% da cualificación)
– Coincidencia horaria: exceptúase a obrigatoriedade de asistencia a clase, pero o sistema de avaliación será o mesmo que o do alumnado con avaliación ordinaria.
Fraude académico
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Clases presenciais e actividades guiadas: 15%
Lecturas obrigatorias e complementarias: 25%
Traballos escritos, foro e prácticas: 35%
Preparación do ensaio e exposición: 25%
-Le con calma e constancia.
-Anota ideas, emocións e intuicións no teu diario.
-Participa activamente desde o respecto.
-Usa recursos audiovisuais e textos complementarios.
-Comunica co profesorado se estás a pasar un mal momento.
-Apóiate nas túas compañeiras/os: conversar tamén é aprender.
Este programa comprométese co respecto profundo á diversidade de opinións, crenzas e sensibilidades.
Presta especial atención á inclusión do alumnado con diversidade funcional. Integra prácticas de mindfulness e meditación como ferramentas de autocoñecemento e concentración, tal como xa se aplican xa en universidades como Harvard, Zaragoza ou o Instituto Nirakara.
Busca non só a aprendizaxe académica, senón tamén o desenvolvemento persoal e emocional do alumnado, para unha educación máis humana e consciente.
Maria Teresa Vilariño Picos
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811771
- Correo electrónico
- mteresa.vilarino [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | D07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | D07 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C12 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C12 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |