Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Impartiranse as clases en galego e castelán.
Estabelecer dende un punto de vista teórico e crítico as condicións que determinan o desenvolvemento da literatura, o cinema, a televisión, a narrativa, a poesía, o teatro e a arte na denominada “era das Humanidades dixitais”, dende unha perspectiva pedagóxica.
O programa prestará unha atención especial a algúns produtos culturais cuxas estratexias de produción e recepción foron transformadas como resultado do seu contacto coas novas tecnoloxías:formas actuais de textualidade e representación editorial, hipertextualidade e hipermedia, arte dixital, teatro dixital, cinema, videoxogos, música, novela gráfica, plataformas, redes sociais e performance, entre outros.
Este programa presenta un espazo onde se dará cabida á parte non-canónica e antixerárquica da literatura e da cultura, nada atento ás taxonomías xenéricas, un espazo intermedial e híbrido constituído por textos nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro, nun marcado carácter multimedia.
A materia tenta ser unha resposta ás necesidades da sociedade. Veremos, polo tanto, a importancia do que se denomina "Literatura e cultura aplicadas", poñendo en execución os elementos promovidos pola UNESCO en canto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): http://es.unesco.org/sdgs> con estratexias APS (aprendizaxe e servizo)
1. Escenarios en transformación: o teatro na era dixital
Comezamos mergullándonos no mundo do teatro dixital e expandido, analizando como as artes escénicas dialogan coas tecnoloxías interactivas, coa intelixencia artificial e cos espazos virtuais. Veremos experiencias escénicas inmersivas, teatro documental dixital e proxectos híbridos entre corpo, palabra e código. Este será o punto de partida para repensar o teatro no mundo contemporáneo.
2. Humanidades dixitais, cibercultura e ciberliteratura
Introdución aos conceptos clave das Humanidades Dixitais e da Cibercultura. Reflexionaremos sobre os cambios nos modos de ler, escribir e crear coñecemento, así como nas novas formas de literatura que emerxen da rede: do poema interactivo ao relato colaborativo.
3. Narrativas dixitais: do hipertexto ao transmedia
Exploraremos como as historias deixaron de estar confinadas ao libro para estenderse por múltiples soportes. Que é un relato transmedia? Como se le un hipertexto? Que papel xogan os públicos na construción de mundos narrativos a través de plataformas diversas?
4. Imaxe e novas estéticas visuais no século XXI
Vivimos nun mundo saturado de imaxes. Nesta unidade abordaremos as novas linguaxes visuais e os seus vínculos coa creación literaria. A arte dixital, os filtros, os memes, os videoclips, as portadas interactivas e a estética da instantaneidade como elementos que dialogan cos relatos do noso tempo.
5. Educomunicación 3.0: activismo, redes, medios híbridos e aproximación á intelixencia artificial
Como educar e comunicar na era da sobreinformación? Nesta unidade exploraremos o activismo dixital e as relacións que se establecen entre xéneros artísticos tradicionais —como a poesía ou a danza— e os medios tecnolóxicos contemporáneos. Reflexionaremos sobre os videoxogos, o cinema, a televisión e a realidade virtual como ferramentas narrativas e educativas, e realizaremos unha primeira aproximación crítica á intelixencia artificial: como se integra nos procesos comunicativos, que retos éticos formula e que oportunidades ofrece para a creación e a aprendizaxe. Que significa comunicar con responsabilidade no século XXI?
6. Educación para un desenvolvemento sostible: medios, cultura e contorno
Fecharemos o curso cunha mirada crítica ao papel dos medios e das narrativas na construción dun futuro sostible. Falaremos de eco-narrativas, da responsabilidade cultural e do impacto ambiental da tecnoloxía, así como de proxectos que promoven a conciencia ecolóxica dende o mundo das artes e das letras. Traballo con residuos.
Lecturas de carácter obrigatorio:
APARICI, R. (2010). Educomunicación. Más allá del 2.0. Gedisa.
APARICI, R. e D. García Marín (2018). Comunicar y educar en el mundo que viene. Gedisa.
MARTÍN PRADA, J. (2023). Teoría del arte y cultura digital. Akal.
AARSETH, Espen J. (1997), Cybertext. Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore: The John Hopkins U. P.
ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.
BOLTER, J. D. (1991). Writing Space: The Computer, Hypertext, and the History of Writing,. Lawrence Erlbaum: Hillsdale.
BORRÀS CASTANYER, L. (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.
DOUGLAS, J. Yellowlees (2000). The End of Books-or Books without End? Reading Interactive Narratives. Michigan: The University of Michigan Press.
JENKINS, HENRY (2006). Convergence Culture. Where Old and New Media Collide. New York and LonDon: New York University Press.
JOYCE, M., (1995). Of two minds: Hypertext Pedagogy and Poetics. Michigan: Ann Arbor: The University of Michigan Press.
LANDOW, G. P. (1992). Hypertext: The Convergence of Contemporary Critical Theory and Technology. Baltimore e Londres: The John Hopkins University Press. Trad. AO castelán de Patrick Ducher, Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y el hipertexto. Paidós: Barcelona, 1995.
---------------- (comp.) (1994). Hyper/Text/Theory. The Johns Hopkins University Press: Baltimore. Trad. ó cast. por P. Ducher, Teoría del hipertexto. Barcelona: Paidós, 1997.
---------------- (2006). Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media in an Era of Globalization. The John Hopkins University Press.
MARTÍN PRADA, JUAN (2015). Prácticas artísticas en Internet en la era de las redes sociales. Akal.
URRAY, J. H. (1997). Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in Cyberspace. The Free Press: Nueva York. Trad.ó cast. de <http://www.jamillan.com/hamlet.htm>
NELSON, TH. H. (1981). Literary Machines. Swarthmore, Pa, Publicación propia.
PAJARES TOSCA, Susana (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres: Universidad de Extremadura.
RYAN, M.-L. (2001). Narrative as Virtual Reality: Immersion and Interactivity in Literature and Electronic Media. Baltimore: Johns Hopkins University Press, series Parallax.
RYAN, M.-L. (2006). Avatars of Story University of Minnesota Press, series Electronic Mediations Sample.
ROMERA CASTILLO et Al. (eds.) (1997). Literatura y multimedia. Actas del VI Seminario Internacional del Instituto de Semiótica Literaria, Teatral y de Nuevas Tecnologías de la UNED. Madrid: Visor.
SÁNCHEZ MESA-MARTÍNEZ, D. (COMP.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros.
VEGA, Mª. José (ed.) (2003). Literatura hipertextual y Teoría literaria. Madrid: Mare Nostrum.
VILARIÑO PICOS, Mª. T. y Abuín González, A. (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros.
VILARIÑO PICOS, Mª.-T. (2011). Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital. Boletín Galego de Literatura, vol 46.
VILARIÑO PICOS, Mª-T. (2017). Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales. Vigo: Academia del Hispanismo.
-Tranversais:
-CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudios Literarios e culturais.
-CT2: Que os estudantes poidan profundizar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
-CT3: Que os estudantes posúan os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espíritu crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a distintos fenómenos culturais.
-CT4: Que os estudantes aprendan a desenvolver criterios que atendan á igualdade entre os sexos e á inclusión, así como a diversidade cultural.
-CT5: Que os estudantes adquiran as ferramentas para unha educación á cidadanía para o desenvolvemento sostible.
Específicas:
-CE1: Que os estudantes poidan aproximarse, de maneira rigurosa, ao que nos últimos anos se denominou "postliteratura", reflexionando e cuestionando a concepción máis tradicional do termo e concepto Literatura.
-CE2: Que os estudantes sexan capaces de ampliar a noción de literatura a través da súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, a televisión, o videoxogo, a banda deseñada e as artes, así como a diversidade xenérica, social, cultural, en definitiva.
-CE3: Que os estudantes aborden o concepto de texto e textualidade dun modo aberto, dando cabida a outras formas culturais, non estrictamente literarias, atendendo a distintas artes e á irrupción dos novos medios.
As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse cunha grande participación nas clases dos/as estudantes, mediante intervencións individuais, que demanden aclarar dúbidas ou ampliación de contidos, e tamén a través de propostas conxuntas derivadas de intereses específicos do grupo ou dun sector do mesmo.
Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico, senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.
As sesións de seminario reforzarán o traballo persoal e directo dos estudantes verbo do corpus de textos literarios, visuais, audiovisuais, dixitais e culturais sobre os que gravitarán os conceptos das sesións expositivas.
No fundamental, as liñas de traballo que os/as estudiantes desenvolverán ao longo do curso, de forma individual ou en grupo, consistirán na aplicación dos conceptos e ferramentas metodolóxicas, a análise, crítica e interpretación dos textos e a súa aplicación práctica no entorno máis próximo, orientado claramente a un compromiso social.
Titorías obrigatorias: A profesora convocará a titoría obrigatoria ao alumnado a finais de setembro e decembro.
CRONOGRAMA DA MATERIA: PODERÁ SUFRIR VARIACIÓNS.
Módulo 1: Teatro expandido, corpo e tecnoloxía (3 semanas)
Semana 1 (8-9 setembro)
Luns: Introdución á materia. Teatro na era dixital: do texto á escena expandida.
Martes: Dinámica de grupo. “Que entendemos por escena?” Lecturas do corpo, voz e espazo.
Semana 2 (15-16 setembro)
Luns: Teatro dixital: proxectos híbridos entre palabra, corpo e código.
Martes: Visionado de fragmentos (ex. La Fura dels Baus). Foro comentado.
Semana 3 (22-23 setembro)
Luns: Performance, tecnoloxía e virtualidade. Da escena á interface.
Martes: Práctica breve: microacción escénica con elementos tecnolóxicos ou textuais.
Módulo 2: Humanidades dixitais, cibercultura e ciberliteratura
Semana 4 (29-30 setembro)
Luns: Introdución ás Humanidades Dixitais. A narrativa máis alá do libro.
Martes: Análise colaborativa de proxectos literarios dixitais.
Módulo 3: Narrativas dixitais: do hipertexto ao transmedia
Semana 5 (6-7 outubro)
Luns: Hipertexto e interactividade: estrutura e posibilidades.
Martes: Lectura guiada de textos hipertextuais.
Semana 6 (13-14 outubro)
Luns: Transmedia: narrativas expandidas entre soportes.
Martes: Taller: deseñar un pequeno relato transmedia.
Módulo 4: Imaxe e novas estéticas visuais
Semana 7 (20-21 outubro)
Luns: A saturación da imaxe e a estética da instantaneidade.
Martes: Creación colectiva dun “mural visual” dixital.
Semana 8 (27-28 outubro)
Luns: O meme como microtexto narrativo.
Martes: Análise crítica de imaxes virais.
Módulo 5: Educomunicación 3.0 e intelixencia artificial
Semana 9 (3-4 novembro)
Luns: Activismo dixital e medios híbridos: entre arte e educación.
Martes: Foro: “Que é comunicar con responsabilidade?”
Semana 10 (10-11 novembro)
Luns: Primeira aproximación á IA como ferramenta narrativa.
Martes: Práctica con ferramentas de IA aplicadas a texto ou imaxe.
Módulo 6: Narrativas ecolóxicas e tecnoloxía
Semana 11 (17-18 novembro)
Luns: Eco-narrativas, tecnoloxía e cultura sostible.
Martes: Análise de proxectos artísticos e literarios con perspectiva ecolóxica.
Semana 12 (24-25 novembro)
Luns: Contaminación dixital e poéticas do lixo.
Martes: Taller de creación con materiais de refugallo (colaxe, texto reciclado…)
Peche e avaliación
Semana 13 (1-2 decembro)
Luns: Revisión de contidos e orientación para entregas.
Martes: Reflexión final e despedida.
Semana 14 (8-9 decembro)
Luns: Festivo (Inmaculada)
Martes: Espazo de titoría.
Semana 15 (15-16 decembro)
Martes: Entrega final do caderno de deriva reflexiva
De acordo coa lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada inclúe, ademais da convocatoria oficial de exames establecida anualmente polo Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre o profesorado e o estudantado.
Terán tamén un peso relevante na cualificación a participación activa e continuada nas sesións teóricas e interactivas, así como o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
Actividades de avaliación
1. Caderno de deriva reflexiva (25%)
Cada estudante manterá un caderno dixital ou físico no que recolla reflexións persoais sobre os contidos traballados na aula e sobre o simposio ao que asistirá, así como microrrelatos, citas comentadas, experiencias vividas e impresións sobre as prácticas. Poderá incluír tamén elementos visuais ou sonoros, se se desexa.
Entrega: última semana do cuadrimestre.
Criterios de avaliación: autenticidade, compromiso e profundidade.
2. Microproxecto creativo (25%)
Proposta de creación individual ou por parellas: pode consistir nun mini-hipertexto, unha peza breve de teatro dixital, un relato transmedia, un poema visual, unha intervención estética online, etc.
Debe estar vinculado a algún dos módulos do programa.
Entrega: a través da Aula Virtual, dun blogue ou en formato vídeo.
Criterios de avaliación: orixinalidade, coherencia conceptual e coidado formal.
3. Debates ou foros activos (20%)
Realizaranse en 2 ou 3 sesións ao longo do cuadrimestre. Cada grupo dinamizará un foro temático relacionado coa materia (por exemplo: “Ecoficción e TikTok”, “Realidade virtual e memoria”, “Teatro e redes”…), achegando exemplos visuais, textos, casos reais, etc.
Criterios de avaliación: implicación, capacidade crítica e diálogo co grupo.
4. Análise libre dunha obra ou fenómeno (20%)
O estudantado poderá escoller entre analizar unha obra audiovisual, literaria ou artística relacionada cos contidos da materia, ou ben unha tendencia cultural dixital (como un meme, un videoxogo, un creador/a online…).
Formato: análise crítica (máx. 3 páxinas) con reflexión persoal.
Criterios de avaliación: madurez, conexión co programa e sensibilidade ética e estética.
5. Actitude e participación (10%)
Valorarase a participación activa nas sesións teóricas e prácticas, o respecto nos turnos de palabra, o coidado do espazo común, a escoita activa e a proactividade no uso de ferramentas ou na achega de ideas.
A asistencia, aínda que non se computa de forma autónoma, é obrigatoria: un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica a obrigatoriedade de realizar a avaliación final, que consistirá nun exame de toda a materia nas datas fixadas polo Decanato (100% da nota)
Avaliación da segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Os criterios de avaliación serán os mesmos ca na primeira convocatoria para aquelas persoas que asistisen a clase, no relativo ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias traballadas e demostradas na práctica crítica.
As cualificacións obtidas nos traballos realizados durante o curso manteranse vixentes para a segunda oportunidade.
Casos especiais
Dispensa académica: o seguimento da materia realizarase exclusivamente mediante un exame final (100% da cualificación).
Coincidencia horaria: nestes casos exceptúase a obrigatoriedade de asistencia, pero o sistema de avaliación será idéntico ao do alumnado con avaliación ordinaria.
Fraude académico
Calquera exercicio ou proba realizada de forma fraudulenta será sancionada conforme ao disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Tempo de dedicación e traballo autónomo do estudantado
A materia “Texto, imaxe e cibertexto” ten unha carga total de 6 créditos ECTS, o que implica aproximadamente 150 horas de traballo global, das cales arredor de 42 horas son presenciais (aulas expositivas, interactivas e titorías)
As restantes 108 horas de traballo non presencial distribúense de maneira orientativa do seguinte xeito:
Estudo e reflexión sobre os contidos das sesións e sobre a bibliografía proposta: 28 horas
(Toma de notas, lectura crítica, elaboración de mapas conceptuais, revisión de conceptos clave...)
Realización de traballos e actividades propostas polo equipo docente: 37 horas
(Caderno de deriva reflexiva, microproxecto creativo, análise libre, participación en foros...)
Lectura de textos literarios, visionado de materiais audiovisuais e exploración de recursos dixitais: 37 horas
(Obras artísticas, narrativas transmedia, proxectos hipertextuais, contidos en redes...)
Esta distribución responde a unha proposta equilibrada entre o traballo teórico, práctico e creativo, que fomente unha aprendizaxe activa, crítica e transversal.
Recomendacións para o estudo e seguimento da materia
Esta materia convida a repensar as narrativas contemporáneas desde unha mirada crítica, creativa e transversal. Por iso, máis alá de memorizar contidos, propoñemos unha actitude activa e implicada. Aquí tes algunhas claves para aproveitar mellor o curso:
1. Leva un diario de lecturas e vivencias
O caderno de deriva reflexiva non é só unha tarefa de avaliación, senón unha ferramenta de autocoñecemento e de conexión co curso. Anota non só o que comprendes, senón o que che remexe, che molesta, che inspira. Permítete a escrita libre, o fragmento, a imaxe, o audio, o erro.
2. Relaciona teoría e práctica con liberdade
Non busques sempre “a resposta correcta”: busca conexións. Relaciona un meme cunha teoría sobre a narrativa, une unha experiencia persoal cunha lectura do programa, trae referentes que che sexan próximos: músicas, series, videoxogos, textos breves… A materia permíteo e estimúlao.
3. Participa nos faladoiros con honestidade e escoita
A participación non é unha obrigación burocrática. As túas intervencións poden facer medrar a comprensión do grupo. Non teñas medo de expresar a túa perspectiva, pero tampouco de transformala a partir do diálogo. Trae exemplos, formula preguntas, discute con respecto.
4. Non deixes para o final o microproxecto
Aínda que sexa breve, o microproxecto creativo precisa tempo de maduración. Dedícalle espazo para pensalo, para xogar con ideas, para buscar un formato que che entusiasme. A orixinalidade non se forza: cultívase con tempo, con ensaio e erro.
5. Prepara as túas análises cunha mirada crítica e estética
Cando analices unha obra ou fenómeno, evita limitarte ao resumo. Pregúntate: Que propón? Que problema aborda? Que estética emprega? Que mirada transmite sobre o mundo? Inclúe a túa voz, pero sostén a túa perspectiva con argumentos. A sensibilidade tamén pode ser rigorosa.
6. Consulta materiais complementarios se queres afondar
Na aula abriranse moitas portas. Se algunha che interesa especialmente —teatro dixital, IA, poesía expandida, ecoficción…—, non dubides en pedir referencias para seguir explorando. A túa curiosidade pode ser o inicio dun proxecto máis amplo.
7. Respecta os tempos e os compromisos colectivos
Moitas actividades dependen do traballo en grupo ou do bo ritmo da clase. Tenta cumprir os prazos e estar presente: a túa achega é valiosa para que o proceso común funcione.
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.
Fomentarase o uso e acceso a certos MOOCs da UNED, como complemento da materia, como o impartido por Juan Martín Prada.
Fomentarase e valorarase dunha maneira moi especial a creatividade, a empatía, a tolerancia e o respecto cos demais compañeiros, coa profesora e coa contorna social.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá contactar cos docentes dos grupos aos que está adscrito pola distribución decanal de apelidos coa maior antelación posíbel co obxecto de proceder a unha traslación a un sistema individualizado de titorías (presenciais/virtuais).
Maria Teresa Vilariño Picos
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811771
- Correo electrónico
- mteresa.vilarino [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Rial Molanes
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- monica.rial.molanes [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D08 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D11 |
13.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C07 |
13.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
08.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C07 |
08.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |