Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Conseguir un coñecemento abondo da variación lingüística, no que respecta á lingua galega, en toda a súa extensión: a histórica, a xeográfica, a social e a situacional.
• Proporcionar os coñecementos básicos sobre a historia da lingua e examinala nos textos
• Proporcionar os coñecementos básicos sobre a a situación actual da lingua, tanto no que toca á súa diversidade xeográfica coma á súa situación social.
• Reflexionar sobre os aspectos sociais e políticos da construción dos estándares lingüísticos e comprender o proceso de estandarización da lingua galega.
• Capacitar os alumnos para poder acceder, cos coñecementos correspondentes a esta materia, ao título de Grao en Lingua e Literatura Galega.
1. Concepto e tipos de variación lingüística. A variación lingüística na lingua galega.
1.1. A lingua.
1.2. A variación.
1.2.1. Parámetros da variación.
1.2.2. Dimensións da variación.
1.2.2.1. Variación diaglósica.
1.2.2.2. Variación diacrónica.
1.2.2.3. Variación socio-xeolectal.
1.2.2.3.1. Variación diatópica (xeolectal)
1.2.2.3.2. Variación diastrática (sociolectal)
1.2.2.4. Variación comunicativo-funcional.
1.2.2.4.1. Variación diafásica.
1.2.2.4.2. Variación diamésica.
2. Introdución á historia da lingua e á gramática histórica galega.
2.1. Procesos de lingüificación e dialectalización das variedades lingüísticas. Aplicación á periodización da historia da lingua galega.
2.2. Formación da lingua galega: latinización, substratos e superestratos (sécs. II a. C. -VIII d. C.)
2.3. Emerxencia e declive do idioma galego durante a Idade Media (sécs. IX-XV).
2.3.1. Disgregación da Romania e constitución do romance galego.
2.3.2. Galego e portugués na Idade Media.
2.3.3. O cultivo da lingua galega durante os séculos XIII, XIV e XV.
2.4. A dialectalización da lingua galega (sécs. XVI-XVIII).
2.4.1. A limitada penetración do castelán.
2.4.2. Menosprezo e apoloxía da lingua galega.
2.4.3. Cultivo e estudo da lingua galega.
2.5. A reemerxencia contemporánea (sécs. XIX-XXI).
2.5.1. O impacto do proceso de construción do estado-nación español.
2.5.2. A tardía caída do monolingüísmo en galego.
2.5.3. A ampliación funcional da lingua galega.
3. Introdución á dialectoloxía da lingua galega.
3.1. Introdución á variación xeográfica na lingua galega. Principais características e principais trazos caracterizadores: bloques e áreas lingüísticas (visión de conxunto).
3.2. Articulación das variedades diatópicas da lingua galega.
3.2.1. Os falares galegos occidentais. Principais trazos e subdivisións. As áreas coruñesa, pontevedresa e ourensá.
3.2.2. Os falares galegos centrais. Principais trazos e subdivisións. As áreas mindoniense, lucu-auriense e central de transición.
3.2.3. Os falares galegos orientais. Principais trazos e subdivisións. As áreas asturiana, ancaresa, zamorana e de transición.
4. Introdución á sociolingüística da lingua galega.
4.1. Etapas na historia social da lingua galega.
4.2. Caracterización da situación diglósica da lingua galega.
4.3. A lingua galega na Galicia contemporánea.
4.4. A lingua galega nos últimos 20 anos.
5. Variación e estándar.
5.1. Lingua e variedade estándar.
5.2. Estandarización da lingua galega.
5.2.1. Cultivo e ampliación funcional da lingua galega do século XIX a hoxe.
5.2.2. Pautas básicas nos procesos de elaboración e estandarización da lingua galega.
5.2.3. Principios fundamentais da variedade estándar do galego (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 1982).
5.2.4. Debates arredor do estándar galego.
5.2.5. Estandarización da lingua e estandarización da comunidade lingüística galega.
Bibliografía básica
Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): "Historia da lingua galega", in Apéndice da Gran Enciclopedia Galega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Monteagudo, X. Henrique (2005): “Do uso á norma, da norma ao uso: variación sociolingüística e estandarización no idioma galego”, en Rosario Álvarez / Henrique Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 377-436. http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf.
Monteagudo, X. Henrique (2017): “Lingua e sociedade en Galicia”, Labor Histórico, 3-1, pp. 14-48.
Bibliografía complementaria
A normalización lingüística a debate. Vigo: Xerais, 2002.
Costas, Xosé Henrique (coord.) (2010): 55 mentiras sobre a lingua galega: análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma. Bertamiráns (Ames): Laiovento.
Dubert García, Francisco (2002): "Os sociolectos galegos", Cadernos de lingua 24, 5-28. http://web.usc.es/~fgdubert/artigos/sociolectos.pdf
Fernández Rei, Francisco / Carme Hermida Gulías (ed.) (20032): A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura galega. [http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php]
Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1995): Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Fernández Rodríguez, Mauro A. / Modesto A. Rodríguez Neira (coords.) (1996): Actitudes lingüísticas en Galicia : compendio do III volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia. A Coruña : Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística
García Negro, Pilar (1991): O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Vilaboa (Pontevedra): Edicións do Cumio.
González González, Manuel (1994): "Galegisch: Soziolinguistik = Gallego: Sociolingüística", en Günter Holtus, Michael Metzeltin e Christian Schmitt (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), VI/2: Galegisch, Portugiesisch = Gallego, Português. Tübingen: Max Niemeyer, 46-66. | [Ed. facs. en liña]: [Berlin / New York], De Gruyter Online, 14-XII-2010, http://dx.doi.org/10.1515/9783110939637.46.
González González, Manuel (dir.) (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. A Coruña: Real Academia Galega.
Halliday, M.A.K. (19892): Spoken and written language. Oxford: University.
Mariño Paz, Ramón (19992): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Mariño Paz, Ramón (2008): Historia de la lengua gallega. München: Lincom Europa.
Monteagudo, X. Henrique (1999): Historia social da língua galega: idioma, sociedade e cultura a través do tempo. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, X. Henrique (2004): “Outra volta na procura da recendente pantera? O Acordo Normativo de 2003. Antecedentes e perspectivas”, Anúario Internacional de Comunicação Lusófona, 79-93.
Santamarina, Antón (1994): “Norma e estándar”, en Holtus / M. Metzeltin / C. Schmitt (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik. Tübingen: Max Niemeyer, vol. 6, 2, 66-79. Reed. en H. Monteagudo (ed.) (1995): Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo:
• Capacidade para recoñecer, polos seus trazos lingüísticos, as distintas áreas dialectais do galego.
• Capacidade para distinguir os textos galegos a través do tempo, polas súas características específicas.
• Capacidade para identificar as características que distinguen a lingua oral fronte á escrita, e os distintos rexistros lingüísticos.
• Capacidade para analizar criticamente a realidade sociolingüística de Galicia.
• Capacidade para elaborar unha reflexión crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas.
As tarefas concretas programadas para esta materia detállanse na guía docente que se lle entregará ao alumno no comezo do curso. Haberá os seguintes tipos de actividades:
a) Sesións expositivas, onde se explicarán os conceptos fundamentais da materia.
b) Sesións de seminario, onde se proporán diversas actividades consistentes na análise de textos de distintas etapas históricas da lingua galega (medievais, medios, prenormativos), no comentario de textos orais e de textos escritos de diferentes rexistros (coloquiais, elaborados) e na análise crítica de textos e reportaxes.
Para o seguimento da materia contarase coa axuda das aulas virtuais.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2
En caso de se dar este escenario, no tocante á metodoloxía de ensinanza as clases presenciais que haxa completaranse cunha combinación de clases síncronas (a través de Microsoft Teams) e asíncronas (a través do Campus Virtual).
Escenario 3
En caso de se dar este escenario, no tocante á metodoloxía de ensinanza optarase por unha combinación de clases síncronas (a través de Microsoft Teams) e asíncronas (a través do Campus Virtual).
Primeira oportunidade
A nota final do curso determinarase consonte os seguintes criterios e probas de avaliación, dentro dun sistema exclusivamente de avaliación continua:
1. Proba 1, na que se dará conta dos contidos dos temas 1 (Variación lingüística) e 2 (Historia da lingua e gramática histórica). Realizarase a través do Campus Virtual, terá formato de exame e corresponderalle o 35% da cualificación final. Data posible de realización: 18 de marzo (quinta feira).
2. Proba 2, na que se dará conta dos contidos do tema 3 (Dialectoloxía). Realizarase de forma presencial e constará dunha parte práctica de comentario dialectal dun texto oral e dunha parte teórica. Terá formato de exame e corresponderalle o 20% da cualificación final. Data posible de realización: 15 de abril (quinta feira).
3. Proba 3, na que se dará conta dos contidos dos temas 4 (Sociolingüística) e 5 (Variación e estándar). Realizarase a través do Campus Virtual, terá formato de exercicio e corresponderalle o 35% da cualificación final. Data posible de entrega: 13 de maio (quinta feira).
4. A asistencia e a participación activa nas aulas valerán o 10%.
Para aprobar a materia haberá que ter de media 5 ou máis puntos e ter un mínimo de 2,5 puntos en cada unha das probas.
Para os alumnos que teñan dispensa de asistencia á clase ou que, por motivos debidamente xustificados ante os profesores antes do 11 de febreiro de 2021, non asistan ás aulas, os criterios serán os mesmos, coa excepción da achega por participación e asistencia, que se exclúe:
1. Proba 1, na que se dará conta dos contidos dos temas 1 (Variación lingüística) e 2 (Historia da lingua e gramática histórica). Realizarase a través do Campus Virtual, terá formado de exame e corresponderalle o 35% da cualificación final. Data posible de realización: 18 de marzo (quinta feira).
2. Proba 2, na que se dará conta dos contidos do tema 3 (Dialectoloxía). Realizarase de forma presencial e constará dunha parte práctica de comentario dialectal dun texto oral e dunha parte teórica. Terá formato de exame e corresponderalle o 30% da cualificación final. Data posible de realización: 15 de abril (quinta feira).
3. Proba 3, na que se dará conta dos contidos dos temas 4 (Sociolingüística) e 5 (Variación e estándar). Realizarase a través do Campus Virtual, terá formato de exercicio e corresponderalle o 35% da cualificación final. Data posible de entrega: 13 de maio (quinta feira).
Para aprobar a materia haberá que ter de media 5 ou máis puntos e ter un mínimo de 2,5 puntos en cada unha das probas.
Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade os criterios para o cálculo da nota serán os mesmos. Os alumnos que concorran a ela terán que repetir só as probas que teñan suspensas (cualificación inferior a 5) na primeira oportunidade, aínda que tamén poderán repetir as probas que teñan aprobadas se desexan subir nota.
Avaliación no escenario 2
En caso de se dar este escenario, o sistema de avaliación será o mesmo ca no escenario 1, coa única diferenza de que todas as probas se realizarán a través do Campus Virtual.
Avaliación no escenario 3
En caso de se dar este escenario, o sistema de avaliación será o mesmo ca no escenario 1, con dúas diferenzas: a) as probas realizaranse a través do Campus Virtual: b) excluirase a achega á cualificación final por asistencia e participación e, en consecuencia, variará o valor porcentual de cada proba na cualificación final (Proba 1 = 35%; Proba 2 = 30%; Proba 3 = 35%).
Outras observacións
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 28 horas
Sesións de seminario: 28 horas
Sesións de titoría: 1
Sesións de avaliación: 3
Total: 60horas
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
Estudo e preparación de actividades programadas nas aulas expositivas: 48 horas
Estudo e preparación de actividades programadas nos seminarios: 36 horas.
Preparación de titorías: 3 horas
Preparación de exame: 12 horas
Asistencia ás aulas e realización dos traballos propostos.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2
En caso de se dar este escenario, no tocante á metodoloxía de ensinanza as clases presenciais que haxa completaranse cunha combinación de clases síncronas (a través de Microsoft Teams) e asíncronas (a través do Campus Virtual).
O sistema de avaliación será o mesmo ca no escenario 1, coa única diferenza de que todas as probas se realizarán a través do Campus Virtual.
Escenario 3
En caso de se dar este escenario, no tocante á metodoloxía de ensinanza optarase por unha combinación de clases síncronas (a través de Microsoft Teams) e asíncronas (a través do Campus Virtual).
O sistema de avaliación será o mesmo ca no escenario 1, con dúas diferenzas: a) as probas realizaranse a través do Campus Virtual: b) excluirase a achega á cualificación final por asistencia e participación e, en consecuencia, variará o valor porcentual de cada proba na cualificación final (Proba 1 = 35%; Proba 2 = 30%; Proba 3 = 35%).
Eduardo Miguel Moscoso Mato
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811829
- Correo electrónico
- eduardo.moscoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Mariño Paz
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811817
- Correo electrónico
- ramon.marino.paz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Varela Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811816
- Correo electrónico
- xavier.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A - Ca) | Galego | D08 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (Ce - Fernández Ca) | Galego | D09 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 (Fernández Ce - Li) | Galego | D11 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_04 (Lo- O) | Galego | D08 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_05 (P - Rod) | Galego | D09 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_06 (Roe - Z) | Galego | D11 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_02 (Lo-Z) | Galego | C07 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A-Li) | Galego | C07 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Lo- O) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P - Rod) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (Roe - Z) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-Li) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (Lo-Z) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ca) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Ce - Fernández Ca) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Fernández Ce - Li) | C09 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (Roe - Z) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (Lo-Z) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ca) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Ce - Fernández Ca) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Fernández Ce - Li) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Lo- O) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P - Rod) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-Li) | C10 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (Roe - Z) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (Lo-Z) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ca) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Ce - Fernández Ca) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Fernández Ce - Li) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-Li) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Lo- O) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P - Rod) | C11 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Fernández Ce - Li) | C12 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-Li) | C12 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Lo- O) | C12 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P - Rod) | C12 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (Roe - Z) | C12 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (Lo-Z) | C12 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ca) | C12 |
28.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Ce - Fernández Ca) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-Li) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (Lo-Z) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ca) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Ce - Fernández Ca) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Fernández Ce - Li) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Lo- O) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P - Rod) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (Roe - Z) | C11 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-Li) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (Roe - Z) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (Lo-Z) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ca) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (Ce - Fernández Ca) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (Fernández Ce - Li) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (Lo- O) | C12 |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P - Rod) | C12 |