Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos estudantes unha visión máis completa do mundo británico e irlandés, incluíndo o estudo das tradicións e crenzas co fin de favorecer a identificación dos estudantes coa súa propia cultura e coa cultura das Illas Británicas e/ou Irlanda. O estudo desta materia axuda aos estudantes na súa formación humanística e a establecer relacións coa súa propia cultura.
Un segundo obxectivo supón facilitar a correcta asimilación por parte do alumnado dos contidos que aparecen na seguinte sección.
Esta visión xeral da materia inclúe aspectos da cultura e tradicións de Irlanda e as Illas Británicas.
TEMAS
1. Cultura e Folklore. Definicións. A cultura e o folklore de Gran Bretaña e Irlanda.
2. Britannia e Hibernia: Mito e orixe
3. Seres sobrenaturais: fadas, pantasmas, anxos e outros
4. Personaxes histórico-mitolóxicos e lexendarios, heroes/heroínas, lendas
5. Música
6. Xogos e deporte
7. Festividades e festivais
8. Tradicións
Bibliografía básica:
Ashe, G. 1990. Mythology of the British Isles. (Guild Publishing. London).
Folklore, Myths and Legends of Britain. (Published by the Reader´s Digest Association Limited. London, 1973).
Hole, C. 1995. A Dictionary of British Folk Customs. (Helicon Publishing Ltd. Oxford).
Marc, Alexander. 2002. A Companion to the Folklore, Myths and Customs of Britain. Stroud, Gloucestershire: Sutton.
Rabley, Stephen. 1996. Customs and Traditions in Britain. Essex, England : Addison Wesley Longman.
Westwood, J. 1987. Albion. A Guide to Legendary Britain (Paladin. Grafton Books. London).
Bibliografía complementaria:
Bord, J. and C. 1986. Sacred Waters: Holy Wells and Water Lore in Britain and Ireland. (Paladin. Grafton Books. London).
Bradshaw, B & Roberts, P. British Consciousness and Identity. (Routledge, 1998).
Briggs, K. 1979. A Dictionary of Fairies. (Penguin Books).
Evans, E. E. 1979. Irish Folk Ways. (Routledge & Kegan Paul. London).
Gardiner, J. ed. Who's Who in British History. (Collins & Brown, London, 2000).
Gusdorf, F. & John Wisdom. 2008. Anglofun. Great Britain. Ellipses.
Hutton, R. 1996. The Stations of the Sun. A History of the Ritual Year in Britain. (Oxford University Press).
Kightly, C. 1986. The Customs and Ceremonies of Britain. An Encyclopaedia of Living Traditions. (Thames & Hudson. London).
Kramer, J. Britain and Ireland. A Concise History. (Routledge, London & New York, 2007).
Lindop, C. and Fisher, D. Discover Britain. A Practical Guide to the Language, Country and People. (Cambridge University Press, Cambridge,1986).
Longman. Longman Dictionary of English Language and Culture. (Longman, 1993).
MacDowall, D. Britain in Close-up. (Longman, Essex, 1997).
Morgan, K.O. ed. The Young Oxford History of Britain and Ireland. (Oxford University Press, Oxford, 1996).
Morgan, K.O. ed. The Oxford Illustrated History of Britain. (Oxford University Press, Oxford, 1997, 2009).
Norman, E. A History of Modern Ireland. (Penguin, Suffolk, 1971).
Oakland, J. British Civilization. (Routledge, London, 1991).
Pounds, N. J. G. The Culture of the English People. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
Pryor, F. 2010. The Making of the British Landscape. (Allen Lane. London).
Seymour, J. 1990. The Forgotten Arts. (Dorling Kindersley Ltd. London).
Snyder, C. A. 2003. The Britons. (Blackwell Publishing. London).
The Wordsworth Dictionary of Phrase and Phable. 1993. Ware, Hertfordshire: Wordsworth Editions.
Thompson, E. P. 1991. Customs in Common. (The Merlin Press, Ltd.London).
Valdés Miyares, J.R. & Tazón Salce, J.E. A Sourcebook of British Civilization. (Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones, 1996).
Wales, Prince of. A Vision of Britain. (Doubleday, London, 1989).
Moi recomendable en todos os escenarios pero moito máis nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións):
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
O alumnado debe de ter un nivel intermedio-avanzado de inglés así como de castelán e galego. Tamén debe ter unha serie de coñecementos de historia e cultura das Illas Británicas e Irlanda adquiridos na materia de primeiro ano Historia e cultura dos países de fala inglesa. Terá que ser capaz, ademais, de establecer correspondencias e semellanzas entre os costumes e tradicións dos seus respectivos países e Irlanda e as Illas Británicas.
O alumnado desenvolverá as seguintes destrezas e habelenzas:
-Lectura comprensiva e análise de textos culturais.
-Capacidade de relacionar aspectos culturais diversos correspondentes a diferentes períodos históricos.
-Capacidade de debate.
-Responsabilidade do seu propio traballo.
-Estimulación do pensamento crítico e independente.
-Aceptación da diversidade cultural.
-Creatividade.
-Práctica e consolidación da expresión escrita e oral en inglés.
Competencias básicas e xerais da materia na memoria verificada do título en: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/graos/grao_ingles/grao_ingles.ht…
CB1- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente seencontra a un nivel que, ben que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente sedemostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
CB5- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia lingüístico-comunicativa: utilización da lingua inglesa como medio de comunicación oral e escrito, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento, e da organización e auto-regulación do pensamento, das emocións e da conduta. Os coñecementos, actitudes e destrezas propios desta competencia permiten expresar en lingua inglesa pensamentos, emocións, vivencias e opinións, así como dialogar, formarse un xuízo ético e crítico, xerar ideas, estruturar o coñecemento, dar coherencia e cohesión ao discurso e ás propias accións, adoptar decisións e gozar lendo, escoitando ou expresándose de forma oral ou escrita.
CG8-Competencia no tratamento da información nunha segunda lingua, así como da súa cultura e literatura.
O método didáctico que se utilizará en clase depende da participación do alumnado, motivo polo cal intentarase propiciar a actitude participativa por medio de diversas actividades, utilización de ilustracións e explicacións prácticas.
Aínda que parte dos contidos da materia requiren unha explicación máis teórica, intentaremos combinar esta explicación teórica cunha aproximación máis práctica. Por iso a exposición dos contidos de cada unidade apoiarase no uso de materiais ilustrativos como mapas, fotocopias de documentos históricos-culturais, proxeccións de escenas de películas, series televisivas e/ou documentais históricos, retratos e biografías de personaxes relevantes históricos, lendarios ou mitolóxicos, artigos, etc.
En xeral, adaptamos a nosa estratexia didáctica ao modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (dúas horas teóricas cada semana), a profesora ofrece unha aproximación aos contidos esencialmente teórica (sempre co apoio de ilustracións prácticas como fotocopias, mapas, documentos histórico-culturais, etc). Na fase práctica (unha hora á semana), o alumnado terá que facer actividades relacionadas con cada unidade. Finalmente, na fase produtiva, o alumnado terá que levar a cabo e producir actividades autónomas como escribir un traballo, resumos, tests, presentacións orais e escritas e calquera outro tipo de tarefa deseñada polas profesoras (como, por exemplo, seminarios e/ou conferencias sobre un certo tema), o que repercutirá na avaliación continua da materia. A asistencia a clase e a participación na mesma serán controladas pola profesora e tida en conta para a nota final.
As actividades da avaliación continua serán entregadas á profesora (sempre polo/a propio/a estudante e en clase) dentro do prazo estipulado. En caso contrario, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
Todas estas actividades incluiranse no arquivo persoal de cada estudante e teranse en conta para a avaliación continua. Así se fortalecerá o sentido da responsabilidade dado que os estudantes participan no proceso de avaliación continua e hanse de responsabilizar de completar os seus traballos ao longo do curso.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe ‘Plan de continxencia’”.
Os/as estudantes terán que realizar todas as actividades determinadas pola profesora para a avaliación continua e facer o exame final na primeira e/ou segunda oportunidade.
A nota da avaliación continua conta un 50% da nota final da materia e a nota do exame final un 50%. IMPORTANTE: é ABSOLUTAMENTE NECESARIO ter como mínimo un 2.5 de 5 no exame final para que este faga media coa nota da avaliación continua. Se non se ten este mínimo no exame, suspéndese a materia.
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que, nestes casos, contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades. Igualmente en ambas oportunidades, aqueles/ as estudantes que repitan a materia e que poidan asistir a clase poderán optar por facer a avaliación continua (50% da nota final da materia) e o exame (50% da nota final da materia) ou por presentarse só ao exame. Ademais, deberán comunicar a súa decisión á profesora antes do 31 de outubro. No caso de que elixan presentarse só ao exame, este contará o 100% da nota final da materia. IMPORTANTE: a repetición de tres ou máis erros gramaticais básicos no exame terá como resultado o suspenso directo do mesmo.
A nota da avaliación continua gárdase para a segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo en ambas oportunidades.
Os exames e tarefas deberán redactarse en inglés. O uso correcto da lingua será tido en conta á hora de puntuar estas actividades.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo plaxio suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe ‘Plan de continxencia’”.
A materia impártese en 14 semanas:
Semana 1: Tema 1
Semana 2: Tema 1
Semana 3: Tema 2
Semana 4: Tema 2
Semana 5: Tema 3
Semana 6: Tema 3
Semana 7: Tema 3
Semana 8: Tema 4
Semana 9: Tema 4
Semana 10: Tema 4
Semana 11: Tema 5
Semana 12: Tema 6
Semana 13: Tema 7
Semana 14: Tema 8
Semana 15: Tema 8
Dado que esta é unha materia ECTS o/a estudante necesitará realizar 150 horas (presenciais e de traballo autónomo) para superala.
A asistencia e participación en clase son obrigatorias, así como a complementación dos contidos dados en clase coa lectura e estudo da bibliografía recomendada correspondente e a realización de todas as actividades programadas para a materia. Desta forma, o/a alumno/a accede a dúas notas (a da avaliación continua e a do exame final) no canto de ter que depender tan só dunha única nota final nunha das oportunidades ou nas dúas.
Animarase tamén aos/ás alumnos/as a asistir a calquera tipo de actividade que os poida poñer en contacto con aspectos, sociais ou culturais de Gran Bretaña e Irlanda; por exemplo, representacións e estreas de películas no cine. Ademais, a profesora pode suxerir a lectura opcional de libros (de ficción ou non), películas, series de televisión e documentales que traten sobre aspectos históricos, sociais e culturais de Gran Bretaña e Irlanda, tamén a petición do/da alumno/a.
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións):
As recomendacións son as mesmas que para o escenario 1 (normalidade adaptada) aínda que é moi importante que o alumnado estea atento ás mensaxes que reciban do profesorado na aula Virtual e no seu e-mail corporativo con respecto a indicacións sobre a docencia, as tarefas, etc.e que completen o seu estudo cos materiais on- line recomendados.
A materia impartirase en inglés, aínda que tamén se utilizarán, ocasionalmente, o galego e/ou o castelán.
Non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet.
IMPORTANTE:
Normas básicas na aula:
1- O uso de teléfonos móbiles está totalmente prohibido. Invitarase a saír da aula a todo/a aquel/aquela estudante que utilice o seu teléfono móbil durante a clase.
2- Os/as estudantes deberán chegar á aula non máis tarde de 10 minutos despois do inicio da clase. En caso contrario, o/a estudante non poderá acceder á aula.
3- O/a estudante deberá dirixirse á profesora polo seu nome de pila completo ou de calquera outra xeito que a profesora considere apropiado.
Plan de continxencia:
Metodoloxía:
No caso de que as autoridades pertinentes decretasen os escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche das instalacións) a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, combinando actividades de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
As titorías realizaranse por vía telemática. IMPORTANTE: Non se respostarán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do alumno/a (enderezo da USC) en ningún dos tres escenarios
Sistema de avaliación:
Na modalidade de docencia semipresencial (escenario 2) manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1 (normalidade adaptada). En caso de non ser posible e no caso do escenario 3 as probas presenciais substituiranse por probas telemáticas ( síncronas ou asíncronas, orais ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais.
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Alonso Alonso
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- maria.alonso.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D11 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D11 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D08 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |