Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer os distintos niveis de análise gramatical, as diferentes perspectivas de estudo e as correspondentes disciplinas lingüísticas.
• Comprender a complexidade do feito lingüístico e a interrelación entre as distintas compoñentes gramaticais.
• Iniciarse na reflexión lingüística sobre o galego (nas diferentes compoñentes gramaticais) a través da análise de cuestións concretas e, esencialmente, daquelas nas que o alumnado ten traballado desde un punto de vista descritivo.
• Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Iniciarse na lectura de traballos de investigación lingüística.
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise gramatical sobre o galego.
• Consolidar un dominio avanzado na produción de textos galegos orais e escritos.
1. A gramática
1.1. Delimitación das súas disciplinas.
1.2. Orientacións descritiva vs. prescritiva.
2. Morfoloxía
2.1. Unidades e procesos morfolóxicos
2.2. Flexión de palabras vs. creación de palabras.
3. Sintaxe
3.1. Unidades sintácticas e unidades comunicativas.
3.2. Funcións sintácticas, semánticas e informativas.
3.3. Constituíntes sintácticos. Análise sintáctica.
4. Fonética
4.1. Divisións da fonética
4.2. A fonética articulatoria
4.3. O Alfabeto Fonético Internacional e a transcrición fonética.
BÁSICA
REPERTORIOS BIBLIOGRÁFICOS
García Gondar, F. (dir.) (1995): Repertorio bibliográfico da lingüística galega: desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Pódese consultar unha versión actualizada en http://www.cirp.gal/bdo/bil/
RECURSOS LINGÜÍSTICOS
Buscatermos: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm
Dicionario da Real Academia Galega: http://academia.gal/dicionario#inicio.do
Dicionario de galego (DIGALEGO): https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php
Dicionario de dicionarios: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
Portal das palabras: http://portaldaspalabras.gal/
Regueira Fernández, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega-ILG (http://ilg.usc.es/pronuncia/).
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG) (http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg
GRAMÁTICAS E OBRAS DE REFERENCIA
Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
González Rei, Begoña (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
Ramallo, F. / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe, Vigo: Xerais
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
LECTURAS OBRIGATORIAS
Álvarez, R. (1994): "Gramática descritiva e gramática prescritiva", Cadernos de Lingua 10, 19-36.
Álvarez, R./ X. Xove (2002): “Palabras e morfemas”, en Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia, 221-231.
García-Miguel, L. M. e C. Cabeza (2000): “Relacións sintácticas”, en Ramallo et alii (eds.) Manual de ciencias da linguaxe, Xerais: Vigo, 549-559
Martínez Celdrán, E. (2001): Introducción á Fonética. Vigo: Galaxia, 19-51.
COMPLEMENTARIA
DICIONARIOS DE LINGÜÍSTICA
Alcaraz Varó, E. (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel.
Crystal, D. (1987): The Cambridge encyclopedia of language. Cambridge : University
Simpson, J. M. Y. (1994): The Encyclopedia of language and linguistics, Oxford: Pergamon Press.
Trask, R. L. (2007): Language and linguistics: the key concepts. London/New York: Routledge.
Xavier, M. F. / M. H. Mateus (1990/1992): Dicionário de termos linguísticos, Lisboa: Cosmos.
MORFOLOXÍA
González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 585-627
Matthews, P. H. (1991): Morphology, Cambridge: Cambridge University Press. Existe tradución española da primeira edición (1974): Morfología, Madrid: Paraninfo, 1980.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
SINTAXE
Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, 247-302.
García-Miguel, J. M. (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes, Santiago de Compostela: USC.
FONÉTICA
Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon.
Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
• Capacidade para distinguir entre descrición e explicación e mais entre descrición e prescrición.
• A un nivel básico, capacidade para realizar análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas,
bases de datos...).
• Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación con pouco nivel de
dificultade comprensiva.
• Capacidade para elaborar pequenos traballos de análise gramatical, correctamente estruturados. Neste sentido:
• Capacidade para ordenar e plasmar adecuadamente as ideas, tanto no nivel oral como no escrito.
• Capacidade para distinguir entre obxectivos, metodoloxía, análise e conclusións.
• Capacidade para elaborar traballos adecuados desde un punto de vista formal (ortografía técnica, bibliografía...).
• Capacidade para elaborar un discurso coherente e ben cohesionado.
• Capacidade para elaborar un discurso que responda ás características do código normativo galego e aos trazos fónicos e prosódicos
do galego.
• Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística. As explicacións do profesorado apoiaranse con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Tamén se lle poderá requirir ó alumnado a lectura dunha serie de textos que reforcen e/ou complementen os contidos expostos.
• Sesións interactivas. Traballarase en ferramentas e metodoloxía que lle axuden ao alumnado a desenvolver a análise lingüística e as actividades do curso.
• Titorías en grupo. Dedicaranse a facer seguimento do traballo de curso.
• Campus virtual. Ofrecerá toda a información relevante do curso, así como o material de lectura e traballo. Así mesmo, tamén se utilizará para a presentación de exercicios, cuestionarios, traballos etc.
Aviso: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
1ª OPORTUNIDADE:
Opción A (avaliación continua); consistirá en:
1) 2 traballos (30% da cualificación global). Estes traballos versarán sobre:
• Recursos Lingüísticos. Exposición oral dun traballo en grupo, en que cada alumno debe expor a súa parte. 10%
• Presentación de traballos académicos. Traballo escrito individual. 20%
No Campus Virtual daranse instrucións detalladas para a realización de todas estas actividades.
2) 3 probas escritas (70% da cualificación global). Estas probas realizaranse nas datas que se indican no cronograma que estará no Campus Virtual da USC. Esta porcentaxe só se terá en conta na ponderación da nota final se a media destas probas escritas é de 4 ou superior.
Chegará con realizar unha soa proba das propostas na opción A para seguir sendo avaliado por ese modelo.
Opción B: Poderanse acoller a este sistema de avaliación os alumnos e alumnas que non sigan a opción A. Na opción B, a avaliación consistirá nun exame do conxunto da materia e supoñerá o 100% da cualificación. Esta proba realizarase na data oficial fixada polo centro.
2ª OPORTUNIDADE:
Opción A: Poderanse presentar ao exame fixado polo centro para recuperar os parciais aqueles alumnos e alumnas que, na 1ª oportunidade, suspenderon a avaliación continua polos parciais, pero obtiveron unha media de 5 ou superior nos traballos. Neste caso a nota obtida suporá o 70% da nota final.
Opción B: Pódense presentar aqueles alumnos e alumnas que suspenderon pola opción B na primeira oportunidade e/ou os que teñen unha nota inferior a 5 nos traballos e mais nos parciais na primeira oportunidade da opción A. Esta proba realizarase na data oficial fixada polo centro. A cualificación obtida supoñerá o 100%.
Horas presenciais Horas non-presenciais TOTAL
Sesións
Expositivas 24 48 (9 TD) 72
Sesións de
Seminario 24 36 (12 TD) 70
Sesións de
Titoría 3 3 6
Sesións de
Avaliación 3 9 12
TOTAL 54 96 (21 TD) 150
Para poder superar a materia, débese amosar dominio do galego oral. No caso de que se perciban insuficiencias a este respecto nalgún alumno ou alumna, advertiráselle individualmente e daráselle unha serie de indicacións para solucionar a deficiencia. Ao final de curso as profesoras verificarán que adquiriu o nivel requirido. Caso de non ser así, non poderá superar a materia.
É moi importante que o/a estudante consulte regularmente o seu correo institucional así como a aula virtual da materia, pois a través deses medios difúndese información e documentación fundamental para o seu seguimento.
Maria Sol Lopez Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811823
- Correo electrónico
- msol.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Xosé Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811895
- Correo electrónico
- francisco.dubert [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vitor Miguez Rego
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- vitor.miguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Estela Fidalgo Garra
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- estela.fidalgo.garra [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Galego | C10 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Galego | C10 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Galego | D08 |
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Galego | D09 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Galego | D07 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Galego | D08 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Galego | D09 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Galego | D11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
14.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |