Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese, a través desta disciplina, dotar os/as estudantes cos coñecementos de orde estrutural que forman a cultura portuguesa.En particular, enfocaranse os eventos históricos que marcaron significativamente a construcción da identidade nacional dos/as portugueses/as. Cultura contemporánea e historia das mentalidades son liñas mestras no desenvolvemento da matéria.
I – Conceito(s) de Cultura. Imaxe e identidade portuguesas na actualidade.
II - Historia, mitoloxia e formación dun sentir e pensar portugueses.
III - A literatura popular escrita e oral portuguesa: os seus xéneros e a súa vitalidade.
IV - Manifestacións da cultura na literatura, nas artes e na sociedade contemporáneas.
Bibliografía / Filmografía Xenérica:
BAPTISTA, Tiago, A Invenção do Cinema Português, Lisboa: Tinta-da-China, 2008
CORREIA, João David Pinto, Os Romances Carolíngios da Tradição Oral Portuguesa, vol. I, Lisboa: Instituto Nacional de Investigação Científica, 1993
GUERREIRO, M. Viegas, Para a história da literatura popular portuguesa, Lisboa: Instituto de Cultura Portuguesa, 1978.
LOPES, Óscar e SARAIVA, António José, História da Literatura Portuguesa, Porto: Porto Editora, s. d.;
LOURENÇO, Eduardo, O Labirinto da Saudade, Lisboa: D. Quixote, 1992;
MATTOSO, José, História de Portugal, vols. V, VI, VII e VIII, Lisboa: Círculo de Leitores
NOGUEIRA, Carlos, O essencial sobre o cancioneiro narrativo tradicional, Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2002.
NOGUEIRA, Carlos, O essencial sobre a literatura de cordel portuguesa, Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2004.
NUNES, Maria Arminda Zaluar, O cancioneiro popular em Portugal, Lisboa: Instituto de Cultura Portuguesa, 1978.
PERNES, Fernando (Coord.), Panorama - arte portuguesa no Século XX, Porto:
Fundação de Serralves, 1999
PINTO, António Costa (Coord.), Portugal Contemporâneo, Lisboa: Publicações D. Quixote, 2005
RAMOS, Rui, SOUSA, Bernardo de Vasconscelos e, MONTEIRO, Nuno Gonçalo, História de Portugal, Lisboa: A Esfera dos Livros, 2009
REAL, Miguel (2017). Traços fundamentais da cultura portuguesa. Lisboa:Editorial Planeta.
SARAIVA, António José, A Cultura em Portugal, vols. I e II, Lisboa: Gradiva, 1996
Bibliografía complementaria
Otros materiais de apoio:
Ao longo do semestre irán sendo indicadas outras fontes bibliográficas complementarias.
Documentais:
Portugal, Um Retrato Social – Coordenação de António Barreto e Realização de Joana Pontes, Vol.I a VII, Produção RTP – Radiotelevisão Portuguesa, 2007.
Links:
http://www.cplp.org
www.instituto-camoes.pt
http://www.portaldacultura.gov.pt/
http://bibliotecasicl.pt/Opac/Pages/Search/SimpleSearch.aspx
Outras obras máis específicas da producción cultural portuguesa serán presentadas durante o cuadrimestre.
Ao remate do curso o alumno deberá ser capaz de:
- Elaborar unha análise crítica sobre as especifidades da cultura portuguesa, ben como relacionar ese
legado cos lazos culturais existentes actualmente con outras rexións do mundo
- Un forte domínio da época contemporánea e unha visión diacrónica da cultura portuguesa
- Indagar sobre as especificidades da cultura portuguesa no contexto internacional.
- Aulas expositivas.
- Exhibición de materiais audiovisuais.
- Lectura e análise de textos referidos aos contidos.
- Seminarios.
- Discusións.
- Uso da Aula Virtual
A metodoloxía escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das lecturas e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados a través do seguimento do programa. Do mesmo xeito, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relacionadas co traballo cooperativo e en equipo, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, creatividade, iniciativa, toma de decisións e resolución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na Aula Virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos. É imprescindíbel acompañar a Aula Virtual da cadeira.
A avaliación para todas as persoas inscritas – inclusive aquelas con dispensa oficial de asistencia ás aulas - será continuada e constará, para ambas oportunidades (1ª e 2ª), dos seguintes itens:
A) Realización das tarefas vinculadas ao desenvolvimento da materia e proactividade en relación ás dinámicas de traballo da disciplina: 6,5 valores.
B) Realización de un traballo escrito, de carácter obrigatorio, conforme as indicacións dadas polas docentes (con quen debe ser previamente combinado e discutido o tópico) e que terá unha componente oral e unha componente escrita: 3,5 valores.
Para a avaliación da Primeira Oportunidade, o/a estudante poderá recuperar presencialmente -na data marcada-, calquera dos elementos escritos da avaliación, num máximo de dous (do item A e/ou B), tanto non presentados previamente como considerados deficientes. Sempre que sexa posível, deberia avisar previamente as profesoras en relación a que tarefas vai recuperar.
Na avaliación da Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo que o da Primeira Oportunidade, salvo que se poderán presentar o total de tarefas e traballo, tanto orais como escritos.
A avaliación do contido III realizaráse nunha proba escrita tanto na Primeira como na Segunda Oportunidade.
Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas (através de plaxio, uso de ferramentas de IA ou outros) será aplicada a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións" da USC.
- Varias horas dedicadas ás lecturas previas dos textos indicados para as aulas.
- O tempo da carga horaria da disciplina.
- Varias horas dedicadas á investigación dos asuntos desenvolvidos nas aulas.
Ademais da participación nas clases e da lectura da bibliografía indicada, o alumnado deberá contar co apoio das profesoras no tempo dedicado ás titorías.
Ao longo do curso será dada especial atención a temas relacionados coa sociedade portuguesa
contemporánea, nomeadamente, cuestións sociais, políticas e do foro cultural.
No decurso do semestre, novas informacións/textos/referencias serán indicadas aos/às alunos/as –tamén a través de conferencias, seminarios ou outras actividades suxeridas- como complemento e actualización de asuntos relativos à matéria.
Língua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. De forma eventual e ocasional, poden ser presentados materiais ou comunicacións em outras línguas (español, francés, inglés, italiano, etc.), sempre que a docente o considerar oportuno.
Todos os traballos deben ser orixinais.
O plaxio e a utilización fraudulenta de ferramentas de IA serán considerados faltas moi graves.
Jose Luis Forneiro Perez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- joseluis.forneiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D14 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Portugués | C03 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
25.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
25.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |