Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é o estudo e análise crítica da literatura inglesa dos séculos XVI e XVII, así como as competencias de expresarse oralmente e por escrito sobre os textos literarios dese período.
1. Contexto histórico, social e cultural.
2. Introdución: a literatura do Renacemento inglés.
3. A prosa dos séculos XVI e XVII (análise dunha selección de textos).
4. William Shakespeare.
5. As obras históricas. Ricardo III.
6. As comedias. O Mercader de Venecia.
7. As traxedias. Macbeth.
8. As obras pastorais. A Tempestade.
Bibliografía básica:
Fontes primarias (lectura obrigatoria):
William Shakespeare (preferiblemente Cambridge, pero tamén é posible Oxford ou Penguin):
-Braunmuller, A.R. ed. Macbeth. New York: Cambridge University Press, 2008.
-Mahood, M. M. ed. The Merchant of Venice. Cambridge: Cambridge University Press, 2003.
-Orgel, Stephen. ed. The Tempest. Oxford Shakespeare: Oxford University Press, 2008.
-Siemon, James R. ed. King Richard III. The Arden Shakespeare, 3rd series. London: Arden, 2009.
Fontes secundarias (lectura recomendada):
Biografías:
Ackroyd, Peter. 2006. Shakespeare: the biography. London: Vintage Books
Weir, Alison. 2008. The Life of Elizabeth I. New York: Ballantine Books.
Historias de Literatura Inglesa:
-Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000.
-Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English.
Britain and Ireland. 2ª edición. London & New York: Routledge, 2006.
-Rogers, Pat. The Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1987.
-Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford
University Press, 1994.
Sobre o teatro de Shakespeare:
-Chernaik, Warren. The Cambridge Introduction to Shakespeare´s History Plays. Cambridge UP, Cambridge, 2007.
-Crystal, David.2016. The Oxford Dictionary of Original Shakespearean Pronunciation. Oxford & New York: OUP.
-De Grazia, Margaret and Stanley Wells (eds.) The Cambridge Companion to Shakespeare. Cambridge, Cambridge University Press, 2001.
-Dollimore, Johnathan and Alan Sinfield, eds. Political Shakespeare. New Essays in Cultural Materialism. Manchester: Manchester UP, 1985.
-Garber, Marjorie B. Dream in Shakespeare. From Metaphors to Metamorphosis. New Haven: Yale UP, 1974.
-Gurr, Andrew. 2009. The Shakespearean Stage 1574-1642. Cambridge: Cambridge University Press.
-Hartnoll, Phyllis and Peter Found (eds.) The Concise Oxford Companion to the Theatre. Oxford, Oxford University Press, 1992.
-Hidalgo, Pilar, Aránzazu Usandizaga, Rafael Portillo y Bernd Dietz. Historia Crítica del Teatro Inglés. Alcoy, Editorial Marfil S.A., 1988.
-Maguire, Laurie E. Studying Shakespeare: A Guide to the Plays. Oxford: Blackwell, 2004.
Miola, Robert S. (ed.) Macbeth. A Norton Critical Edition. W.W: Norton & Company. New York and London, 2004.
-Scott Kastan, David (ed.) A Companion to Shakespeare. Oxford, Blackwell, 1999.
-Sinfield, Alan (ed.) Macbeth: Contemporary Critical Essays. Macmillan, London, 1992.
-Smith, Emma. Shakespeare´s Histories. Blackwell. Oxford, 2004.
-Stanton, Sarah and Martin Banham (eds.) The Cambridge Guide to Theatre. Cambridge. Cambridge University Press, 1996.
-Wells, Robin H. Shakespeare's Politics and the State. London: Macmillan, 1986.
-Wells, Stanley, ed. The Cambridge Companion to Shakespeare's Studies. Cambridge: Cambridge UP, 1986.
Recursos electrónicos:
Obras de Shakespeare para lectura:
http://shakespeare.mit.edu/
Glosario de termos:
https://www.shakespeareswords.com/
Dispoñible online na biblioteca da Facultade:
A Shakespeare glossary / C.T. Onions ; enlarged and revised throughout by Robert D. Eagleson.
Para as obras de Shakespeare que se estudiarán na materia:
http://www.sparknotes.com/shakespeare/tempest/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/richardiii/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/macbeth/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/merchant/
Recoméndase especialmente o apartado ‘study questions’
Como escribir un comentario de texto:
https://www.sparknotes.com/shakespeare/macbeth/how-to-write-literary-an…
Moi recomendable :
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
As destrezas e habilidades a desenvolver polo estudantado nesta materia son as seguintes:
Lectura, comprensión e análise de textos literarios.
Competencia para escribir ensaios críticos.
Competencia para realizar presentacións orais sobre temas literarios.
Relacionar os textos literarios coa sociedade na que se produciron.
Dominio das ferramentas e conceptos necesarios para a análise literaria.
Competencias básicas, xerais e específicas da materia na memoria verificada do título en: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/graos/grao_ingles/grao_ingles.ht…, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10
O método didáctico que se utilizará en clase depende da participación do estudantado, motivo polo cal se intentará propiciar a actitude participativa por medio de diversas actividades, utilización de ilustracións e explicacións prácticas.
Aínda que parte dos contidos da materia requiren unha explicación máis teórica, intentaremos combinar esta explicación teórica cunha aproximación máis práctica. Por iso a exposición dos contidos de cada unidade apoiarase no uso de ppts, documentos, proxeccións de escenas de películas, series televisivas e/ou documentais, información e contidos en internet, etc.
En xeral, adaptamos a nosa estratexia didáctica ao modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (dúas horas teóricas cada semana), o profesorado ofrece unha aproximación teórico-práctica aos contidos . Na fase práctica (unha hora á semana), o estudantado terá que facer actividades relacionadas cos contidos teórico-prácticos de cada unidade. Finalmente, na fase produtiva, o estudantado terá que levar a cabo e producir actividades autónomas como as que se sinalan no apartado da avaliación deste programa e que conforman a nota da avaliación continua da materia.
Os/as estudantes terán que realizar as actividades deseñadas polo profesorado para a avaliación continua e facer o exame final na primeira e/ou segunda oportunidade.
A nota da avaliación continua conta un 40% da nota final da materia e o exame final conta un 60%.
IMPORTANTE: é ABSOLUTAMENTE NECESARIO ACADAR UN MÍNIMO DE 3 de 6 no exame para que este faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, non se superará a materia.
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que, nestes casos, contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades.
Igualmente, en ambas as oportunidades, aqueles/ as estudantes cuxo horario da materia lles coincida parcial ou totalmente co doutra materia (débese entregar xustificante; por exemplo, copia escaneada da matrícula) e/ou repetidores poderán ELIXIR unha das seguintes modalidades:
a) só exame final: 100% da nota final da materia.
b) a avaliación estándar: nota da avaliación continua do curso presente 2025-2026 (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
c) Só no caso do estudantado que repita a materia: nota da avaliación continua do curso pasado (2024-2025) (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia). Se non se ten nota da avaliación continua no curso pasado (2024-2025), poderá gardarse aquela do curso inmediatamente anterior a este no que se dispoña dela.
Ademais, este estudantado DEBERÁ comunicar a través do correo electrónico institucional a súa decisión á coordinadora da materia (cristina.mouron [at] usc.es (cristina[dot]mouron[at]usc[dot]es)) antes das 23:59 h. do venres 3 de OUTUBRO. En caso contrario, este estudantado será avaliado mediante o sistema de avaliación estándar: nota da avaliación continua do presente curso 2025-2026 (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
Os textos literarios débense ler en inglés e os exames e tarefas deben escribirse tamén en inglés. O uso correcto da lingua inglesa terase en conta na avaliación.
A nota da avaliación continua gárdase para o exame da segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade.
IMPORTANTE: a repetición de erros gramaticais básicos no exame terá como resultado o suspenso directo do mesmo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo fraude suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
Para a avaliación continua, o estudantado terá que realizar as seguintes actividades e será avaliado cos criterios e a porcentaxe da nota da avaliación continua que se especifican para cada unha das diferentes tarefas:
- 1 presentación oral en grupo (ata 1 punto): Tarefa en grupos de 4/5 alumnos/as para a súa exposición na clase. Nota individual. Criterios de avaliación: profundidade e calidade da información e os contidos; claridade, coherencia e interese no contido; boa expresión oral; eficacia na presentación oral durante a exposición na aula.
- 1 ensaio breve sobre o filme Shakespeare in Love (ata 0,5 puntos). A realizar na clase. Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos; nivel de calidade acadado; precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica; habilidade para integrar e relacionar contidos; corrección e coherencia na expresión escrita.
- 1 lectura interpretativa (ata 0,5 puntos). A realizar na clase. Criterios de avaliación: pronuncia correcta, dicción clara e entoación axeitada.
-2 ensaios sobre adaptacións fílmicas de dúas obras do programa designadas polo profesorado (ata 1 punto cada un). A realizar na clase. Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos; nivel de calidade acadado; precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica; habilidade para integrar e relacionar contidos; corrección e coherencia na expresión escrita.
Tanto as datas de entrega, presentación, coma as instrucións para estas tarefas, estarán dispoñibles no CV do estudantado coa antelación suficiente para a súa correcta realización.
Co deseño de tarefas para a avaliación continua, incídese na competencia de autonomía e iniciativa personal (CG6 do título) , xa que o/a estudante participa no proceso da avaliación continua facéndose responsable do seu propio autoaprendizaxe.
Ademais das tarefas deseñadas para a nota da avaliación continua, poderanse propoñer seminarios e/ou conferencias especializados nun tema histórico e/ou cultural que teñan lugar fóra do horario lectivo. A asistencia non é obrigatoria, pero poderá ser tida en conta cando a nota final da materia estea moi próxima á inmediatamente superior.
As actividades da avaliación continua serán completadas dentro do prazo estipulado. En caso contrario, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
IMPORTANTE: ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN
Asistencia: ASISTIR ao 75 por cento das horas totais da asignatura é OBRIGATORIO para superar a materia e para presentarse ao exame final.
Segundo o establecido no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC” aprobado o 25 de novembro de 2024 a xustificación da falta de asistencia a clase e ás probas de avaliación farase do seguinte xeito:
"Artigo 3.2 Xustificación da falta de asistencia a clase. En todo caso, serán causas xustificadas as seguintes:
a) A realización de exames oficiais ou probas selectivas na Administración, xustificada mediante a acreditación do órgano avaliador.
b) A presenza en órganos colexiados universitarios internos, ou externos á USC cando se asista en representación do colectivo, acreditada mediante a correspondente convocatoria e certificación da secretaría do órgano.
c) O ingreso en centros hospitalarios e as consultas médicas non reprogramables, acreditadas con xustificante do centro médico ou facultativo responsable.
d) A enfermidade que impida a presenza física no centro, debidamente acreditada.
e) O paro académico ou a folga doutros colectivos cando impida o acceso ás aulas.
f) A enfermidade grave ou falecemento dun familiar ata o 2º grao, debidamente acreditada.
g) O cumprimento dun deber público, debidamente xustificado.
h) A limitación oficial de mobilidade por inclemencia meteorolóxica ou estado de alerta, alarma ou excepción debidamente declarado.
i) A participación en actividades por parte de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento, conforme á normativa autonómica e a da USC.
j)Calquera causa de forza maior debidamente acreditada.
3.3. A acreditación da existencia de causa xustificada para a non asistencia a clase deberá realizarse ante o profesor ou profesora no prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia. De existir discrepancia de criterio entre o/a docente e o/a estudante sobre a acreditación, a decisión final corresponderá á dirección do centro ou comisión competente.
3.4. Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas na programación docente das materias sen nece sidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10% das horas programadas [isto é: todas as horas da materia, tanto expositivas como interactivas], agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.
Artigo 5. Falta de asistencia a probas de avaliación.
1. As causas de xustificación da non asistencia a clase recollidas no artigo 3.2. poderán alegarse tamén para xustificar a falta de asistencia a probas de avaliación, agás no caso de deportistas de alto nivel e alto rendemento no que só se flexibilizará o calendario de exames cando coincida coas competicións e con concentracións e adestramentos de seleccións oficiais, xustificados mediante certificación da federación deportiva correspondente.
2. De existir causa xustificada o/a estudante terá dereito a realizar a proba noutra data, que se fixará polo profesorado responsable da materia, preferiblemente de forma consensuada co/a estudante afectado/a e sempre con anterioridade á data de peche de actas da correspondente oportunidade. Entre a comunicación da nova data de avaliación e a realización da proba deberá transcorrer, sempre que sexa posible, un mínimo de dous días hábiles."
A materia impártese en 15 semanas:
Semanas 1-3: temas 1-4
Semanas 4-6: tema 5
Semanas 7-9: tema 6
Semanas: 10-12: tema 7
Semanas 13-15: tema 8
Dado que esta é unha materia ECTS o/a estudante necesitará realizar 150 horas (presenciais e de traballo autónomo) para superala.
Recoméndase encarecidamente ler os textos literarios obrigatorios antes da súa explicación na aula, en edicións anotadas completas como as de Oxford, Cambidge, Norton, Arden, etc.; prestando especial atención as notas ao pé.
Tamén se recomenda a complementación dos contidos dados en clase coa bibliografía recomendada correspondente e cos materiais on- line recomendados na Aula Virtual.
Recoméndase aclarar todas as dúbidas na clase, se é posible, e, se non, en horario de titorías.
Recoméndase completar a comprensión do período literario e os seus escritores/as mediante películas, obras de teatro, documentais, información en internet, etc. Así mesmo, animarase ao estudantado a asistir a calquera tipo de actividade teatral/fílmica relacionada coa obra de William Shakespeare que se poida dar na USC ou na cidade de Santiago de Compostela.
É moi importante que o estudantado estea atento ás mensaxes que reciban do profesorado na Aula Virtual e no seu e-mail corporativo (o enderezo de correo electrónico da USC) con respecto a indicacións sobre a docencia, as tarefas, etc.
A materia impartiráse en inglés, aínda que ocasionalmente poderase empregar o galego e o castelán.
A práctica fraudulenta en calquera das actividades do curso non será tolerada baixo ningunha circunstancia.
IMPORTANTE:
De acordo co establecido no artigo 36 da Ley Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que especifica no seu apartado c) entre os deberes do estudiantado: ‘Observar las directrices del profesorado y de las autoridades universitarias’, as normas de convivencia na aula serán as seguintes:
1- Nas clases tanto expositivas como interactivas non está autorizado o uso de teléfonos móbiles, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos/as docentes, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Poderán empregarse tablets ou ordenadores portátiles, exclusivamente para a toma de apuntes e consulta de material no Campus Virtual. Non está permitido o uso de calquer dispositivo electrónico durante a realización de calquera actividade de avaliación, salvo que o profesorado autorice o seu emprego.
2- Os/as estudantes deberán chegar á aula non máis tarde de 10 minutos despois do inicio da clase.
3- Non está permitido consumir comida na aula durante o desenvolvemento das clases.
4- Para que unha sesión poida computarse como asistencia, é necesario permanecer na aula ata a finalización da clase, agás en casos xustificados como unha indisposición física sobrevida.
IMPORTANTE: De acordo co "Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC" (30 de marzo de 2023), o estudantado deberá ter en conta o seguinte:
1. Artigo 44: O comportamento inadecuado na aula poderá ser igualmente penalizado coa apertura dun procedemento disciplinario.
2. Artigo 43: Impedir reiteradamente o normal desenvolvemento das actividades docentes podería considerarse como unha falta grave e, como tal, pode ser sancionada con ata un mes de expulsión ou a perda do dereito á convocatoria da materia en que se cometa a falta.
IMPORTANTE: Non se responderán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do/da estudante (enderezo da USC).
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martin Fernandez Fernandez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- m.fernandez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Inglés | C09 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Inglés | C09 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Inglés | C09 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C06 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C06 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C06 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C07 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C07 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C07 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C08 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C08 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C08 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D11 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D11 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D11 |