Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.Que o alumno se decate de que o léxico latino é a base fundamental do léxico das linguas románicas, pero tamén de que xa no latín existía variabilidade no léxico que se reflectirá nas linguas románicas.
2. Que o alumno coñeza que unha parte impotante do léxico das linguas románicas é herdeiro das linguas de substrato e de superestrato.
3. Que o alumno se decate de que, á parte do léxico herdado, as distintas linguas utilizaron procedementos propios para a creación de novo léxico.
4. Que o alumno se familiarice coas principais obras lexicográficas das linguas románicas, sabéndoas situar no seu tempo, e tratando de interpretar as necesidades ás que responden.
5. Que o alumno coñeza os distintos tipos de obras lexicográficas e a súa utilidade.
6. Que o alumno entenda, e sexa capaz de valorar, a macroestrutura e a microestrutura dunha obra lexicográfica.
7. Que o alumno coñeza as esixencias mínimas que debe reunir unha denifición lexicográfica.
8. Que o alumno se decate da importancia da terminoloxía na sociedade actual.
1. O léxico latino nas linguas románicas. Vocábulos panrománicos. Innovacións léxicas no latín imperial: casos de perda e adquisición de palabras; casos de renovación semántica.
2. Innovacións léxicas motivadas pola diferenciación rexional.
3. As innovacións léxicas debidas á influencia das linguas de substrato.
4. As innovacións léxicas debidas á influencia das linguas de superestrato. O léxico xermánico nas linguas románicas.
5. As innovacións léxicas debidas á influencia das linguas de superestrato. O léxico árabe e eslavo nas linguas románicas.
6. Outros elementos léxicos nas linguas románicas.
7. Procedementos de formación de palabras nas linguas románicas: a derivación.
8. Procedementos de formación de palabras nas linguas románicas: a composición. Outros procedementos para a formación de palabras.
9. As principais obras lexicográficas na historia da lingüística románica. Os traballos terminolóxicos nas linguas románicas.
10. Os dicionarios. Tipos. Elaboración. A definición lexicográfica. O corpus con finalidade lexicográfica.
ALVAR EZQUERRA, Manuel: Lexicología y Lexicografía (Guía bibliográfica), Salamanca: Almar, 1983.
BÉJOINT, Henri & THOIRON, Philippe (eds.): Les dictionnaires bilingues, Louvain-la-Neuve: Duculot, 1996.
CABRÉ, M. Teresa: A l’entorn de la paraula (I). Lexicologia general, Valencia: Universitat de València, 1994.
CABRÉ, M. Teresa: La terminologia. La teoría, els mètodes, les aplicacions, Barcelona: Empúries, 1992.
COLLINOT, André & MAZIÈRE, Francine: Un prêt à parler: le dictionnaire, Paris: PUF, 1997.
COLON, G.: El léxico catalán en la Romania. Madrid: Gredos, 1974.
COSERIU, E.: Principios de semántica estructural, Madrid, 1981.
DUBOIS, Jean e Claude: Introuduction à la lexicographie: le dictionnaire. Paris: Larousse, 1971.
GILBERT, L.: La créativité lexicale. Paris, 1975.
HAENSCH, G (e outros): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica, Madrid: Gredos, 1982.
HERNÁNDEZ, H.: Los diccionarios de orientación escolar, Niemeyer, Tübingen, 1989.
IORDAN, I.: Lingüística Románica. Evolución, corrientes, métodos. Madrid: Alcalá, 1967 (tr. M. Alvar).
IORGU Iordan & Maria MANOLIU: Manual de lingüística románica. Madrid: Gredos (1ª ed.: 1972). Tradución de Manuel Alvar
LOIS, Elida: “Tipos de diccionarios”, en Limen, nº 58, 59, 1977, pp. 104-108.
LÜDKE, H.; Historia del léxico románico. Madrid: Gredos, 1974.
MASSARIELLO MERZAGORA, G.: La lessicografia, Bologna: Zanichelli, 19831.
PORTO DAPENA, J. A.: Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco/Libros, 2002.
REY, Alain: “Typologie génétique des dictionnaires”, Langages, XIX, 1970, 48-68.
ROHLFS, G.: Estudios sobre el léxico románico. Madrid: Gredos, 1979.
SAGER, Juan C.: A Practical Course in Terminology Processing, Amsterdam / Philadelphia: John Bejamins Publishing Company, 1990.
VÄÄNAÄNEN, Veiko: Introducción al latín vulgar. Madrid: Gredos, 2003.
WOTJAK, Gerd (ed.): Estudios de lexicología y metalexicografía del español actual, Tübingen: Niemeyer, 1992.
1. O alumno debe saber distinguir o léxico latino do herdado das linguas de substrato e de superestrato.
2. O alumno debe ser capaz de exemplificar casos de diferenciación léxica nas linguas románicas que respondan á diversidade dialectal existente no propio latín.
3. O alumno deberá saber identificar e interpretar os casos de derivación e composición no léxico románico.
4. O alumno debe adquirir a destreza para saber distinguir a primeira vista na información lexicográfica, o que é información lingüística do que é información enciclopédica.
5. O alumno debe ser capaz de detectar unha definición lexicográfica incorrectamente formulada.
6. O alumno debe ser capaz de explotar e valorar toda a información que aparece nunha obra lexicográfica, non só a definición das acepcións, senón tamén a información gramatical, tecnolectal, sociolectal, etc.
7. O alumno debe de adquirir a destreza suficiente para acudir aos distintos corpora lexicos a través de Internet, e ser capaz de construír un artigo lexicográfico a partir da información extraída deles.
* A METODOLOXÍA AQUÍ RECOLLIDA SÓ SERÁ APLICABLE NO CASO DE QUE A DOCENCIA (EXPOSITIVA E INTERACTIVA) SEXA PRESENCIAL. VÉXASE O APARATADO OBSERVACIÓNS
Farase un seguimento lineal do programa, e cada tema teórico irá acompañado do comentario dalgún estudo crítico sobre o tema, ou do tratamento que se fai da cuestión estudada en distintas obras lexicográficas concretas. Faranse exercicios de carácter práctico.
As clases expositivas permitirán que a profesora aclare os contidos centrais do programa, pero os estudantes deberán manter un ritmo constante de lecturas complementarias, que completarán as explicacións da profesora. Nas sesións interactivas realizaranse exercicios prácticos (de complexidade progresiva) que permitan que os/as estudantes vaian asimilando os mecanismos que sustentan as innovacións lexicas e os procedementos de formación de palabras.
A profesora proporcionará o material bibliográfico necesario para o correcto desenvolvemento da materia.
En calquera caso, a profesora promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
* O SISTEMA DE AVALIACIÓN AQUÍ RECOLLIDA SÓ SERÁ APLICABLE NO CASO DE QUE A DOCENCIA (EXPOSITIVA E INTERACTIVA) SEXA PRESENCIAL. VÉXASE O APARATADO OBSERVACIÓNS
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación do alumno levarase a cabo mediante un proceso de avaliación continua e a realización dun traballo final.
1. A asistencia diaria, a participación activa nas clases e a realización do exercicios prácticos requiridos suporán o 60% da cualificación final.
2. O 40% restante da cualificación final virá dado pola valoración dun traballo sobre algún aspecto relacionado co programa, que o alumno elaborará de xeito individual e por escrito.
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia terán a obriga de presentar un traballo escrito, que lle será asignado pola profesora, que será valorado de 0 a 4 puntos, e realizarán unha recensión crítica de algunha ou algunhas lecturas obrigatorias propostas pola profesora. Esta recensión será valorada de 0 a 6 puntos.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Exame escrito, con cuestións relativas ao temario da materia, valorado de 0 a 10 puntos.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase que o alumno dedique unhas seis horas de traballo semanais á preparación desta materia.
É unha materia fácil de entender nos seus contidos, pero que esixe unha preparación continuada, polo que se recomenda ao alumno que non deixe a súa preparación para os días anteriores á data do exame. É conveniente, así mesmo, que sexa quen de ler bibliografía en distintas linguas.
É moi importante a asistencia a clase (presencial ou en romoto), por canto se trata dunha materia eminentemente práctica e requírise certa disciplina de traballo por parte dos/as alumnos/as, así como a capacidade para ler bibliografía en distintas linguas románicas.
PLAN DE CONTINXENCIA.
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
De ser necesario, as clases expositivas impartiranse nun 50% de modo virtual con mecanismos síncronos, mentras que un mínimo do 50% das interactivas terán carácter presencial. A asistencia a clase é obrigatoria. As titorías serán atendidas de modo virtual e personalizadas. Haberá tamén titorías en grupo se así se solicita.
Se as condicións o permiten, os/as alumnos/as exporán os resultados acadados nas súas actividades individuais na aula. De non ser factible esta posibilidade, os estudantes explicarán os resultados obtidos na súa aprendizaxe autónoma por vía telemática a través dos mecanismos habilitados para tal fin pola USC.
A profesora facilitará ós/ás estudantes materiais de aprendizaxe que servirán tanto para complementar os contidos das clases expositivas como para a realización das tarefas interactivas e do traballo final.
En calquera caso, a profesora promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
O sistema de avaliación non variará respecto do empregado no caso da docencia presencial (40% da cualificación: preparación do traballo escrito, elaborado de xeito individual; 60% restante: actividades e exercicios prácticos feitos ó longo do curso).
A DATA DE ENTREGA DO TRABALLO FINAL coincidirá ca data de examen final fixada oficialmente.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
A metodoloxía de ensino será totalmente virtual e desenvolverase de maneira síncrona a través das plataformas institucionais da USC. A asistencia a clase é obrigatoria. As titorías serán atendidas de xeito virtual.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará ós alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, artigos de revistas, capítulos de lisbros ou o material que a docente considere máis axeitado) como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas.
En calquera caso, a profesora promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
A profesora poñerá a disposición dos/as estudantes o material bibliográfico necesario para a realización do traballo final, que deberá ser subido á aula virtual e enviado tamén por email á profesora. A DATA DE ENTREGA DO TRABALLO FINAL coincidirá ca data de examen fixada de maneira oficial.
1) O sistema de avaliación non variará respecto do empregado no caso da docencia presencial (40% da cualificación: preparación do traballo escrito, elaborado de xeito individual; 60% restante: actividades e exercicios prácticos feitos ó longo do curso).
A DATA DE ENTREGA DO TRABALLO coincidirá ca data oficial establecida pola Fac. de Filoloxía para a realización do exame.
2) En SEGUNDA OPORTUNIDADE para todos os escenarios: Exame escrito, con cuestións relativas ao temario da materia, valorado de 0 a 10 puntos.
3) Para os escenarios 2 e 3, os alumnos que teñan dispensa de asistencia terán a obriga de presentar un traballo escrito, que lle será asignado pola profesora, que será valorado de 0 a 4 puntos, e realizarán unha recensión crítica de algunha ou algunhas lecturas obrigatorias propostas pola profesora. Esta recensión será valorada de 0 a 6 puntos.
4) Os estudantes que non asistan regularmente a clase e non teñan dispensa irás directamente ó exame final nas dastas marcadas oficialemente.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.