Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase de facer un percorrido pola produción da narrativa breve románica medieval, deténdose naqueles autores e obras de referencia. O alumno deberá acabar a materia sabendo identificar en liñas xerais determinados exemplos da "narratio brevis" medieval, identificar os autores dos textos máis salientables estudados e identificar os trazos máis definidores do xénero e recoñecer as marcas que o distinguen da “narrativa extensa”.
1. A "NARRATIO BREVIS".
• definición
• xéneros
• marco literario
• marco social
2. ANTECEDENTES DO XÉNERO
2.1. O "exemplum": marco homilético / marco literario
2.1.1. As derivacións do MARCO HOMILÉTICO:
• Martiroloxios e pasionarios
• Coleccións de Vidas de santos: a Legenda Aurea
• Vidas de santos/as individuais: a Légende de Saint Alexis; a Vida de Santa María Egipcíaca.
• Coleccións de milagres: Liber Sancti Jacobi; Miracles de Nostre Dame (Gautier de Coinci), Milagros de Nuestra Señora (Gonzalo de Berceo), Cantigas de Santa Maria (Afonso X, o Sabio).
2.1.2. As derivacións do MARCO LITERARIO:
As coleccións de contos de orixe oriental:
• Diciplina Clericalis
• Sendebar
• Barlaam e Josafat
2.1.3. As coleccións de contos medievais.
• El Conde Lucanor (Don Juan Manuel)
3. NARRATIVA BREVE OCCITANA:
3.1. Vidas e Razos
3.2. As Novas occitanas : Castia Gilos
4. NARRATIVA BREVE EN LANGUE D'OÏL
4.1. Os Lais de María de Francia
4.2. Os fabliaux
5. A CODIFICACIÓN DA NOVELLA:
5.1. Il Decameron (Boccaccio)
NARRATIVA BREVE. Bibliografía esencial:
Edicións de lectura obrigatoria:
Sendebar (Mª J. Lacarra, ed.), Cátedra, Madrid, 1995.
Don Juan Manuel: El Conde Lucanor (Guillermo Serés, ed.), Cículo de Lectores-Galaxia Gutenberg, Madrid, 2006.
Castigos para celosos, consejos para juglares, Jesús D. Rodríguez Velasco (ed.), Madrid, Gredos, 1999.
El Decamerón : diez cuentos / Giovanni Boccaccio ; edición de Juan Varela-Portas de Orduña, Madrid, Castalia, 2004.
María de Francia. Los Lais, (C. Alvar, ed.), Madrid, Alianza, 1994 (Lais de la madreselva)
Estudos:
Alexandre-Bidon, D., Le quotidien au temps des Fabliaux : textes, images, objets, Paris, Picard, 2003.
Baños Vallejo, F., Las vidas de santos en la literatura medieval española, Laberinto, Madrid, 2003.
Baños Vallejo, F.: La hagiografía como género literario en la Edad Media. Tipología de doce Vidas individuales castellanas. Universidad de Oviedo. Oviedo, 1989.
Battaglia, S., “L’Esempio medievale”, Filologia Romanza, 6, 1959, pp. 45-82.
Boesch Gajano, S.: La santitità. Laterza, Roma-Bari, 1999.
Cursi, M., Il Decameron : scritture, scriventi, lettori : storia di un testo, Roma, Viella, 2007.
Devoto, D., Introducción al estudio de don Juan Manuel y en particular de El conde Lucanor, Madrid, 1972.
Dubois, J. – Lemaire, J.L.: Sources et methods de l’hagiographie. Cerf, Paris, 1993.
Dubuis, R., “Les formes narratives brèves”, GRLMA, VIII, 1, Heidelberg, 1989, pp. 178-193.
Dubuis, R., Les Cents Nouvelles nouvelles et la tradition de la nouvelle en France au Moyen Age, Grenoble, 1973l.
Fabliaux : cuentos franceses medievales (edición bilingüe de Felicia de Casas), Madrid, Cátedra, 1994.
Fidalgo Francisco, E., Cantigas de Santa Maria, Vigo, Xerais, 2002.
Gómez Redondo, F., Historia de la prosa medieval castellana (vol. I), Madrid, Cátedra, 1998, pp. 980-1008 e 1148-1181.
Grégoire, R.: Manuale di agiologia. Introduzione alla letteratura agiografica. Monastero san Silvestre Abate, Fabriano, 1987.
Hauss, H. R., “Littérature médiévale et théorie des genres”, Poétique, 1, 1970, pp. 79-101.
Huchet, J.Ch., Nouvelles occitanes du Moyen Age, Paris, Garnier-Flammarion, 1991.
Jauss, H. R. (coord.), La littérature didactique, allégorique et satirique, en Grundriss der Romanischen Literaturen des Mittelalters, t. VI / 1, Heildeberg, Carl Winter Verlag, 1968.
Jolles, Formes simples, Seuil, Paris, 1972.
Krömer, W., Formas de la narración breve en las literaturas románicas hasta 1700, Gredos, Madrid, 1973.
La Leyenda dorada. Santiago de la Vorágine (traducción del latín Fray José Manuel Macias), Madrid, Alianza, 1987.
La Vie de Saint Alexis, édition critique par Maurizio Perugi, Genève, Droz, 2000.
Lacarra, Mª J., Cuentística medieval en España: los orígenes, Universidad de zaragoza, s/d.
Lacarra, Mª J., Cuento y novela corta en España. Edad Media. Crítica, Barcelona, 1999.
Lacarra, Mª Jesús, Don Juan Manuel, Madrid, Síntesis, 2006.
Los Fabliaux, Josefa López Alcáraz (ed. y trad.), 3 vols., Murcia, Universidad, 1990-2003.
Mettmann, W., Alfonso X el Sabio. Cantigas de Santa María (3 vols.), Castalia, Madrid, 1986-1989.
Milagros de Nuestra Señora / Gonzalo de Berceo, edición, estudio y notas de Fernando Baños, Crítica, Barcelona, 2001.
Monte, Alberto del, Introduzione alla lettura dei lais di Maria di Francia : appunti dalle lezioni, Milano, Gisalpino-Goliardica, 1973.
Montoya Martínez, J., Las Colecciones de milagros de la Virgen
As competencias específicas que debe acadar o alumnado co estudo desta materia son:
• Consciencia da literatura románica como un bloque sólido, con distinción de xéneros específicos.
• Consciencia de xénero na literatura románica medieval por riba de fronteiras lingüísticas.
• Comprensión do fenómeno de creación e expansión dun novo xeito de entender a narrativa.
• Coñecemento de distintos xéneros narrativos na Idade Media románica
• Adquisición de capacidade crítica para avaliar as distintas tradicións literarias no marco das diferenzas e analoxías que presentan.
• Capacidade para establecer relacións sincrónicas e diacrónicas entre os diversos aspectos tratados na programación.
• Capacidade para percibir a repercusión que o macroxénero da narrativa breve tivo na literatura posterior.
*A METODOLOXÍA AQUÍ RECOLLIDA SÓ SERÁ APLICABLE NO CASO DE QUE A DOCENCIA (EXPOSITIVA E INTERACTIVA) SEXA PRESENCIAL. VER APARTADO DE OBSERVACIÓNS
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que a profesora impartirá clases expositivas sobre contidos que os/as alumnos/as deberán asimilar e demostrar ter comprendido ca participación activa na clase.
Os/as estudantes deberán facer aquelas lecturas que se vaian aconsellando para poder seguir o desenvolvemento do programa. Trátase, sobre todo, de capítulos de libros, de artigos e outras publicacións curtas, que traten aspectos relevantes do tema en cuestión e que facilitará que o/a estudante siga as explicacións teóricas, e que lle permita participar de maneira eficaz nos comentarios de texto dirixidos que se farán na aula para asentar os coñecementos recentemente adquiridos.
Aconsellarase bibliografía específica ó longo do curso, a medida que se aborden determinados temas.
As clases interactivas estarán dirixidas pola profesora, pero buscarán a participación activa dos/as estudantes, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, como na preparación persoal, fóra da aula, dun traballo individual que poderá ser exposto na aula nas datas previamente fixadas ou entregado á profesora en soporte escrito se así o require.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas a resolver calquera atranco ou dúbida suscitadas polo temario ou polo desenvolcementos das aulas.
*A METODOLOXÍA AQUÍ RECOLLIDA SÓ SERÁ APLICABLE NO CASO DE QUE A DOCENCIA (EXPOSITIVA E INTERACTIVA) SEXA PRESENCIAL. VER APARTADO DE OBSERVACIÓNS
A nota da asignatura procederá nun 40% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o/a estudante de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. O 60% restante obterase cun traballo final acerca dalgún tema proposto pola profesora e que deberá ser entregado coincidindo ca data final da materia establecida de xeito oficial.
Os/as estudantes non presenciais, pero que poidan xustificar debidamente a súa ausencia, serán considerados como estudantes presenciais e a profesora poderá solicitar a elaboración dalgún traballo adicional.
Os/as estudantes non presenciais serán avaliados a través da realización dunha recensión crítica dunha obra proposta pola profesora e dun traballo sobre algún aspecto do programa. A valoración de ambas probas será dun 30% e 70% respectivamente.
A proba de SEGUNDA OPORTUNIDADE consistirá na realización dunha recensión crítica dunha obra proposta pola profesora e dun traballo sobre algún aspecto do programa. A valoración de ambas probas será dun 30% e 70% respectivamente.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 50 horas.
Sesións de avaliación: 5 horas
Sesións de titorías personalizadas: 5 horas.
Total sesións: 60 horas.
Horas de traballo non presenciais do alumno (estimativo):
Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 40 horas
Elaboración do traballo final: 50 horas
Total: 90 horas.
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumno. A organización desta parte é da enteira responsabilidade do estudante.
Seguir puntualmente o itinerario da materia, asistir ás titorías cando sexa necesario, realizar os traballos ordenados pola profesora e asistir a clase sempre que sexa posible para facilitar o correcto desenvolvemento da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA. METODOLOXÍA E AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
De xeito xeral, manterase o desenvolvemento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero cas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto a profesora como os/as estudantes seguirán neste escenario as leccións do curso de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases) pola plataforma Teams. Pola súa banda, a docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; de ser necesario, o resto impartirase virtualmente por Teams. A asistencia a clase é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías serán atendidas de xeito exclusivo tamén por esta plataforma.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, a profesora proporcionará ós/ás estudantes elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, artigos, capítulos de libro ou calquera outro material que considere axeitado) como complemento das clases expositivas e/ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido pola profesora en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual, pero fomentarase o traballo colaborativo. En calquera caso, a profesora promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
De xeito xeral, manterase o desenvolvemento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero cas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto a profesora como os/as estudantes seguirán as leccións do curso, de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases), a través das plataformas on-line oportunas. A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións. Todas as titorías tamén se atenderán por este sistema. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, a profesora proporcionará ós/ás estudantes elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, artigos, capítulos de libro ou calquera outro material que considere axeitado) como complemento das clases expositivas e para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido pola profesora en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de aillamento, pero fomentarase o traballo colaborativo. En calquera caso, a profesora promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2 e 3:
A nota da asignatura procederá nun 40% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o/a estudante de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. O 60% restante obterase cun traballo final acerca dalgún tema proposto pola profesora e que deberá ser enviado por correo electrónico á profesora coincidindo ca data final da materia establecida de xeito oficial.
Os/as estudantes non presenciais, pero que poidan xustificar debidamente a súa ausencia, serán considerados como estudantes presenciais, pero a profesora poderá solicitar a elaboración dalgún traballo adicional.
Os/as estudantes non presenciais serán avaliados a través da realización dunha recensión crítica dunha obra proposta pola profesora e dun traballo sobre algún aspecto do programa. A valoración de ambas probas será dun 30% e 70% respectivamente.
A proba de SEGUNDA OPORTUNIDADE consistirá na realización dunha recensión crítica dunha obra proposta pola profesora e dun traballo sobre algún aspecto do programa. A valoración de ambas probas será dun 30% e 70% respectivamente.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.