Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O curso pretende introducir no estudo da literatura italiana do século XX, escollendo coma punto prioritario de observación, algunhas obras representativas.
Decadentismo e simbolismo. Giovanni Pascoli. Gabriele d’Annunzio.
O rexurdimento da novela. Federigo Tozzi.
Giuseppe Ungaretti.
Eugenio Montale.
Entre realismo e simbolismo. Dino Buzzati. Cesare Pavese.
Bibliografía básica:
a) Unha Storia della Letteratura que haberá que elixir entre as seguintes:
- FERRONI, G., Storia e testi della Letteratura Italiana, Milano, Mondadori Università.
- LUPERINI, R. – CATALDI, P., La scrittura e l’interpretazione: storia della letteratura italiana nel quadro della civiltà e della letteratura dell’Occidente, Palermo, Palumbo, (serie rossa).
b) Unha antoloxía de textos poéticos dispoñible ao comenzo do curso na aula virtual.
c) As seguintes obras:
G. D'ANNUNZIO, Il Piacere;
F. TOZZI, Il podere;
D. BUZZATI, Il deserto dei Tartari;
C. PAVESE, La luna e i falò;
Bibliografía complementaria:
Indicarase ao comezo do curso.
Coñecemento de poéticas, autores e obras representativas do Novecento italiano. Capacidade de interpretar criticamente textos literarios relativos ao período estudado.
Cada tema será obxecto de explicación teórica detallada, á que lle seguirá a análise directa dos textos. Na análise dos textos pedirase a intervención activa do estudante.
Para a primeira oportunidade, a avaliación farase a partir de dous parámetros (o peso proporcional na nota final indícase entre paréntese):
-Controis de lectura, tarefas e exposicións orais realizadas durante o curso, xunto coa participación activa e informada nas clases (50%);
-exame final (50%).
Para a segunda oportunidade: exame escrito (100%);
Os estudantes con exención oficial de asistencia presentaranse ao exame final (100% da nota).
Será fundamental o estudio progresivo e constante da materia.
Asistencia regular ás clases, estudo continuado e lectura das obras obrigatorias paralelamente á súa explicación teórica para facilitar a discusión na clase.
1.-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
2.-As titorías serán en presencia, previa cita a través do correo electrónico.
3.-A profesora responderá aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
4.-Lémbrase aos estudantes que a profesora poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
Cristina Marchisio
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811865
- Correo electrónico
- cristina.marchisio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C03 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C03 |
17.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
17.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
15.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
15.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |