Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia proponse presentar aos estudantes unha ampla visión da produción literaria italiana dos séculos XVII e XVIII.
1. A literatura do século XVII.
1.1. Características culturais do Barroco.
1.2. A poesía. Marinismo e Clasicismo “secentesco”: Marino, Chiabrera.
1.3. O teatro e a prosa narrativa.
2. Do século XVII á literatura do período ilustrado.
2.1. Características culturais do período preilustrado.
2.2. A Academia da Arcadia e Metastasio.
3. A literatura do período ilustrado.
3.1. Características culturais da Ilustración.
3.2. A poesía didascálica. Giuseppe Parini.
3.3. As reformas teatrais. Carlo Goldoni e Carlo Gozzi.
4. A literatura neoclásica.
4.1. Características culturais do período neoclásico.
4.2. O teatro e a poesía de Alfieri.
5. O período napoleónico e xacobino. O Prerromanticismo.
5.1. Características culturais do período prerromántico.
5.2. Ugo Foscolo.
Bibliografía básica
1. Lecturas obrigatorias.
Goldoni, Carlo, La locandiera, en Commedie, a cura di Guido Davico Bonino, Milano, Garzanti, 1991, 2 vols.
Parini, Giuseppe, Il giorno [Mattino II, vv. 1-184; 250-421, Meriggio, vv. 254-695], en Il giorno. Le odi, a cura di Andrea Calzolari, Milano, Garzanti, 1989.
Alfieri, Vittorio, Mirra, en Id., Tragedie, a cura di Stefano Jacomuzzi, Milano, Mondadori, 1992.
Foscolo, Ugo, Ultime lettere di Jacopo Ortis, a cura di Walter Binni e Lucio Felici, Milano, Garzanti, 1981.
2. Texto para as exposicións en clase ou para a realización de resumos
Pieri, Marzia (a cura di), Il teatro di Goldoni, Bologna, Il Mulino, 1993.
3. Manuais e enciclopedias
Asor Rosa, Alberto (dir.), Letteratura italiana. Le opere, Torino, Einaudi, 1993 (vol. Dal Cinquecento al Settecento).
Ferroni, Giulio, Storia della letteratura italiana, Torino, Einaudi, 1991 (vol. Dal ’500 al ’700).
Malato, Enrico, Storia della letteratura italiana, Roma, Salerno Editrice, 1994 (vols. La fine del Cinquecento e il Seicento, e Il Settecento).
A CAUSA DA LIMITACIÓN DE CARACTERES, O RESTO DA BIBLIOGRAFÍA DEBE SER CONSULTADO NA AULA VIRTUAL DA MATERIA.
Os/as estudantes deberán coñecer as principais correntes, autores e obras pertencentes ao período estudado nesta materia e ser quen de realizar un comentario literario exhaustivo e correcto de calquera delas.
As clases desenvolveranse exclusivamente en italiano. Nelas alternaranse as explicacións de carácter historiográfico con lecturas e análises de textos. As clases prevén a participación activa e constante dos estudantes.
As clases expositivas alternarán as explicacións teóricas con lecturas e exercicios prácticos guiados polo docente. Nas clases interactivas os/as estudantes practicarán a análise de textos literarios italianos dos séculos XVII e XVIII. Para isto, o docente indicará, coa antelación suficiente, os textos obxecto de comentario para, posteriormente, seren expostos e corrixidos durante as clases.
O profesor servirase da aula virtual para poñer a disposición dos estudantes apuntes, documentos, materiais multimedia, etc.
(a) Exame final: ata 8 puntos. O exame, que os/as estudantes deberán redactar en italiano, estará dividido en dúas seccións: na primeira parte o/a alumno/a deberá responder a preguntas de carácter teórico sobre os temas do programa da materia e, na segunda, realizar un comentario dun texto literario italiano do período abranguido pola materia.
(b) Comentario dun texto literario italiano (que será posteriormente exposto na clase polo/a estudente): ata 2 puntos (1 + 1). O texto do comentario será fixado polo profesor. O comentario, en italiano, terá unha extensión máxima de 5 páxinas (Times New Roman 12, entreliñado 1,5, marxes 2 cm.).
O texto do comentario (exclusivamente en formato DOC o DOCX) e o material da exposición (presentación dixital, guión, textos distribuídos entre os asistentes, etc., exclusivamente en formatos PPT, PTTX, DOC, DOCX ou PDF —este último só para os textos distribuídos—), ou do resumo (exclusivamente en formato DOC o DOCX), serán entregados a través da aula virtual antes das 14:00 horas do 1 de outubro de 2025 (ou ata as 14:00 horas do 1 de maio de 2026 para a segunda oportunidade). O material enviado ao profesor por outros medios, despois da devandita data ou noutros formatos diferentes aos indicados non será tido en conta.
O sistema de avaliación será igual nas dúas oportunidades previstas, salvo polo que respecta á exposición do comentario en clase (na segunda oportunidade a puntuación do comentario, ata 2 puntos, derivará totalmente do traballo presentado polo/a estudante). Este último será tamén o sistema de avaliación para os/as estudantes con dispensa oficial de asistencia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Nota importante 1: todos os textos que os/as estudantes deberán entregar, en italiano, deberán axeitarse ao nivel de lingua esixible a un alumno de Lingua italiana 7 e, xa que logo, estar totalmente libres de erros grafemáticos, semánticos e morfolóxicos (subsanables en todos os casos a través da consulta dun dicionario ou unha gramática) e presentar unha sintaxe ben artellada e globalmente correcta. Cada erro deste tipo implicará unha redución de 0,25 puntos sobre a nota final.
Nota importante 2: o comentario dun texto literario deberá presentar, polo menos, as seguintes seccións:
1. Descrición da tipoloxía do texto comentado.
2. Análise métrica, dramatúrxica, narratolóxica, retórica, etc. segundo corresponda.
3. Análise do contido do texto e da súa relación coa súa forma.
4. Relación do texto coa obra e período aos que pertence.
5. Conclusións e valoración crítica do texto.
6. Bibliografía consultada e citada.
Con esta materia obtéñense 6 créditos. Ademais da participación nas clases, catro horas semanais de estudo persoal e lectura crítica deberían ser dabondo para superar a materia.
Recoméndase estudar diariamente, preparar individualmente os comentarios de texto indicados polo docente e consultar e ler os manuais e obras de consulta recomendados na bibliografía.
Así mesmo é moi importante revisar detidamente todo o material que se entregue ao profesor, tanto dende un punto de vista contenutístico como lingüístico.
1. Calquera fragmento pertencente á obra doutra persoa incluído nun traballo ou nunha presentación sen as preceptivas aspas e a indicación explícita da súa procedencia será considerado plaxio e dará lugar a unha cualificación de 0 (cero) no traballo.
2. O profesor non responderá nin terá en conta as mensaxes de correo electrónico en cuxo texto non se indique o nome completo do/a estudante e a materia á que pertence.
3. O profesor responderá aos correos electrónicos dos/as estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
4. Excepcionalmente será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
5. Lémbrase aos/ás estudantes que o profesor poderá pórse en contacto con eles/as a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
6. O profesor poderá solicitar a sinatura da presencia na aula aos/ás estudantes a mero efecto estatístico, sen valor para a avaliación da materia.
Javier Gutierrez Carou
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811867
- Correo electrónico
- javier.gutierrez.carou [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C03 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C06 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | B03-Sala de videoconferencia |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |