Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos do patrimonio literario inmaterial, como portador de diversos coñecementos, ideas e valores.
-Comprender e interpretar os procesos de pervivencia (recepción, revisión, reinterpretación e recreación) do patrimonio literario inmaterial.
-Analizar e sintetizar información procedente de distintas teorías e metodoloxías interpretativas, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
-Reunir e interpretar datos constitutivos do patrimonio literario inmaterial que sirvan para emitir xuízos e inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica o ética.
-Comunicar información e ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun xeito claro e eficaz.
-Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Contidos a desenvolver nas clases expositivas
-Definición e clasificación da literatura de transmisión oral dende o punto de vista dos xéneros narratolóxicos
-Definición e historia dos termos: mito, lenda, conto.
-Delimitación da materia: Historia, Relato tradicional e Ficción literaria: narratio, poiesis, fictio, argumentum, fabula, historia.
-Definicións e clasificación da literatura de transmisión oral dende o punto de vista da historia das relixións, da ciencia, da lingua e da cultura: mýthos frente a lógos; mýthos frente a historia.
-A interpretación dos relatos tradicionais: puntos de vista e problemas: Simbolismo, Historicismo, Astralismo, Ritualismo, Estructuralismo, Comparatismo, Feminismo...
-Tipoloxía de relatos: Teogonías e cosmogonías, Antropogonías e orixes das especies naturais, Etnoxéneses, Historia da civilización (relixión, leis, artes, ciencias), Didácticos-morais...
Contidos a desenvolver nas clases interactivas
-A exéxese do relato tradicional a partir de diferentes teorías, métodos e técnicas de estudio (simbolismo, historicismo, arqueoastronomía, ritualismo, folklorismo, estruturalismo, feminismo, etc).
-A análise dos procesos de recreación e reintepretación iconográfica, filosófica, literaria, escénica (audiovisual), lúdica (videoxogos) o comercial (publicidade) dos mitos.
-A análise comparada de narracións orais tradicionais (contos) co obxecto de identificar os seus elementos funcionais (estrutura, motivos, arquetipos), e comprobar a súa vixencia e operatividade.
-Aarne, A. – Thompson, S. – Uther, H.-J.:, The Catalogue of International Tale Types 2004 (ATU).
-Anderson, G.: Fairytales in the ancient world, London 2000
-Burkert, W: Religión griega, arcaica y clásica, Madrid 2007
-Burkert, W.: La creación de lo sagrado, Barcelona 2009, pp. 107-144
-Camarena, J.: Catálogo tipológico del cuento español (4 vols.) Madrid 1995 (Cuentos maravillosos), 1997 (Cuentos de animales), 2003 (Cuentos religiosos), 2003 (Cuentos-novela).
-Contreras Valverde, J.-Ramos Acebes, B.-Rico Rico, I.: Diccionario de mitología romana, Madrid 1992.
-Dumèzil, G.: Mito y epopeya, 3 vols., México 1996.
-Eliade, M: Aspects du mythe, Paris 1963.
-Eliade, M: Historia de las creencias y las ideas religiosas, Madrid 1978-1983 (5 vols.)
-Espinosa, A.M.: Cuentos populares de la tradición oral de España, Madrid 2009
-Fontenrose, J.: Python, Berkeley 1980
-Frazer, J.G., La rama dorada, México 1944.
-Frazer, J.G.: El folklore en el Antiguo Testamento, Méjico-Madrid-Buenos Aires 1981
-García Gual, C.: Introducción a la mitología griega, Madrid 2005.
-Graves, R.: Los Mitos griegos, Madrid 1996 (2 vols.).
-Grimal, P.: Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona 1982.
-Kirk, G. S.: El mito. Su significado y funciones en las distintas culturas, Barcelona 1973.
-Kramer, S.M.: La historia empieza en Sumer, Madrid 2010
-Lamas, M.: Mitologia geral, vol. I: Mitologias dos primitivos actuais, das Américas, egípcia, suméria, asírio-babilónica, hitita, fenícia, pré-helénica, grega e romana; vol. II: Mitologias germânica, eslava, báltica, ugro-finlandesa, celta, ibérica, persa, indiana, budista, chinesa e japonesa, Lisboa 2000
-Lara Peinado, F.: Mitos sumerios y acadios, Madrid 1984
-Lexicon Iconographicum Mythologiae Classical (LIMC)
-Neumann, E.: La gran madre. Una fenomenología de las creaciones femeninas del inconsciente, Madrid 2009
-Noya Campos, C.: Catálogo tipoloxico do conto galego de tradición oral, Vigo 2011
-Olmo Lete, G. (dir.): Mitología y religión del Oriente antiguo, vol. I: Egipto y Mesopotamia; vol. II/1-2: Semitas Occidentales; vol. III: Indoeuropeos, Sabadell 1993-1999
-Olmo Lete, G.: Mitos, leyendas y rituales de los semitas occidentales Barcelona 1998.
-Preller, L.-Robert.C.: Griechische Mythologie, Berlin 1964 (4 vols.)
Propp, V.: La morfología del cuento, Madrid 1982.
-Roscher, W.H., Ausführliches Lexikon der greichischen und römischen Mythologie, Hildesheim 1977-1978 (10 vols.)
-Rose, H.J., Mitología Griega, Madrid 1973
-Ruiz de Elvira, A.: Mitología Clásica, Madrid 1988.
-Uther, H.-J.: Handbuch zu den “Kinder- und Hausmärchen” der Brüder Grimm, Berlin 2008
-Vernant, J. P.: Mito y pensamiento en la Grecia antigua, Barcelona 1991
-Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
- Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos
procesos culturais
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función
dos obxectivos que se persigan
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole
social, científica ou ética.
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non
especializados dun modo claro e eficaz
- Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
-Nesta modalidade o proceso de aprendizaxe, as actividades formativas e o traballo do alumnado, así como as titorías, realizaranse en boa medida por medio de ferramentas tecnolóxicas capaces de dar unha alternativa á presencialidade. A través destas proporcionaranse ao alumnado material de apoio (referencias bibliográficas, documentos de interese, enlaces, etc.), establecerase un calendario coas tarefas a realizar e abriranse foros para a resolución de dúbidas e como espazo de debate.
-En calquera caso, haberá ademais 14 horas de docencia no presencial síncrona programada nos horarios oficiais da Facultade. Estas sesións poderán seguirse mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente.
-Haberá tamén 12 horas de titorías en grupo reducido, que se programarán ao longo do curso con frecuencia semanal en franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para levalas a efecto, se empregará a mesma tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para o desenvolvemento das aulas da materia, aínda que tamén poida recorrerse para tal fin a outras tecnoloxías, como o chat da aula virtual, o correo electrónico, etc.
-Todos os recursos e materiais utilizados nas sesións non presenciais síncronas se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
-Todas as consultas realizadas polo alumnado serán respondidas mediante correo nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre en cando o profesor non estea de permiso. As posibles tarefas propias da avaliación continua serán cualificadas nun prazo non superior a un mes.
-A adaptación de esta materia á modalidade de docencia virtual farase da seguinte forma:
-Os contidos da parte teórica desenvolveranse nas sesión de docencia non presencial síncrona e/ou presentaranse en documentos proporcionados a través da plataforma. Consistirán en:
1) Lección maxistral dos contidos teóricos do programa
2) Lectura de documentos escollidos para ilustrar as definicións, clasificacións, evolucións, metodoloxías e tipoloxías explicadas nas leccións
3) Comentario das lecturas, audicións ou documentos iconográficos. As referencias e enlaces de todo o material de apoio facilitaranse a través da plataforma.
-As actividades prácticas consistirán en:
1) Recompilación dos materiais obxecto de estudo directamente das fontes primarias.
2) Análise baseado na lectura directa das fontes (en traducións), na bibliografía dispoñible, e nas distintas ferramentas metodolóxicas amosadas na parte teórica
3) Seguimento e análise da pervivencia e evolución de elementos constitutivos de literatura inmaterial e as súas recreacións e reinterpretacións filosóficas, literarias ou artísticas.
4) Análise comparada de narracións tradicionais e dos seus elementos constitutivos
5) Presentacións para debates por parte do alumnado de temas de súa escolla.
-O 20% da cualificación corresponderá á participación proactiva nas actividades do curso. Para a avaliación da participación, tomarase en consideración tanto o número coma o nivel das intervencións.
-Un 40% da cualificación basearase nun control dos coñecementos teóricos e a capacidade de análise adquiridos ao longo do curso, mediante un exame final.
-Un 40% da cualificación sairá da avaliación contínua de catro actividades que se levarán a cabo ao longo do curso, e que consistirán en duas tarefas prácticas (5% da cualificación final cada unha delas), unha exposición oral (10%), e un traballo escrito (20%). Este traballo deberá ser entregado nas datas sinaladas e seguir os criterios establecidos en canto a forma e contido.
-Estes criterios serán de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
-No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia, o único sistema de avaliación será o exame.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avalíanse todas as competencias e resultados de aprendizaxe da materia
-A materia consta de 6 créditos (3 teóricos e 3 prácticos) equivalentes no sistema ECTS a 148 horas de traballo.- Destas 148 horas, 14 corresponden ás sesións docentes presenciais, onde se expoñerán os contidos e as actividades prácticas; outras 12 ás titorías de orientación teórico-metodolóxica; e outras 4 horas para exames.
-O resto, 120 horas, corresponde ao traballo persoal do alumnado e outras actividades
-Asistencia (presencial ou por streming) ás clases e ás titorías.
-Uso regular do campus virtual, que será o medio para facilitar os materiais.
-Participación voluntaria e proactiva nas actividades propostas.
-Traballo de repaso dos contidos e actividades vistas na aula e nas titorías co obxecto de facilitar a súa asimilación conceptual e acadar unha praxis para a resolución dos problemas e exercicios propostos.
- Á parte de bibliografía básica da materia, sinalada no apartado pertinente, os distintos apartados do temario inclúen cadansúa bibliografía complementaria que se irá facilitando ao alumnado progresivamente a través do Campus Virtual.
Jose Maria Anguita Jaen
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- josem.anguita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 16 |
02.06.2026 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
30.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |