Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Socioloxía, Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer, comprender e saber aplicar as ferramentas teóricas e metodolóxicas da Ciencia Política e da Socioloxía para identificar e analizar as Políticas culturais no seu marco de referencia e coordenadas espacio-temporais (con especial atención ao noso contexto estatal e Comunidade autónoma).
2. Activar a capacidade de reflexionar, razoar e interpretar críticamente ao respecto da intervención pública da cultura, a súa idiosincrasia, necesidade, alcance e límites; seus modelos e referentes históricos, a xénese, evolución e desenvolvemento ou as experiencias más recentes e innovadoras en materia cultural.
3. Observar de forma comprensiva, e analítica o ciclo das políticas culturais nun escenario multinivel (UE-Admón.Local), e establecer comparacións, relacións ou procesos de cooperación entre diferentes realidades socioculturais e as súas múltiples manifestacións artísticas, e creativas.
4. Identificar e comparar os distintos modelos de política cultural, en función dos seus promotores, e dos países nos que se aplican, ao fin de fomentar o espíritu crítico e facer propostas innovadoras para mellorar as políticas culturais actuais.
5. Comprender e analizar o modelo paradigmático de políticas culturais públicas de Francia e o seu potencial de transferencia a outros países.
1. Introducción: marco teórico, (de)construción e ciclo das políticas públicas.
2. Políticas culturais: evolución histórica, principais achegas e paradigmas.
3. Políticas culturais: implementación e análise no marco do multilevel governance.
4. Políticas culturais sectoriais: libro, música, artes escénicas, audiovisual e artes plásticas. Desafíos das políticas culturais do século XXI.
5. Modelo francés, paradigma das políticas culturais: orixes e evolución.
6. Modelo francés, as craves: Cultura como razón de Estado e a excepción cultural.
7. Modelo francés, a organización (socio)política: o ecosistema cultural.
8. Modelo francés, realidades e retos: innovación e experiencias de políticas culturais.
dorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Ariño, A. (2010). Prácticas culturales en España. Barcelona.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural. Paidós.
- (2013) La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Alianza.
Benhabib, S. (2006). Las reivindicaciones de la cultura. Katz Ediciones.
Bonet, Ll. y González, M. (2021). La innovación de la gestión de la cultura. UB.
Bouzada, X.M. (Dir.). (2007). As políticas culturais nas sete principais cidades galegas. Consello da Cultura Galega
Coelho, T. (2009). Diccionario crítico de política cultural. Gedisa.
Fernández-Pardo, E. (1991). La política cultural: qué es y para qué sirve. Trea
García-Canclini, N. (1987). Políticas culturales en América Latina. Grijalbo.
Harguindéguy, J.B. (2015). Análisis de políticas públicas. Tecnos.
Inglehart, R. (1991). El cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. CIS-Siglo XXI.
Lamo de Espinosa, E. (ed.) (1995). Culturas, estados, ciudadanos. Hacia el multiculturalismo en Europa. Alianza.
López de Aguileta, I. (2000). Cultura y ciudad: Manual de política cultural municipal. Trea.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Taurus.
Miller T. y Yúdice, G. (2004). Política cultural. Gedisa.
Pérez-Bustamante, D.C. (2011). La política cultural de la Unión Europea. Los fundamentos económicos e
institucionales. Dykinson
Pérez-Sánchez, M. (2006). Análisis de políticas públicas. Editorial Universidad de Granada.
Pose, H.M. y Fraguela, R. (2006). Planificación estratéxica da cultura. Deputación da Coruña.
Pose, H.M y Rúa, P. M. (Coords). (2007). Políticas culturais e creación artística a nivel local. Deputación da
Coruña.
Rius-Ulldemolins,J. y Rubio-Arostegui, J. A. (2016). Treinta años de políticas culturales en España. PUV
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel.
Roselló-Cerezuela, D. (2004). Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
Subirats, J. (2012). Análisis y gestión de políticas públicas. Ariel.
Vieites F., M. (2017). El teatro vacío. Manual de política teatral. Asociación de Directores de
Escena de España.
Sobre o modelo francés:
Bergala, Alain (2006): L'hypothèse cinéma. Petit traité de transmission du cinéma à l'école et ailleurs. Petite bibliothèque de Cahiers de cinéma. [A versión en español é do 2007]: La hipótesis del cine: Pequeño tratado sobre la transmisión del cine en la escuela y fuera de ella. Barcelona: Ed. Laertes
Bonet, Lluís y González-Piñero, Manel (eds.) (2021): La innovación en la gestión de la cultura. Reflexiones y experiencias, Edicions de la Universitat de Barcelona [https://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/183086/1/9788491687504%20(…
Chaubet, François (dir.) (2010): La culture française dans le monde 1980-2000. Les défis de la mondialisation, L’Harmattan, pp. 229-233.
Chaubet, François (2018): L’action culturelle française dans le monde : 150 ans d’expériences [https://chmcc.hypotheses.org/2725]
Dubois, Vincent (2016): El «modelo francés» y su «crisis»: ambiciones, ambigüedades y retos de una política cultural, Debats, 130/2, pp. 33-52. [http://www.vincentdubois-socialscience.eu/IMG/pdf/79-259-1-pb.pdf]
Négrier, Emmanuel (2003): Las políticas culturales en Francia y España. Una aproximación nacional y local comparada, CNRS, CEPEL, Universidad de Montpellier.
Regourd, Serge (2004): L'exception culturelle. París: Que sais-je?
- Con05: Comparar as distintas políticas culturais poñendo o foco na súa proxeción económica e no seu impacto
para o desenvolvemento social das comunidades.
- Con10: Comprender os fundamentos das produciós culturais como industria e o seu marco lexislativo.
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en
función dos obxectivos que se persigan.
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non
especializados dun xeito claro e eficaz.
- Comp02: Cooperar no marco do traballo colaborativo tendo en conta as características do proxecto e a súa
función nunha estrutura organizativa.
- Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado realizarase a través da aula do Campus Virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC (MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A través da aula virtual proporcionarase ao alumnado material de apoio e guía na adquisición de contidos:
- presentacións con audio explicando contidos do programa
- recursos e fontes bibliográficas proporcionados polo profesorado en formato dixital sempre que sexa posible
- enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais
- vídeos breves nos que se profundice nalgún aspecto concreto dos contidos, cando proceda
- calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe en remoto do alumnado
Na aula virtual tamén se poñerán a disposición do alumnado as tarefas programadas para a avaliación continua (elaboración de proxectos, estudos de caso e traballos de curso, individualmente ou en grupo, presentacións con audio explicando contidos do programa, presentacións orais de traballos, etc.) e abriranse foros para o debate moderado por o/a docente e para a resolución de dúbidas. A través da aula virtual farase chegar a avaliación destas tarefas nun prazo non superior a un mes desde a data límite de entrega. As consultas realizadas polo alumnado serán respondidadas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o docente non estea desfrutando dalgún permiso oficial.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 60% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas na aula virtual. Para poder desfrutar desta avaliación continua será necesario entregar, como mínimo, a metade das tarefas planificadas. Nesta parte, entrará neste cómputo a participación activa na aula virtual (consulta de recursos, participación en foros etc.).
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
Todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe:
- Con05: Tarefas de avaliación continua e preguntas do exame final relativas aos temas 1 a 4.
- Con10: Tarefas de avaliación continua e preguntas do exame final relativas a todos os temas da materia.
- H/D02: Tarefas de avaliación continua relativas a todos os temas da materia.
- H/D04: Tarefas de avaliación continua e preguntas do exame final relativas a todos os temas da materia.
- Comp02: Tarefas de avaliación continua relativas a todos os temas da materia.
- Comp03: Tarefas de avaliación continua relativas a todos os temas da materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 10% valoración da participación activa na aula virtual e 50% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
Neste caso tamén, todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado repetidor, que xa cursara a materia, será avaliado co mesmo sistema establecido para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade.
Aquí tamén, estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Docencia presencial: 15 horas
Titorías presenciais: 15 horas
Exame: 4 horas
Docencia no presencial asíncrona: 14h
Traballo personal do alumnado e outras actividades: 102 h
Aconséllase:
- A asistencia ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- Atender as orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Maria Isabel Gonzalez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Montserrat Dopico Gonzalez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- montserrat.dopico.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 214 |
22.05.2026 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
29.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |