Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Identificar as diferentes tipoloxías documentais existentes en arquivos e bibliotecas.
- Coñecer o marco xurídico-legal e normativo da dixitalización
en arquivos e bibliotecas.
- Aprender a deseñar, planificar e implementar un proxecto de dixitalización.
- Coñecer e manexar as ferramentas de
dixitalización.
- Analizar as políticas de dixitalización a nivel nacional e internacional.
BLOQUE I: O documento de arquivo e o documento de biblioteca.
Tema 1: Definición de documento de arquivo vs documento de biblioteca.
Tema 2: A clasificación, ordenación e descripción do documento de arquivo e do documento de biblioteca.
BLOQUE II: O marco normativo.
Tema 3: A lexislación en materia de dixitalización de arquivos e bibliotecas.
Tema 4: A xestión de arquivos e bibliotecas dixitais.
BLOQUE III: O deseño dun proxecto de dixitalización.
Tema 5: A xestación dun proxecto de dixitalización.
Tema 6: Os recursos humanos e materiais.
BLOQUE IV: As políticas de dixitalización de arquivos e bibliotecas.
Tema 7: As políticas e proxectos de dixitalización a nivel internacional.
Tema 8: A política e proxectos de dixitalización en España.
BIBLIOGRAFÍA SOBRE ARQUIVOS E BIBLIOTECAS:
- AUXILIAR de archivos y bibliotecas: temario general. María Eugenia Díaz Pérez … [et alii]. Sevilla, 1994
- Barbadillo Alonso, Javier: Las normas de descripción archivística: qué son y cómo se aplican. Gijón, 2011
- Blasco Díaz, José Luis; Fabra Valls, Modesto J.: El documento electrónico. Aspectos jurídicos, tecnológicos y archivísticos. Castelló de la Plana, 2008
- Cordón Arroyo, Ana María: Empresas documentales de gestión de archivos: estudio, análisis y descripción de servicios. Gijón, 2004
- Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994
- DICCIONARIO de terminología archivística. Madrid, 1995
- Heredia Herrera, Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991
- Idem: ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007
- Iglésias Franch, David: La fotografía digital en los archivos. Qué es y cómo se trata. Gijón, 2008
- López Yepes, José; Osuna Alarcón, María Rosario (coord.): Manual de Ciencias de la Información y Documentación. Madrid, 2011
- Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de Archivística. Madrid, 1995
- Tarrés Rosell, Antoni: Márquetin y archivos. Gijón, 2006
BIBLIOGRAFÍA SOBRE DIXITALIZACIÓN:
-Bescós Ramón, Juan; Navarro, Juan: “La digitalización como medio para la preservación y acceso a la información en archivos y bibliotecas.” En Educación y biblioteca, año n.º 9, n.º 80, 1997, pp. 28-41
-Caldentey, Rocío; Schmid, Carolina; Nazar, Mariana: “La digitalización como parte de un plan integral de conservación. Notas sobre el doble filo de la digitalización en los Archivos.” Disponible en https://www.academia.edu/43087140/La_digitalizaci%C3%B3n_como_parte_de_…
-Carrato Mena, María Antonia: “Las colecciones digitales en España: situación actual y perspectivas de futuro.” En: El profesional de la información. Vol. 17, n. 4, 2008, pp. 418-421
-Cousins, Jill: “Europeana: el patrimonio cultural de Europa disponible en línea para todo mundo.” Boletín de la ANABAD, T. 63, n. 3, 2013, pp. 33-46
-Directrices para proyectos de digitalización de colecciones y fondos de dominio público en particular para aquellos custodiados en bibliotecas y archivos. Madrid, 2005
-Fraile Sastre, Alberto: “Recomendaciones para la correcta digitalización del patrimonio bibliográfico y fotográfico.” Archivamos. Boletín ACAL. N. 123, 2022, PP. 24-26"
-González Mesa, Elda: “La digitalización de documentos, ¿amiga o enemiga?.” Bibliotecas. Anales de investigación. N. 2, 2006, pp. 150-154
-Pereira Uzal, José Manuel: “Uso de tecnologías 3D en la digitalización y difusión de documentos de alto valor patrimonial” En: El profesional de la información, vol. 22, n. 3, 2013, pp. 215-223
-Pérez, Dora: “La biblioteca digital.” BIBLIODOC: Anuari de Biblioteconomia, Documentació i Informació. 1999, pp. 75-88
-Prol Castro, Aurelio: “Digitalización y archivos.” En: Nuevas tecnologías en bibliotecas y archivos. Narón, 2011, pp. 57-87
-Vives, Josep: Digitalización del patrimonio: archivos, bibliotecas y museos en la red. Barcelona, 2009
-Serra, Jordi: Los documentos electrónicos: qué son y cómo se tratan. Gijón, 2008
-Soler, Joan: La preservación de los documentos electrónicos. Barcelona, 2008
BÁSICAS E XERAIS:
CG1-Amosar flexibilidade e dinamismo e, por tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
CG2-Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG3-Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tengo en conta as características do proxecto e a súa función nunnha estructura organizativa.
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5-Que os estudantes desenrolasen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
TRANSVERSAIS:
CT5-Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e execicio profesional.
CT6-Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT7-Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT9-Manter un compromiso ético e amosar sensibilidade hacia temas sociais ou ambientais.
ESPECÍFICAS:
CE1-Coñecer e por en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial.
CE3-Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos dende unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE12-Coñecer as posibilidades que os novos entornos dixitais ofrecen para a reinterpretación da experiencia cultural, tanto en termos de difusión e xeración de materiais complementarios, como propiamente de creación dixital.
CE15-Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Neste apartado cómpre sinalar que haberá 24 horas de docencia expositiva, outras 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titorías en grupo reducido, tal e como se recolle a continuación:
- Docencia expositiva: 24 horas.
- Docencia interactiva: 24 horas.
- Titorización individual do alumnado: 3 horas.
- Exame: 4 horas.
No que se refire á metodoloxía da ensinanza, esta materia para a súa impartición combinará unha serie de recursos dos cales destacaremos os seguintes:
a) As leccións maxistrais a cal finalidade é a de fornecer ao alumnado dos contidos teóricos da materia, fundamentais para o desenrolo doutras actividades prácticas.
b) As presentacións mediante diversos materiais tales como recursos dixitais, documentos bibliográficos, esquemas, ppt etc. como apoio das leccións maxistrais.
c) A lectura, análise e comentario crítico de certos artigos cos que fornecer os contidos impartidos ao alumnado.
d) A confección de traballos individuais ou en grupo sobre determinados aspectos tratados na materia e que requiran da búsqueda, selección e contraste da información.
e) A realización de pequenos proxectos, estudos de casos ou resolución de problemas para a súa exposición e posterior debate na aula.
f) A realización de actividades prácticas en arquivos e bibliotecas.
g) E, finalmente, empregarase a aula virtual como unha ferramenta auxiliar para a docencia e á que se subirán os contidos e resto de materiais da materia.
O sistema de avaliación da aprendizaxe desta materia contempla os seguintes criterios:
- A asistencia e participación na aula equivalerá a un 20% da cualificación final.
- As actividades de avaliación continua tales como traballo, exposicións equivalerán a un 40% da cualificación final.
- O exame equivalerá a un 40% da cualificación final.
Con respecto ao sistema de avaliación cómpre facer unha serie de precisicións:
- Para a valoración da asistencia e participación na aula tomaranse como referencia as notas do docente sobre o grao de satisfacción coas respostas do alumno e o seu grao de participación nas cuestións plantexadas.
- Para a superación da avaliación continua baseada en traballos, exposicións etc. será necesario que o alumno realice correctamente e entregue o 75% das actividades que se lle plantexen ao longo desta materia.
- O exame constará de dúas partes claramente diferenciadas: unha parte teórica en forma de preguntas sobre diversos conceptos da materia e unha parte práctica que será a máis valorada e na que se plantexará ao alumnado un caso práctico, parecido a algún dos vistos na clase ou aos resoltos nas tarefas de avaliación continua.
- Estes criterios de avaliación serán os que se terán en conta tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
- Para aqueles/as alumnos/as con dispensa de asistencia á clase o único criterio de avaliación será o exame.
En canto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
O tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar esta materia é o seguinte:
- a docencia expositiva que, como xa se indicou, consta de 24 horas e que esixe unha presencialidade dun 100%.
- a docencia interactiva/seminario que, como xa se indicou, consta de 24 horas e que esixe unha presencialidade dun 100%.
- a titorización individual do alumnado constará de 3 horas semanais e esixe unha presencialidade dun 100%
- o exame constará de 4 horas e esixe unha presencialidade dun 100%.
- e, finalmente, o traballo persoal do alumnado e outras actividades que constan de 95 horas.
As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- uso regular do campus virtual pois a traverso del facilitaranse os materiais desta materia.
- asistencia continua ás clases para familiarizarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución dos exercicios. Esta asistencia contabilizarase mediante unha folla de control de asistencia.
- repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas.
- participación activa e voluntaria.
- o docente levará un control exhaustivo das intervencións de cada alumno/a, anotando a data de intervención e o grado de satisfacción na resolución da actividade plantexada.
- tanto o repaso da teoría como a elaboración dos exercicios resultan fundamentais para a superación da materia.
- recurrir ás titorías sempre que haia dúbidas a fin de resolvelas.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Dxitalización de arquivos e bibliotecas”, é unha materia de carácter obrigatorio e implementada no primeiro semestre do segundo curso do Grao en Xestión Cultural que se imparte na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 6 ECTS
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, docente do Departamento de Historia, Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego, sen desbortar tampouco o emprego do castelán cando as circunstancias así o aconsellen.
O horario de titorías será os martes de 11:00h a 13:00h e os xoves de 11:00h a 12:00h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o/a alumno/a se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita.
Dado o pouco espazo dado para a bibliografía básica e complementaria, sempre e cando se considere convinte o docente facilitará ao alumnado unha escolma bibliográfica para cada tema do programa.
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 16 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
12.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
20.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |