Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as deberán ser capaces de:
1.- Integrar, mediante o uso adecuado da lingua, a sensibilidade intercultural e multidisciplinar ante manifestacións e eventos culturais.
2.- Valorar o potencial cultural obxecto de xestión e as súas repercusións sociais na contorna francófona.
3.- Construir, a partir de casos prácticos, discursos -escritos e orais- para a xestión cultural en lingua francesa.
4.- Manexar ferramentas, vinculadas ás TIC e outros recursos dixitais, para a aprendizaxe autónoma e a intervención cultural en lingua francesa.
5.- Acadar ao final da formación unha competencia básica en francés (nivel A2 do MCERL) para desenvolverse en situacións específicas, relacionadas con contextos profesionais de xestión cultural.
Os contidos específicos da materia terán que ver coa difusión da lingua e a cultura francesas no mundo a través de:
- as instituciones administrativas e políticas
- as acreditacións lingüísticas (DELF, DALF, ..)
- os centros educativos (Alianzas francesas, Cavilam...)
- os eventos culturais (o día da música, ...)
- as artes (cine, libros, pintura, ...)
- os creadores (escritores, artistas, ...)
Estes contidos ofrecerán o vocabulario e as regras básicas da lingua francesa utilizados nos distintos aspectos relacionados co sector cultural e estarán orientados á adquisición de competencias comunicativas escritas e orais en francés en contextos de índole cultural, mediante a análise de casos prácticos que sirvan de modelo a diferentes escenarios de xestión cultural.
- Ministère de L'Europe et des Affaires Étrangères (Francia diplomacia): https://www.diplomatie.gouv.fr/es/politica-exterior/francofonia-y-lengu…
- Ministerio Francés de Asuntos Exteriores y Desarrollo Internacional: Promover la lengua francesa en el mundo (PDF): https://silo.tips/download/promover-la-lengua-francesa-en-el-mundo
- Institut Français/Nuestras acctiones/La difusión y el aprendizaje de la lengua francesa: https://www.if.institutfrancais.com/es/action/apoyar-la-difusion-y-el-a…
- Le vocabulaire de l'Art: https://www.lepointdufle.net/p/art.htm#
- Le vocabulaire du dessin et de la peinture: https://allofle.com/le-vocabulaire-du-dessin-et-de-la-peinture-debutant…
Para a aprendizaxe de léxico francés en xeral e máis das regras básicas de gramática da lingua francesa, calquera método ou recurso que teñan os/as alumnos/as a man será valido. Aínda así, podemos recomendar:
Gaël Crépieux, Lucie Mensdorff-Pouilly et Caroline Sperand (2017): Vocabulaire essentiel du français. A1-A2. Paris : Didier.
Grégoire, Maïa (2017): Grammaire progressive du français. Intermédiaire A2 B1. Paris : Cle Internacional.
BÁSICAS E XERAIS:
CG1 - Mostrar flexibilidade e dinamismo e, polo tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude
positiva e proactiva
CG2 - Adquirir a capacidade de análisis e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir
información e coñecementos
CG3 - Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tendo en conta as características do proxecto e a súa
función nunha estrutura organizativa
CB2 - Que os/as estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuan as
competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que os/as estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudiantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grado de autonomía
TRANSVERSAIS:
CT4 - Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado de dúas linguas estranxeiras, tanto de forma oral como escrita
CT5 - Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional
CT7 - Traballar en equipo, compartindo os coñocimentos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á
sociedade
ESPECÍFICAS:
CE1 - Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial
CE3 - Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos desde unha perspectiva crítica e con vista á súa aplicabilidade no traballo cultural
CE4 - Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral
como escrita e nos distintos niveies (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura
CE16 - Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos
humanos diversos
A impartición da materia repartirase entre 14 horas de docencia presencial e 12 horas de titorías en grupo reducido.
Para a docencia presencial, haberá unha hora semanal de clase que se poderá seguir presencialmente na aula ou ben a distancia mediante conexión streaming (MSTeams).
Durante esa sesión de clase, poñeranse a disposición do alumnado a través da aula virtual todos os recursos e materiais utilizados. Entre eses recursos estarán as seguintes ferramentas:
- Utilización da aula virtual como ferramenta principal para a docencia.
- Utilización de recursos e fontes bibliográficas, si é posible proporcionadas polo profesorado en formato dixital
- Utilización tecnoloxía streaming para o desenvolvemento de encontros entre o alumnado e encontros e aulas de profesorado e alumnado
- Ligazóns dixitais que den acceso a materiais audiovisuais
- Vídeos breves nos que se profundiza nalgún aspecto concreto dos contidos, cando proceda
- Utilización e activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe do alumnado en remoto
En canto ás sesións de titorización, as 12 sesións planificaranse en semanas diferentes e realizaranse con tódolos medios tecnolóxicos posibles (MSTeams, chat da aula virtual, correo electrónico etc).
As consultas realizadas polo alumnado contestaránse mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
Por outra parte, cualificaranse as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes. Esas actividades poderán ser algunha das seguintes:
- Elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, a través da aula virtual
- Presentacións con audio explicando contidos do programa, cando sexa necesario.
- Presentación oral de traballos
- Traballo colaborativo a través de debates en foros e chats, así como debates moderados pola/lo docente a través de tecnoloxías de videoconferencia.
1ª Oportunidade:
- Asistencia na aula virtual en horario de docencia: 10%
- Participación activa en aula virtual (titorías, chats, foros e debates e outras ferramentas virtuais): 10%
- Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións etc.): 40%
- Exame final: 40%
A nota final será a suma de cada unha das 4 partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
Para o alumnado que teña autorizada a despensa de asistencia á clase en horario de docencia pola Xunta de Facultade, os criterios de avaliación serán:
- un traballo orixinal sobre un tema do programa: 40%
- o examen final: 60%
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
2ª oportunidade:
O/a alumno/a terá que presentarse ás probas que teña suspensas na 1ª oportunidade (avaliación continua ou/e exame final). Manterase a nota correspondente á asistencia e participación na aula virtual, así como a das actividades de avaliación continua superadas na 1ª oportunidade. Se algunha destas non alcanzan a nota media, o alumno poderá realizar un traballo aparte en compensación.
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada proba á que se presente o alumnado teña superada la media.
Para os repetidores:
Poderán ser exentos de utililizar a sala virtual. Para as 1ª e 2ª oportunidades, os criterios serán os mesmos:
- Entrega de traballos varios : 40%
- Exame final escrito e oral obrigatorio: 60%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións.
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 h
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico: 12 h
Exame presencial: max. 4 h
Traballo personal do alumnado e outras actividade: 120h
Seguimento das aulas e traballo persoal do/a estudante.
Utilizarase nas clases a lingua francesa, sempre que se poida.
Pauline Mauricette Christiane Blatt
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- paulinem.blatt [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
31.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
28.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |