Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia describe os diferentes compoñentes que configuran a Radioloxía e a Medicina Física: Radiodiagnóstico, Medicina Nuclear, Radioterapia e outras.
Baseadas no uso de radiacións ionizantes (RI) e doutros vectores físicos, ditas especialidades teñen unha vertente diagnóstica e/ou terapéutica.
Deséxase dar unha moderna visión da Radioloxía e Medicina Física baseada no novo concepto de imaxe molecular e nos avances na bioloxía, de tal xeito que pasamos dunha visión puramente morfolóxica a outra bioquímica-molecular.
Queremos incidir na radiobioloxía e na dosimetría das diferentes exploracións con RI, de tal xeito que o control das exploracións e o seu impacto en determinadas poboacións de pacientes permitan un uso máis racional das mesmas.
Quérese expór cales son as principais exploracións e o seu interese clínico.
Por último, desexamos mostrar cal é o papel da Enfermería no traballo diario do ámbito da Radioloxía e Medicina Física.
CLASES EXPOSITIVAS
1.- Introdución á Radioloxía e Medicina Física.
COMPETENCIAS: Historia, desenvolvemento, concepto actual e partes da Radioloxía e Medicina Física (RMF). Relación RMF cos premios Nobel. Axente físico: concepto, tipos, efectos primarios, secundarios, terapéuticos. Radiación ionizante: concepto e tipos. Formación de ións. Os RAIOS x (RX). Os isótopos radiactivos. Tipos de exploracións por imaxe: RX, ultrasóns, TAC/TC, RM, Gammagrafías, tomografía por emisión de positróns (PET) e Imaxe Óptica.
RESULTADOS: Os alumnos poderán coñecer e diferenciar as diferentes disciplinas que compoñen a Radioloxía e Medicina Física. Asimesmo, coñecerán os distintos tipos de axentes físicos, os utilizados en Medicina, especialmente os radiactivos (RX e isótopos radiactivos). Coñecerán as distintas exploracións de imaxe, tanto as anatómicas como as biolóxico- moleculares, e o que se pode agardar delas.
2.- Radiacións ionizantes e dosimetría
COMPETENCIAS: Efectos primarios dos vectores de enerxía. Ionización e excitación. Formación de ións: anión e catión. As radiacións ionizantes en medicina: as súas aplicacións no diagnóstico, terapia e prevención. Os RX, concepto e fonte (o tubo de RX). O átomo, estrutura, modelos, concepto de isótopo radiactivo. Tipos de radiacións emitidas polos isótopos radiactivos e as súas indicacións. Fontes de irradiación: naturais e artificiais. Dosimetría das exploracións radiolóxicas e con isótopos radiactivos.
RESULTADOS: Os alumnos coñecerán os principais efectos físicos das radiacións ionizantes e a súa utilización en medicina. Asimesmo, poderán discernir entre RX e as radiacións emitidas polos isótopos radiactivos tanto na súa orixe, aplicación e dosimetría. Este último feito de grande interese pola súa posible repercusión sobre a poboación xeral e os pacientes que acuden ós hospitais.
3.- Aspectos biolóxicos das radiacións ionizantes (RI)
COMPETENCIAS: Historia dos efectos biolóxicos das RI. Os primeiros casos de cancro inducido por RI. Efectos das RI: físicos, químicos e biolóxicos. A célula coma diana das RI: membrana, citoplasma, núcleo (ADN). Efectos sobre o ADN (directos e indirectos). Radiolíse da agua. Radicais libres: concepto e accións sobre o ADN. Dano do ADN: tipos e mecanismos de reparación. Recombinación homóloga. Sensores do dano no ADN, transdutores e efectores. ATM, ATR, BRCA1, BRCA2, p53, puntos de control do ciclo celular. A anemia de Fanconi: xenes involucrados; interrelacións con BRCA1 y BRCA2. Radiosensibilidade: concepto, bioloxía e subgrupos de poboación.
RESULTADOS: O alumno coñecerá os mecanismos de acción das RI, especialmente os biolóxicos que danan o ADN. Terá presente os mecanismos de reparación do ADN e os principais xenes involucrados, algúns dos cales se asocian a doenzas concretas. O máis importante é que poderá coñecer certos subgrupos de poboación que son máis sensibles ás RI e, por isto, debe ser comedido á hora de indicar exploracións con RI neles, pois os prexuizos poden superar ós beneficios. É un moderno concepto de grande trascendencia práctica.
4.- Radioloxía xeral
COMPETENCIAS: Historia das exploracións con raios X. Os raios X: características físicas e efectos químicos e biolóxicos. O tubo de raios X. A radioloxía xeral: imaxe por RX, tipos de exploracións e principais aplicacións clínicas. Formación da imaxe. Tele-radioloxía. Radioloxía dixital. Telemedicina. Radioloxía xeral en Odontoloxía. Dosimetría e protección radiológica.
RESULTADOS: O alumno coñecerá as bases físicas dos RX, a súa obtención e os diversos tipos e indicacións das diferentes exploracións en radioloxía xeral. Asimesmo, coñecerá o que irradian as diferentes probas e como os seus posibles efectos nocivos poden ser obviados ou reducidos.
5.- Tomografia axial computerizada(TC/TAC)
COMPETENCIAS: Historia. Definición de TAC/TC. Dosimetría. Bases físicas. Cortes no TAC/TC: axial, coronal e saxital. Reconstrucción da imaxe. Pixel e voxel. Tipos de TAC/TC. Unidades Hounsfield. Contrastes en TAC/TC. Indicacións médicas. TAC/TC en odontoloxía.
RESULTADOS: O alumno coñecerá todo o relacionado coa TAC/TC, puidendo diferenciar as imaxes e tipos de cortes; asimesmo, poderá valorar as indicacións, os riscos dosimétricos e dos contrastes destas exploracións. Poderá, ademais, coñecer as vantaxes e desvantaxes dos diferentes tipos de TAC/TC.
6.- Ecografía
COMPETENCIAS: Definición. Fontes de ultrasóns (US) derredor de nós. Historia. US e infrasóns. Características dos US. Impedancia acústica. Efectos físicos, biofísicos e biolóxicos dos US. Cavitación. Ecoxenicidade. O ecógrafo. Zona de Fresnel. Indicacións en medicina. ECO Doppler. Eco en 3D e 4D. A ecografía en obstetricia.
RESULTADOS: O alumno coñecerá todo o relacionado coa ecografía, puidendo diferenciar as imaxes , valorar as indicaciós e coñecer as vantaxes e desventaxes dos diferentes tipos de ecografías. Asimesmo, diferenciará os diferentes modos de representar as imaxes.
7.- Resonancia magnética (RM)
COMPETENCIAS: Historia. Definición. Compoñentes dun aparello de RM. Concepto de Tesla. T1 e T2. Indicacións. Riscos dos campos magnéticos. RM funcional. Espectroscopia. A integración da RM na moderna imaxe molecular.
RESULTADOS: O alumno coñecerá todo o relacionado coa RM, puidendo diferenciar as imaxes, valorar as indicacións e coñecer as vantaxes e desvantaxes dos diferentes tipos de exploracións. Asimesmo, poderá diferenciar a RM morfolóxica da RM funcional e espectroscópica, e os novos contrastes. Tamén valorará a posible fusión de RM con outras imaxes obtidas mediante outras técnicas de imaxe.
8.- Medicina Nuclear: Gammagrafías
COMPETENCIAS: A Medicina Nuclear (MN). Historia. Concepto de isótopo radiactivo. Tipo de radiacións: alfa, beta e gamma. Radiofármaco. O xerador de Tcm99. Tipos de gammagrafías. SPECT. SPECT/TAC/TC. Dosimetría. A MN coma parte da imaxe molecular.
RESULTADOS: O alumno poderá coñecer todo o relacionado coa medicina nuclear diagnóstica (gammagrafías), especialmente as súas bases físicas e radiofarmacolóxicas, dosimetría, indicacións e a súa integración con outras técnicas de imaxe.
9.- Terapeúticas con radionúclidos
COMPETENCIAS: Analízanse os fundamentos e aplicacións das terapias con radiofármacos autorizadas en España. Repásanse todas e incídese preferentemente sobre as tiroideas (hipertiroidismo e carcinomas diferenciados de tiroides). Asimesmo, se revisan as modernas opcións como son a radioinmunoterapia e as microesferas marcadas con 90Y para o tratamento das metástasis. Especial atención ten a radiobioloxía e protección radiolóxica.
RESULTADOS: O alumno coñecerá as diferentes opcións terapéuticas con radionúclidos e as normas de protección dos pacientes.
10.- Ganglio centinela e cirurxía radioguiada
COMPETENCIAS: Analízanse as bases biolóxicas, historia, concepto, técnicas e diferentes aplicacións da técnica do ganglio centinela. Esta busca evidenciar o primeiro ganglio linfático na cadena de drenaxe linfática da zona onde asenta un tumor, coa finalidade de que o seu estudo anatomopatolóxico permita obviar linfadenectomías innecesarias. Revísanse tamén outras técnicas encamiñadas a evidenciar un tumor mamario non palpable (ROLL e SNOLL), así coma outros tumores tributarios da técnica do ganglio centinela. Asimesmo, valórase a moderna técnica da cirurxía radioguiada.
RESULTADOS: O alumno poderá coñecer as indicacións desta/s técnicas diagnósticas, así coma os coidados que o paciente debe reunir e recibir.
11.- Tomografía por emisión de positrones (PET)
COMPETENCIAS: Fundamentos, isótopos radiactivos, o ciclotrón e as aplicacións clínicas da tomografía por emisión de positróns con 18F-fluordeoxiglicosa. Outros radiofármacos con outros isótopos emisores de positróns cuxa introdución á práctica diaria estase a levar a cabo na actualidade.
RESULTADOS: Apréndenselle
Contidos
ó alumno coñecementos básicos e clínicos da tomografía por emisión de positróns (PET), así como as liñas futuras con novos radiofaromacos para uso clínico e experimental.
12.- Radioterapia (RT)
COMPETENCIAS: Definición, historia e fundamentos físicos. Radiobioloxía. Tipos de instrumental e de RT. RT externa, Braquiterapia. Tipos de RT externa e a súa conexión con outras opcións terapéuticas. Indicacións da braquiterapia. Aspectos de PR.
RESULTADOS: O alumno poderá coñecer o que é a RT, os tipos, indicacións e os aspectos radiobiolóxicos e dosimétricos. Este tema complétase cunha clase interactiva de planificación en radioterapia.
13.- Magnitudes e medida da radiación
COMPETENCIAS: Magnitudes e unidades radiolóxicas aplicables ó radiodiagnóstico. Radioterapia e medicina nuclear. Concepto de dose. Detección e medida da radiación. Fundamentos físicos. Equipos de medida. Medida da dose en haz directo. Medida da dose da área. Dosímetros personais.
RESULTADOS: O alumno poderá coñecer as magnitudes e unidades radiolóxicas utilizadas nas probas diagnosticas e os tratamentos con radiacións ionizantes. Coñecerá os equipos de medida así coma o funcionamento e uso dos dosímetros personais.
14.- Exemplos prácticos de Magnitudes e Unidades radiolóxicas
COMPETENCIAS: Exemplos prácticos de Magnitudes e unidades radiolóxicas aplicables ó radiodiagnóstico. Radioterapia e medicina nuclear.
RESULTADOS: O alumno coñecerá os valores típicos das magnitudes de doses utilizadas nas pruebas diagnosticas e os tratamentos con radiacións ionizantes. Deberá saber interpretar e valorar o risco asociado á doses de radiación.
15.- Criterios generales de Protección Radiológica
COMPETENCIAS: Principios básicos da Protección Radiolóxica. Xustificación; Optimización; Sistema de limitación de doses. Recomendacións da Comisión Internacional de protección Radiolóxica.
RESULTADOS: Os alumnos familiarizaranse cos principios básicos da Protección radiolóxica.
16.- Protección Radiolóxica Operacional ( I).
COMPETENCIAS: Normas básicas de protección radiolóxica operacional. Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes. Criterios xerais da reducción de doses.
RESULTADOS: Os alumnos coñecerán o Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes e a súa importancia coma elemento de prevención do risco laboral.
17.- Protección Radiolóxica Operacional ( II).
COMPETENCIAS: Aplicación do Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes. Sinalización de zonas en áreas hospitalarias. Límites de doses e a súa aplicación.
RESULTADOS: Os alumnos saberán interpretar o Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes e a súa aplicación ó entorno laboral da área de enfermaría.
18.- Embarazo e exposición médica.
COMPETENCIAS: Problemática do embarazo e as radiacións ionizantes. Doses e etapas do embarazo. Doses en útero en exploracións radiolóxicas e de medicina nuclear. Información a pacientes.
RESULTADOS: Os alumnos coñecerán os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes durante o embarazo. Coñecerán as etapas do embarazo en función do risco radiolóxico e saberán informar e asesorar ás pacientes.
INTERACTIVAS
1.- Protección Radiolóxica: Preséntanse, e analizan problemas prácticos relacionados coa protección radiolóxica de traballadores, público e pacientes.
2.- Contrastes nas diferentes técnicas de imaxe: Explícanse o concepto, tipos, fundamentos, indicacións e efectos secundarios dos diferentes tipos de contrastes utilizados en radiodiagnóstico, TC, ecografía, resonancia magnética e noutras técnicas de imaxe. Asi mesmo, faise hincapé no futuro e nos contrastes válidos para diferentes técnicas ó mesmo tiempo, o cal abre un grande campo de posibilidades.
3.- O ciclotrón: novos RFs PET : dada a existencia dun ciclotrón público en Santiago de Compostela, veciño ó Servizo de Medicina Nuclear do CHUS, explicarase o funcionamento do ciclotrón, a síntese de isótopos radiactivos emisores de positróns con utilidade clínica e experimental, así como as liñas de investigación futura.
4.- Imaxe molecular no cancro de mama: Este tumor é un dos expoñentes onde a imaxe molecular ten logrado maiores avances. Explicarase o PEM (positron emissión mammography), con resolucións superiores a outras técnicas e as modernas exploracións ópticas. Asi mesmo, analizaranse os novos radiofármacos que poden ser de grande interese futuro nesta neoformación maligna.
5.- Susceptibilidade ó cancro. A súa relación coas RI: Existe unha serie de tumores asociados a unha susceptibilidade xenética. Algúns deles, relaciónanse con xenes involucrados nos mecanismos de reparación do ADN (BRCA1, BRCA2, ATM, etc.) tras as radiacións ionizantes (RI), polo que os pacientes con alteracións neles son máis sensibles ás RI e poden desenvolver tumores. Asi mesmo, segundo cal sexa o xene afectado, as características clínico-biolóxicas da neoformación serán distintas.
6.- A moderna Imaxe molecular: Repasaranse a definición, bases biolóxicas, tipos e indicacións do moderno concepto da “imaxe molecular”. Asi mesmo, explicaremos as diferencias entre exploracións morfolóxicas e moleculares, e os modelos híbridos que buscan ofrecer ó mesmo tempo ambas informacións. A moderna “imaxe molecular” vai encamiñada a evidenciar aspectos bioquímico-moleculares e non cambios morfolóxicos como até agora. O seu uso clínico é unha realidade e representa un notable avance no diagnóstico e valoración terapéutica de moitas doenzas.
7.- Aspectos biolóxicos coma base da nova imaxe molecular: Os avances biolóxico-moleculares e técnicos teñen permitido a aparición da imaxe molecular. Por iso, coñecer as bases biolóxicas (ciclo celular, apoptose, anxioxénese, metabolismo, hipoxia, etc.) que permiten poder utilizar as modernas técnicas de imaxe é fundamental, pois son as que van condicionar a efectividade das mesmas. Papel especial ten a epixenética.
8.- Modelos animais con base das novas técnicas de imaxe: a existencia dunha unidade de imaxe molecular experimental no CHUS e a grande repercusión que ten o seu emprego nos centros de investigación e clínicos, resaltan a importancia dos modelos de animais, o seu uso e o que podemos esperar das diferentes técnicas de imaxe. Por iso, o seu coñecemento é actual, de grande interese e debe coñecerse.
9.- Radioloxía do tórax: Repasanse as diferentes exploracións radiolóxicas do tórax, así como as súas indicacións e diagnósticos diferenciais. Todo isto vai ir acompañado de casos prácticos e a interrelación cos alumnos. Resaltarase o papel da enfermaría.
10.- Radioloxía intervencionista: Repasanse as diferentes técnicas radiolóxicas intervencionistas, que están a ocupar un importante papel na actividade diaría nos hospitais. Sinalaranse as súas indicacións e diagnósticos diferenciais. Todo isto vai ir acompañado de casos prácticos e a interrelación cos alumnos. Resaltarase o papel da enfermaría.
11.- Neuroimaxe funcional: Analizaranse todas as exploracións de Medicina Nuclear (gammagrafías de perfusión e PET) que se poden realizar habitualmente en neuroloxía. Son o expoñente da moderna imaxe molecular, cun amplo e valioso futuro gracias ós novos radiofármacos, moitos dos cales son específicos dunha enfermidade. Asi mesmo, faremos referencia fusión de imaxes PET/TC e PET/RM.
12.- Planificación da radioterapia: a radioterapia é unha especialidade médica que intervén activamente nun grande número de pacientes tumorais. Coñecense ben as súas facetas médicas, pero menos o que hai previamente á administración desta terapia: a planificación, proceso que inclúe numerosas etapas e sen o cal non sería posible o seu uso asistencial. O repaso das mesmas é o obxectivo desta clase.
13.-Densitometría ósea: O estudo do metabolismo óseo, así coma o diagnostico da osteopenia e ost eoporose é unha realidade, dada a grande parte da poboación que está afectada. Para o seu diagnóstico utilízanse exploracións radiolóxicas que o alumno debe coñecer, así como a súa valoración e repercusión funcional. O estudo dos marcadores bioquímicos óseos (formación e destrución) son un útil complemento na actividade diaria hospitalaria.
14.- Aspectos de imaxe que non se explicaran nas clases e que pola súa novidade e interese o estudante debe coñecer. Obviamente, é posible que varíe cada ano.
Bibliografía básica e complementaria
Cabrero Fraile FJ: Imagen radiológica. Principios físicos e instrumentación. Masson . Barcelona 2004
Gil Gallarre M, Martínez Morillo M, Oton C: Manual de Radiología Clínica. Harcort. Madrid 2001
Radiodiagnóstico General. Curso de capacitaci´´on para oerar instalaciones de rayos X. Síntesis. Madrid 1996
Stewart C. Bushong. Radiation Protection. Mc Graw-Hill. 1998
Carrio I; Estroch M, Bernát L: Estudios isotópicos en medicina. Springer Verlag. Ibérica. Barcelona 1992
Mallol J: Radiofarmacia: trazadores radiactivos de uso clínico. Interamericana. McGraw Hill. Madrid 1989
M.A. Statkiewicz, P.J. Visconti and E. Russell. Radiation Protection un Medical Radiography.
Mosby Elsvier 2011
Nuclear Medicine Technology: procedures and Quick Reference
Shackett P
Lippincott Williams & Wilkins
Philadelphia 2009
Asi mesmo, daráselles ós estudantes separatas de traballos recentes relacionados coa asignatura.
Coñecer a evolución histórica da radioloxía diagnóstica, radioterapia e medicina nuclear, así como a organización dos diferentes servizos.
Coñecer os aspectos básicos da radiobioloxía.
Coñecer os aspectos básicos da radioprotección.
Recoñecer os diversos tipos de imaxe e coñecer os aspectos físicos nos que se basean.
Coñecer a preparación que necesita un paciente para someterse ás diferentes exploracións radiolóxicas e técnicas terapéuticas e os coidados necesarios tras a súa realización.
Coñecer o papel da enfermaria previo, durante a execución dos procedementos e posteriores.
Coñecer os coidados de enfermaría en cada momento.
Clases maxistrais
Seminarios
Seminarios extraordinarios (convidados)
Exposición de casos clínicos con énfase nas exploracións de imaxe
Exame do contenido das clases expositivas: máximo 6 puntos. (Aprobado: 60% do valor máximo)
Asistencia ós seminarios e técnicas audiovisuais: obrigatoria-Máximo 2 puntos
Realización dun traballo: máximo 1 punto
Exposición oral e defensa do traballo: máximo 1 punto
Docencia expositiva: 27 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou semellantes: 19 horas
Traballo persoal: 24 horas
Asistencia a clase
Participación na docencia interactiva
Resolución de dúbidas nas Titorías
El programa puede cambiar algún tema si el profesorado considera que hay otros nuevos de mayor interés. Del mismo modo, pueden reducir la consideración académica de algunos temas en aras de una mejor comprensión por parte de los alumnos.
Miguel Angel Pombar Camean
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- miguel.pombar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Álvaro Ruibal Morell
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- alvaro.ruibal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Aguiar Fernández
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- pablo.aguiar [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Francisco Javier López González
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- franciscojavier.lopez.gonzalez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Jose Paredes Pacheco
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- jose.paredes [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.02 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.02 |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
05.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
05.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
05.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
05.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |