Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tras a conclusión do curso o alumno deberá:
1. Coñecer a fisiopatoloxía das principais síndromes clínicas. Tamén as enfermidades mais importantes, especialmente a súa patoxénese, a súa fisiopatoloxía, a orixe dos seus síntomas, e os posibles puntos de intervención terapéutica de cada unha.
2. Poder predicir as consecuencias locais e globais dunha falla nun determinado sistema do corpo, integrando o coñecemento fisiolóxico e fisiopatolóxico.
3. Dominar a terminoloxía médica, de modo que poda ler un prospecto farmacéutico, un libro ou un artigo de medicina, e entender un caso clínico.
4. Manexar as bases de datos e a literatura do campo para atopar e comprender información de calquera doenza ou proceso patolóxico no que poida estar interesado nas súa vida profesional.
Programa de clases expositivas e interactivas:
Tema 1. Lesión celular e as respostas inespecíficas á lesión.
Tema 2. Patoloxía xeral.
Tema 3. Fisiopatoloxía da pel, sangue e cardiovascular.
Tema 4. Fisiopatoloxía do sistema respiratorio.
Tema 5. Fisiopatoloxía do sistema nervioso.
Tema 6. Alteracións do ril e electrólitos.
Tema 7. Fisiopatoloxía do sistema dixestivo.
Tema 8. Endocrinoloxía, metabolismo e nutrición.
Bibliografía recomendada
Básica.
• Patología humana (10ª edición). Kumar V., Abbas, A, Aster J. Elsevier. 2018.
Complementaria.
• Porth. Fisiopatología (10ª edición). Norris T.L., Lalchandani L. Wolters Kluver , 2019.
• Fisiopatología de la Enfermedad: Una introducción a la Medicina Clínica (7ª edición). Hammer G.D., McPhee. S.J. McGraw-Hill. 2015.
• Fisiopatología y patología general básicas para ciencias de la salud (1ª ed). Pastrana J., García de Casasola G. Elsevier. 2013.
• Fisiopatología. La ciencia del porqué y el cómo (1ª ed). Uribe R.A. Elsevier. 2018
• Harrison, Principios de Medicina Interna (20ª edición). Jameson J.L y cols, eds. McGraw-Hill. 2018.
• Introducción a la Medicina Clínica: Fisiopatología y Semiología (3º Ed). Laso F.J. Ed Elsevier. 2015
• Guyton y Hall. Tratado de Fisiología Médica (13ª edición). Hall J.E. Elsevier. 2016.
Competencias específicas.
A materia de Fisiopatoloxía contribúe significativamente á competencia MF12 do Grao en Farmacia:
MF12. Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Ademais, tamén contribúe ás seguintes competencias específicas:
B05. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnoloxía de fármacos e de uso de terapia xénica.
MF02. Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio.
MF08. Adquirir as habilidades para ser capaz de ofrecer consellos en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario para os usuarios dos establecementos onde prestan servizo.
LS01. Comprender os fundamentos de saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidades nos ámbitos individual e colectivo e contribuir á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes da saúde na poboación, tanto os xenéticos coma os dependentes de sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicas e culturais.
Competencias transversais.
Competencias transversais que son desenvolvidas na materia:
CI01. Capacidade de análise e síntese.
CI08. Habilidades de xestión de información (capacidade de buscar e analizar información de distintas fontes).
O documento Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-21 (CG 19-06-2020) define na súa base terceira tres posibles escenarios a considerar e, na súa base quinta, recolle as medidas de adaptación da docencia a cada un dos escenarios definidos, que foron posteriormente desenvolvidas de forma operativa nos puntos 5 e 6 do documento Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura.
Tendo en conta as medidas de adaptación da docencia ás características de cada un dos tres escenarios previstos recollidas nos mencionados documentos, a metodoloxía docente a empregar na docencia desta materia do grao en Farmacia será:
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
Docencia presencial na aula coa presenza do profesor. A docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia (incluíndo clases expositivas e interactivas, ademais de titorías grupais) previa comunicación anticipada ao alumnado.
A) Clases expositivas: clases teóricas impartidas polo profesor que poden ter diferentes formatos. O profesor contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Normalmente estas clases irán seguindo o contido dun manual de referencia proposto na Guía Docente.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clases teórico-prácticas nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios ... O alumno vai participar activamente de distintos xeitos: entrega ao profesor de cuestións e exercicios, resolución de cuestións na aula, etc.
C) Titorías grupais: onde se repasan os avances no estudo dos temas e se resolven as dúbidas que os alumnos presentan sobre o tema.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
A) Clases expositivas: A docencia expositiva realizarase de xeito totalmente virtual, mediante mecanismos síncronos ou asíncronos.
B) Clases interactivas en grupo reducido: A docencia interactiva combinará a presencialidade física e telemática, coa participación activa do alumno de xeito individual o grupal.
C) Titorías: As sesións de titoría individual ou grupal programaranse por medios telemáticos.
Escenario 3. Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
A) y B) Clases expositivas e interactivas: docencia totalmente virtual, a desenrolar de xeito síncrono ou asíncrono.
C) Titorías individuais ou grupais de xeito telemático tanto en modo síncrono coma asíncrono.
Segundo as necesidades docentes que cada escenario plantexe, farase uso dos recursos dixitais e as ferramentas corporativas de comunicación dispoñibles na USC.
De maneira xeral a avaliación basearase en:
1) Exame final: 70% da cualificación final
2) Avaliación continuada: 30 % da cualificación final. Valorará a participación nas actividades propostas nas clases interactivas e na resolución de cuestións plantexadas nas clases expositivas de contido teórico.
Para sumar a nota de avaliación continua o alumno deberá ter unha nota mínima de 4,0 puntos (sobre 10) no exame final.
A nota de avaliación continuada poderase conservar dun curso para o seguinte de solicítalo o alumno.
A avaliación das competencias adquiridas será realizada
a) no exame: competencias MF12, B05, MF02, MF08, LS01
b) nas clases interactivas: competencias CI01, CI08
Dependendo do escenario as actividades avaliables terán presencialidade:
Escenario 1: Preferentemente física, no caso do exame final, ou unha combinación de participación física ou virtual síncrona/asíncrona no caso das probas teóricas/practicas da avaliación continua.
Escenario 2: O exame final da materia realizarase de forma presencial ou por vía telemática en función da situación sanitaria na que nos atopemos. Telemática síncrona ou asíncrona no caso do exame final e das actividades propostas para a avaliación continua.
Escenario3: Telemática síncrona ou asíncrona no caso do exame final e das actividades propostas para a avaliación continua.
A primeira e a segunda oportunidade da convocatoria rexeranse polos mesmos criterios de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calcificacións.
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 30
Clases interactivas en grupo pequeno: 24
Titorias grupais: 2
Probas e revisión: 4
Total de horas de traballo presencial na aula: 60
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 45
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 36
Orientación e resolución de dúbidas: 9
Total de horas de traballo persoal: 90
A participación nas clases interactivas é obrigatoria
Recomendase a asistencia regular e seguir as actividades do curso día a día, así como participar activamente na clase. Coa asistencia e participación en clases e seminarios, non só se facilita a comprensión do alumno sobre o tema, senón que a súa actividade verase reflectida na cualificación (30% da nota final).
Ademais, é aconsellable facer todas as preguntas e plantexar todas as dúbidas que poidan xurdir sobre a materia, en clases e seminarios, e participar da titorías grupais previstas para ese fin.
Recomendase a utilización dos materiais didácticos dispoñibles na aula virtual. Asemesmo e aconsellable consultar con regularidade a bibliografía proposta, en papel e/ou en formato electrónico en función da dispoñibilidade, para habituarse ao manexo simultáneo de diversos textos e como complemento formativo.
É conveniente, antes de comezar a estudar o funcionamento do corpo durante a enfermidade, ter o coñecemento do seu funcionamento normal. Polo tanto, é aconsellable ter cursado as materias de Anatomía, Citoloxía e Histoloxía, e tamén Fisioloxía I e II e Bioquímica I e II. Desaconséllase especialmente a matrícula en Fisiopatoloxía sen ter aprobadas as dúas materias de Fisioloxía.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Metodoloxía do ensino:
Escenario 2: Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
A docencia expositiva realizarase de xeito totalmente virtual, mediante mecanismos síncronos ou asíncronos. A docencia interactiva combinará a presencialidade física e telemática coa participación activa do alumno de xeito individual o grupal. As sesións de titoría individual ou grupal programaranse por medios telemáticos.
Escenario 3: Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ante unha situación excepcional derivada da suspensión temporal da actividade docente presencial é necesario trasladar toda a docencia expositiva e interactiva, así como a titorización e seguimento do proceso de aprendizaxe do alumno á contorna do campus virtual mediante a utilización das diversas ferramentas corporativas de comunicación, aprendizaxe e titorización dispoñibles, tanto en modo síncrono como asíncrono.
Sistema de avaliación:
Escenario 2: Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
O exame final da materia realizarase de forma presencial ou por vía telemática en función da situación sanitaria na que nos atopemos. As probas finais levarán a cabo en remoto en modo síncrono. A avaliación continua desenvolverase por vía telemática en modo síncrono ou asíncrono en función do tipo de actividade de que se trate.
Escenario 3: Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
As probas finais levarán a cabo en remoto en modo síncrono. A avaliación continua desenvolverase a través do campus virtual para todas as actividades, podéndose levar a cabo en modo síncrono ou asíncrono en función do tipo de actividade de que se trate.
Para a segunda oportunidade da convocatoria serán de aplicación os criterios fixados para a primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Rosa Maria Señaris Rodriguez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815442
- Correo electrónico
- rosa.senaris [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Dieguez Gonzalez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812258
- Correo electrónico
- carlos.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Costoya Puente
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815449
- Correo electrónico
- josea.costoya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812443
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Angel Fidalgo Perez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815488
- Correo electrónico
- miguel.fidalgo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
19:30-20:30 | Grupo B /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
19:30-20:30 | Grupo B /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |