Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo planteado para a primeira parte desta materia é que o alumno coñeza e comprenda os conceptos básicos da Química Farmacéuticas: definición, nomenclatura, metabolismo, relacións estrutura química-actividade biolóxica, coñecementos básicos sobre as dianas biolóxicas sobre as que actúan os fármacos, a importancia das propiedades físico-químicas na actividade biolóxica, así como as principais estratéxias utilizadas no descubrimento, deseño e desarrollo de fármacos.
Na segunda parte da materia abordaráse o estudo de diferentes familias de fármacos dos que estudaremos, fundamentalmente, o seu mecanismo de acción, as súas particularidades estruturais, os principais procedementos sintéticos e a súa utilidade terapéutica.
Tema 1. Conceptos básicos en Química Farmacéutica. Nomenclatura dos fármacos.
Tema 2. Evolución dos métodos de procura e descubrimento de fármacos.
Tema 3. Deseño de fármacos.
Tema 4. Aspectos fisicoquímicos e estereoquímicos na acción dos fármacos.
Tema 5. Análise de fármacos.
Tema 6. Antisépticos e desinfectantes.
Tema 7. Leprostáticos e Tuberculostáticos. Antimicóticos.
Tema 8. Antibacterianos I: Quinolonas. Sulfonamidas.
Tema 9. Antibacterianos II: Antibióticos beta-lactámicos: Penicilinas. Cefalosporinas.
Tema 10. Antibacterianos III: Antibióticos beta-lactámicos: Carbapenemas. Monobactamas. Inhibidores de beta-lactamasas.
Tema 11. Antibacterianos IV: Antibióticos Macrólidos, derivados de aminoácidos e Polipeptídicos.
Tema 12. Antibacterianos V: Antibióticos Aminoglicosídicos. Tetraciclinas.
Tema 13. Fármacos antivirais.
Tema 14. Fármacos antineoplásicos.
Tema 15. Fármacos antiparasitarios.
Tema 16. Hormonas non esteroideas: tiroideas e pancreáticas.
Tema 17. Esteroides I: conceptos fundamentais.
Tema 18. Esteroides II: Hormonas sexuais femeninas: Estróxenos e Proxestáxenos.
Tema 19. Esteroides III: Hormonas sexuais masculinas: Andróxenos. Anabolizantes.
Tema 20. Esteroides IV: Corticoesteroides.
Tema 21. Vitaminas.
Bibliografía recomendada.
Básica.
1. “Introducción a la Química Farmacéutica”. Editado por Mª del Carmen Avendaño. McGraw-Hill/Interamericana, S.A., 2ª edición. Madrid (2001).
2. “Introducción a la Química Terapéutica”. Antonio Delgado, Cristina Minguillón y Jesús Joglar. Ediciones Díaz de Santos, S.A., 2ª edición (2003).
Complementaria .
1. “Medicamentos”. Enrique Raviña Rubira. Editorial Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. Santiago de Compostela (2008).
2. “Panorama actual de la Química Farmacéutica”. Juan Antonio Galbis Pérez. 2ª ed. Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla. Sevilla (2004).
3. “Química Farmacéutica. Tomos I y II”. Pelayo Camps García, Santiago Vázquez Cruz y Carmen Escolano Mirón. Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona. Barcelona (2010).
4. “Química Fina Farmacéutica”. Encarnación Camacho Quesada y Joaquín María Campos Rosa. Editorial Universidad de Granada. Granada (2008).
5. “Drugs: From Discovery to Approval”. Rick Ng. Wiley-Blackwell, New Jersey (USA) (2009).
6. “Medicinal Chemistry: An Introduction”. Gareth Thomas. 2nd Edition. John Wiley & Sons, West Sussex (Inglaterra) (2007).
7. “The Practice of Medicinal Chemistry”. Edited by Camille Georges Wermuth. Academic Press-Elsevier, Amsterdam (Holanda) (2008).
8. “Wilson and Gisvold’s Textbook of Organic Medicinal and Pharmaceutical Chemistry”. 11 Edition. Edited by John H. Block and John M. Beale. Lippincott Williams & Wilkins, Philadelphia (USA) (2004).
9. “Foye's Principles of Medicinal Chemistry”. Sixth Edition. Edited by Thomas L. Lemke and David A. Williams. Lippincott Williams & Wilkins, Philadelphia (USA) (2008).
10. “Manual de nomenclatura química sistemática de los fármacos”. David Mauleón y Antonio Delgado. Ed. Promociones y Publicaciones Universitarias, S.A. Barcelona (1987).
11. Página de nomenclatura de la IUPAC: www.acdlabs.com/iupac/nomenclature
12. Glosario de terminología de Química Farmacéutica: http://www.chem.qmul.ac.uk/iupac/medchem/
13. Página de la Agencia Europea de Medicamento: www.ema.europa.eu/
14. Página de la Agencia de Alimentos y Medicamentos de Estados Unidos (FDA): www.fda.gov/
Prácticas.
1. “Técnicas experimentales en síntesis orgánica”. A. Martínez Grau y A. G. Csákÿ. 2nd Edición. Editorial Síntesis, Madrid (2012).
2. "Vogel´s Textbook of Practical Organic Chemistry”. B.S. Furniss, A.J. Hannaford, P.W.G. Smith, A.R. Tatchell, 5ª Edición. Ed. Longman, London (England) (1989).
3. “Introduction to Organic Laboratory Techniques". D.L. Pavia, G.M. Lampman and G.S. Kriz Jr., 3ª Edición. Ed. Saunders College Publishing, New York (USA) (1988).
Competencias xerais.
Deseñar, sintetizar e analizar principios activos, fármacos e substancias máis relevantes en Química Farmacéutica, así como outros productos e materias primas de interese sanitario, de uso humano ou veterinario, sendo quen de manexar con rigor e precisión os conceptos máis importantes nesta disciplina.
Competencias específicas.
Q01. Identificar, deseñar, obter, analizar e producir principios activos, fármacos e outros productos e materiais de interese sanitario.
Q02. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
Q03. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, instrumentación apropiada incluida.
Q04. Estimar os riscos asociados á utilización de substancias químicas e procesos de laboratorio.
Q05. Coñecer as características físico-químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Q06. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no campo farmacéutico.
Q07. Coñecer a orixe, natureza, deseño, obtención, análise e control de medicamentos e productos sanitarios.
Q08. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopía.
Competencias transversais.
CP01. Capacidade crítica e autocrítica.
CP02. Capacidade de análise e síntese.
CI08. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información provinte de fontes diversas).
Metodoloxía da ensinanza
1. Clases expositivas. Exposición do contido fundamental da materia
2. Clases interactivas. Traballo en grupos reducidos
3. Clases prácticas. Desarrollo de tareas experimentais básicas con criterios de seguridade, eficacia
4. Titorías. Traballo personalizado
5. Avaliación. Control de capacidades e orientación do método de estudio
Fárase ampla utilización da USC Virtual para a impartición da materia.
No marco do documento Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020/21 debemos contemplar tres posibles escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada.
- As clases expositivas e interactivas será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que poderá combinarse coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas da materia.
- As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual.
- As probas finais e os controis serán presenciais.
Escenario 2: distanciamento.
- As clases expositivas serán non presenciais e as clases interactivas e as prácticas de laboratorio e informáticas serán presenciais. Con todo, as medidas de distanciamento impostas poderán levar a reducción do tamaño dos grupos de prácticas e con iso o número de horas presenciais, como máximo ata un 50% das horas prácticas da materia, que haberán de complementarse con actividades non presenciais.
- As titorías serán preferentemente de forma virtual.
- As probas finais e os controis serán preferentemente de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións.
- A docencia será completamente de carácter virtual, con mecanismos síncronos ou asíncronos.
- As titorías serán exclusivamente virtuais.
- As probas finais e os controis serán exclusivamente de carácter telemático.
1. A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
1. No examen:
a. Competencias xerais: Deseñar, sintetizar e analizar principios activos, fármacos e substancias máis relevantes en Química Farmacéutica, así como outros productos e materias primas de interese sanitario, de uso humano ou veterinario, sendo capaz de manexar con rigor e precisión os conceptos máis importantes nesta disciplina.
b. Competencias específicas: Q01, Q05, Q06 e Q07
c. Competencias Transversais: CP01, CP02 e CI08
2. Nas prácticas de laboratorio:
a. Competencias específicas: Q02, Q03, Q04 e Q08
b. Competencias Transversais: CP01, CP02 e CI08
3. Nas clases interactivas:
a. Competencias xerais: Deseñar, sintetizar e analizar principios activos, fármacos e substancias máis relevantes en Química Farmacéutica, así como outros productos e materias primas de interese sanitario, de uso humano ou veterinario, sendo capaz de manexar con rigor e precisión os conceptos máis importantes nesta disciplina.
b. Competencias específicas: Q01, Q07 e Q08
c. Competencias Transversais CP01, CP02 e CI08
2. A cualificación global do alumno na materia, un total de 10 puntos, será a suma do obtido na avaliación continua e no examen final, de acordo coa seguinte distribución:
• A avaliación continua da participación do alumno nas clases interactivas (resolución de exercicios, realización e exposición de traballos, participación nos debates, etc.) contribuirá cun máximo de 1.5 puntos, un 15% da nota final.
• A avaliación do seu traballo de laboratorio contribuirá cun máximo de 0.5 puntos, un 5% da nota final.
• O exame teórico realizarase en dúas etapas. Unha primeira que comprenderá o contido dos temas 1-10 do programa e contribuirá cun máximo de 4 puntos, un 40% da nota final, debendo acadar un mínimo de 2 puntos sobre 4. A segunda fase comprenderá o contido dos temas 11-21 e contribuirá cun máximo de 4 puntos, un 40% da nota final, debiendo acadar un mínimo de 2 puntos sobre 4. No global do exame teórico deberá acadarse un mínimo de 4 puntos sobre 8 para poder sumar a nota á dos otros dous apartados.
3. A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria para obter a nota correspondente á avaliación continua, debendo asistir a un mínimo de 12 das 15 horas programadas. De non cumplir este requisito a avaliación continua da participación do alumno nas clases interactivas será cualificada cun 0 sobre 1,5 puntos. A superación das clases interactivas (obtención dunha cualificación igual ou superior a 0,8 puntos sobre 1,5 puntos) nun determinado curso académico terá unha validez temporal limitada a todas as convocatorias de dito curso académico e ás convocatorias dos dous cursos académicos seguintes ao mesmo.
4. A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria; se o alumno non supera as prácticas, a cualificación do alumno na materia é de “suspenso”. Os 0.5 puntos que se lle asignan ás prácticas de laboratorio na nota total da materia poderanse conseguir coa actitude do alumno e a resolución de determinadas cuestións antes e despois da realización da práctica. A superación das clases prácticas nun determinado curso académico terá unha validez temporal limitada a todas as convocatorias de dito curso académico e ás convocatorias dos dous cursos académicos seguintes ao mesmo.
5. No suposto de que un alumno non cumpra algún dos requisitos indicados anteriormente (como por exemplo que non consiga acadar algún dos mínimos esixidos) terá unha cualificación final de suspenso, cunha nota numérica que será función dos puntos acumulados nos diferentes apartados avaliados, e que será como máximo de 4.9 puntos sobre un total de 10 (aínda que a simple aplicación do baremo conducira a un resultado aritmético superior a 5).
6. Na segunda cualificación a que ten dereito o alumno (2ª oportunidade) examinarase soamente de teoría (por tanto un máximo de 8 puntos sobre 10), xa que as cualificacións que teña conseguido tanto en seminarios como en prácticas lle serán conservadas á hora de computar a nota final.
7. As anteriores disposicións referidas ao sistema de avaliación serán empregadas en calquera dos tres escenarios contemplados para a impartición da docencia no curso 2020/21. Cumpre subliñar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno deberá:
• Mostrar unha disposición aberta e sen prexuízo cara a materia, analizando obxectivamente a relevancia da mesma no contexto da súa formación profesional e integral.
• Implicarse activamente no proceso de aprendizaxe e formación para poder así rentabilizar ao máximo o seu esforzo e “disfrutar” do descubrimento da Química Farmacéutica.
• Asistir a todas as clases, un factor que ao longo dos años ten demostrado ser crítico para o bo aproveitamento, a eficiente formación e a obtención dunha avaliación positiva na materia.
• Estudiar a materia de modo continuado.
• Resolver intensivamente exercicios adicionais aos suxeridos polos docentes ao longo de todo o curso, fundamentalmente de modo individualizado aínda que tamén en grupo; para elo recoméndase o empleo de coleccións de exercicios resoltos existentes nos diferentes libros de nomenclatura e exercicios de Química Farmacéutica recomendados na bibliografía.
• Emplear de modo continuado a Aula Virtual.
• Preparar concienzudamente cada unha das actividades de laboratorio previamente a súa celebración.
• Contar con e acudir ao seu(s) profesor(es) universitarios, que son os primeiros interesados en que os alumnos acaden a excelencia na súa formación.
No caso dos escenarios 2 e 3 previstos a docencia virtual será levada a cabo utilizando as plataformas Moodle e MS Teams.
Maria Lourdes Santana Penin
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815046
- Correo electrónico
- lourdes.santana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xerardo Xusto Garcia Mera
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814939
- Correo electrónico
- xerardo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eddy Sotelo Perez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815732
- Correo electrónico
- e.sotelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Prieto Diaz
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- ruben.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
19:30-20:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
19:30-20:30 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |