Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
+ Obter un coñecemento xeral da bioloxía e sistemática dos grandes grupos de organismos que constitúen o obxecto de estudo da botánica: algas, briófitos, fentos, espermatófitos e hongos.
+ Conocer as características xerais das familias de plantas de maior interese farmacéutico e os seus principais aplicaciones.
+ Reconocer as especies máis comúns da nosa flora, especialmente aquelas plantas de interese farmacéutico, toxicolóxico, alerxénico, bromatolóxico, ecolóxico ou medioambiental.
+ Aprender o manexo de claves dicotómicas para a identificación taxonómica de plantas vasculares.
Teóricos. –
A clasificación da diversidade vexetal. Sistemática, taxonomía e nomenclatura. Claves de identificación. O Código Internacional de Nomenclatura Botánica. Características dos Fungos: Eumycota e Oomycota. Líquenes. Cianobacterias (Cyanophyta). Algas eucarióticas: Dinoflagelados (Dinophyta), Diatomeas (Bacillarophyceae). Algas Vermellas (Rhodophyta), Pardas (Heterokontophyta) e Verdes (Chlorophyta). Características xerais das plantas (Embriófitos). Os Briófitos (Bryophytina). As plantas vasculares (Traqueófitos) e os seus órganos vexetativos: raíz, talo e follas. Os Fentos (Pteridophytina). Os Espermatófitos, Ximnospermas e Anxiospermas. A flor. Ciclo biolóxico. Polinización. Fecundación. A semente e o froito. Anxiospermas: Monocotiledóneas e Dicotiledóneas. Plantas de interese farmacéutico, ecolóxico, bromatolóxico e industrial.
Seminarios. -
Seminario 1. - Conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas
Seminario 2. - Exposición dun traballo de curso
Prácticas. -
Estudaranse fundamentalmente os aspectos morfolóxicos das plantas vasculares, con énfase na descrición e determinación destas con claves dicotómicas.
Básica
- Strasburger, E. et. al. 2004. Tratado de Botánica. 35ª ed, Edit. Omega.
- Izco, J. y col., 2004. Botánica, 2ª ed., Edit. McGraw-Hill Interamericana.
- Nabors M.W. 2006. Introducción a la Botánica. Edit. Pearson Educación S.A.
- Díaz T.E. y col. 2004. Curso de Botánica, Edit. Trea.
Complementaria (teoría)
- Raven, P. H.; Evert, R. F. & Eichorn, S. E, Biología de las Plantas. 1991,vol I y II. Edit. Reverté.
- Font Quer, P. 2000. Diccionario de Botánica, Edit. Labor.
Complementaria (prácticas y seminarios)
- Aizpuru, I. y col.1999. Claves ilustradas de la Flora del País Vasco, Servicio de Publicaciones del Gobierno Vasco.
- Bárbara, I. & Cremades, J. 1987. Guía de las algas del litoral gallego. Casa de las Ciencias. Ayuntamiento de La Coruña.
- Bonnier G. & de Layens, G. 1997. Claves para la determinación de plantas vasculares, 5ª reimpresión, Edit. Omega.
- Castroviejo, S. y col. 2001. Claves de Flora Ibérica, vol. I. Real Jardín Botánico de Madrid. Dpto de Publicaciones del CSIC, Madrid.
- García. X.R. 2008. Guía das plantas de Galicia. Edit. Xerais.
- Gerhardt, E.; Vila, J. y Llimona, X. 2000. Hongos de España y Europa. Manual de Identificación. Edit. Omega.
- López-González, G. 2004. Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares. Edit. Mundi-Prensa
Salvo Tierra, E. 1990. Guía de helechos de la Península Ibérica y Baleares. Edit. Pirámide
- Wirth, V. y col. 2004. Guía de campo de líquenes, musgos y hepáticas. Edit. Omega.
Recursos en Internet
- Aula virtual da materia
- www.floraiberica.org
- www.anthos.es
- www.sci.sdsu.edu/plants/plantsystematics
- www.rjb.csic.es/
- www.kew.org
- www.usc.es/herbario
- www.arbolesoramentales.com
- www.labiblio.com/flora.htm
- www. unex.es/botanica
Se facilitarán recursos bibliográficos complementarios no caso dos Escenarios 2 e 3.
1) Xerais
CG-Módulo B. Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
2) Competencias transversais que se desenvolven na materia
CI05 - Comunicación oral e escrita na propia lingua.
CI08 - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información provinte de fontes diversas).
CP02 - Traballo en equipa.
CS01 - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- Clases expositivas 5 horas semanais o longo do 2º cuadrimestre (total 23 horas), en semans alternas. As sesións expositivas acompañaranse de apoio gráfico e outros recursos, dispoñibles no Campus virtual.
- Clases interactivas:
- A) Dous seminarios, cunha duración total de 3 horas. O primeiro (S1), de 1 hora de duración que versará sobre os conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas. O segundo seminario (S2) de 2 horas de duración, dedicarase á exposición do traballo de curso.
- B) Clases prácticas de laboratorio, terán unha duración total de 15 horas en sesións de 3 horas diarias durante 5 días seguidos.
- Titorías:
Organízanse en dúas sesións de 1 hora de duración cada unha delas. A primeira destinarase á organización do traballo de curso. Na segunda titoría, os alumnos poderán participar nun itinerario botánico no campus universitario e arredores.
Ademais, os alumnos contan con 6 horas semanais durante todo o cuadrimestre de dispoñibilidade do profesor, para consultar calqueira dúbida acerca da materia co profesor xa sexa presencial (no horario estabelecido) ou perante a USC virtual, ou email.
O aprobado alcánzase con 5 puntos dun total de 10, dos cales 2,5 puntos serán do exame final.
Os coñecementos teóricos puntuarán ata 7,5 puntos (Competetencia CG-Módulo B). Para avalialos, realizaranse varios controis ao longo do curso durante o tempo das clases expositivas cuio valor total será de 1,5 puntos; ademáis haberá un exame final de toda a materia puntuable hasta 6 puntos. Controis e exame final se levarán a cabo segundo os distintos escenarios:
Escenario 1: controis durante algunhas clases expositivas. Exame final presencial ou telemático, segundo o calendario fixado polo Decanato.
Escenarios 2 e 3: controis e mais o Exame final a través da ferramenta Moodle (Campus Virtual).
Os coñecementos prácticos puntuarán ata 1 punto (Competencia CS01). Para avalialos:
Escenario 1: realizarase unha proba ao rematar a semana correspondente ás prácticas, que consistirá na descrición e determinación de dous plantas vasculares, mediante claves dicotómicas. Escenarios 2 e 3: os alumnos realizarán una proba puntuable a través de Moodle, no derradeiro día da semán de prácticas.
A asistencia as prácticas de Laboratorio (clases interactivas), é obrigatoria para todos os alumnos de primeira matrícula. Se o alumno non asiste ás devanditas prácticas, non poderá superar a materia nin na oportunidade ordinaria nin na segunda oportunidade, sempre que se den os escenarios 1 ou 2.
No caso do escenario 3, tomaranse as prácticas como actividade optativa; sómentes no caso do escenario 3, os alumnos que non queiran participar nas prácticas por via telemática, serán avaliados no seu examen teórico por un máximo de 7 puntos, en troques de 6. Os alumnos repetidores que non desexen repetir as prácticas renuncian á obtención de 1 punto, a excepción de que se decrete o escenario 3.
O traballo de curso puntuará ata 1,5 puntos (Competencias CI05, CI08, CP02). Para elo é necesario inscribirse nun grupo de traballo (Titoría 1) e participar na exposición do traballo. O traballo de curso non é obrigatorio pero os alumnos que decidan non facelo renuncian á obtención de 1,5 puntos. Avaliaranse as seguintes competencias: diversidade botánica, uso e xestión; traballo en equipa; xestión da información; capacidade de análise y síntese.
A asistencia as titorías non é obrigatoria.
Para aprobar a asignatura é necesario alcanzar 5 puntos totais, dos cais alomenos 2,5 puntos deben corresponder ao exame final da materia.
As calificacións obtidas manteránse durante as dúas convocatorias de cada curso académico. Os alumnos repetidores que teñan obtido alomenos 1 punto dos 3 posibles nas actividades de avaliación contínua (controis + traballo de curso) do curso anterior, poderán manter esa puntuación sen necesidade de participar nos controis ou no traballo do curso actual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo individual do alumno nesta materia estímase en 112,5 horas, das cales 45 son presenciais. Distribúense da seguinte forma:
- 23 horas para clases expositivas máis 46 horas de estudo
- 15 horas para clases interactivas (prácticas de laboratorio) máis 1,5 non presenciais
- 3 horas para clases interactivas (seminarios) e 2 horas de titorías máis 20 horas de elaboración do traballo de curso
- 2 horas para exames e revisión
- Recoméndase utilizar unha parte do tempo de estudo, para practicar a descrición e determinación de plantas vasculares con axuda dunha guía de campo, preferentemente de abril a xuño (período óptimo de floración para moitas especies).
- Acceder ás páxinas Web dos principais xardíns botánicos e sacar partido dos recursos que ofrecen.
- Asistencia a clases expositivas, estudo continuado e consulta da bibliografía recomendada.
A participación nás titorías é voluntaria. Non obstante, recórdase os alumnos que na Titoría 1 organízanse os grupos para realizar o traballo de curso, polo tanto deben asistir aqueles que desexen realizalo. Lémbrase que no exame de teoría tamén se inclúen preguntas sobre o itinerario botánico que se imparte na Titoría 2.
Plan de continxencia
Escenario 2
- Manteranse o mesmo número e horario de clases expositivas (5 horas semanais o longo do 2º cuadrimestre) a través da plataforma MS Teams. Os alumnos poderán acceder a os contidos das clases previamente a través do Campus Virtual.
- Clases interactivas:
- A) Dous seminarios, cunha duración total de 3 horas; ambolos dous realizaranse de xeito non presencial (plataforma MS Teams). O primeiro (S1), de 1 hora de duración que versará sobre os conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas. O segundo seminario (S2) de 2 horas de duración, dedicarase á exposición do traballo de curso.
- B) Clases prácticas de laboratorio: terán unha duración total de 7,5 horas presenciais e outras 7,5 horas os alumnos traballarán pola sua conta os contidos que se lles especifiquen.
- Titorías:
Organízanse en dúas sesións de 1 hora de duración cada unha delas. A primeira, a desenvolver a través de MS Teams, destinarase á organización do traballo de curso. Na segunda titoría, os alumnos poderán participar nun itinerario botánico virtual polo campus universitario e arredores (cuio contido tamén se amosará no Campus Virtual).
Ademais, os alumnos contarán con 6 horas semanais durante todo o cuadrimestre de dispoñibilidade do profesor, para consultar calqueira dúbida de forma telemática a través de MS Teams, Moodle ou email.
Escenario 3
- Manteranse o mesmo número e horario de clases expositivas (5 horas semanais ao longo do 2º cuadrimestre) pero a través da plataforma MS Teams. Os alumnos poderán acceder a os contidos das clases previamente a través do Campus Virtual.
- Clases interactivas:
- A) Dous seminarios, cunha duración total de 3 horas. O primeiro (S1), de 1 hora de duración que versará sobre os conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas realizarase a través da plataforma MS Teams. O segundo seminario (S2) de 2 horas de duración, dedicarase á exposición do traballo de curso, tamén a través da plataforma MS Teams.
- B) As clases prácticas de laboratorio serán reemplazadas por un exercicio práctico desenvolvido a través do Campus Virtual.
- Titorías:
Organízanse en dúas sesións de 1 hora de duración cada unha delas. A primeira, a desenvolver a través de MS Teams, destinarase á organización do traballo de curso. Na segunda titoría, os alumnos poderán participar nun itinerario botánico virtual polo campus universitario e arredores (o contido tamén amosarase no Campus Virtual).
Ademais, os alumnos contarán con 6 horas semanais durante todo o cuadrimestre de dispoñibilidade do profesor, para consultar calquera dúbida de forma telemática a través de Teams, Moodle o email.
En calquera dos escenarios aplicarase o disposto no "Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" nos casos de realización fraudulenta de exercicios e probas.
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Inmaculada Romero Bujan
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814913
- Correo electrónico
- mi.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Jesús Aira Rodríguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813263
- Correo electrónico
- mariajesus.aira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Amigo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814977
- Correo electrónico
- javier.amigo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Miguel Serrano Perez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814972
- Correo electrónico
- miguel.serrano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
15:30-16:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
15:30-16:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
15:30-16:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
15:30-16:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
11:00-12:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
15:30-16:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |