Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Trátase dunha materia sustantiva que servirá tanto para unha formación básica como transversal, sendo fundamental para algunhas das saídas profesionais da titulación como as desenvolvidas nas áreas de control sanitario e ambiental, a epidemioloxía, a clínica e a industria.
Con esta materia preténdese dotar ao estudante de Farmacia dos coñecementos básicos imprescindíbeis para a comprensión do mundo microbiano e da súa importancia para o ser humano, especialmente no que compite á saúde, ao medio ambiente e á industria.
Co desenvolvemento das clases prácticas preténdese que os alumnos adquiran competencias e habilidades nas seguintes áreas:
- Aplicación dos conceptos de esterilización e desinfección
- Observación de poboacións de bacterias, leveduras e fungos
- Illamento de microorganismos
- Análise de curvas de crecemento de bacterias
- Análise de mostras de auga
- Interpretación de resultados
- Elaboración dun informe do traballo práctico no que se sintetice e describa con rigor a súa experiencia no traballo con microorganismos
Programa de clases expositivas:
As clases expositivas desenvolveranse en 30 sesións dunha hora cada unha.
Tema 1. Concepto e desenvolvemento histórico da Microbioloxía (1h)
Tema 2. Natureza e estrutura da célula bacteriana (5h)
Tema 3. Metabolismo e crecemento bacterianos (5h)
Tema 4. Control de microorganismos (5h)
Tema 5. Natureza e estrutura dos virus (5h)
Tema 6. Xenética bacteriana (5h)
Tema 7. Natureza e estrutura de fungos filamentosos e levaduras (1h)
Tema 8. Introdución á Biotecnoloxía microbiana (1h)
Tema 9. Introdución á Microbioloxía ambiental (1h)
Tema 10. Introdución á Microbioloxía dos alimentos (1h)
Programa de clases prácticas:
As clases prácticas desenvolveranse en 4 sesións
Práctica 1. Observación macroscópica de bacterias, fungos e levaduras.
Práctica 2. Observación microscópica: Tincións
Práctica 3. Técnicas de illamento, resemeia e cultivo
Práctica 4. Curva de crecemento bacteriano
Práctica 5. Probas metabólicas
Práctica 6. Reacción de KOH. Determinación do Gram
Práctica 7. Análise microbiolóxica de auga
Práctica 8. Preparación de medios e solucións. Conceptos de esterilización e reciclado de material
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Título: Microbiología Esencial, 1ª edición
Autores: Martín A, Béjar V, Gutiérrez J, Llagostera M, Quesada E.
Editorial: Editorial Médica Panamericana
Ano: 2019
ISBN: 9788498357868 (versión impresa + libro electrónico)
ISBN: 9788491102427 (versión eBook)
Título: Microbiología, 7ª edición
Autores: Prescott LM, Harley JP e Klein DA
Editorial: McGraw-Hill Interamericana
Ano: 2008
ISBN: 9788448168278
Título: Brock: Biología de los Microorganismos, 14ª edición
Autores: Madigan MT, Martinko JM, Bender KS, Buckley DH e Stahl DA
Editorial: Pearson Education
Ano: 2015
ISBN: 9788490352793
Título: Introducción a la Microbiología, 9ª edición
Autores: Tortora GJ, Funke BR, Case CL
Editorial: Editorial Médica Panamericana
Ano 2007
ISBN: 9789500607407
Para o tema da xenética bacteriana recoméndase:
Título: Transferencia horizontal de genes: romper fronteras entre las especies vivas
Editores: Villa T, Viñas M.
Editorial: Springer
Ano: 2019
ISBN: 9783030218614
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Título: La maldición de Tutankamón y otras historias de microbiología
Autores: Raúl Rivas
Editorial: Almuzara Editorial, Guadalmazan Editorial
Ano: 2019
ISBN: ISBN: 9788417547011
Título: El asesino que envenenó a Napoleón y otras historias de microbiología
Autores: Raúl Rivas
Editorial: Editorial Guadalmazan
Ano: 2019
ISBN: 9788417547110
Título: Contagio: La evolución de las pandemias
Autores: David Quammen
Editorial: Editorial Debate
Ano: 2020
ISBN: 9788418006760
Título: Microbiota: los microbios de tu cuerpo
Autores: Ignacio López-Goñi
Editorial: Almuzara Editorial
Ano: 2018
ISBN: 9788494778650
Título: Virus: Una guía ilustrada de 101 microbios sorprendentes
Autores: Marilyn J. Roossinck
Editorial: AKAL Editorial
Ano: 2020
ISBN: 9788494778650
De considerarse necesario faranse recomendacións de bibliografía complementaria ó longo do transcurso do curso
1. Competencias xerais.
9: Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual,
familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
14: Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as
relacionadas con outros profesionais sanitarios.
16: Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia
profesional, dándolle especial importancia á auto-aprendizaxe de novos coñecementos baseándose
na evidencia científica dispoñíbel.
2. Competencias específicas.
B04: Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
B05: Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnolóxica de fármacos, así como de uso da terapia xénica.
B06: Coñecer e comprender o control microbiolóxico dos medicamentos.
B08: Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos.
3. Competencias transversais.
CI03: Coñecementos xerais básicos
CS03: Capacidade de aprender
*Escenario 1:
A) Clases expositivas: a docencia impartirase presencialmente na aula.
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes con apoio de medios audiovisuais. Estas clases seguirán os contidos teóricos propostos no Programa Docente da materia, dispoñible na USC virtual.
B) Clases interactivas: a docencia impartirase presencialmente na aula.
As clases interactivas desenvolveranse en 4 sesións de 2 horas. Serán clases de discusión nas que se poden propoñer e resolver aplicacións da teoría, clases con contidos que axuden a comprender partes do temario e finalmente poderá realizarse unha actividade de aprendizaxe cooperativa. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais. A realización das diferentes actividades terá lugar de forma individual ou en grupo segundo estableza o profesor previamente. A avaliación da participación e competencia dos alumnos realizarase mediante o control da asistencia, a participación nas discusións e mediante os resultados dos cuestionarios realizados ao final de cada interactiva. Tamén será valorada a actitude do alumno durante o desenvolvemento das diferentes actividades. A asistencia a estas clases é OBRIGATORIA. As cualificacións das clases interactivas manteranse ata que o alumno supere a materia
C) Clases prácticas de laboratorio: Clases prácticas de laboratorio: as prácticas realizaranse con grupos de 20 alumnos mediante ensinanzas presenciais no laboratorio.
Durante as prácticas preténdese que o alumno adquira as habilidades propias do traballo nun laboratorio e consolide os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade require unha boa actitude individual. Para estas prácticas o alumno disporá dun manual de laboratorio na USC virtual. Este manual incluirá consideracións xerais sobre o traballo, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar no que se fará constar una breve presentación dos fundamentos e a metodoloxía a seguir. o alumno realizará individualmente as experiencias necesarias para a consecución dos obxectivos da práctica.
Para a avaliación das prácticas teranse en conta as respostas aos controis levados a cabo durante estes (control no primeiro día de prácticas que avaliarán a lectura e comprensión dos obxectivos e fundamentos de cada unha das prácticas expostas no manual de prácticas, e un segundo control o último día de prácticas que avaliará a comprensión dos resultados obtidos tras a súa realización). Tamén terase en conta a actitude do estudante durante as prácticas e habilidades na súa realización, aspectos que poderán influír na puntuación final despois da conclusión dos controis.
A realización das prácticas é OBRIGATORIA. A nota das prácticas de laboratorio en caso de igualar ou superar 1 punto dun máximo de 2 manteranse ata que o alumno aprobe a materia.
D) Titorías: Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios alumnos como entre estes e o profesorado, poderá utilizarse o foro do Campus Virtual, Teams ou o correo electrónico.
Son titorías programadas nas que se aclaran as dúbidas sobre calquera aspecto teórico-práctico ou de avaliación da materia.
E) Haberá a posibilidade de realizar unha actividade voluntaria de Aprendizaxe-Servizo enmarcada dentro do programa MicroMundo (un proxecto de ciencia cidadá para a difusión do uso adecuado dos antibióticos baseado nunha estratexia pedagóxica de aprendizaxe e servizo, socio da rede matriz Tiny Earth de EE.UU). Esta actividade realizarase SEMPRE E CANDO AS CONDICIÓNS SANITARIAS DERIVADAS DA CRISE POLA COVID-19 O PERMITAN, haxa un número suficiente de alumnos voluntarios para levala a cabo e se consiga coordinar a actividade con varios centros de ensino secundario da nosa contorna. Esta actividade desenvolverase ao longo de todo o curso e estará coordinada polo profesorado da materia Microbioloxía I en colaboración cos centros de ensino secundario. Os alumnos voluntarios realizarán as mesmas prácticas de laboratorio que o resto dos seus compañeiros e a maiores terán un adestramento específico no que recibirán información sobre como previr a aparición de bacterias resistentes a antibióticos mediante o uso racional dos mesmos. Ademais aprenderán técnicas de illamento de microorganismos do solo e ensaiarán o posible efecto inhibitorio destes fronte a distintas cepas bacterianas, a fin de intentar atopar novos microorganismos produtores de antibióticos. Nunha segunda fase estes alumnos voluntarios irán aos centros de ensino secundario para concienciar aos estudantes de ESO e Bacharelato sobre o uso racional dos antibióticos e levar a cabo con eles a busca de microorganismos produtores empregando as instalacións do centro de ensino.
A avaliación consistirá en:
- Realización dun exame sobre os contidos teóricos da materia impartidos tanto durante as clases expositivas como durante as prácticas. Consistirá nun exame con preguntas sobre conceptos clave (preguntas 'curtas' e/ou de resposta múltiple). Ademais, ao final de cada tema realizarase un cuestionario. Os cuestionarios parciais cubertos en cada unha das partes do curso contarán no cálculo do 60% da nota correspondente ao exame final (os controis valoraranse con 1 punto dos 6 puntos correspondentes a o exame dentro da avaliación total).
- Para a avaliación das prácticas teranse en conta as respostas dos controis levados a cabo durante a realización das prácticas (control no primeiro día de prácticas que avaliarán a lectura e comprensión dos obxectivos e fundamentos de cada unha das prácticas expostas no manual de prácticas e, un segundo control o último día de prácticas que avaliará a comprensión dos resultados obtidos).
Tamén terase en conta a actitude do estudante durante as prácticas e habilidades na súa realizaciónaspectos que poderán influír na puntuación final despois da conclusión dos controis. A nota de prácticas supoñerá o 20% da nota final.
- Avaliación continuada durante as clases interactivas mediante a valoración das actividades realizadas durante as mesmas. A nota das clases interactivas supoñerá o 20% da nota final.
• Cualificación global: A cualificación global da materia, en total 10 puntos, será a suma do obtido no exame teórico e controis parciais, nas prácticas de laboratorio y nas clases interactivas, de acordo coa seguinte distribución:
–Exame de teoría e cuestionarios ao final da cada tema: 6 puntos, sendo obrigado obter polo menos 3 puntos para poder aprobar la materia.
–Prácticas de laboratorio: 2 puntos, sendo obrigado obter polo menos 1 punto para poder
aprobar a materia.
–Clases interactivas: 2 puntos, sendo obrigada a asistencia ás mesmas para á obtención de puntos neste apartado da avaliación
No caso do alumnado participante no programa MicroMundo, a avaliación desta actividade, debido ao seu carácter práctico, estará incluída no apartado de "prácticas de laboratorio" que supón 2 puntos sobre a nota final, correspondendo 1 punto ás prácticas propias da materia e 1 punto ao adestramento específico para esta actividade de aprendizaxe-servizo. Este adestramento específico será avaliado seguindo os mesmos parámetros que as prácticas de laboratorio propias da materia.
• Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos 3 puntos dos 6 correspondentes ao exame/cuestionarios de teoría e 1 punto dos 2 correspondentes ás prácticas. Unha vez sumadas as notas dos tres apartados, o alumno deberá alcanzar o 50% da puntuación total (5 puntos dun total de 10) para aprobar a materia. No caso de non acadar un 3 no exame/cuestionarios parciais, non se sumarán as notas das prácticas e interactivas (notas que se gardarán para as sucesivas convocatorias)
• Avaliación das competencias: A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
-No exame e cuestionarios parciais: competencia xeral (16), competencias específicas (B04, B05, B06, B08,) e competencias transversais (CI03, CS03)
-Nas prácticas de laboratorio: competencia xeral (9), competencia específica (B08) e competencias transversais (CI03, CS03)
-Nas clases interactivas: competencias xerais(9,14), competencia específica (B08,) e competencias transversais (CI03, CS03)
• Na 2ª oportunidade da convocatoria, só se realizará o exame de teoría que será presencial ou non dependendo no escenario no que nos atopemos nese momento e das directrices da USC (en caso de estar no escenario 3 non se realizará exame e o contido da materia será avaliado mediante avaliación continua, e dicir, empregando a nota dos cuestionarios parciais). A avaliación nesta 2ª oportunidade realizarase conservando a cualificación correspondente as prácticas e as clases interactivas. A nota final seguirá os mesmos criterios que na 1ª oportunidade.
• En convocatorias sucesivas manteranse as cualificacións correspondentes as clases interactivas e as prácticas de laboratorio.
TRABALLO PRESENCIAL AULA OU NO LABORATORIO:
Clases expositivas en grupo grande (30 horas)
Clases interactivas en grupo reducido (8 horas)
Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
Prácticas de laboratorio (16 horas)
Exames e revisión (4 horas)
Total de horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio (60 horas)
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
Estudio autónomo individual ou en grupo (60 horas)
Resolución de exercicios, ou outros traballos (14 horas)
Orientación e resolución de dúbidas (8 horas)
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas (4 horas)
Realización e revisión do exame (4 horas)
Total horas de traballo persoal do alumno (90 horas)
• Es recomendábel que os alumnos asistan regularmente ás clases expositivas, así como que preparen a materia como mínimo semanalmente có obxectivo de que se podan realizar as clases interactivas cun coñecemento suficiente do alumno sobre a materia.
• Nas clases prácticas, esixirase unha actitude responsábel e un coñecemento, desde o seu comezo, dos riscos e medidas de seguridade a observar durante o traballo con microorganismos. Esixirase a lectura do manual de prácticas, dispoñible na USC virtual, previamente á súa realización.
• Nas clases interactivas, o alumno deberá mostrar unha actitude positiva e participativa, e deberá demostrar o seu coñecemento dos temas a debater.
• Recomendacións de cara á avaliación.
- Preparar adecuadamente a materia, especialmente nos conceptos e temas chave que serán resaltados polo profesor durante as clases expositivas polo que se recomenda a asistencia a todas as clases e o traballo continuado.
- Nas prácticas de laboratorio recoméndase ao alumno mostrar atención as indicacións do profesorado, seguir estritamente as normas de seguridade, e esforzarse en adquirir as destrezas necesarias durante os exercicios. Así mesmo recoméndase encarecidamente que o alumno lea atentamente antes de acudir a cada sesión de prácticas o contido do manual de prácticas facilitado a través de la USC virtual.
- É importante que o alumno demostre unha actitude activa e de participación durante as clases interactivas.
• Recomendacións de cara a recuperación.
- Repasar extensivamente a materia, especialmente en aqueles aspectos nos que se demostraran debilidades (que serán indicadas polo profesor durante a revisión dos exames).
• PLAN DE CONTINXENCIA
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
*Escenario 2:
A) Clases expositivas: neste escenario, a docencia será telemática sincrónica.
B) Clases interactivas: neste escenario, as 4 sesións de 2 horas realizaranse de xeito presencial sempre que a situación sanitaria o permita.
C) Clases prácticas de laboratorio: neste escenario as prácticas levaranse a cabo con pequenos grupos(10 alumnos máximo). Polo tanto, os grupos duplicaranse e o tempo que pasarán no laboratorio reducirase á metade. Para impartir toda a materia á metade do tempo, as instrucións das prácticas daranse a través de vídeos explicativos de forma asíncrona.
A finalización das prácticas é OBLIGATORIA. A cualificación das prácticas de laboratorio en caso de igualar ou superar 1 punto sobre un máximo de 2 manterase ata que o estudante supere o curso.
D) Titorías: neste escenario utilizaranse o foro do Campus Virtual, os equipos ou o correo electrónico.
E) Neste escenario, a actividade voluntaria de Aprendizaxe Servizo se levará a cabo sempre que a situación sanitaria o permita.
F) Avaluación dos contidos teóricos. Os exámenes serán presenciais sempre que a situación sanitaria o permita. en caso de non poder realizr un examen presencial, a nota correspondente ao exame (60% da nota total da materia) obterase mediante a avaliación dos controis parciais realizados en cada unha das partes da meteria.
G) A avaliación das sesións interactivas levarase a cabo avaliando a participación e competencia dos alumnos a través do control de asistencia, participación en discusións e a través dos resultados dos cuestionarios realizados ao final de cada sesión interactiva.
H) Para a avaliación das prácticas teranse en conta as respostas dos controis realizados durante as prácticas (control o primeiro día de prácticas que avaliarán a lectura e comprensión dos obxectivos e fundamentos de cada unha das prácticas expostas no manual de prácticas, un segundo control o último día de práctica que avaliará a comprensión dos resultados obtidos ).
*Escenario 3:
A) Clases expositivas: Neste escenario, a docencia será telemática sincrónica.
B) Clases interactivas: neste escenario, a docencia será telemática síncrona.
C) Clases prácticas de laboratorio: neste escenario as prácticas serán prácticas virtuais síncronas, asíncronas ou unha combinación de ambas.
D) Titorías: neste escenario utilizaranse o foro do Campus Virtual, os equipos ou o correo electrónico.
E) Neste escenario, a actividade voluntaria de Aprendizaxe Servizo non se levará a cabo.
F) A avaliación dos contidos teóricos neste escenario realizarase mediante a avaliación dos cuestionarios parciais cubertos en cada unha das partes da materia, que constitúen o 60% da nota total da materia.
G) A avaliación das sesións interactivas telemáticas realizarase avaliando a participación e competencia dos alumnos mediante o control da asistencia ás sesións, a participación nos debates e mediante a avaliación dos cuestionarios realizados ao final de cada interactiva a través da aplicación Moodle.
H) Para a avaliación das prácticas teranse en conta as respostas dos controis realizados durante as prácticas (control o primeiro día de prácticas que avaliarán a lectura e comprensión dos obxectivos e fundamentos de cada unha das prácticas expostas no manual de prácticas, un segundo control o último día de práctica que avaliará a comprensión dos resultados obtidos). Os cuestionarios realizaranse a través da aplicación Moodle.
• Na 2ª oportunidade da convocatoria, só se realizará o exame de teoría que será presencial ou non dependendo no escenario no que nos atopemos nese momento e das directrices da USC (en caso non poder realizarse de forma presencial, o contido da materia será avaliado mediante avaliación continua, e dicir, empregando a nota dos cuestionarios parciais). A avaliación nesta 2ª oportunidade realizarase conservando a cualificación correspondente as prácticas e as clases interactivas. A nota final seguirá os mesmos criterios que na 1ª oportunidade.
Maria Trinidad De Miguel Bouzas
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881814947
- Correo electrónico
- trinidad.demiguel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Isabel Bandin Matos
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816087
- Correo electrónico
- isabel.bandin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Rodriguez Osorio
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816050
- Correo electrónico
- cr.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Sandra Sanchez Poza
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881814944
- Correo electrónico
- sandra.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Beatriz Magariños Ferro
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816914
- Correo electrónico
- beatriz.magarinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
17:30-18:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
17:30-18:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
17:30-18:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
17:30-18:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |
17:30-18:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 19 Facultade Dereito |