Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tras a conclusión do curso o alumno deberá:
1. Coñecer a fisiopatoloxía das principais síndromes clínicas. Tamén as enfermidades mais importantes, especialmente a súa patoxénese, a súa fisiopatoloxía, a orixe dos seus síntomas, e os posibles puntos de intervención terapéutica de cada unha.
2. Poder predicir as consecuencias locais e globais dunha falla nun determinado sistema do corpo, integrando o coñecemento fisiolóxico e fisiopatolóxico.
3. Dominar a terminoloxía médica, de modo que poda ler un prospecto farmacéutico, un libro ou un artigo de medicina, e entender un caso clínico.
4. Manexar as bases de datos e a literatura do campo para atopar e comprender información de calquera doenza ou proceso patolóxico no que poida estar interesado nas súa vida profesional.
Programa de clases expositivas e interactivas:
Tema 1. Lesión celular e as respostas inespecíficas á lesión.
Tema 2. Patoloxía xeral.
Tema 3. Fisiopatoloxía da pel, sangue e cardiovascular.
Tema 4. Fisiopatoloxía do sistema respiratorio.
Tema 5. Fisiopatoloxía do sistema nervioso.
Tema 6. Alteracións do ril e electrólitos.
Tema 7. Fisiopatoloxía do sistema dixestivo.
Tema 8. Endocrinoloxía, metabolismo e nutrición.
Bibliografía recomendada
Básica.
• Patología humana (10ª edición). Kumar V., Abbas, A, Aster J. Elsevier. 2018.
Complementaria.
• Porth. Fisiopatología (10ª edición). Norris T.L., Lalchandani L. Wolters Kluver , 2019.
• Fisiopatología de la Enfermedad: Una introducción a la Medicina Clínica (7ª edición). Hammer G.D., McPhee. S.J. McGraw-Hill. 2015.
• Fisiopatología y patología general básicas para ciencias de la salud (1ª ed). Pastrana J., García de Casasola G. Elsevier. 2013.
• Fisiopatología. La ciencia del porqué y el cómo (1ª ed). Uribe R.A. Elsevier. 2018
• Harrison, Principios de Medicina Interna (20ª edición). Jameson J.L y cols, eds. McGraw-Hill. 2018.
• Introducción a la Medicina Clínica: Fisiopatología y Semiología (3º Ed). Laso F.J. Ed Elsevier. 2015
• Guyton y Hall. Tratado de Fisiología Médica (13ª edición). Hall J.E. Elsevier. 2016.
Competencias específicas.
A materia de Fisiopatoloxía contribúe significativamente á competencia MF12 do Grao en Farmacia:
MF12. Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Ademais, tamén contribúe ás seguintes competencias específicas:
B05. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnoloxía de fármacos e de uso de terapia xénica.
MF02. Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio.
MF08. Adquirir as habilidades para ser capaz de ofrecer consellos en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario para os usuarios dos establecementos onde prestan servizo.
LS01. Comprender os fundamentos de saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidades nos ámbitos individual e colectivo e contribuir á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes da saúde na poboación, tanto os xenéticos coma os dependentes de sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicas e culturais.
Competencias transversais.
Competencias transversais que son desenvolvidas na materia:
CI01. Capacidade de análise e síntese.
CI08. Habilidades de xestión de información (capacidade de buscar e analizar información de distintas fontes).
A) Clases expositivas:
Clases teóricas impartidas polo profesor que poden ter diferentes formatos. O profesor contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Normalmente estas clases irán seguindo o contido dun manual de referencia proposto na Guía Docente.
B) Clases interactivas en grupo reducido:
Clases teórico-prácticas nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios ... O alumno vai participar activamente de distintos xeitos: entrega ao profesor de cuestións e exercicios, resolución de cuestións na aula, etc.
C) Titorías grupais:
Onde se repasan os avances no estudo dos temas e se resolven as dúbidas que os alumnos presentan sobre o tema.
De maneira xeral a avaliación basearase en:
1) Exame final: 70% da cualificación final
2) Avaliación continuada: 30 % da cualificación final. Valorará a participación nas actividades propostas nas clases interactivas e na resolución de cuestións plantexadas nas clases expositivas de contido teórico.
Para sumar a nota de avaliación continua o alumno deberá ter unha nota mínima de 4,0 puntos (sobre 10) no exame final.
A nota de avaliación continuada poderase conservar dun curso para o seguinte de solicítalo o alumno.
A avaliación das competencias adquiridas será realizada
a) no exame: competencias MF12, B05, MF02, MF08, LS01
b) nas clases interactivas: competencias CI01, CI08
A primeira e a segunda oportunidade da convocatoria rexeranse polos mesmos criterios de avaliación.
Importante: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”.
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 30
Clases interactivas en grupo pequeno: 24
Titorias grupais: 2
Probas e revisión: 4
Total de horas de traballo presencial na aula: 60
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 45
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 36
Orientación e resolución de dúbidas: 9
Total de horas de traballo persoal: 90
A participación nas clases interactivas é obrigatoria
Recomendase a asistencia regular e seguir as actividades do curso día a día, así como participar activamente na clase. Coa asistencia e participación en clases e seminarios, non só se facilita a comprensión do alumno sobre o tema, senón que a súa actividade verase reflectida na cualificación (30% da nota final).
Ademais, é aconsellable facer todas as preguntas e plantexar todas as dúbidas que poidan xurdir sobre a materia, en clases e seminarios, e participar da titorías grupais previstas para ese fin.
Recomendase a utilización dos materiais didácticos dispoñibles na aula virtual. Asemesmo e aconsellable consultar con regularidade a bibliografía proposta, en papel e/ou en formato electrónico en función da dispoñibilidade, para habituarse ao manexo simultáneo de diversos textos e como complemento formativo.
É conveniente, antes de comezar a estudar o funcionamento do corpo durante a enfermidade, ter o coñecemento do seu funcionamento normal. Polo tanto, é aconsellable ter cursado as materias de Anatomía, Citoloxía e Histoloxía, e tamén Fisioloxía I e II e Bioquímica I e II. Desaconséllase especialmente a matrícula en Fisiopatoloxía sen ter aprobadas as dúas materias de Fisioloxía.
Para a segunda oportunidade da convocatoria serán de aplicación os criterios fixados para a primeira oportunidade.
Importante: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”
Rosa Maria Señaris Rodriguez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815442
- Correo electrónico
- rosa.senaris [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Dieguez Gonzalez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812258
- Correo electrónico
- carlos.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Costoya Puente
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815449
- Correo electrónico
- josea.costoya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812443
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Angel Fidalgo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815488
- Correo electrónico
- miguel.fidalgo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |