Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer as necesidades nutritivas do organismo humano e as Inxestas Dietéticas Recomendadas, para dar consellos prácticos e seguir unha dieta saudable para evitar ou previr a aparición de enfermidades crónicas.
Coñecer a composición dos alimentos como fontes de nutrientes.
Utilizar e saber interpretar as táboas de composición de alimentos e as de inxestas recomendadas de enerxía e nutrientes para poder deseñar, valorar e interpretar dietas.
Confirmar a importancia da dieta no tratamento de determinadas patoloxías.
Programa de clases expositivas.
As clases expositivas desenvolveranse en 30 sesións de 50-55 minutos cada unha.
Tema 1: Alimentación e saúde: concepto de nutrición e dietética humanas.
Tema 2: A dieta na saúde. Inxestas Dietéticas de Referencia. Obxectivos nutricionais.
Tema 3: Necesidades enerxéticas: lípidos e carbohidratos.
Tema 4: Necesidades plásticas: proteínas e aminoácidos.
Tema 5: Necesidades protectoras: auga, vitaminas e minerais.
Tema 6. Outros alimentos: Augas e bebidas. Especias e alimentos estimulantes
Tema 7: Alimentación nas distintas etapas da vida.
Tema 8: Coidados nutricionais e recomendacións dietéticas nos trastornos da alimentación.
Tema 9: Coidados nutricionais e recomendacións dietéticas nas alerxias, intolerancias e trastornos metabólicos.
Tema 10: Coidados nutricionais e recomendacións dietéticas en diferentes patoloxías.
Programa de clases interactivas.
Programa de clases interactivas.
As clases expositivas completaranse con 8 clases interactivas. Nelas os alumnos completarán os coñecementos adquiridos nas clases expositivas, resolveranse cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que terán traballado previamente eerealizarase a formulación e posterior exposición dun traballo.
Programa de clases prácticas
As clases prácticas desenvolvésense en 16 horas, en 4 sesións.
Práctica 1. Avaliación da dieta persoaL.
Práctica 2. Preparación e avaliación de dietas en trastornos da saúde.
Práctica 3. Avaliación de polifenois totais e capacidade antioxidante
Práctica 4. Avaliación da presenza de glute nos alimentos
Básica
GIL, A. Tratado de Nutrición Tomos I a IV (2017) 3ª ed. Ed. Panamericana (tamén acceso on-line)
MATAIX, J. Tratado de Nutrición y alimentación. Vol. I y II (2009). Ed. Ergon
Complementaria.
ASTIASARAN ANCHIA, I; LASHERAS ALDAZ, B: ARIÑO PLANA, A; MARTINEZ HERNANDEZ, J.A. Alimentos y nutrición en la práctica sanitaria (2003) Ed. Diaz de Santos
BIESALSKI, H.K, GRIMN, P y NOWITZKI-GRIMM, S. Texto y Atlas de Nutrición (2021) 8ªed. Ed. Elsevier (tamén acceso on-line)
CERVERA, P.; CLAPES, F. y RIGOLFAS, R. Dietética y dietoterapia (2004) 4ª ed. Ed. Graw-Hill Interamericana.
CESNID (Centre d’Enseyament Superior de Nutrició i Dietética). Tablas de composición de alimentos por medidas caseras de consumo habitual en España (2008) Ed. Mc Graw-Hill Interamericana.
CUERVO, M.; RUIZ DE LAS HERAS, A. Alimentación Hospitalaria. 2. Dietas hospitalarias (2003). Ed. Díaz de Santos.
DAMORAN, S.; PARKIN, K.L. Fennema. Química de los alimentos (2019) 4ª ed. Ed. Acribia
MAHAN, I.K.; MORROW, K. J. Krause Dietoterapia (2021) 15ªed. Ed. Elsevier
MARTINEZ HERNANDEZ, A. Fundamentos de Nutrición y dietética.(2018) Ed. Médica-Panamericana (on-line)
MATAIX, J. Y LLOPIS, J. Manual gráfico e contido nutricional de pratos galegos (1993). Ed. Carrefour Galicia.
MATAIX, J. Tabla de composición de alimentos españoles (1993) Universidad de Granada.
MOREIRAS, O.; CARBAJAL, A.; CABRERA, L.; CUADRADO, D. Tablas de composición de alimentos (2005) 9ª ed. Ed Pirámide.
SALAS SALVADÓ J. Nutrición y dietética clínica (2019) 4ª ed. Ed. Elsevier (on-line)
Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN): https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm
Base de datos española de composición de alimentos: http://www.bedca.net/
European Food Safety Authority (EFSA): https://www.efsa.europa.eu/
DOUE: https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/?uri=CELEX%3A32013R021
Centers for Disease Control and Prevención (CDC). Division of Nutrition, Physical Activity and obesity: http://www.cdc.gov/nccdphp/dnpa/physical/measuring/index.htm
United States Department of Agriculture (USDA): http://www.usda.gov/wps/portal/usda/usdahome
The Food and Nutrition Information Center (FNIC): https://www.nal.usda.gov/fnic
Food Data Central: https://fdc.nal.usda.gov/
3.1 Competencias xerais
CG5. Prestar consello terapeútico en farmacoterapia e dietoterapia así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
CG9. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
3.2. Competencias específicas do Módulo
MF08. Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
MF09. Comprender a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
LS01 .Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
3.3. Competencias transversales.
CI01. Capacidade de análise e síntese.
CI08. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
CI09. Resolución de problemas.
CP01. Capacidade crítica e autocrítica.
CS01. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. A plataforma virtual da USC e as ferramentas corporativas para a docencia servirán de apoio e complemento teórico da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, planteamento e presentación do traballo, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, presentación de un traballo, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos e os alumnos poderán usarlo na presentación do traballo. Inclúense as probas de avaliación sobre apartados específicos. A asistencia a estas clases é obrigatoria para a avaliación continua. No caso de suspender a asignatura, manterase a nota nos 3 cursos académicos posteriores.
Para organizar os grupos de seminarios interactivos, os grupos expositivos divídense, segundo o curso, en dous ou tres grupos; en todo caso, o número de alumnos é sempre inferior a 50.
C) Clases prácticas en grupo reducido:
Clases prácticas síncronas presenciais no laboratorio. Grupos de 20 alumnos.
Clases prácticas de ordenador. Prácticas síncronas. Grupos de 20 alumnos
O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas e presentará ao profesor os resultados para a súa avaliación (algúns propostos previamente polo profesor coa suficiente antelación). A asistencia a estas clases é obrigatoria.
O alumno non será avaliado se non asiste, realiza e aproba as prácticas que se lle indiquen. A nota de prácticas manterase nos tres cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia
D) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poñeranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
E) Titorías en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor. Supoñen para cada alumno 2 horas. Propóñense actividades como a supervisión do traballo dirixido, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte correspondente ás clases interactivas e parte práctica.
O exame teórico supoñerá o 70% da cualificación final (máximo 7 puntos). O exame deberá cubrir todas as partes fundamentais damateria que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% da nota máxima (3,2), para valorar o resto dos apartados.
A asistencia e avaliación das clases interactivas supoñerá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos se poidan realizar, presentación e debate do Traballo etc. A nota das interactivas manterase nos tres cursos académicos posteriores en caso de non superar a materia
A avaliación das prácticas supoñerá o 10% (máximo de 1 punto) da nota final. Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido polo alumno e a súa presentación ao profesor dos resultados obtidos.
A realización, entrega e superación das prácticas é requisito indispensable para poder superar a materia de Nutrición e Bromatoloxía I. O mínimo para aprobalas é 0.5 puntos sobre 1.
A nota de prácticas manterase nos tres cursos académicos posteriores en caso de suspender a materia. A realización, entrega e superación das prácticas é requisito indispensable para poder superar a materia de Nutrición e Bromatoloxía I.
Na 2ª oportunidade do curso académico, só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente ás clases interactivas e prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido, será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.
A avaliación das competencias adquiridas na asignatura será realizada a través das seguintes vías:
No examen: MF08, MF09, LS01, CI01 y CG5
Nas prácticas do laboratorio: MF09, CI08, CI09, CP01, CS01 y CG9
NAS clases interactivas: CI01, CI08, CP01 y CS01
O alumno debe obter cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
Para os casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande: 30 horas
Clases interactivas en grupo reducido. Presentación y debate dun traballo: 8 horas
Prácticas en grupo reducido:16 horas
Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
Exámenes y revisión: 4 horas
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudio autónomo individual o en grupo: 54 horas
Resolución de exercicios, preparación do traballo: 14 horas
Prácticas y elaboración das memorias de prácticas: 16 horas
Orientación y resolución de dubidas: 4 horas
Elaboración, presentación y exposición: 4 horas
Realización y revisión de exame: 4 horas
Total horas traballo persoal del alumno: 90 horas
É aconsellable asistir ás clases expositivas e estudar a materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas e prácticas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan formular as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
É imprescindible o uso da USC virtual onde o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais os alumnos poden consultar directamente e en todo momento co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración.
Para as prácticas de ordenador é necesario coñecer e manexar os conceptos teóricos previos, que permitirán ao alumno a elaboración e/ou avaliación das diferentes axudas en estudo. Para as prácticas de laboratorio é necesario coñecer as medidas de seguridade no laboratorio de prácticas e é obrigatorio o uso de bata, luvas e lentes. Calquera dúbida que puidese xurdir antes ou durante as prácticas deberá ser consultada co profesor..
A docencia impartirase impartiranse en castelán.
Para os casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións”.
Maria Julia Celia Lopez Hernandez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 881814963
- Correo electrónico
- julia.lopez.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Raquel Sendón García
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 881814964
- Correo electrónico
- raquel.sendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Bernaldo De Quiros
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.bernaldo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Vázquez Loureiro
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- patriciavazquez.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Sandra Mariño Cortegoso
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- sandra.marino.cortegoso [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Letricia Barbosa Pereira
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- letricia.barbosa.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: JIN (Jóvenes Investigadores)
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:30-18:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |