Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia trata de resumir os conceptos básicos necesarios para a comprensión dos diferentes métodos existentes, fundamentalmente espectroscópicos, utilizados na análise estrutural das moléculas. Faise especial fincapé na necesidade de utilizar dúas ou máis técnicas para resolver un problema estrutural.
Trátanse ademais as espectroscopías atómicas con fins analíticos cuantitativos.
I. INTRODUCIÓN AOS MÉTODOS ESPECTROSCÓPICOS [Tema 1]
Tema1. Introdución aos métodos espectroscópicos.
II. ESPECTROSCOPÍA ATÓMICA [Temas 2-4]
Tema 2. Espectroscopía atómica: Fundamento.
Tema 3. Espectroscopía de emisión atómica.
Tema 4. Espectroscopías de Absorción e Fluorescencia atómica.
III. ESPECTROSCOPÍA MOLECULAR [Temas 5-10]
Tema 5. Espectroscopía de Microondas.
Tema 6. Espectroscopía de Infravermello.
Tema 7. Espectroscopía Raman
Tema 8. Espectroscopía Visible-Ultravioleta
Tema 9. Fluorescencia e Fosforescencia
Tema 10. Espectroscopía de Resonancia Magnética Nuclear
IV. ESPECTROMETRÍA DE MASAS [Tema 11]
Tema 11. Espectrometría de Masas
Básica
• C. N. Banwell, E. M. MacCash, Fundamentals of Molecular Spectroscopy, 4th ed., McGraw-Hill, London, 1994. (Hay unha version en castelán da edición de 1972. Ediciones del Castillo, S. A., Madrid, 1977).
• M. Hesse, H. Meir, B. Zeeh, Métodos Espectroscópicos en Química Orgánica. 2ª ed., Editorial Síntesis, Madrid, 1999
• P. Atkins, J. de Paula, Química Física, 8ª ed., Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires, 2008. Dispoñible en formato electrónico no catálogo da BUSC.
• Chemistry LibreTexts. University of California Davis. Spectroscopy,
http://chem.libretexts.org/Core/Physical_and_Theoretical_Chemistry/Spec…
• L. D. Field, S. Sternhell and J. R. Kalman, Organic Structures from Spectra, 5th edition, John Wiley & Sons, 2013.
Libros de problemas
• L. Carballeira Ocaña, I. Pérez Juste, Problemas de Espectroscopía Molecular, Netbiblo, Oleiros (Coruña), 2008.
• J. M. Pérez Martínez, A. L. Esteban Elum, M. P. Galache Payá, Problemas resueltos de Química Cuántica y Espectroscopía Molecular, Univ. de Alicante, Alicante, 2001.
Complementaria
• A. Requena, J. Zúñiga, Espectroscopía, Pearson Prentice-Hall, Madrid, 2004.
• R. Chang, Principios Básicos de Espectroscopía, Editorial AC, Madrid, 1983.
• E Pretsch, P. Buhlmann, M. Badertscher, Structure determination of organic compounds: tables of spectral data / 4th ed Berlin, Springer, 2009.
• J. M. Hollas, Modern Spectroscopy, 4th ed., John Wiley & Sons, Chichester, 2004.
• S. Svanberg, Atomic and Molecular Spectroscopy, 3rd ed. Springer-Verlag, Berlin, 2001.
COMPETENCIAS XERAIS
CG2.Mod Q.- Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas.. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Q02.- Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
Q03.- Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, instrumentación apropiada incluída.
Q05.- Coñecer as características fisicoquímicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CI09.- Resolución de problemas
CI10.- Toma de decisións
CI08.- Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar a información proveniente de fontes diversas)
A) Clases expositivas en grupo grande.
O profesor explica os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Poden ter formatos diferentes: teoría, problemas e/ou exemplos xerais.
B) Clases interactivas (Seminarios).
Clase teórico/práctica na que se propoñen aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. O alumno participa activamente nestas clases, nas que se traballará en resolución dos exercicios/cuestións propostos para cada tema e de exercicios/cuestións que formarán parte da avaliación continua.
C) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido.
Teñen como obxectivo aclarar dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos, fornecer información ou orientar ao alumno, así como coñecer o progreso na adquisición de competencias.
A cualificación desta materia levarase a cabo mediante avaliación continua (40 %) e a realización dun exame final complementario á avaliación continua (60 %).
Na avaliación continua teranse en conta os seguintes aspectos:
• Resolución de exercicios/cuestións de avaliación (90 %)
• Participación activa nas titorías (10 %)
A asistencia a clase é obrigatoria con carácter xeral, e terase en conta na avaliación continua.
Na segunda oportunidade levarase a cabo un exame final cuxa nota se sumará á obtida nas actividades de avaliación continua realizadas durante o período de docencia (aqueles alumnos que non realizasen a avaliación continua, só poderán obter unha nota máxima de 6,0 puntos).
A valoración da avaliación continua só é valida para o curso actual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ao longo do semestre avaliaranse as seguintes competencias:
Nas clases interactivas: CG2. Mod Q, Q02, Q03 e Q05.
Nas prácticas de laboratorio/ordenador: Q02, Q03, Q05; CI09, CI10, CP08.
Exame final: CI08, CI09 e CI10
• Clases Expositivas (23 horas)
• Clases Interactivas Seminario (18 horas)
• Titorías (2 horas)
• Exame (2 horas)
• Horas totais de traballo presencial na aula ou no laboratorio: 45 horas
• Horas de traballo persoal do alumno: 67,5 horas
• É importante manter o estudo da materia “ao día”.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións para utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
A materia terá unha Aula Virtual no Campus Virtual da USC ao dispor do alumnado.
Atenderanse de forma presencial as consultas personalizadas dos alumnos no horario de titorías do profesor publicado ao comezo do curso académico.
Juan Crugeiras Martinez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814430
- Correo electrónico
- juan.crugeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
15:30-16:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
15:30-16:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |