Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudio de todas as técnicas experimentais que, utilizando unha instrumentación complexa na maioría das ocasións, permite obter unha serie de datos cos que, ademáis da determinación analítica dunha substancia a nivel farmacéutico, se pode chegar tamén ao coñecemento das súas características estruturais.
Métodos Espectroscópicos:
Tema 1: Introdución. Tema 2: Espectrofotometría Visible-Ultravioleta. Tema 3: Espectrofotometría de Fluorescencia.
Métodos Electroquímicos:
Tema 4: Técnicas Conductimétricas. Tema 5: Técnicas Potenciométricas.
Métodos de Separación:
Tema 6: Introdución á Cromatografía. Tema 7: Cromatografía de Gases. Instrumentación. Tema 8: Cromatografía Líquida: Xeneralidades. Cromatografía Líquida de Adsorción e de Partición. Tema 9: Cromatografía Líquida: Cromatografía de Exclusión. Cromatografía Iónica. Instrumentación Cromatografía Líquida. Tema 10: Cromatografía Líquida Plana: Cromatografía en Capa Fina.
Tema 11: Cromatografía de Fluídos Supercríticos. Tema 12: Electroforese e Isoelectroenfoque. Tema 13: Espectrometría de Masas.
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible-ultravioleta: lei de Lambert-Beer
Práctica 2. Valoración potenciométrica dun ácido débil e determinación aproximada do seu pKa.
Práctica 3. Análise de mostras por cromatografía de gases
Bibliografía básica e complementaria
Básica
• Skoog, D. A.; Holler, F. J.; Nieman, T. A. Principios de Análisis Instrumental, (Traducción al español de Principles of Instrumental Análisis, por Mª C. Martín Gómez y otros), McGraw-Hill, Madrid, 2003.
• Ewing, G. W. Métodos Instrumentales de Análisis Químicos, (Traducción ao español del original inglés Instrumental Methods of Chemical Analysis, 4th ed., McGraw-Hill, 1975, por Eva Estrada Meza), Mc Graw-Hill, México, 1978.
Estes dous libros de carácter xeral pódense utilizar practicamente ao longo de todo o curso, por iso xa non se incluirán na bibliografía correspondente a cada capítulo xa que abranguen a maioría dos temas da materia cunha exposición clara e adecuada da materia para o alumno que os consulte.
Complementaria.
• Christian, G. D.; O´Reilly, J. E. Instrumental Analysis, 2nd ed., Allyn and Bacon, Boston, 1986.
• Ewing, G. W. Analytical instrumentation handbook, Marcel Dekker, New York, 1990.
• Miñones Trillo, J. Manual de Técnicas Instrumentales, 2 volúmenes, Círculo editor Universo, Barcelona, 1978.
• Valls, O.; del Castillo, B. técnicas Instrumentales en Farmacia y Ciencias de la Salud, 4ª ed., Ediciones Piros, Barcelona, 1998.
• Delahay, P. Análisis Instrumental: (métodos fisicoquímicos del Análisis), (Traducción ao español de Instrumental Analysis, Mc Millan, New York, 1963.
Competencias
Competencias Xerais.
1. Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros productos e matarias primas de interés sanitario de uso humano ou veterinario.
2. Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
3. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demáis aspectos que se consideren necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
10. Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos dictámenes de diagnóstico de laboratorio.
13. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto oral como escrita, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
14.- Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as realcionadas con outros profesionais sanitarios.
16. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica disponible.
Competencias Específicas
Q01. Identificar, deseñar, obter, analizar e producir principios activos, fármacos e outros productos e materiais de interese sanitario.
Q02. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
Q03. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, e a instrumentación axeitada.
Q05. Coñecer as características físico-químicas das sustancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Q09. Coñecer a orixe, natureza, deseño, obtención, análise e control de medicamentos e productos sanitarios.
Q10. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.
Competencias Transversais
CI01. Capacidade de análise e síntese.
CP01. Capacidade crítica e autocrítica.
CS01. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CS08. Habilidade para traballar de xeito autónomo.
As trinta horas de clases expositivas inpartiránse como clases maxistrais presenciais xa que o elevado número de alumnos por grupo non permite a utilización de métodos alternativos. En ditas clases daránse os conceptos e contidos teóricos da materia. Para elo axudarémonos das novas tecnoloxías para presentacións colectivas, como power point, vídeos, etc. As clases interactivas estarán adicadas á resolución de custións prácticas e problemas. O traballo práctico no laboratorio levarase a cabo en grupos de 20 persoas como máximo. Todo elo estará implementado coa utilización da plataforma virtual da USC.
A Nota global será a resultante de sumar a calificación obtenida en tres actividades
1º Un exame final de teoría e problemas.
2º A avaliación continua.
3º Prácticas de laboratorio.
O exame final de teoría e problemas será calificado sobre un máximo de 7,5 puntos correspondéndolle 5,5 puntos ao exame de teoría e 2,0 puntos ao exame de problemas.
O exame de teoría consistirá en varias cuestión aplicadas con varios apartados, podiendo ser algunhas delas tipo test.
O exame de problemas consistirá en dous ou tres problemas con diferentes apartados.
É requisito indispensable para aprobar a asignatura obter unha nota igual ou superior a 1,65 puntos no exame de teoría e unha nota igual ou superior a 0,6 puntos no exame de problemas.
A avaliación continua constará dunha serie de probas que se levarán a cabo nas horas das clases interactivas. Ditas probas constarán de preguntas cortas, algunha das cales poderán ser de tipo test, así coma algún problema relacionado coa materia recentemente explicada. A calificación máxima correspondente á avaliación continua é de 2 puntos. Aqueles alumnos repetidores que o desexen, poderán manter a cualificación da avaliación continua correspondente ao curso anterior sen ter que asistir ás clases interactivas e ás probas, seendo requisito indispensable ter firmado ao principio do cuatrimestre un documento acreditativo de dito compromiso co profesor encargado da asignatura.
A realización das prácticas polo alumno é condición indispensable para poder ser avaliado da asignatura. Asímesmo será requisito indispensable superar un exame de ditas prácticas que consistirá nunha serie de cuestións relacionadas coas mesmas. A contribución á cualificación global será de 0.5 puntos.
As prácticas aprobadas manteranse indefinidamente, mantendo a nota obtida. Os alumnos repetidores que desexen realizar as prácticas de novo, deberán comunicarllo ao profesor e terán que facer de novo o exame correspondente e aprobalo.
Na segunda oportunidade da convocatoria do curso académico, soamente se realizará o exame final de teoría e problemas conservándose as calificaciónss correspondentes ás prácticas e a avaliación continua obtidas. As notas máximas e os mínimos requiridos, serán os mesmos que para a primeira oportunidade.
O exame de Teoría e Problemas realizarase de forma presencial.
Traballo presencial:
-Clases expositivas en grupo grande: 30 horas
-Clases interactivas en grupo reducido: 14 horas
-Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
-Prácticas de laboratorio: 10 horas
-Exames e revisión: 4 horas
-Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 horas
Traballo persoal:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 48 horas
-Resolución de exercicios, ou outros traballos: 24 horas
-Orientación e resolución de dúbidas: 2,5 horas
-Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 6,5 horas
-Realización e revisión do exame: 9 horas
-Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas
-Coñecementos matemáticos tales como: erros de medida.
- Nocións de estatística, representacións gráficas e interpretación de funcións.
-Funcións exponencial e logarítmica. Regresión lineal.
-Coñecementos básicos de física.
-Química-Física: Farase referencia constante aos conceptos estudados nesta materia, que servirán de punto de partida para abordar o fundamento de cada unha das técnicas.
-Dedicación regular ao estudo da materia (períodos diarios ou cada dous días).
-A medida que avanza o estudo é necesario ir resolvendo as cuestións e problemas formulados en cada capítulo.
-Evitar introducirse nun novo capítulo sen entender axeitadamente os anteriores.
Maria Mercedes Parajo Montes
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814212
- Correo electrónico
- mmercedes.parajo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Arturo Baltasar Suarez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814912
- Correo electrónico
- arturo.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Rodriguez Dafonte
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814307
- Correo electrónico
- pedro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rafael Enrique Ramos Amigo
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- r.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Jose Manuel Vila Fungueiriño
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- josem.vila [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Noa Varela Domínguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815770
- Correo electrónico
- noavarela.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |