Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 7 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 11 Total: 29
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento das novas perspectivas dos parámetros bioquímico en saliva e as súas aplicacións diagnósticas.
- Coñecemento dos aspectos bioquímicos da película adquirida e placa dental.
- Coñecemento das bases bioquímicas das distintas terapias utilizadas para o control da carie dental.
- Coñecemento da base bioquímica das estratexias en uso paral a prevención da formación da placa dental e enfermidades asociadas.
- Coñecemento dos efectos bioquímicos dos compostos fluorados en relación co desenvolvemento de carie, así como na formación de manchas dentais.
- Coñecemento da acción bioquímica dos distintos compoñentes dos produtos destinados á hixiene bucodental.
- Coñecementos dos aspectos bioquímicos que relacionan dieta, nutrición e carie dental.
ESTRUTURA E COMPOSICIÓN QUÍMICA DO DENTE. Elementos constitutivos e estructuración do dente. Tecidos mineralizados e non-mineralizados Propiedades do hidroxiapatito, fosfatooctocálcico pentahidratado e fosfatos cálcicos amorfos.
ESMALTE. Composición e propiedades do esmalte. Tipos de esmalte. Características estruturais e propiedades do mineral do esmalte. Desmineralización e remineralización do esmalte.
DENTINA E PULPA. Características xerais da dentina e tipos de dentina. Compoñentes inorgánicos da dentina. Compoñentes orgánicos da dentina e funcións. Características xerais e composición da pulpa. Aspectos bioquímicos do envellecemento pulpar.
CEMENTO E ÓSO ALVEOLAR. Composición e características estruturais do cemento. Funcións do cemento. Composición e características estruturais do óso alveolar.
LIGAMENTO PERIODONTAL. Estrutura e composición molecular do ligamento periodontal. Funcións das proteínas constituíntes do ligamento periodontal. Mobilidade dental e perda dental.
BIOQUÍMICA DA SALIVA. Características xerais e funcións. Composición inorgánica da saliva e tampones salivales. Composición orgánica da saliva. Parámetros bioquímico en saliva de utilidade clínica.
BIOQUÍMICA DA PELÍCULA ADQUIRIDA E PLACA DENTAL. Características e composición da película adquirida e da placa dental. Procesos bioquímicos que se desenvolven na placa dental.
BIOQUÍMICA DA CARIE E ENFERMIDADE PERIODONTAL. Definición de carie dental. Requisitos necesarios para a aparición de carie. Efecto do pH sobre o apatito do esmalte e desmineralización cariogénica. Aspectos bioquímicos relacionados con nutrición e carie. Bioquímica da enfermidade periodontal.
ASPECTOS BIOQUÍMICOS DA ACCIÓN DOS DENTÍFRICOS. Requisitos mínimos dos dentífricos. Compoñentes maioritarios, minoritarios e opcionais dos dentífricos. Mecanismo de actuación dos distintos compoñentes dos dentífricos.
BIOQUÍMICA DO FLÚOR. Propiedades do flúor. Fontes dietéticas. Metabolismo e toxicidade do flúor. Incorporación do flúor á rede cristalina do hidroxiapatito.
Bibliografía básica
-RAMOS ATANCE J.R. Bioquímica bucodental. Editorial Síntesis, 1996
-Coscarelli N. Y. Bioquímica del medio bucal. Editorial: Facultad de Odontología, Universidad Nacional de La Plata, Aregentina, 2016
-LOZANO J.A., GALINDO J.D., GARCÍA-BORRON J.C., MARTÍNEZ-LIARTE J.H., PEÑAFIEL R., SOLANO F. "Bioquímica y Biología Molecular para Ciencias de la Salud". 3º edición. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2005.
-Levine L. Topics in Dental Biochemistry. Springer-Verlag Berlin Heidelberg, 2011.
-Ferguson D.B. Oral Bioscience. Churchill Livingstone ed., 1999.
-Ferguson D.B. Oral Bioscience. New Generation Publishing, 2006.
Bibliografía complementaria
Facilitarase ao alumno a bibliografía e documentación necesaria para abordar os contidos e actividades relacionadas coa materia.
Coñecementos
Con01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
• Embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía do corpo humano.
• Xenética, Bioquímica, Bioloxía celular e molecular.
• Microbioloxía e inmunoloxía
Con02. Coñecer a morfoloxía e función do aparello estomatognático, incluíndose contidos apropiados de embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía específicos.
Competencias
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp05. Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Comp09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10. Traballo en equipo.
Comp11. Habilidades interpersoais.
Comp16. Compromiso ético.
Comp17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18. Habilidades de investigación.
Comp19. Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21. Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp26. Iniciativa e espírito emprendedor.
Comp27. Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
H/D07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental.
H/D12. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
H/D18. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Clases expositivas, nas que o docente explicará os contidos da materia con apoio de medios audiovisuais e dos recursos do campus virtual, fomentando a participación do alumnado para expor as dúbidas que vaian xurdindo durante as explicacións.
Seminarios en grupos reducidos, nos que se realizan actividades de tipo práctico: presentación de preguntas, problemas e casos prácticos relacionados cos contidos explicados nas clases maxistrais, resolución por parte do profesor de dúbidas sobre os contidos da materia.
Resolución de problemas, na que os estudantes, co apoio do profesor, aplican os coñecementos e habilidades adquiridas para resolver problemas ou preguntas expostas polo docente.
Traballos individuais e/o en grupo, realización de traballos individuais ou en grupos reducidos que poden ser logo presentados na aula.
Titorías individuais para aclarar dúbidas e orientar ao alumnado.
Avaliación continua (40% da nota final)
Na avaliación continua da materia terase en conta a asistencia, actitude e participación do alumno nas actividades propostas. Tamén se realizarán controis periódicos do contido da materia impartida. A superación destes controis permitirá ao alumno renunciar á realización do exame final.
Exame final (60% da nota final)
Utilizarase como proba de avaliación un exame tipo test/pregunta curta, que abarcará todos os aspectos relacionados cos contidos da materia.
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumno: 30 horas
Traballo persoal do alumno: 45 horas
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no campo da odontoloxía, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Antonio Juan Pazos Castelos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816056
- Correo electrónico
- antonioj.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sofia Sanchez Iglesias
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- sofia.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
12:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
12.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
12.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
01.07.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |