Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 60 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 50 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1 .- Coñecer os riscos e aplicar as medidas preventivas ao traballo do odontólogo.
2.- Coñecer as medidas de promocion da saúde e incorporalas no tratamento nas enfermidades bucodentais.
3.-Coñocer e encorporar ás prácticas preventivas na actividade do odontólogo a nivel individual e comunitario
4.- Saber interpretar os principais índices de avaliación de afectación das enfermidades bucodentais.
5.- Describir a estructura e funcionamento dos servicios sanitario Galego e Español
6.- Coñecer os pasos do proceso de planificación sanitaria
Programa teórico
Parte I. INTRODUCCIÓN A ODONTOLOXÍA PREVENTIVA E COMUNITARIA:
-Odontoloxía Preventiva e Odontoloxía Comunitaria: Evolución histórica e concepto actual. Niveis de prevención. Relacións con outras materias odontolóxicas
-Educación sanitaria: evolución histórica. Concepto. Campos de acción. Métodos de educación sanitaria. Educación sanitaria e saúde bucal. O hixienista e o odontólogo como educadores sanitarios
-Riscos derivados da profesión do odontólogo. Radiacións ionizantes. Radiacións non ionizantes. Transmisión de enfermidades no consultorio dental. Medidas de limpeza, desinfección e esterilización no consultorio dental. Manexo de residuos. Ergonomía no traballo.
Parte II.- HIXIENE BUCODENTAL. A PLACA BACTERIANA:
- Cubertas adquiridas na superficie do esmalte. Película adquirida. Placa bacteriana. Cálculo supra e subxinxival. Composición e metabolismo. Efectos patóxenos da placa dental. Visualización. Índices de avaliación
Control mecánico da placa dental. Técnicas de cepillado dental. Seda dental. Cepillos interproximais. Irrigadores. Cepillos eléctricos. Control químico da placa dental. Indicacións e contraindicacións
Tártaro: Detartraxe manual. Ultrasons. Sprai con bicarbonato. Emprego e contraindicacións.
Parte III. EPIDEMIOLOXÍA E PROFILAXE XERAL DAS ENFERMIDADES BUCODENTAIS:
- A carie dental: Axentes etiolóxicos. Formas clínicas. Factores dependentes do axente causal: a placa dental e os microorganismos como causa de carie dental. Dentífricos e enxuagues: composición e efectos terapéuticos. Indicacións e contraindicacións.
-Factores dependentes do ambente. A dieta. Influencia da nutrición no desarrollo dos dentes. Relación zúcre-caris. Estudos epidemiolóxicos. Medidas dietéticas na prevención e control da carie dental. Análise nutricional e consellos dietéticos.
- Factores dependentes do huéspede: a saliva. Morfoloxía e composición dental. Probas de actividade e susceptibilidade da carie dental. Reconto bacteriano. Medición do fluxo salivar. Hipomineralización Incisivo Molar (HIM): .
- Relación de flúor coas enfermidades dentais: carie e fluorose. Métodos de administración e efectos sobre a saúde dos floruros. Seladores de fosas e fisuras. Materiais e tipos. Indicacións, contraindicacións, técnicas de aplicación e control
- Estudos epidemiolóxicos da caries dental. Prevalencia, índices de afectación e de atención odontolóxica. Análise da situación. Patróns evolutivos da carie dental. A carie dental en Galicia. Diagnóstico de severidade da carie dental. Protocolo CAMBRA. Aspectos clínicos, protocolos preventivos e terapéuticos Tratamento mínimamente invasivo. Sistema ICDAS. Tratamento da caries en función do risco.
- Enfermidade periodontal. Concepto. Epidemioloxía. Etiopatoxenia das periodontopatías. Factores de risco. Índices de estudo da enfermidade periodontal. Prevención e control da enfermidade periodontal e da periimplantite. Mantemento periodontal.
- Maloclusións. Epidemioloxía das maloclusións. Control dos hábitos orais. Medidas preventivas nos pacientes con maloclusións.
- Traumatismos dentais agudos e crónicos. Epidemioloxia e prevención. Atención dental nos pacientes con actividades de risco. Deporte e saúde oral. Medidas preventivas en pacientes mais susceptibles: pacientes con minusvalías físicas e mentais
- Prevención do cancro oral. Lesións precancerosas na cavidade oral. Factores de risco. Diagnóstico precoz r prevención. Prevención nos pacientes irradiados.
Parte IV : ORGANIZACIÓN DOS SERVICIOS COMUNITARIOS:
- Organización e xestión dos servicios de asistencia sanitaria. Organización e xestión do sistema sanitario de Galicia. Análise dos sistemas de asistencia odontolóxica. A asistencia odontolóxica en Europa e España. Atención Primaria de Saúde. A odontoloxía na atención primaria de saúde en España e Galicia. Xestión de área.
- Planificación e programación en odontoloxía. Análise de costes. Programas preventivos individuais e comunitarios. Obxectivos de saúde oral. Programa de saúde oral da Xunta de Galicia. Protocolos.
Programa de prácticas de Odontoloxía Preventiva e Comunitaria
Práctica 1.- Gabinete odontolóxico: Actitude postural dos profesionais, traballo con visión indirecta
Práctica 2.- Historia clínica preventiva. Medidas de actividade de carie
Práctica 3.- Técnicas de motivación e control da hixiene oral. Técnicas de tartrectomía
Práctica 4.- Técnicas de motivación e control da dieta
Práctica 5.- Métodos clínicos de fluoración
Práctica 6.- Realización de seladores de fosas e fisuras
Práctica 7.- Realización de protectores bucais para o deporte
Práctica 8.- Odontoloxía comunitaria: enquisas de saúde bucodental e necesidades de tratamento en poblacións.
- Cuenca Sala E.; Baca García.P: Odontología Preventiva y Comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ª edición. Ed Masson. 2005.
- Rioboo R.: Higiene y Prevención en Odontología individual y comunitaria. Ed Avances 2ª es¡dición. 2002
- Katz S.; McDonald J.; Stookey G.: Odontología Preventiva en Acción. 3ª edición. Ed Panamericana. 1991
- OMS Encuestas de salud bucodental. Métodos básicos. 5ª ed Ginebra 2013
- Xunta de Galicia. Programa de saúde Bucodental en atención primaria. 2002
- http://www.infomed.es/sespo/
- http://www.sergas.es
Os alumnos deberán:
- Ter una actitude postural e de organización do traballo axeitada na clínica odontoloxica,
- Avaliar a historia clínica dos pacientes, identificando o factores de risco de enfermar;
- Aplicar as medidas preventivas na terapeútica odontoloxica;
- Facer educación sanitaria cos pacientes;
- Interpretar os principais indicadores de afectación e aplicalos nos programas comunitarios.
- Leccións expositivas buscando a participación dos alumnos.
- Ao longo do curso realizanse traballos puntuais sobre temas de actualidade.
- Ao remate do curso presentaran un traballo que defenderan ante os compañeiros, este traballo deben inscribilo no primer mes da materia, o presentaran en formato pwp e doc.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria:
Faranse as prácticas na sala de Fantomas e nos gabinetes clínicos.
Podrán facerse prácticas extramurais nas escolas.
- Exame final tipo test e un tema a desenvolver: Suporá o 50% da nota final. para superalo o alumno deberá acadar o 60% das repostas correctas.
- Traballos puntuais, suporan o 5% da nota final
- Traballo final, avaliarase a presentación , orixinalidade, contidos e bibliografia empregada, supón o 15% da nota final
- A avaliación das prácticas farase mediante a supervisión continua dos alumnos. Supoñendo o 30% da nota final. Ó remate do curso os alumnos presentarán un informe coas fichas realizadas, empregando os principais indicadores de saúde oral aplicados a seus pacientes.
A non realización das prácticas e entrega do informe leva a non ser avaliado.
O aprobado das prácticas gárdase nas convocatorias de ese ano.
Actividades presenciales Horas Trabajo personal del/a estudiante Horas
Clases expositivas:
presentación e explicación temas 24 Búsqueda y estudio de materiales 54
Prácticas clínicas 24 Resolución de problemas 20
Tutorías 6 Elaboración trabajos 20
Evaluación 2
Total horas presenciales 56 Total horas de trabajo personal 94
Recomendacións para o estudo da materia:
Se recomenda ter coñecementos das materia saúde pública, estatística, riscos profesionais e educación para a saúde
- Recoméndase a participación activa nas clases.
- A realización dos traballos ao longo do curso.
Procurarase realizarar prácticas extramurais de Odontoloxía Comunitaria.
“Plan de Continxencia Odontoloxía preventiva e comunitaria”
A materia ten operativa a aula virtual a disposición do alumnado.
O profesorado manten abertas canles de comunicación directa co alumnado (titorías, foros, sesións virtuais etc.).
Os contidos da programación docente se poden adaptar a cada un dos tres escenarios, respectando os obxectivos e as competencias que se deban acadar.
Bibliografía: A accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía básica (libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos titoriais etc.) esta garantida. Se solicitou a Biblioteca da facultade a disponibilidade de acceso electrónico os textos de interés na materia.
MEDIDAS ESPECIFICAS PARA CADA ESCENARIO
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
Docencia expositiva e interactiva
a) A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Se realizaran trallalos individuais e de grupo o longo do curso, tendo que facer a exposición do traballo final.
b) Os grupos de prácticas, rotaran alternativamente cada semana, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial uniforme. O remate o alumno entregara un informe final das prácticas.
Titorías
a) As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderá programar titorías por vía telemática.
Avaliación
a) As probas finais, de ser necesarias, terán carácter presencial.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Docencia expositiva e interactiva
a) A docencia expositiva poderá realizarase total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos mediante a plataforma Micosoft Teams, ben con asíncronos empregando a paxina web da materia e o correo electrónico. Se realizaran trallalos individuais e de grupo, o longo do curso e un traballo final individual que debe expoñer presencialmente ou mediante microsoft teams.
b) Na docencia interactiva poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo un mínimo de presencialidade do 50% das horas prácticas de cada materia, a avaliación das prácticas será contínua e o alumno entregara un informe final coas actividades e aplicando os indicadores de avaliación da enfermidade.
c) Os horarios programados se manterán independentemente do mecanismo docente considerado.
d) Nas prácticas as quendas de rotación son alternativas semanalmente, por grupo de prácticas, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial equivalente. A avaliación das prácticas será contínua e o alumno entregara un informe final coas actividades e aplicando os indicadores de avaliación da enfermidade.
e) As actividades “en remoto” que se programen como parte do traballo persoal da/o alumna/o se distribuiran ao longo do tempo, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo.
Titorías
a) Se prioriza a programación de titorías por vía telemática.
Avaliación
a) As probas finais, complementaran a o proceso de avaliación contínua, procurarase que sexan presenciais, no seu defecto terán carácter telemático mediante a plataforma Mteams ou equivalente, mediante unha proba escrita ou oral.
Escenario 3: Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Docencia expositiva e interactiva
a) Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos, plataforma Microsoft Teams, ou asíncronos, como os foros da aula virtual da materia e coreo electrónico da USC. Se realizaran traballos individuais e cooperativos o longo do curso e un traballo final individual, que se defenderan na plataforma microsoft Teams.
b) As prácticas que se podan realizar na casa, traballando con modelos ou plantillas, seguiran un proceso de avaliación contínua e o alumno entregará un informe final para a súa avaliación.
c) Os horarios programados se manterán.
Titorías
a) A programación de titorías será exclusivamente por vía telemática.
Avaliación
a) As probas finais complementaran a avaliación continua, de ser o caso, terán carácter telemático, coa plataforma Teams mediante unha proba escrita ou oral.
Ernesto Juan Smyth Chamosa
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812441
- Correo electrónico
- ernesto.smyth [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Odontoloxía-Aula 3 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 1.10 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.1 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.10 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.2 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.3 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.4 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.5 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.6 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.7 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.8 |
11:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego | Odontoloxía-Box 2.9 |
11:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Odontoloxía-Laboratorio Fantomas |
12.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
12.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
22.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |