Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 22 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1) Coñecer a organización da materia viva a nivel celular e tisular.
2) Coñecer a bioloxía celular da célula eucariota, poñendo especial énfase en todos aqueles aspectos propios das células humanas.
3) Coñecer como e onde se atopa o material xenético e como se transmiten os xenes.
4) Coñecer como se produce o desenvolvemento elemental do ser humano.
5) Observar e describir seccións de diversos tecidos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico, e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras.
6) Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso.
7) Recoñecer as distintas estirpes celulares, tecidos e órganos.
8) Diferenciar tecidos normais de patolóxicos (empregando preferentemente preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, para facilitar o recoñecemento por parte do estudiante).
DOCENCIA EXPOSITIVA
Bioloxía e Xenética
Tema 1. Introdución. Características xerais da célula eucariota.
Tema 2. Material xenético: Estrutura do ADN. cromatina e cromosomas.
Tema 3. Mutacións e alteracións cromosómicas
Tema 4. Patróns de herdanza. herdanza monoxénica, polixénica e multifactorial
Tema 5. Superficie celular: Estrutura e función da membrana plasmática
Tema 6. Ruta biosintética e secretora: Retículo endoplasmático, aparto de Golgi, lisosomas e endosomas.
Tema 7. Orgánulos enerxéticos: Mitocondrias e Peroxisomas.
Tema 8. Citoesqueleto. Microfilamentos, filamentos intermedios e microtúbulos.
Tema 9. Núcleo celular. Envoltura nuclear: interaccións núcleo-citoplasma. Nucleolo e ribosomas.
Tema 10. División e morte celular
Tema 11. Gametoxénese e Fecundación.
Tema 12. Etapas fundamentais do desenvolvemento embrionario
Histoloxía
Tema 13.- Introdución á Histoloxía humana. Técnicas histolóxicas.
Tema 14.- Tecido epitelial. Epitelios de revestimento e epitelios glandulares.
Tema 15.- Tecido conxuntivo. Compoñentes e variedades.
Tema 16.- Tecido muscular. Tecido muscular liso, estriado esquelético e estriado cardíaco.
Tema 17.- Tecido nervioso. Neurona. Sinapse. Neuroglía. Fibras nerviosas e nervios periféricos.
Tema 18.- Sangue e Aparato circulatorio.
Tema 19.- Sistema inmunitario.
Tema 20.- Aparato dixestivo.
Tema 21.- Sistema endócrino.
Tema 22.- Aparato respiratorio.
Tema 23.- Aparato urinario.
Tema 24.- Pel.
DOCENCIA INTERACTIVA
Prácticas de laboratorio
1. Técnicas de estudo da célula. Realización de frotis de sangue e manexo do microscopio óptico.
2. Casos prácticos de xenética (mutacions e herdanza monoxénica)
3. Casos prácticos de xenética II (herdanza monoxénica e multifactorial)
4. Sistema sanguíneo ABO.
5. Mitose e cromosomas metafásicos
6. Gametoxénese: ooxénese e espermatoxénese
7.- Tecido epitelial. Técnica de Hematoxilina-Eosina
8.- Tecido conxuntivo. Cartílago e oso.
9.- Tecido muscular. Tecido nervioso.
10.- Aparato circulatorio. Sistema inmunitario.
11. Aparato dixestivo.
12.- Sistema endócrino. Aparato respiratorio. Aparato urinario.
Textos para Bioloxía e Xenética
-Calvo A. Biología Celular Biomédica. 1ª ed. Elsevier; 2015.
-Jorde LB, Carey JC, Bamshad MJ. Genética Médica. 6ª ed. Elsevier; 2021.
-Karp G. Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 8ª ed. McGraw-Hill; 2019.
-Sadler TW. Langman. Embriología médica. 14ª ed. Madrid: Lippincott, Williams & Wilkins Wolters Kluwer Health;2019. Villar Cheda, B. López López, A. Hialoplasma e citoesqueleto: forma e movemento celular. 2020. Unidades didácticas USC. https://dx.doi.org/10.15304/9788417595555.
Villar Cheda, B Xenética humana: conceptos básicos aplicados a ciencias da saúde. 2021. Colección: Esenciais USC.
Textos e Atlas para Histoloxía
Bibliografía básica:
- Wheater. Histología Funcional. Young, O'Down, Woodford. 6ª ed. Elsevier, 2014.
- Stevens y Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020. (Dispoñible na busc.usc.es 4ª edición 2015).
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Inés Martín-Lacave, José C. Utrilla Alcolea, José M. Fernández-Santos y Tomás García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020.
Bibliografía complementaria:
- Ross. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 8ª ed. Wolters Kluwer, 2020.
- Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. Kierszenbaum, Tres. 5ª ed. Elsevier, 2020.
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 12ª edición. Ed. Panamericana, 2015.
Competencias xerais:
CG.07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
CG.11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental.
CG.12. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparato estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
CG.18. - Coñecer, valorar criticamente e saber empregar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG.19. Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipóteses, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Competencias específicas:
CEMI.01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de:
- Embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía do corpo humano.
- Xenética, bioquímica, bioloxía celular e molecular.
- Microbioloxía e inmunoloxía.
CEMI.02. Coñecer a morfoloxía e función do aparato estomatognático, incluíndo contidos apropiados de embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía.
DOCENCIA EXPOSITIVA
El profesor/profesora impartirá os contidos teóricos do programa empregando apoios visuais como presentacións, imaxes de microscopio, esquemas etc...
Abrirase unha aula virtual na que se establecerá un foro de titoría pública. As titorías serán presenciais ou virtuais.
DOCENCIA INTERACTIVA
Nas clases interactivas afianzaránse e complementaránse os coñecementos teóricos adquiridos. Consistirán na resolución de problemas e casos, así como na preparación e observación ao microscopio óptico de diversas mostras de células e tecidos.
A asistencia as clases expositivas e interactivas será obrigatoria.
A Avaliación da docencia expositiva e interactiva realizaráse con probas de carácter presencial. A calificación final comprenderá:
1) Docencia expositiva (70% da nota final): Proba presencial final de tipo test de elección múltiple con resposta única.
2) Docencia interactiva (30% da nota final): A avaliación desta docencia poderá consistir en:
- cuestionarios realizados no laboratorio.
- resolución de problemas e/ou realización de traballos tutelados.
- participación nas prácticas.
- preguntas tipo test na proba final.
A nota final será a suma das calificacións da docencia expositiva e interactiva.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 58 Horas
Clases expositivas: 30
Clases interactivas: 22
Tutorías en grupos reducidos ou individualizadas: 4
Realización do examen: 2
TRABALLO PERSOAL DEL ESTUDIANTE: 92 Horas
É recomendable que o alumno prepare con antelación os temas que se tratarán nas sesións teóricas e prácticas. Tamén se considera importante que o alumno leve ao día a materia, o que aseguraría unha mellor comprensión dos conceptos, posto que o programa está encadeado de tal forma que a comprensión e a integración do corpo doutrinal esixe saber o tema anterior para entender o seguinte.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Maria Begoña Villar Cheda
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812299
- Correo electrónico
- bego.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
25.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
25.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
07.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
07.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |