Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 4 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Poder realizar una presentación científica - clínica con todas as circunstancias que rodean esta tarefa:
Manexo de programas específicos
Manexo de fotografía e dixitalización
Coñecemento da historia da enfermidade e da odontoloxía
Coñecemento do proceso evolutivo en función do proceso de enfermar
Coñecemento do concepto actual de estética
Contidos
PROGRAMA TEÓRICO
1. A presenza da enfermidade e o seu papel ao longo da historia: evolución histórica do concepto de saúde e enfermidade. O ser humano. O problema da relación corpo-alma
2. Conceptos e definicións de saúde e de enfermidade. Enfermidade e desviación da norma. A vivencia da enfermidade e da dor. A morte e o morrer. Historia das actitudes ante a morte. Actitudes ante a morte na nosa sociedade. As novas respostas da sociedade
3. Historia do ensino da medicina e da odontoloxía. Historia da profesión médica e odontolóxica. Aspectos éticos e legais do exercicio da odontoloxía
4. Medicina e odontoloxía precientífica: prehistóricas, primitiva e popular
5. As grandes civilizacións. Influencia no desenvolvemento da odontoloxía. A Idade Media. A odontoloxía precientífica
6. Desenvolvemento da odontoloxía nos séculos XIX e XX. O século da anestesia. Creación das especialidades odontolóxicas
7. A odontoloxía e a estomatoloxía en España. Antecedentes históricos. Lexislación actual e relación coa Unión Europea
8. A odontoloxía e a estomatoloxía en Galicia. Análise histórica. Análise demográfica. O medio social
9. O método científico. Fitos históricos no desenvolvemento do método científico. A revolución científica. Principais desenvolvementos da ciencia contemporánea. Caracterización xeral do método científico. Observación, hipótese e teoría. A importancia do método para a ciencia. Pseudociencias e demarcación da verdadeira ciencia
10. Filosofía da ciencia. Metodoloxías científicas rivais: indutivismo, convencionalismo e falsacionismo. As teorías científicas. A concepción neopositivista. Conceptos historicistas: Kuhn, Lakatos. Algunhas características da ciencia actual
11. A odontoloxía como ciencia. Os fundamentos posibles do saber e da práctica odontolóxica. O empirismo, a maxia e a ciencia. A validación das prácticas médicas e odontolóxicas mediante o ensaio clínico. O efecto placebo. A validez das paramedicinas
12. O método na odontoloxía clínica: o xuízo clínico. O estudo directo da actividade dos clínicos. O desenvolvemento de modelos probabilísticos. A análise decisional
13. Documentación clínica. Compoñentes e sistemática, valor e usos da historia clínica. Funcións, normativas e xestión do arquivo convencional. Arquivos electrónicos de consulta e transferencia de textos, imaxes, vídeos e sons. Competencias habituais do exercicio profesional. Decisión diagnóstica asistida por ordenador
14. Responsabilidades éticas e xurídicas relativas á información sanitaria. Salvagarda da intimidade, confidencialidade e privacidade. Lei de protección de datos. Precedentes, estado actual e perspectivas da informática aplicada á medicina
15. Comunicacións de datos sanitarios. Teletratamento, teleprocesamento e redes de transmisión da información. Internet. Vías e alternativas de navegación. Accesos restrinxidos e públicos
16. Aplicacións odontolóxicas de programas convencionais. Tratamento informático da historia clínica. Sistemas de rexistro e información en atención primaria. Xestión informática de consultas odontolóxicas e centros de saúde. Software para a axuda clínica
17. Informática e información terapéutica e de medicamentos. Os problemas da terminoloxía médica. As relacións entre linguaxe, cultura e pensamento. As linguaxes profesionais
18. Características e razón de ser da linguaxe odontolóxica e médica. Orixe da terminoloxía odontolóxica e médica nas linguas clásicas e modernas. Os elementos e a análise das palabras: raíces, prefixos e sufixos. Epónimos, acrónimos, abreviaturas e onomatopeas. Nomenclaturas. Thesauri
19. Documentación e información científica. O problema da acumulación e a recuperación da información. Conceptos de documentación e información científicas. Desenvolvemento histórico e situación actual. A ciencia e os indicadores científicos. As análises bibliométricas
Bibliografía básica e complementaria
Sigerist, H. (1987): Civilización y enfermedad. México, F.C.E.
Albarracín Teulón, A. Historia de la enfermedad. Madrid, Saned.
López Piñero, J.M. (1973): Medicina, historia y sociedad. Antología de clásicos médicos. Barcelona, Ariel.
López Piñero, J.M. (1990): Historia de la medicina. Madrid, Historia 16.
Bunge, M. (1981): La investigación científica. Barcelona, Ariel.
Laín Entralgo, P. (1985): Antropología médica. Barcelona, Salvat
González Iglesias J. (1998): Cincuenta años de estomatología en España con sus antecedentes históricos. Gijón, Gráficas Asturias.
López Piñero, J.M. y Terrada Ferrandis, M.L. (1990): Introducción a la terminología médica. Barcelona, Salvat.
Amat Noguera, N. (1987): Documentación científica y nuevas tecnologías. Madrid, Pirámide.
Terrada, M.L. (1983): La documentación médica como disciplina. Valencia, Centro de Documentación e Informática Médica.
Day, R.A. (1990): Cómo escribir y publicar trabajos científicos. Washington, Organización Paramericana de la Salud.
Competencias
1. Conceptos básicos de informática. Curso práctico de formación
2. Manexo da imaxe en odontoloxía. Curso práctico de formación
3. Utilización e clasificación da documentación na clínica odontolóxica. Práctica de campo nas clínicas da Facultade de Odontoloxía e nos centros de saúde
4. As revistas científicas profesionais. Presentación das principais. Tipos de artigos. Ética da publicación en odontoloxía. Elaboración e presentación dun artigo. O estilo “Vancouver”
5. A técnica do escritor científico. Calidades e defectos dos artigos científicos. Comentario de artigos. Os repertorios bibliográficos impresos. Clasificacións, nomenclaturas e thesauri. Busca informatizada de información. Realización práctica de buscas en internet
6. A linguaxe científico-médica. Práctica de terminoloxía médica e odontolóxica. Elaboración dun artigo de revisión
1. Tipo de prácticas que realizan os alumnos
1.1. Organización da viaxe mediante comisións
1.2. Solicitude de subvencións e axudas a empresas e institucións públicas
1.3. Seminarios (4 h) previos
1.4. Visita aos sitios arqueolóxicos da Sierra de la Demanda
1.5. Visita á aula arqueolóxica Emiliano Aguirre (Ibeas de Guarros – Burgos)
1.6. Visita ao museo arqueolóxico de Burgos (Deputación provincial)
1.7. Visita ao parque arqueolóxico de Atapuerca (Burgos)
Duración : 12 horas
Clases teóricas
Clases individualizadas - personalizadas
Viajes formativos
Prácticas de campo
Integración da Competencia informacional nas guías docentes
Obxectivo procedimental
Fomentar a xestión da información dentro do marco da competencia informacional
Competencias transversal
Competencia informacional. T4 na USC
Metodoloxía de ensinanza
Para o desenvolvemento das competencias informacionais ofrécese, en colaboración coa BIBLIOTECA, un CURSO BÁSICO EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN, curso en liña aloxado no Campus virtual da USC e que supón un traballo estimado en 25 horas. O alumnado adquirirá habilidades para buscar, localizar, seleccionar e analizar información e construír con ela novos coñecementos. Ademais aprenderá a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade. O alumnado considerado apto obterá un diploma emitido polo Centro de Tecnoloxías para Aprendizaxe (CETA) da USC
Indicadores a ter en conta:
A unidade de medida será o traballo académico onde se terá en conta as seguintes evidencias:
1. Aplica unha estrutura organizada nos traballos académicos
2. Consultan fontes de información bibliográfica: catálogos, bases de datos
3. Fan citas bibliográficas e redactan a bibliografía do traballo seguindo un estilo concreto ( APA, ISO, Vancouver..etc)
4. A presentacións mellora
Solicitarase aos profesores mediante unha enquisa os resultados para establecer unha valoración global da aprendizaxe e da eficacia do curso.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
- Proba teórica ao final do semestre - 25 preguntas de proba
- Exposición con medios multimedia durante 10 minutos (power point ou similar)
- proba xeral de control de cultura (25 preguntas ao comezo do curso)
Porcentaxe no sistema de avaliación
Haberá unha proba final
Proba teórica: 25 preguntas de proba: 40%
Exposición a medios multimedia: 60%
A porcentaxe mínima de avaliación continua nesta materia é do 30%
15 horas
Todos os días realizar as actividades programadas. Dúas horas/semana
Jose Maria Suarez Quintanilla
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812358
- Correo electrónico
- josemaria.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
Mércores | |||
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
21.12.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
21.12.2022 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
05.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
05.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |