Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 8 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 14 Clínicos EEES: 25 Total: 77
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Optometría, Oftalmoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da asignatura son:
-Coñecer os mecanismos sensoriais e oculomotores da visión binocular
-Coñecer os principios e ter as capacidades para medir, interpretar e tratar as anomalías acomodativas e da visión binocular
-Deseñar, aplicar e controlar programas de terapia visual
ÁREA DE OFTALMOLOXÍA
Tema 1. Anatomía e fisioloxía oculomotora
• Órbita e músculos extraoculares
• Inervación, irrigación e mecanismos de acción
• Patoloxías motoras frecuentes
Tema 2. O paciente monoftálmico
• Tipos de perda ocular
• Cambios neurovisuais e fenómenos perceptivos
• Visión monocular e adaptación
Tema 3. Anomalías da visión binocular.
• Diplopía, supresión, confusión
• Correspondencia retiniana anómala e estereopsis
Tema 4. Avaliación clínica
• Anamnese, agudeza visual, motilidade ocular
• Probas de estereopsis e desviación ocular
Tema 5. Ambliopía
• Tipos e diagnóstico
• Tratamentos: ópticos e oclusivos
Tema 6. Estrabismo I: Horizontais
• Endotropía e exotropía: formas e manexo
Tema 7. Estrabismo II: Verticais e patróns A/V
• DVD, DHD, hiperfunción dos oblicuos
• Estrabismo en patrón A e V
Tema 8. Estrabismo III: Síndromes especiais
• Duane, Brown, Möbius, fibrose e outros síndromes
Tema 9. Nistagmo infantil
• Tipos, diagnóstico e tratamento
Tema 10. Cirurxía do estrabismo: conceptos básicos
• Obxectivos cirúrxicos
• Técnicas de debilitamento (recesión, toxina, faden)
• Reforzo e transposición muscular
• Indicacións e complicacións máis frecuentes
ÁREA DE OPTOMETRÍA
Tema 1: Visión binocular. Xeneralidades.
• Aspectos sensoriais
• Aspectos motores
• Evaluación diagnóstica
Tema 2: Acomodación
• Insuficiencia acomodativa
• Exceso acomodativo
• Inflexibilidad acomodativa
• Evaluación diagnóstica
Tema 3: Disfuncions oculomotoras
• Movementos oculares
• Fixación
• Sacádicos
• Seguimentos
• Evaluación diagnóstica
Tema 4: Diagnóstico
• Enfoque xeral do diagnóstico
• Clasificación das anomalías acomodativas e binoculares non estrábicas
• Exploración
Tema 5: Guía do tratamento
• Guía do tratamento xeral
• Secuencia do tratamento
• Tratamento recomendado según diagnóstico
Tema 6: Terapia Visual.
• Principios xerais da terapia visual
• Execución da terapia visual
• Guías xerais da terapia visual
• Mecanismos de Feedback.
• Terapia antisupresión
• Terapia acomodativa e de visión binocular
• Terapia oculomotora
Bibliografía dispoñible na biblioteca da Facultade de Optica e Optometría:
Bibliografía básica:
1. Caloroso EE y Rouse MW. Clinical Management of strabismus. Butterworth-Heinemann, Newton, Estados Unidos.
2. Scheiman M y Wick B. Tratamiento clínico de la visión binocular. JB Lippincott Company, Philadelphia, Estados Unidos.
3. Pickwell D. Anomalias de la visión binocular. Investigación y tratamiento. Butterworth and Co, Londres, Reino Unido
4. G von Noorden. Atlas de Estrabismos. Mosby-Yearbook.
8. JA Patt-Johnson y G Tillson. Management of strabismus and amblyopia. A practical guide. Ed. Thieme.
5. J Vidal Lopez. Manual de terapia visual. Ed. SAERA.
6. R Hugonier y S Hugonier. Estrabismos, Heteroforias, Paralisis oculomotrices. Ed. Toray-Masson, SA.
7. J Prieto-Diaz y C Souza-Dias. Estrabismo. Ed JIMS.
8. Antona B. Procedimientos clínicos para la evaluación de la visión binocular. 2ª Edición. Editorial Médica Panamericana S.A.
9. Kanski JJ. Oftalmología clínica. 9ª Edición. Editorial Elsevier.
Bibliografía complementaria:
1. JAF Tresguerres. Fisiologia Humana. Interamericana McGraw-Hill.
2. PL Kaufman, A Alm. Adler, Fisiologia del Ojo. Mosby-Elsevier.
3. MR Borras. Vision Binocular. Diagnostico y Tratamiento. Ed. Universidad Politecnica de Catalunya.
Os resultados de aprendizaxe que o alumno debe adquirir na materia Anomalías da Visión Binocular e Rehabilitación Visual , de acordo á memoria oficial de Grao en Óptica e Optometría, son:
Coñecementos:
• Con_41. Coñecer os mecanismos sensoriais e oculomotores da visión binocular.
• Con_50. Coñecer os diferentes protocolos aplicados aos pacientes.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HyD_26. Deseñar, aplicar e controlar programas de terapia visual.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dun xeito profesional e sexa competente no plantexamento/solución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
• Comp_10. Interpretar e aplicar xuízo clínico aos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis axeitado.
• Comp_12. Medir, interpretar e tratar os defectos refractivos.
• Comp_17. Medir, interpretar e tratar as anomalías acomodativas e da visión binocular.
CLASES EXPOSITIVAS
30 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
12 horas de docencia presencial (1 horas semanal).
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS:
25 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
Realizanse en grupos reducidos en sesión de 2 horas. Dada a especificidade dos temas tratados as clases están enfocadas ó dominio das técnicas diagnósticas, coñecemento do material para a terapia visual e programas de tratamento.
TITORIAS:
Os profesores estimulan a participación do alumno para presentar as dúbidas que poidan xurdirlle no estudo do temario, preparacións de seminarios ou no transcurso das prácticas.
Realizaranse de forma presencial e/ou telemática utilizando o chat da plataforma Moodle da aula virtual e/ou Team.
Os contidos relacionados ca materia estarán dispoñibles na web da USC:
http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html.
BLOQUE ÁREA DE OFTALMOLOXÍA
1. Exame teórico (80%)
• Composto por 8 preguntas curtas, baseadas nos contidos teóricos. Avaliarase a comprensión, síntese e aplicación dos conceptos clínicos, anatómicos e funcionais.
2. Seminario (20%)
• Avaliación do seminario correspondente ao tema asignado. Terase en conta a claridade na exposición, uso adecuado da terminoloxía, comprensión temática e participación.
3. Asistencia obrigatoria ás prácticas clínicas
• A asistencia é requisito indispensable para aprobar. En caso de ausencia xustificada, será preciso recuperar a práctica en horario acordado co responsable da área.
BLOQUE ÁREA DE OPTOMETRÍA:
1. Exame de contidos teóricos (70% da nota final):
• Consistirá nun exame tipo test ou de preguntas cortas.
2. Exame de seminarios (20% da nota final):
• Consistirá en preguntas tipo test ou preguntas cortas.
3. Avaliación continua e de contidos prácticos (10% da nota final):
• O traballo do alumno será avaliado de forma continua dentro das sesións prácticas (recibindo unha nota por cada unha das sesións), así como a entrega das fichas coas tarefas realizadas durante as mesmas. Poderáselle requirir ao alumno que entregue, ao longo do curso, a resolución das fichas prácticas a través da aula virtual. A asistencia ás prácticas é obrigatoria. As prácticas non realizadas por ausencia do alumno terán unha cualificación de cero para o cómputo da nota. No caso de solicitar a recuperación dunha práctica perdida ou un eventual cambio de grupo, este deberá facerse sempre baixo causa debidamente xustificada; no caso dun cambio de grupo por única vez, este será obxecto de intercambio con outro compañeiro para respectar a ratio alumno/profesor que marca a Memoria de Grao en Óptica e Optometría, e sempre co visto bo dos profesores afectados (o incumprimento deste requisito ou o feito de non contar coa aprobación expresa do permiso de asistencia dos docentes implicados pode implicar a exclusión da práctica ao inicio da mesma). Así mesmo, a non asistencia a máis de 2 sesións de práctica clínica suporá a perda total da nota de prácticas.
CUALIFICACIÓN GLOBAL DA MATERIA
A cualificación global da materia será a suma dos bloques da Área de Oftalmoloxía e da Área de Optometría.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Son necesarias, aproximadamente, 70 horas de estudo sobre o material docente proporcionado aos alumnos nos créditos das clases expositivas, co manexo da bibliografía aconsellada.
Para poder superar a materia é necesario que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados nas materias Optometría I e Optometría II.
Gonzalo Garcia Dominguez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- gonzalo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Manuel Francisco Bande Rodriguez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Oftalmoloxía
- Correo electrónico
- manuelfrancisco.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carlos Garcia Resua
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Hugo Pena Verdeal
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- hugo.pena.verdeal [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
20.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |