Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 8 Clínicos EEES: 20 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir a destreza nas probas instrumentais de evaluación das funcións visáis e de saúde ocular.
Saber realizar a anamnese relacionada cos problemas refractivos
Coñecer, comprender, aplicar e interpretar as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
Coñecer as anomalías da refracción.
Coñecer, comprender, e desenvolver as habilidades e destrezas necesasrias para aplicar os procedimentos optométricos de refracción obxetiva y subxetiva.
Coñecer e comprender os posibles tratamientos das anomalías da refracción.
Coñecer e compender a instrumentación necesaria para o exame optométrico
Etioloxía e distribución dos estados refractivos.
Medida obxectiva dos compoñentes oculares.
Medida da agudeza visual.
Principios básicos e métodos de refracción obxectiva e subxectiva.
Equilibrio e refracción binocular.
Exame básico das estruturas oculares anterior e posterior.
1.- Borish Clinical Refraction. 2º edition. W. J. Benjamin, I. M. Borish. The Professional Press Inc, 2006
2.- Procedimientos Clínicos en el Examen Visual, Nancy B. Carlson, Daniel Kurtz, David A. Heath, Catherine Hines./ Ed: Génova 1992.
3.- Manual de Optometría (2ª edición). R Martín Herranz, G Vecilla Antolínez. Panamericana, 2018.
4.- Manual de refracción. García Ge. Masson-Salvat, 1992.
5. -Refracción : teoría y práctica/ Duke-Elder s/Ed: JIMS, 1985.
6.- Optometría/ Edwards K, Llewellyn R./Ed: Masson-Salvat, 1993.
7.- Optometría de atención primaria/ Grosvenor T. / Ed. Masson. 2004.
8.- Anomalías de la visión monocular, Justo Arines, Ana Sánchez Cano, Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015. http://dx.doi.org/10.15304/op.2015.647
9.Atlas de Lámpara de Hendidura/ J. González-Cavada Benavides/Ed: Complutense. 2000.
Coñecementos:
· Con_43. Coñecer as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
· Con_46. Coñecer o funcionamento da retina como receptor de enerxía radiante.
Habilidades e Destrezas:
· HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
· HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
· HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
· HyD_4. Traballar en equipo.
· HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
· HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
· HyD_23. Desenvolver habilidades de comunicación, de rexistro de datos e de elaboración de historias clínicas.
· HyD_24. Adquirir destreza nas probas instrumentais de avaliación das funcións visuais e da saúde ocular.
· HyD_27. Aplicar e interpretar as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
· HyD_33. Adquirir as habilidades clínicas necesarias para o exame e tratamento de pacientes.
Competencias:
· Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
· Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
· Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dun xeito profesional e sexa competente no plantexamento/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
· Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
· Comp_11. Realizar unha anamnese completa.
· Comp_12. Medir, interpretar e tratar os defectos refractivos.
· Comp_15. Identificar e analizar os factores de risco medioambientais e laborais que poden causar problemas visuais.
CLASES EXPOSITIVAS
26 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
6 horas de docencia presencial (1 hora semanal)
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS:
20 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
Para a súa realización, o alumnado en grupos reducidos asiste durante 2 horas por sesión ao gabinete. Ao ser o primeiro contacto co que posteriormente será o exercicio da profesión, necesítase tempo para que o alumno interiorice o manexo de cada instrumento e de cada proba. Antes de cada práctica entrégaselles unha guía do que deben realizar ese día.
CLASES EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS DE SEMINARIO (70% da nota global)
A asistencia a clase non será condición necesaria para poder ser avaliado.
A avaliación realizarase do seguinte xeito:
20% Avaliación continua (cubrimento de cuestionarios, realización de problemas, presentacións orais, debates,...)
50% Avaliación mediante exame teórico final. O exame poderá comprender preguntas longas, curtas, tipo test e problemas.
CLASES INTERACTIVAS DE LABORATORIO (30% da nota global)
A asistencia a clase será condición para ser avaliado.
10% Avaliación continua (realización de probas prácticas, resposta a cuestións prácticas)
20% Avaliación mediante exame práctico final (realización de probas prácticas, resposta a cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións interactivas de laboratorio)
Será necesario acadar un mínimo de 3,5 puntos na avaliación mediante exame final dos contidos teóricos.
Será necesario acadar un mínimo de 1,25 puntos na avaliación mediante exame final dos contidos prácticos.
Traballo Persoal do Alumnado:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 35 h
Preparación e realización de exercicios ou outros traballos: 7,5 h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 h
Total de horas de traballo persoal do alumnado: 52,5 h
ara poder superar a asignatura Optometría I é necesario que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados na asignatura Fundamentos de Optometría, así como os contidos da materia de Óptica Xeométrica, Óptica Oftálmica I, Óptica Física e Instrumentación Óptica que se imparten simultaneamente.
Nas clases prácticas, o alumnado deberá vestir obrigatoriamente bata branca. Non se permitirá pantalón curto nin roupa deportiva.
Non se permiten móbiles, gorros, viseiras, panos, etc.
Material obrigatorio para as prácticas: lanterna de luz puntual, regra de 20 cm, bata branca, bolígrafo e papel.
María Jesús Giráldez Fernández
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813526
- Correo electrónico
- mjesus.giraldez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Justo Arines Piferrer
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- justo.arines [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Garcia Resua
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sofia Rendo Gonzalez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- sofia.rendo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 6 |
08.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
17.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
17.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |